quinta-feira, 22 de junho de 2017

Mutacións xenéticas de Fina Casalderrey, por Lucía Sánchez de 3º ESO

Hadrián ten que ir vivir co seu avó, ao que nunca viu, mentres os seus paid van de viaxe. Hadrián pensa que o seu avó é un bicho raro porque cada vez que lle envía un correo faino co nome de Mario, que non é o seu verdadeiro nome, e eles téñeno que mandar a ese tal Mario. A nai de Hadrián só o viu una vez en persoa. Cando vai a Fisterra, onde vive o seu avó parécelle moi sospeitoso e que oculta algo. Ao chegar á casa decátase de que hai moita seguridade e moitas pechaduras. Cando cría que xa chegara o seu avó lévao nun automóvil por debaixo do mar dentro dun tubo que os leva a una casa onde pasarán as vacacións.
Un día cando o seu avó ía comprar, aburrido, Hadrián comeza a investigar pola casa. Métese por uns corredores e vai dar a una especie de piscina e decide bañarse. Ao saír unas serpes enormes achéganselle a Hadrián e asustase. Nun berro dilles que se vaian e que o deixen e as serpes fanlle caso afastándose. Hadrián, sorprendido e asustado, volta á parte da casa que coñece. O seu avó chega do mercado e comezan a falar do seu laboratorio e cóntalle en que traballa. O doutor experimenta con animais xuntando varias especies para dar outras mellores, pero para que non acaben coa raza humana domestícaos, o cal permite que os animais fagan moitas tarefas e nin futuro fagan moitos traballos por nós.
O doutor un día que ía a compra foi secuestrado, tardou en darse conta de quen o fixera pero caeu na conta de que fora un antigo compañeiro seu, Benxamín, que lle quería roubar o seu traballo para facer que todos os humanos seguisen as súas ordes. Hadrián coñece a un amigo do seu avó chamado Sindo, que lle axuda a buscalo. Sindo en realidade era un axente que tentaba protexer o proxecto do doutor, pero nin Hadrián nin o doutor o sabían.
Foron seguindo pistas que os levaron a una parte de Portugal. Encontraron os seus secuestradores pero xa entregaran o doutor e foron engañados por Benxamín. Os catro separáronse e buscaron polo doutor.
Hadrián foi a un edificio en obras e encontrou un pano do seu avó tirado no chan. Entrou e comezou a buscar por el, e ao encontralo, despois de cinco días, apropiouse dunhas chaves e rescatouno. Saíron de aí e Sindo detivo os secuestradores. Ao voltaren á casa decidiron ser moito máis coidadosos.

OBRADOIRO DA MEMORIA: Lendas de Buzaco


Neste vídeo Ana, Fabiola e Álex Urquiza gravamos a María Isabel Castro Castro, veciña de Beres, que nos conta una historia sobre o Buzaco. Nela relátase de un home que morreu nunha casa que estaba metade en Canduas e outra metade en Cesullas.

domingo, 11 de junho de 2017

OBRADOIRO DA MEMORIA: Matilde Pose cóntanos como se converteu en poeta



Unha tarde na que Samuel mais eu iamos no autobús á saída do colexio, dixémoslle a Eloy se lle podía preguntar a súa avóa se lle podíamos facer unha entrevista sobre os poemas que ela escribira. Unha vez que el lle preguntou, a súa avóa Matilde, díxolle que podíamos ir sen problema.

A tarde do 21 de outubro, despois de facerlle a entrevista a Dolores, dirixímonos a Dombate, a casa de Matilde. Ela recibiunos na porta da súa casa e levounos ata a cociña, onde tiña uns cadros que ela pintara, xa que tamén pinta algún cadro. Unha vez alí, Samuel mais eu sentámonos fronte ela e contounos a súa historia dende que se empezou a interesar polos poemas ata agora, ensinounos unha libreta chea dos poemas que ela escribira e leunos con moito entusiasmo algún deles.

OBRADOIRO DA MEMORIA: Matilde Pose fálanos dos muíños



Despois de facerlle a entrevista sobre os poemas, contounos un pouco da historia dos muíños. Explicounos que antigamente, os mozos e as mozas xuntábanse nos muíños e tamén nos indicou como funcionaban, xa que ela ten un. En resumo, ensinounos que, como ela ben dixo, a diversión que tiñan antes os mozos e mozas, era ir ó muíño.

OBRADOIRO DA MEMORIA: Dolores Macías Pose cántanos unhas coplas

Unha tarde que eu, Alicia, ía para casa de volta do colexio, fun falar con Dolores, a miña veciña, xa que ela é unha persoa que tivo influencia no tema das coplas porque pasou a súa vida cantando e por iso recibiu varios premios. Díxenlle que Samuel mais eu tiñamos que facer un traballo chamado “O obradoiro da memoria” e preguntámoslle se lle podíamos facer unha entrevista na que nos contara un pouco de cómo era antes a vida e tamén das coplas.

O día 21 de outubro, Samuel mais eu, fomos a súa casa e preguntámoslle se lle viña ben para facer agora a entrevista. Díxonos que sen problema e levounos ata o seu garaxe onde nos sentamos  Samuel máis xuntos detrás do móvil co que grabamos e Dolores sentouse en fronte nosa; contounos como se celebraban antes as festas e que se cantaban coplas en moitos hábitos, como por exemplo cando ían a horta ou ao viren do colexio e, sobre todo nas festas. Tamén nos dixo que ela aprendeu as coplas escoitándoas e cantándoas  xa que se transmitían vía oral e, finalmente, cantounos unhas coplas.

