quinta-feira, 21 de junho de 2018

REFLEXIÓNS SOBRE O CLUBE DE LEITURA EM PORTUGUÊS

 
Rematado o Clube de Leitura em Português aquí se publica unha pequena reflexión sobre os libros lidos e sobre a participación no clube por parte dalgunhas das persoas participantes.




Eu lin o libro Resistencia de Rosa Aneiros para o club de lectura de portugués. O libro está escrito en galego pero conta a historia do que ocorreu con respecto ao réxime salazarista e á Revolução dos Cravos desde o punto de vista de persoas do rural e de presos políticos.



Gustoume moito este libro porque conta unha historia moi entretida que seguramente houbese outras moi parecidas porque as violacións, as enfermidades e todo o citado neste texto estaba á orde do día naquela época. Ademais de contar diferentes historias de amor tamén nos conta a historia de como foi a vida durante o réxime salazarista e o que supuxo para todos os portugueses a ditadura e a Revolución dos Cravos. Pareceume un libro moi interesante co cal se pode aprender da historia dun lugar que nos queda moi preto.

O club de lectura ensinoume unha parte da historia de Portugal máis humilde e dunha forma diferente da que xa todos coñeciamos.

Lucía Sánchez Suárez (4º ESO)

 
Eu lin en portugués Finalmente o verão, banda deseñada de Jillian e Mariko Tamaki.

É un libro fácil de ler e entretido, xa que aínda que é noutra lingua, os cómics son rápidos de ler e resultoume moi ameno.

Pareceume moi interesante e importante este club, xa que ler é importante, noutro idioma aínda máis, sobre todo no portugués, un idioma que se imparte neste centro desde hai pouco. Foime sinxelo de entender xa que o portugués é moi parecido á miña lingua, o galego, aínda que hai algún léxico que non entendín moi ben.
Alicia Rodriguez Ramos (4º ESO)



Eu lin O filho de Astérix de Albert Uderzo, Rene Goscinny e con deseños de Albert Uderzo e tradución de Eduardo Leão Maia editado por ASA.

O libro tiña unha fácil comprensión e era moi entretido. Gustáronme moito as actividades do club de Português e da materia de Portugués que cursei este curso.

Tania Pastoriza Maroñas (4º ESO)





Eu lin a banda deseñada Dog Mendonça e PizzaBoy II de Filipe Melo, Juan Cavia e Santiago Villa editado por Tinta da China.

Gustoume ler en portugués, resultoume bastante fácil entender todo; o que máis me custaba era algunha palabra da que non coñecía o seu significado e tiña que mirar en internet o que era. Tamén me gustou bastante estar no Club de Portugués, porque aprendemos bastante sobre a historia de Portugal a Revolução dos Cravos.

Daniel Vázquez Rivera (4º ESO)




Eu escollín A criada malcriada da editorial Objectiva, xa que me parecía un libro interesante e con pouca dificultade de ler porque ten debuxos e pouca letra. Trata sobre unha criada e a súa dona, que está sempre reñéndolle.

Pois a verdade é que si me gustou ler en portugués xa que sempre me pareciu unha lingua moi interesante. Non me custou moito ler o libro pero si que había algunhas palabras que me custaba máis entendelas, pero polo resto ben.

O club de lectura parece unha maneira de ver a lectura dende outro punto de vista, xa que non só lemos, senón que aprendemos sobre a historia e a cultura de Portugal e outros países da lusofonía.

Sabela Lema Rodríguez (4º ESO)



O libro que escollín para o club de lectura de Portugués foi Reencontro em Barcelona, de Elizabeth Adler, xa que cando lín o título na biblioteca estaba segura de que me ía gustar porque me chamou moito a atención.

Ao principio asustábame non entender nada, xa que é un libro bastante longo e se non comprendes a lingua resulta complicado de ler, pero pouco a pouco íao entendendo, aínda que me perdín nalgunha que outra parte e houbo certas palabras que tiven que consultar nun dicionario debido á súa complexidade, xa que nunca estudei portugués e tiven pouco contacto con el pero sen ningunha dúbida é unha lingua fermosa que me encantaría aprender.

Irene Sánchez Suárez (4º ESO)





O meu libro foi a banda deseñada Astérix apresenta Humpá-pá. O pele-vermelha de R. Goscinny e A. Uderzo editado por Edições Aspa.
Gustoume moito xa que trata a historia e as aventuras que realiza o pele-vermelha polo mundo de Astérix e Óbelix.

Natalia Cousillas Fuentes (4º ESO)








A doninha e o taxidermista de Séchu Sende das editoriais O Diário Liberdade, Artábria Fundaçom e a Escola de Ensino Galego Semente. É un libro moi fácil de ler e tamén se pode entender con moita facilidade.

Ana Nantón Castro (3º ESO)



 


Eu escollín un libro de Geronimo Stilton, Não me deixes, Tenebrosa da editorial Presença.

O libro e fácil de ler e entender. Gustoume porque os debuxos axúdanche a entender o libro.

David Camafreita Casas (4º ESO)







O libro que eu lin é Momentos de aquí do escritor angolano Ondjaki da editorial Caminho.

Gustoume ler o libro aínda que ás veces non coñecía algunhas palabras. Respecto ao club de lectura pareceume interesante porque tomabas información doutros libros que igual che interesaban para despois lelos e de aspectos culturais moi interesantes.

Iván Mira Varela (4º ESO)