sábado, 8 de dezembro de 2012

As lágrimas de Shiva de César Mallorquí

A nai de Xavier un día dille que no verán ten que ir cos seus tíos a Santander e seu irmá Luís quedaría co seu tío Esteban, porque seu pai estaba moi enfermo de tuberculose. Xavier non coñece a seus tíos nin a súas primas pero finalmente sentiuse moi a gusto na Vila Candelaría, durante a súa estancia nela, xa que para el foron as súas mellores vacacións. Durante a súa estancia na casa de seus tíos, descubriu quen era Beatriz Ordóñez, unha pantasma que paseaba por aquela casa e a que todos tiñan por unha ladroa das lágrimas de Shiva. El ao principio non se levaba moi ben coa súa prima Violeta pero eran os únicos que sentían aquel olor a nardos o cal lle permitiu sentir alguén máis naquela casa. Xavier e Violeta xuntos descubriron quen roubara aquel colar. Xuntos van á casa de Amalia e cóntalle toda a verdade, que Beatriz Ordóñez lle dera as lágrimas de Shiva a ela para que llas devolverá aos Mendoza, pero como ela lle tiña moito rancor aos país de Beatriz escondeu as lágrimas de Shiva e por iso acusaban a Beatriz de vendelas e marchar co capitán de Savanna. Amalia deulle as lágrimas de Shiva a Xavier e agradecéronllo moito. Xavier e Violeta durante este verán e tras tantas aventuras acabarónse namorando. Opinión persoal: Gustoume moito porque é de misterio e ata o final non o revelan. Tamara Sánchez Añón (4º B ESO)

O diario violeta de Carlota

Carlota, animada polo xogo que lle propón a súa avoa, observa o mundo con gafas violetas e comproba como situacións cotiás que parecían incuestionables resultan inxustas e discriminatorias. ¿Quen inventou que, en asuntos amorosos, os rapaces teñan que tomar a iniciativa? ¿Por que a azul ten que ser a cor dos rapaces e a rosa, a das rapazas? ¿Por que é máis importante o aspecto físico das rapazas que o dos rapaces? Carlota descobre tamén o horror das cifras: o 70% dos pobres da Terra son mulleres... Vai descubrindo todas as desigualdades e o machismo e vainos escribindo no seu diario violeta. O libro gustoume moito xa que é un libro moi entretido e fala sobre todas as desigualdades que hai no mundo entre homes e mulleres. Belén Souto Martínez (3º ESO)

Investigación 091 de Pepe Carballude

A historia comeza en Areal do Conde, onde Xabier, un rapaz da vila, cae enfermo e ten que estar encamado uns días. Asasinatos, secuestros e roubo alteran as rúas de Areal do Conde, creando un caos, engadindo por outra parte o contrabando de drogas e tabaco. O caso estalle a ocorrer a Xabier, cando unhas sucesivas chamadas anónimas de ameazas chegan á súa casa. Unha amiga súa é agredida por uns homes misteriosos, e Xabier ve o secuestro dun rapaz diante dos seus propios ollos. Xabier, Rafa, Manolo, Rosa e varios personaxes máis, intentan descubrir o porqué destes asasinatos e secuestros e a relación que gardan cun pub da vila. O profesor de inglés, Manolo, xunto a Rosa, unha periodista amiga del e o inspector Bermúdez investigan os misteriosos sucesos que ocorren e que traen aos protagonistas vellos recordos do pasado que os involucran neste caso. Manolo está a ser ameazado con notas e sinais. Unha historia de amor, suspense, misterio e sobre todo, compañeirismo. Unha bonita novela para disfrutar e ver un pouco este noso mundo moderno. Opinión persoal: o libro en sí, está bastante ben. Móstranos o mundo onde vivimos tal e como é. A historia é bastante entretida e emocionante. Hai momentos de tensión e outros de romance. Moi ben en xeral. Pablo Romar Santos (2º ESO)

O misterio dos fillos de lúa de Fina Casalderrey

David é un neno de oito anos e hai pouco que veu para a aldea. Un día seu irmán Xocas trouxo unha gatiña que topou, para a casa, e a pesar de que a nai non quería gatos o final a gata quedou na casa. David ten unha moza que se chama Branca, que lle axuda a buscar nome a gata a cambio de que lle deixe que sexa súa tamén, e acaban chamándolle Lúa. Agora tratan de resolver un misterio. Lúa está a piques de ter crías, xa é a terceira vez, pero as outras dúas veces desaparecéronlle os gatiños. Desta vez non están dispostos a que Lúa perda as súas crías e deciden poñer unha trampa para pillar o ladrón. Así que botan cola no chan do baixo onde está a gata, e déixano a escuras cerrando as persianas e rompendo as bombillas, pero é súa nai e mais eles os que quedan pegados o chan. Outro día botan serraduras finas na entrada do cuberto por se alguén entra e deixa as súas pegadas. A mañá seguinte hai unhas pegadas e David e Branca compáranas cos zapatos dos veciños e atopan varios sospeitosos, pero non chegan a ningunha conclusión. O día do parto achégase e deciden prepararlle en segredo unha cama para que Lúa poida ter as súas crías onde non corran perigo. Un día Lúa non aparece e David e mais Branca van mirar á cama que lle prepararon, e atópana alí parindo. Cando Lúa botou o primeiro gatiño comezou a meterlle a boca, David asustouse pois pensou que o ía comer e foi buscar a súa nai, que acudiu cunha sacha e eles pensaron que ía matar a gata. Pero súa nai cría que era outro animal o que estaba a comer o gatiño. Ela xa coñecía o misterio dos fillos de Lúa, fora o can dos antigos donos da Botica quen llos matara e como non os quixeran entristecer, o pai de David enterraraos na eira. Lúa o único que estaba a facer era limpar e acariñar os seus catro filliños. Opinión persoal: Gustoume moito, porque a historia está contada dunha maneira moi peculiar e simpática. Diego Moreira (1º ESO)

Lóbez de Antonio Yáñez Casal

Unha parella de lobos tende catro a cinco crías, pero Lóbez naceu fillo único. Toda a manda fixo comentarios, pero el recibiu todos os coidados e fíxose un lobo forte. Cando chegou o momento de pasar da nenez a adulto, co seu primeiro ouveo, Lóbez non foi capaz de ouvear. Despois de comprobar que non tiña ningún defecto, decidiron que a causa era a súa alimentación e puxérono a dieta. Logo de varias semanas, cando xa case non lle quedaban forzas, voltou intentar ouvear pero tampouco lle saíu. Os seus pais como eran os xefes da manda fixeron unha xuntanza, e decidiron envialo a xunta do Gran Consello, xa que un lobo que non sabe ouvear non pode liderar unha manda. Antes de marchar Lóbez alimentouse ben xa que tiña que atravesar territorios doutros lobos, e só o podía facer se non cazaba neles nin os marcaba cos seus ouriños. Ademais tiña que ir a paso lixeiro e coa testa baixa en sinal de submisión. Polo camiño atopouse cuns leiróns que lle aseguraron que ía haber unha batida, pero non os creu. Mais tarde topou cuns lobos que lle fixeron burla e logo cunha porca brava que o usou para darlle clases a os fillos. Cando estaba a chegar atopouse con outro lobo que tamén ía a o Gran Consello porque non comía carne crúa, e que parecía tar medio tolo. Os membros do Gran Consello despois de revisalo e comprobar que non sabía ouvear, decidiron rebaixalo a o membro de menos categoría da manda e que non podía formar familia ata que non topase unha solución. Desanimado voltou para o seu territorio, pero estaba moi canso e quedou adormilado nun recanto. Espertárono os lobos que se meteran antes con el e ameazárono. Marcharon ouveando e a o pouco soaron disparos, quixo tratar de axudalos pero como non sabía ouvear botou a correr, pero só puido comprobar que os mataran a todos incluídos os anciáns do Consello.A el non o perseguiran e iso que percorrera toda a serra e se cruzara cos inimigos. Entón decatouse de que eran os ouveos os que facían que os cazadores deran con eles. Por iso agora os lobos desta zona non ouvean, e Lóbez é o xefe da manda. Opinión persoal: Gustoume este libro, porque ensina que o que ás veces parece un defecto pode ser unha virtude. Diego Moreira (1º ESO)

O contador de estrelas de Jaureguizar

Antía pensaba que ía ser o seu peor verán e resultou ser o seu mellor verán. Antía ten que ir coa súa nai ao traballo no servizo antilume e alí coñeceu a Enver,un mecánico de dazaoito anos. Neses días que súa nai tiña o turno de noite, Antía reuníase con Enver na antiga torre de control de Rozas,ás escondidas da súa nai.Onde lle contaba tantas historias da súa vida,mentres observaban as estrelas.Ela ao fin non sabía cal era a súa verdade. Había un piloto vermello que acendía o lume, Romar saíu á súa captura e tivo un accidente. Antía quería aprender a pilotar unha avioneta e convenceu a Enver para que lle ensinara a voar. Foron a Ribadea e alí encontrou a seu pai que había once anos que non o vía. Despois de buscar o piloto vermello foi culpable o seu pai e botoulle a culpa a Enver, que o empuxara a prender o lume nas Rozas para castigar a Romar que o trataba moi mal e así prendeu lume no seu territorio.O pai de Antía e Enver foron encadeados. Antía estaba certa de que Enver era un extraterrestre, do que ela estaba enamorada. Jessica Pose (3º ESO)

Nogard de Marilar Aleixandre

Celia coidaba todos os venres aos seus sobriños Ricardo e Paloma. Un día Celia contoulles un conto inventado titulado Nogard. Nogard era un dragón que facía todo o contrario dos outros dragóns. En vez de botar lume pola boca botaba auga e o seu nome era dragón ao revés. Os dragóns perderan a chave de onde estaba encerrado Setestrelo e sen el non poderían celebrar a gran festa dos dragóns. Unha noite, a Celia espertárona uns ratos e levárona por un burato na parede a Milmontes, onde vivía Nogard. Entre todos buscaron a chave en Trasnufre, onde vivía o papa-palabras, que era un dragón con tres pares de mans e que sempre comía a última palabra de cada frase. Para recuperala tiñan que xogar ao xogo das prendas. Gañaron eles, pero o papa-palabras non quería darlles a chave e atárono na cociña para ir buscala. Encontrouna Nogard. Saíron correndo pero coas presas, Celia espertou na súa cama coa chave na man. A noite seguinte, despois de loitar cos xoguetes dos seus sobriños que tamén querían a chave, foron a casa de Nogard e todos xuntos leváronlla ao rei. Como recompensa, o rei deu a Nogard a laranxa de ouro que fixo que en vez de auga botará lume. Gustoume moito este libro porque mantén a intriga de principio a fin. Irene Sánchez Suárez (1º ESO)