Alicia Rodríguez Ramos e Samuel Vázquez Pérez 3º ESO A

sábado, 10 de junho de 2017

As lágrimas de Shiva de Jordi Sierra i Fabra por Daniel Mouzo (2º ESO)

A nai dille a Javier que no verán tería que irse cos seus tíos a Santander porque o seu pai estaba malo. Non coñecía ás súas curmás nin ás súas tios pero ao final sentiuse moi a gusto en Vila Candelaria, e foron as mellores vacacións que podia ter. Descubriu quen era Beatriz Obregón, porque era a ladroa da familia, que era unha pantasma, que pasou coas bágoas de Shiva?pero todo iso descubrírono el e Violeta; que ao principio non levaban nada ben, pero como eran os únicos que sentian a presenza de alguén máis na casa e percebian o cheiro a nardos, pois acabaron haciendose moi pero que moi amigos. E fixéronse moi amigos...con dereito a rozamento. As bágoas de Shiva, era un colar con esmeraldas e diamantes que Sebastián Mendoza regaloulle a Beatriz como agasallo de compromiso. Pero Beatriz non o queria asi que, foise no Savanna, un barco que tripulaba o seu amor verdadeiro. Ela, deulle As bágoas de Shiva a Amalia para que llas devolvese aos Mendoza, pero como a súa criada tenia tanto rancor nos Obregón, non pola señorita Beatriz sinó polo mal que a trataban os seus pais, escondeu as Bágoas de Shiva e acusaron a Beatriz de roubalas. Pero Javier foi un dia a falar con Amalia ata que lle deu as Bágoas de Shiva e ao final explícalle a verdade.
Encantoume, porque foi moi intrigante.

Aire negro de Agustín Fernández Paz por Sergio Villar (2º ESO)


Esta historia trata dun home chamado Víctor que é psiquiatra e a súa primeira paciente é Laura Novo, cuxa memoria foi borrada por circunstancias descoñecidas. Este investiga todo sobre ela e o seu pasado e mediante unha terapia de lectura consegue que Laura mellore. Pero cando descobre a verdade do pasado encontrase cun ser poderíase dicir “dos mitos” que asasina a todas as mulleres roibas que se adentren nunha cova que hai preto da Casa Grande, unha casa de turismo rural de Lanzós. A historia remata coa morte de Laura e a desesperación e o desacougo de Víctor ante o coñecemento da historia, e o remate da súa carreira como psicólogo e o comezo doutra vida.
Gustoume moito porque ten misterio,intriga e suspense ata o último segundo.

O gol imposible de Enrique Sánchez por Simón Collazo (4º ESO)

O libro relata a morte dun xogador de fútbol pertencente ao equipo do Deportivo da Coruña, Javier Varela. Todo comeza cando o xornalista deportivo, Julián Regueiro, cre ver mentres se disputa un partido de fútbol a un famoso xogador que morreu fai once anos nun accidente de tráfico. A partir de aquí Regueiro realiza unha serie de investigacións para saber o ocorrido no accidente que deu lugar á morte de Varela. Ao longo destas investigacións descobre o ocorrido fai once anos: despois de xogar un partido de fútbol contra o Madrid no cal foi un destacado xogador, a pesar de que anteriormente negociara a derrota dese partido de fútbol por parte do Deportivo, con todo, este realizou o mellor partido de fútbol de toda a súa vida.

Despois do partido sucede un accidente de tráfico, en cuxo coche a pesar de ser de Varela non era el, o que viaxaba. Por tanto, Regueiro chega á conclusión de que Varela non está morto. A incógnita resólvese cando se desconfía de que tras a negociación daquel partido onde Varela tiña que deixarse gañar e o Deportivo, por suposto, perder, está asustado da reacción que poidan ter aqueles dous individuos cos que negociara, por iso todo este tempo estivo ausente.
Ao final, Pedro que estaba en Madrid para mirar por Javier, chama a Julián e dille que o home que lle pareciu Javier cando estivera en Madrid escapara sen rastro.

Gustoume moito o relato, non so porque trate de fútbol, senon porque evoca certa confusión. As fases nas que acontece cambian repentinamente dun lado para outro. E a gran variedad de personaxes que actúan fai que o libro se faga máis rápido de ler e permite crear una historia máis real. Na miña opinión é un libro que consta de todos os requisitos para lelo.

Alexandra de Lola Gándara por Jimena Lema Collazo (4º ESO)

Un grupo de mozos e mozas, amigos do instituto, van a un concerto de Rock pola noite. Para algunha é a primeira saída nocturna e é importante que chegue pronto a casa se quere volver saír.
Estando no establecemento onde tomaban algo, Alexandra desaparece de súpeto. Os amigos empézanse a asustar, e sobre todo Xabi, que estaba moi namorado dela, e Diego e Patri, porque Alexandra levaba unha chaqueta moi importante para a súa compañeira e un sobre cunha certa cantidade elevada de diñeiro de Diego.
A partir do día seguinte, estaban como tolos tentando adiviñar que pasara con Alexandra.
Xabi, que ata ese momento estaba a saír con ela, non paraba de darlle voltas e voltas ao que sucedera, por que pasara así del, e por iso recorreu a Patri para así, tratar de buscala entre os dous. Ao longo da historia, van aparecendo novas personaxes, unha delas é Susana, unha moza punk que acaban coñecéndoa cando Xabi e Patri van á casa de Alexandra cando descobren que, onde crían que vivía, no seu pobo, non vivía aí.
Era moi raro todo o que estaba a pasar, e acaban rastrexando a vida de máis persoas para averigua-lo sucedido. Coñeceran a unha muller anciá que estaba cega, e esta dicía que Alexandra traballaba para ela léndolle libros. Pero Alexandra non era coñecida polo seu nome nese barrio, se non por Inés. Iso desconcertábaos aínda máis. Tamén se atopaba o mordomo da señora, que acabou contándolle todo acerca de Inés-Alexandra a Patri e a Susana. Alexandra ocultaba a súa identidade porque non quería que se soubese que era filla duns cantantes de ópera, e que os seus pais morreron nun incendio o día da estrea da obra na que cantaban.

A novela transmite os valores da amizade e tamén do amor. É un libro moi recomendable para todos os adolescentes e sobretodo, para as persoas ás que lles gusten os libros de intriga

Raquel de Isabel Clara Simó, por Alicia Rodríguez (3º ESO)

Raquel é unha adolescente que cursa COU, e un día decide escribir un diario. Ao comezar o curso, detéctanlle un cáncer a súa mellor amiga e falece. Despois duns días, Raquel comeza a saír con Oriol, o rapaz que lle gusta da súa clase.
Raquel ten un irmán que é moi bo en música e preséntase a un concurso de música clásica e gaña, pero o final resulta que fixera trampas e non cobraron o premio.
Un día, Raquel descobre a seu pai con outra muller e a súa nai acábase enterándose e divórcianse. Como Raquel máis seu irmán teñen que decidir con quen queren quedar, Raquel queda coa súa nai e comeza a traballar para axudarlle cos cartos mentras segue cos seus estudos.

Gustoume porque se me fixo fácil de ler xa que, como a historia trata dunha adolescente, houbo momentos no que me podía sentir identificada.

Tristes armas de Marina Mayoral por Vanessa Mariño (2º ESO)

Esta historia trata de dúas neos chamadas Harmonía e Rosa, por culpa da guerra tuberon que marchar en barco para Rusia. No porto despedironse do seu pai Miguel e a súa nai Carmiña chegou tarde e non se poideron despedir porque estaba dentro do barco e non as deixaron saír.
No barco Harmonía fixouse nun neno, León. Cando chegaron a Leningrado, o seu destino, alí tiñan o colexio, una casa e una coidadora chamada María do Mar.
No colexio, escribiron unha carta a seus país para contarlles o que lles sucederá, pero a carta non chegou ao seu destino.
Uns anos máis tarde, Miguel morreu na batalla do Ebro, Carmiña marchou para Francia e despois foi para Arxentina.
Rosa foi bailarina, Harmonía e León casaronse.
Cando terminoua segunda Guerra Mundial, foron todos a casa de Galicia, cando estaban alí chegou o neto do xefe de correos e entregoulles una carta que lle escriba Harmonía cando era pequeña. Elas gardarona como un mal recordo que fai a guerra.
Gustoume moito, porque parece que a historia é real.

Rebeldes de Susan Hinton por Brais Martínez (2º ESO)

O libro, conta a historia duns rapaces, que no cine, ligan con unhas rapazas. De volta para a casa, encóntranse cos mozos desas rapazas e comeza unha pelexa entre os dous `bos’ e os mozos das rapazas. Ao final os bos matan cunha navallada a un dos malos e fuxen.

Teñen que fuxir do pobo para que non os colla a policía e os irmáns dun, lévanlles comida para que sobrevivan e eles córtanse o pelo para pasar desapercividos.

Un día, salvan a uns rapaces pequenos de morrer queimados porque se incendia o seu colexio, e grazas a eso quítanlles os cargos e volven as súas vidas.
Ao final, un dos protagonistas morre e todo segue coma antes.

O libro gustoume porque ten unha temática que trata de adolescentes.

Asasinato no Consello Nacional de Diego Ameixeiras por Eloy Mato Rial (4º ESO)

O Sábado 14 de marzo de 2009 ten lugar unha reunión no Consello Nacional do BNG onde dimite Óscar Quiroga, secretario xeral do partido que coincide coas eleccións á Xunta de Galicia. Pouco despois desa reunión, un dos parlamentarios do BNG, Mario Dacosta morre asasinado nun garaxe de tres disparos. O secretario xeral da UPG contacta con Alberte Cudeiro, un detective do barrio ourensán do Couto para que, a espaldas da policía, investige o crime. Alí en Santiago, Alberte entra en contacto con persoas como Sara, estudante de xornalismo, entre outros, para ir averiguando máis pistas. Tamén entra en contacto con Alicia Souto, membro do BNG, coa cal ten unha pequena relación sexual, máis que amorosa. En Santiago coñece tamén a Benigno García Serantes, un excapitán da Garda Civil o cal lle conta que él e o avó de Mario Dacosta, Ramón Dacosta, o cal era falanxista e morrea nun enfrentamento cuns mineiros en León, participan na tortura e asasinato de Camilo Bonzo Seoane, un zapateiro anarquista de Celanova, a comezos da guerra civil. Máis tarde, Alberte infórmase sobre o anarquista preguntándolle ao autor dun libro sobre desaparecidos nesa zona de Ourense e viaxa ata alí para averiguar as súas orixes. Benigno morre e chega a Santiago un fillo del, Ricardo, o cal lle entrega a Cudeiro unha condecoración que lle dera Franco ao seu pai polos seus servizos na División Azul. 

Alberte regresa ao lugar ourensán onde pescudara e atopa unha vivenda onde según un testigo fora a casa dun fillo do anarquista, agora en ruínas. Nuns restos da vivenda atopa un cartel dunha inmobiliaria que o leva a contactar cun neto do anarquista, o cal era o seu propietario: un tal Ernesto Aguiar. Ao cabo dun tempo, este é detido por estafa. Cudeiro, fala cun exmembro da UPG e cóntalle que un tal Daniel Aguiar fora expulsado do partido por ideas extremistas facía máis de 15 anos e que agora tiña ideas de extrema dereita. Cudeiro chega á conclusión de que el é o asasino. A policía, durante ese tempo tamén chega ás mesmas conclusións pero cuns métodos de investigación diferentes. A conclusión foi que Daniel Aguiar fora expulsado do partido por Mario Dacosta, entre outros e Daniel por este motivo, por ideas políticas diferentes e por que tiña problemas de bipolaridade asasínao. Tamén intenta asasinar ao secretario xeral da UPG pero Cudeiro impídello. 

Ao final, Cudeiro descobre que Daniel non matara a Mario por vinganza sobre o tema do seu avó senón por ideas políticas. Ao final Daniel suicídase, o BNG resolve os seus problemas internos e Cudeiro di onde está soterrado Camilo Bouzo tras ler unha nota que lle deixou Benigno. 

Esta novela está basada na novela Asesinato en el Comité Central de Manuel Vázquez Montalbán, pero en lugar de recrear as divisións internas do PCE, recrea as do BNG. A novela tamén se pode comparar co caso de Camilo e Perfecto de Dios, os dous guerrilleiros de Sandiás terriblemente castigados polo extremismo de dereitas. Nesta novela, ao igual que no caso de Camilo e o seu irmán Perfecto reflíctese a forte represión de ultradereita contra persoas que intentaban defender as súas ideas. Neste caso o “Perfecto de Dios” tomaría o nome de Camilo Bouzo Seoane.

A novela amosa as diferenzas existentes entre membros dun mesmo partido, motivadas por distintas ramas ideolóxicas dentro dunha gran rama ideolóxica común. Tamén intenta transmitir a idea de que tanto as ideas de esquerda política como as de dereita se se levan ao extremismo radical deixan de ser ideas políticas e pasan a ser fanatismo, obsesión e maldade.









A pantasma telefónica de Xabier A. Barreiro por Pedro Suárez (2º ESO)

Esta historia trata dunha nena chamada Carolina que vai cos seus amigos ás Cortizas pero non saben que alí morrera un antigo cereiro. A pantasma mandalle mensaxes polo móvil e polo ordenador. Pidenlle axuda a Carolina xa que ela entende das tecnoloxías e todos están aterrados. A pantasma mandaba mensaxes para aterrar aos nenos e non podían leer os mensaxes do correo. Cando xa acabou María mirou o correo e tiña 2 mensaxes. Leu o mais antigo que decía:
Estou contigo”. María asustouse e leu o 2º que dicia:
Estaremos con tigo no colexio” Xulia.
María tranquilizouse porque a pantasma xa non estaba e volveron a súa vida normal.
Gustoume a historia porque me encanta o tema dos fantasmas.

A miña planta de laranxa lima de Jose Mauro de Vasconcelos, por Nuria Varela Rioboo (2º ESO)

Zezé é un neno que aos seus cinco anos sente o que significa ser pobre. El e a súa familia múdanse de vivenda por motivos económicos nesa casa que estaba preto da outra encontra una árbore de laranxa lima a que chama «Minguito» ou «Xururuca» e con el comparte as súas experienciase fai coma se fose o seu amigo imaxinario. Na súa imaxinación, Xururuca é un ser fantástico que pode imitar a varios personaxes de cine, falar, correr e tamén transformarse en poni e cabalgar.
Zezé vive co seu pai, a súa nai ,e os seus irmáns: Jandira ,Lalá, Gloria, Antonio ou "Totoca" e Luís. Tamén está a avoa Dindinha e o tío Edmundo quen lle ensina moitas cousas a Zezé. Grazas a facerlle una aposta ao seu tío aprendeu aos cinco anos a ler sen axuda. Cando foi apuntarse para ir a escola a súa irmán aumentoulle a idade a seis anos. Aí coñece a Cecilia Paim, a súa mestra.
Zezé e outros nenos xogan ao «morcego», que consiste en subir na parte traseira dun coche e pasear gratis pola cidade; ninguén se anima a subir no carro de Manuel Valadares un gordiño que non parecía moi agradable. Zezé atrévese pero é castigado por Manuel. Ao pasar os días Zezé, por querer coller guayaberas cae nunha gabia e córtase o pé cun vidro e axudao Gloria. Ao día seguinte, cando vai ao colexio é visto por Manuel miralle para o pé e lévao á farmacia, fanse moi bos amigos dede ese día. Pero un día Manuel é atropellado polo O Mangaratiba, ferrocarril da cidade e con el tamén more a planta de laranxa lima de Zezé.
Gustoume, xa que che explica as complicacións que ten ser pobre ao mesmo tempo ser neno.



A voz do lago de Antón Riveiro Coello, por Sara Rivera (2º ESO)

Este libro conta como María vai vivir a Escarabote porque a
súa tía herdara alí un pazo.
María fíxose moi amiga de Irene, unha veciña súa. María
contáralle que encontrara un libro moi antigo. Ese libro era
o diario de Xohán, anterior dono do pazo no século XV.
Cada vez que o lían óese o lamento dunha muller. Despois
diso, as dúas comezan a investigar.
O primeiro día, durante a cea, o dono contoulles unha
lenda. Esta historia conta como un conde que vivía alí
capturou unha serea do lago. Casou con ela e co tempo
converteuse en persoa. Logo tiveron un fillo ao que lle
chamaron Xohán, pero nunca lle dixeron que a súa nai era
unha serea. Cando el medrou, tivo unha moza pero non lle
deixaron estar con ela e acabou suicidándose. A nai quedou
tan apenada que volveu a vivir no lago como unha serea.
Cando María e Irene acabaron de cear foron ler o diario. El
non morrera, senón que marchara navegar por todo o
mundo. Durante o seu viaxe encontrouse cunha serea e
levouna ao pazo. Co tempo ela converteuse en persoa pero
el transformouse en unha. Así é como se deu conta de que
era fillo de unha serea, pero quedou moi doído porque non
llo contaran.
Unha vez que remataron de ler e se descubriu a verdade,
os lamentos, que eran da nai de Xohán cesaron para
sempre.

Ons de Carlos Meixide, por Juan Varela Collazo (2º ESO)

O conto trata de catro rapazes e rapazas que viven na illa de Ons: Suso e Roi, e tamen outras duas rapazas Fátima e Anabel.
Coñecense desde que eran pequenos, pero este verán vanlle pasar cousas extraordinarias.
Ao amanecer foron a praia e todos os se asustaron porque pareceron ver a un morto, cando se acercaron viron que sí que estaba morto.
Foron ao bar da illa e contaronllo a xente pero nadie os creio, o morto era Asunción a fareira de Ons. Os rapazes investigaron e descubriron que o asasino era Venancio, o garda civil.
O investigador Celeiro estaba buscando o culpable do secuestro de Roi, cando o encontraron o avo de Roi matou a Venancio.
Roi estuvo un tempo no hospital e logo volveu a Illa de ons cos rapaces.
É un libro bastante entretido.



O señor Ibrahim e as flores do Corán de Eric-Emmanuel Schmitt por Maira Eiroa (2º ESO)

Momo chamádo Moises, é un rapaz adolescente desagarimado e con falta de atención de seus pais. Vive con seu pai na rúa Azul en París, nun apartamento escuro e sen felicidade no que só se dedica a realizar as tarefas da casa, sua nai abandonounos co seu irmán Popol cando Momo naceu.
Momo coñece a Ibrahim que é un tendeiro musulmán veterano na vida e cun carácter calmado.

Momo non ten amigos e, as únicas amigas que ten son as prostitutas, as que visitou por primeira vez aos once anos.

Moisés merca todo na tenda do señor Ibrahim aínda que rouba algún que outra cousa para poder comer algo na casa xa que o pai lle da una pequena cantidade de cartos que os necesita para tareas básicas do fogar. O señor Ibrahim sábeo pero permítello xa que Momo lle parece un bo rapaz.

Co paso do tempo e despois de que Momo pase todos os dias pola tenda do señor Ibrahim, estes fanse moi amigos, co que acaban emprendendo unha gran viaxe xuntos nun coche que o señor Ibrahim mercou soamente para poder viaxer con Moisés e así poder ensinarlle a súa terra natal.

Gustoume moito porque é un libro moi interesante e esta contado desde o punto de vista de un adolescente.

Amor dos quince anos, Marylin de Agustín Fernández Paz, por Sergio Villar (2º ESO)

Este libro trae cinco historias, todas moi entretidas e emocionantes. A primeira historia é a dun amor da infancia que aínda segue presente e que non se vai esquecer. 
A segunda historia é a dun vampiro que ten un problema de ósos e ten que volver a súa terra por mor deles. 
A terceira a dunha pantasma que ten unha maldición de aparecer cada vinte cinco anos no pazo familiar hasta que namore e case cunha moza. A cuarta trata dunha parella que merca unha gata porque ten ratos na casa pero esta acaba tendo gatiños, es estes outros máis e ao final foi peor o remedio que a enfermidade. 
A quinta e última historia trata dunha parella a que lles gusta cociñar, pero que están gordos. Asisten a un proxecto de adelgazamento dun famosos especialista e a muller da parella acaba namorada del e separase do que ata ese momento fora a súa parella.
Gustoume moito porque son historia que tratan temas interesantes e son temas entretidos.



Nubes de evolución de Andrea Maceiras, por Laura Souto (4º ESO)

Amanda, Luís e Uxío son tres persoas moi diferentes, a simple vista ninguén esperaba que puideran conectar pero todo cambiou un día no cal Amanda tiña que borrar unha pintada da estación. Os tres se coñecían de vista da estación, e algún que outro enfrontamento verbal, protestándolle sempre a Amanda polo seu traballo. 
Chegou un día no que o vixiante lle mandou a rapaza que fose borrar unha gran pintaba que poñía: WHEN WILL THOSE CLOUDS ALL DISSAPEAR? Estaba xa disposta a facelo cando sentiu unhas voces que lle pedían que non o fixeran, quedou parada e baixou o trapo para non borralo. Días despois Amanda decidiu preguntarlle aos dous homes por qué lle pediran non borrala, si a fixeran eles. Non falaron moito pero pouco a pouco cada luns, mércores e venres os tres comezaron a intercambiar palabras, que se converteron en rutina. Fóronse coñecendo, falando dos seus problemas… Un día Amanda dou a idea de deixar de facer aquelas quedadas ata que cada un resolvese os seus problemas, grazas a frase da pintada. Uxío, foi vivir con seu pai, ademais deixou a súa moza e arranxou os problemas cos seus amigos. Luís, cambiou a forma de ver a vida, que a pesar de non estar a súa Ánxela, as cousas seguían tendo algo bo. Deuse de conta de que na estación traballara a súa viúva e levoulle unhas fotos a empregada da panadería. E Amanda, volveu a mirar as redes sociais, a partir delas, falou coa súa irmán e arranxaron os problemas. Así volveu a vivir coa súa nai, con Valeria e por suposto con Ánxela. 
Chegou o día no cal se ían xuntar xa que os tres fixeran o que prometeran. Pero soou a canción dos Rollings Stones, Angie, a canción da pintada, a canción coa que Luís lle pedira matrimonio a Ánxela, e agora tamén a canción coa que Uxío lle dixera a Amanda que estaba namorado del. 
Gustoume porque conta varias historias a vez e ademais narran tres persoas diferentes polo que podemos coñecer os puntos de vista dos tres persoaxes, que son os principais.


 


Chamando ás portas do ceo de Jordi Sierra i Fabra, Ana Nantón (3º ESO)

Silvia é unha rapaza de 19 que está estudando medicina é quere ir este verán para un hosspital de India, na que vaii ser cooperente, aínda que lle costou moito traballo conver aos seus pais.Cando chegou a India , India non era como España, había moita diferenza dun país a outro. Na India coñece a Elísabet e a Lorenzo cos que se enseñan a ser unha boa médica. Tamén coñece a Leo e a Mahendra, son dous homes moi distintos, pero tuveron uns momentos basstantes tristres. A Leo deixaralle a moza coa que levava catro anos de relación por enterarse de que marchaba para a India, é a Mahendra morreranlle os seus fillos e a súa muller afogados.

Silvia tamén lle axudou a unhass nenas como Sahira é Lakshmi, Sahira tiña unha enfermidade que por desgracia non pudo superar e morreu e Lakshmi tamén era outra nena que tiña unha enfermidade pero esta por suerte pudo superar esta enfermidade.

Silvia adoptou a Lakshmi, ao pesar de que non podía traela para España.Silvia prometou cao para o seguinte verán volveria.

Este libro gustoume moito porque así damonos de cuenta como esta outro país, ainda que me pareceu un pouco triste.


Irmán do vento de Manuel Lourenzo González, Cris Álvarez Mourín (4º ESO)

No 2002, Khaled escribe a primeira das cartas a Alberte, o fillo imaxinario do Dr Meira, Al-Galego, onde vai contando a súa vida nese período de guerra. Khaled preséntalle a Alberte toda a súa familia e comeza a escribirlle ao mesmo tempo o seu conto, o dun califa que ten unha fermosa filla, Sadhua, da que Raid, o protagonista, se enamora, que Khaled seguirá contado en todalas cartas.
 
Nas cartas fainos saber que a súa infancia non foi sinxela, a súa nai morrera e o seu pai volveu casar cunha muller, Zulaid, que foi dificilmente aceptada na familia.

Tamén nos fala da súa namorada, Amrah, a protagonista de Flor de area continuación deste ibro, e dos plans de futuro que ten con ela.

Un día, chegou a guerra de Bagdad e o seu pai foi cos soldados a loitar. Ao principio o pai mandáballe cartas e contáballe como era Bagdad, non mencionaba a guerra para non preocupalo. Recibía moitas cartas ao mes, pero pouco a pouco foron chegando menos, ata que chegou unha informando da súa desaparición.

Khaled foi buscalo, nunha caravana de beduínos, familiares da súa nai. Pasou moitas aventuras divertidas e bonitas polo camiño, pero ao chegar á cidade, atopouse co seu pai morto.

Estaba moi triste, e só, pero quixo levalo a súa aldea para enterralo onde estaba a súa familia. 
 
O día do enterro coincidíu coa súa maioría de idade, 16 anos, e chegou o gandeiro ao que o seu pai lle deixara dito, que tal día como aquel lle levara o cabalo que Khaled quería e ao que lle chamou “irmán do vento”.
A partir diso Khaled emprende unha viaxe xunta o seu querido cabalo.

O libro é moi interesante, conta unha historia que seguramente viva máis dun neno en Iraq. Ademáis tamén nos ensina a forma na que vive unha tribo iraquí, que o fan de xeito moi diferente ao noso e achéganos o sufrimento dos nenos e familias que viven en Iraq, e todo por culpa dunha guerra causada polos intereses económicos dos occidentais


Romeo e Xulieta de Shakespeare por Yoli Rama (4º ESO)

Na antiga Verona dúas familias , os Montesco e os Capuleto, están enfrontadas por un conflito do que xa ninguén se acorda.Entre estes están dous xoves chamados Romeo e Xulieta , Montesco e Capuleto respectivamente.Todo cambia pra eles cando unha noite nun baile organizado por Capuleto , o pai de Xulieta , no que Romeo se cola , estes se topan e xorde o amor. Tras verse varias veces , Romeo e Xulieta deciden casar , para o que lle piden axuda a Frei Lorenzo, un frade de confianza .Mais tarde ofendido pola intromisión dos Montesco no baile Teobaldo, o primo de Xulieta, reta a Romeo a unha loita aínda que este o rexeita.Con todo a loita é aceptada por Mercucio, o mellor amigo de Romeo, que morre nela .Romeo decide acabar co que empezara o seu amigo e asasina a Teobaldo.Tras este acontecemento o príncipe de Verona exilia a Romeo a Mantua. Mentres tanto Xulieta está desconsolada e o seu pai pensa que é pola morte do seu primo , aínda que non é asi .Este pídelle , e seguidamente obriga , a que case co conde Paris , pretendente de Xulieta.Esta non quere facelo, asi que lle pide axuda ao Frei Lorenzo e xuntos trazan un plan para que Romeo e ela poidan estar xuntos.Este consistia en que Xulieta tomaria un veleno que faria que quedara sumida nun profundo sono parecido á morte ; mentres tanto , Frei Lorenzo mandaria unha carta a Romeo para que no momente en que Xulieta espertase os dous puidesen escapar.Sen embargo a carta non chega e a noticia da morte de Xulieta chega a oidos de Romeo, que , crendo que Xulieta realmente morrera , non dubida en volver a Verona a morrer con ela .Pra conseguilo , toma un veleno que lle compra a un boticario . Cando Xulieta esperta e ve ao seu lado o corpo sen vida de Romeo, decide clavarse a si mesma a daga de Romeo no corazón, morrendo asi ao instante.Ao encontrar os dous cadávers abrazados e coñecer asi a tráxica historia, os Montesco e Capuleto deciden acabar coa súa rivalidade para sempre.

Lendo este libro enténdese por que os clásicos se converten en clásicos . Unha historia marabillosa ainda que triste .

Pel de lobo de Xosé Miranda por David Rey (3º ESO)

Xosé era un rapaz duns dezasete anos. Un día apareceu na súa casa un home que estaba a buscar a Fulxencio, ó pai de Xosé para encargarlle que foran a cazar un lobo enorme que estaba destrozando as terras do Incio. Entón puxéronse en marcha Fulxencio, Xosé e o seu can Bal.

Chegaron de noite. Estaba nevando e durmiron na casa de Oreste. Despois xa se aloxaron na casa do fidalgo don Eduardo, que tiña dúas fillas, Ana e Aurora.

A xente do pobo dicía que o lobo tiña calidades humáns, porque había xente que o vira saír da casa a dúas patas. O Fidalgo sospeitaba que o lobo entendía o vocabulario humán. O párroco ,don Laureano, levaba balas de cera bendita, as únicas capaces de matar ao lobishome. Unha vella veciña coñecía a historia dos lobishome.

Pasaban os días e os lobos seguían facendo das súas: comeron unha mula e o can de Rosa, e ata mesmo atacaron a unha pastora e o seu rabaño de ovellas. Un lobo negro feriu ao fidalgo esa mesma noite que puxeran unha cabra como cebo no medio do lugar. Pai e fillo tiveron un encontro cun lobo negro enorme ao que as balas nada lle fixeron e desapareceu deixando roupas de muller tiradas. Eles saben que os máis perigosos son dous: un negro e outro branco. 

Organizan unha trampa rodeando o monte con estacas, cordas e dúas liñas de xente facendo ruído para asustar aos lobos. Esta trampa matou a varios, pero non os dous máis importantes. Cando están regresando o lobo perigoso, provoca a desbandada xeral. O lobo negro púxolle a Fulxencio a garra no peito e recriminoulle que andivese matando lobos. Xosé refuxiouse nun secadoiro de castañas, onde acazapado co cheiro lobuno de Bal, tivo que matalo para que non o delatase, non localizou o lobo branco que, ao alba, camiñou a dúas patas e da súa pel sucedeu Aurora. Conseguiu queimarlle a pel, que se resistía a arder, liberándoa así da maldición: non volvería a ser loba. As dúas irmáns eran mulleres-lobas por unha maldición paterna: si querían ser como homes e libres, mellor que fosen lobos. Estando abrazado a Aurora, apareceu o lobo negro, pero Rosa dos Chantos cravoulle unha machada na perna dereita. 

De volta á casa do fidalgo, Xosé queimou a pel de Ana, que estaba na cama porque se ferira nun brazo. Pero ela díxolle que tiña pel de loba e volvería a ser libre. Meses despois, casado xa con Aurora, o lobo negro veu despedirse del, asomándose pola ventá. De cando en vez a xente fala que teñen visto un lobo negro en Oencia ou León, no Faro de Chantada. Esa mesma tarde, volveu a velo el, pero xa non era negro, nin branco, xa era un lobo vello.

É un libro que me gustou moito, sobre todo porque é de aventuras, e no que podemos coñecer como era a vida da xente nas montañas lucenses. Ó final sorprendeume quen eran os lobos.

A praia dos afogados de Domingo Villar, Paula Lema (4º ESO)

