martes, 28 de maio de 2019

Tristes armas de Marina Mayoral, recensión de Cristian Regueira (4º ESO A)


Esta historia trata de dúas nenas que se chaman Rosa e Harmonía, que por culpa da guerra marcharon nun barco para ir a Rusia. No porto despedíronse de Miguel, seu pai pero non de súa nai Carmiña, porque chegara tarde e non podían saír do barco. No barco, Harmonía fixárase moito en León, un neno que non choraba. Cando chegaron a Leningrado, que era o seu destino, alí tiñan un colexio, unha casa e unha coidadora que se chamaba Mª do Mar. No colexio, escribiron unha carta a seus pais para contarlles o que lles sucedera, pero esa carta non chegou ao seu destino. Uns anos máis tarde, Miguel morreu na batalla do Ebro, Carmiña marchou para Francia e logo para Arxentina. Rosa foi bailarina, Harmonía e León casaron. León foi un gran enxeñeiro. Cando terminou a Segunda Guerra Mundial, foron todos á casa de Galicia. Cando estaban alí, chamou a porta o neto do xefe de correos e entregoulles a carta que lles escribira Harmonía cando era pequena. Elas gardárona como un mal recordo do dano que fai unha guerra.



Na miña opinión, o libro gustoume moito. Por unha parte explícache cales son as consecuencias que hai por culpa dunha guerra. Por outra parte, tamén se mostra a emigración, xa que moitas familias ou fillos teñen que marchar para outros países ou para lugares de acollida como lles ocorreu a estas dúas irmás por culpa da guerra. E por esta causa os fillos ou fillas téñense que separar dos seus pais para non volvelos ver nunca, xa que seu pai tiña que ir á guerra e ao morrer a nai tamén emigrou para outros países e nunca se volveron ver.






Ningún comentario:

Publicar un comentario