martes, 28 de maio de 2019

Resistencia de Rosa Aneiros, recensión de Mari Luz Varela (4º ESO B)


Resistencia é un libro que escribiu Rosa Aneiros, no que conta a historia de dous rapaces namorados chamados Dinís e Filipa,o pai de Filipa chamábase Rui, este tiña unha irmá chamada Filipa que morreu no mar. Rui namorouse dunha rapaza chamada Inés, coa que tivo unha filla chamada Filipa.

A nai de Dinís chamada Isaura fora violada polos traballadores da fábrica onde traballaba. Isaura namorouse dun home chamado Antonio Gonçalves aínda que el estaba casado mantiveron a súa relación en segredo.

Filipa mudouse a Coímbra con seus pais, algúnha vez ía a San Pedro de Moel con súa avoa para poder ver a Dinís, pero Dinís tivo que irse a Mozambique. Alí coñeceu a Miguel da Silva co que chegou a crear unha amizade, tamén se fíxo amigo dunha nena á que Antoninho, o fillo de Antonio Gonçalves violou.

Cando Dinís volveu de Mozambique, realizaron unha revolución na fábrica de vidro e Dinís xunto con outro compañeiro chamado Raúl remataron no cárcere. Filipa tivo que exiliarse con Rui a Brasil pola súa ideoloxía política.

Dinís escribía cartas á súa nai e a Filipa, pero as cartas de Dinís nunca chegaban, os carcereiros mandáronlle unha carta a Filipa dicíndolle que morrera.

Os presos políticos de Peniche planearon unha fuxida pero o 25 de abril de 1974 estalou a Revolución dos Cravos e ao seguinte día todos os presos políticos foron liberados.

No fin da historia Filipa vai a Portugal tirar as cinzas de seu pai Rui e descobre que Dinís non está morto.

Na miña opinión, o libro está moi ben porque trata a vida en Portugal dende o punto de vista duns namorados que non poden verse debido a que un deles tense que ir a Mozambique. Tamén me gustou moito porque é un libro co que aprendes un pouco máis da historia de Portugal durante a ditadura de Salazar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario