Este libro non me gustou porque non me gustan os libros de relatos, xa que prefiro novelas que narran unha historia cun principio e un fin.
Este libro trata temas diversos como poden ser as drogas, as
armas e a inseguridade cidadá, porque hai un relato dun atraco. A
vida cotiá das persoas dun barrio dunha cidade. Este barrio
atópase preto da Coruña, chamado Grandil. Tamén trata a soidade na
que viven as persoas, os seus temores polo do atraco e demais
historias que acontecen ao longo do libro. Ao ter que marchar do pobo
á cidade, é como che cambia a vida do punto do que deixas atrás e o
que tes que volver a comezar. A tristeza dunha anciá que ten que ir
para o asilo e ainda así, pensa na súa casa, o que para ela sempre
será a súa casa.
A conclusión que podemos sacar é que estes
relatos tratan sobre situacións da vida real que poden pasar en
calquera lugar e en calquera momento.