A aparición dun cadáver dun mariñeiro nunha das costas das Rías Baixas da comezo á investigación da súa morte, Leo Caldas e Rafael Estévez encargaranse diso.
O cadáver pertence a Xusto Castelo, un mariñeiro solitario da vila de Panxón. Aparentemente, a súa morte parece un suicidio xa que as mans do cadáver aparecen amarradas cunha brida, unha forma moi común de suicidio, pero o que alarma aos policías é que a parte que cingue a brida aparece pola parte dos meniños polo que é imposible de que a atase el mesmo.
Os policías interrogan aos achegados da vítima e descobren que o Rubio a última vez que fora vista foi o domingo pola mañá, cando ninguén vai pescar, ademais, tamén descobrenque a morte de Xusto Castelo podería estar relacionada co naufraxio do Xurelo nunha noite de temporal, de xeito un pouco estraño. No naufraxio morrera o capitán do barco e os mariñeiros sobreviventes non manteñen relación desde ese día. Ademais, tamén recuperan a barca de Xusto Castelo afundida nun lugar completamente distinto ao que aparecera o cadáver e o utensilio co que golpearan ao Rubio para deixalo inconsciente.
Como peza final do crebacabezas, o inspector descobre que ambos os sucesos, o naufraxio do xurelo e a morte do Rubio, poderían estar relacionadas coa desaparición dunha muller en Aguiño na mesma noite cao o afundimento do Xurelo.
Finalmente, todas as probas apuntan a que Marcos Valverde é o asasino de Xusto Castelo e da muller desaparecida a noite do afundimento do Xurelo, xa que esta se resistira aos encantos de Marcos Valverde; e Xusto Castelo fora asasinado debido a que sabía a verdade do acontecido a noite do naufraxio, xunto con que estaba farto de ocultar a verdade e o fillo da muller asasinada o estaba acosando pola morte de súa nai, influíron na súa morte.
COMPARACIÓN
En comparación coa novela Ollos de auga, pareceume moito máis interesante e divertida ca esta última, xa que a trama de Ollos de auga é moi simple e intuitiva. En cambio a novela A praia dos afogados, mantente ata o último momento coa incertidume de saber quen é o verdadeiro asasino, ata incluso pensar que o propio asasino puido ser cada un dos personaxes presentados , xa que cada un podía ter os seus propios motivos para cometer os asasinatos. 
 É un libro moi entretido para os amantes das novelas policíacas, e tamén para os que non o son. É un libro moi ben escrito que presenta como título de cada capítulo a definición dunha palabra distinta relacionada coa historia, o que me parece orixinal. Este libro achéganos as novelas policíacas, tradicionalmente asociadas á literatura especialmente inglesa, ao noso entorno, mesturando as crenzas máxicas ou fantásticas galegas, como a nosa relación coa morte, os amuletos..., á historia.
 

Ollos de auga de Domingo Villar, por Paula Lema (4º ESO)

Leo Caldas e Rafael Estévez deben investigar o asasinato do músico Lois Reigosa que apareceu morto no seu apartamento na illa da Toralla dunha forma moi cruel e dolorosa.
As primeiras hipóteses apuntan que o asasinato puido ser un crime pasional, pola forma en que apareceu o cadáver atado ao cabezal da cama espido. Trala autopsia, descobren que a Lois Reigosa lle inxectaran formol para matalo, polo que a investigación ábrese cara o campo da medicina e distribución deste composto, xa que é un produto utilizado nos hospitais.
A investigación céntrase na búsqueda de homes que tiveran algún tipo de contacto con Lois Reigosa xa que era homosexual. Tras investigar e falar con varios coñecidos de Lois Reigosa, coñecen ao pincha discos do club polo que acudía Lois a miúdo, pero cando concertan a cita para falar de Lois, o pincha discos non acode porque o asasinaran.Leo Caldas e o seu axudante descobren no ordenador do pincha discos varias fotos que amosan que Dimas Zuriaga e Lois Reigosa eran amantes.
Os policías acoden a casa de Dimas Zuriaga para detelo, xa que as probas atopadas e as hipóteses confirmadas do inspector, apuntan a que o doutor é o asasino, xa que opinan que para manter as súas aparencias o doutor decidiu acabar con Lois para non ser descuberto.
Pero finalmente, os policías descobren que algo non encaixa: as pistas parecen que foran deixadas voluntariamente polo asasino para que fose un caso fácil de resolver e que apuntasen directamente a Dimas Zuriaga. Deciden interrogar a muller de Dimas Zuriaga que parecía desconsolada pero cando os policías se dispuñan a marchar entra o can de Isidro Freire que delata a Mercedes. Ela confesa que matou ao amante do seu marido, para que el non a abandonase e asegurar a súa fortuna. Tamén confesa que matou ao pincha discos do club ao que acudía Lois, que traballaba como unha especie de detective para Mercedes, para que non a delatase; ademais confirma que Isidro Freire era o seu cómplice.
Pareceume un libro entretido, aínda que tiña unha trama bastante simple, xa que en comparación con outras novelas esta mantén outro tipo de historia máis simple. Paréceme un libro moi dinámico, xa que aínda que mantén partes de descrición son poucas e amenas, e ten moito diálogo polo que faise máis rápido á hora de ler e máis entretido.


Europa Express de Andrea Maceiras por María Sánchez (4º ESO)

Esta historia trata de cinco persoas, Nico, Aroa, Xacobe, Beatriz, Óscar, Piero e Mía que cando remataron o bacharelato decidiron facer unha viaxe de interrail por Europa, mais cando un suceso inesperado ao rematar a excursión sucede, perden moito contacto.Un día chega as mans de Nico unha postal dun lugar no que estiveran cando foran de interrail na que parecen os sete nela. Nico decide reunir aos amigos de novo para volverse a ver.
A historia vai transcorrendo entre o pasado na excursión e o presente contando o mesmo personaxe o que lle pasa.
Na postal vese a Aroa e mais a Xacobe dándose un bico e por isa razón Nico decide facer a quedada, xa que Aroa e Nico son parexa na actualidade.
Nico intenta saber cal fora a verdadeira razón da morte de Xacobe, xa que non se cría a historia que lle contaran.
Despois da quedada, e da información que lle dixera cada amigo, xunta Aroa e Beatriz encontran a verdade na persoa que coidaba a Xacobe cando era pequeno, e por fin pode quedar tranquilo sabendo o que de verdade lle pasara ao seu mellor amigo.


Relación coa realidade

Esta historia ten que ver moito ca realidade, xa que podería pasar perfectamente de verdade a calquera persoa.

COPLAS EN CORCOESTO

Estas coplas foron recollidas por Natalia Cousillas na súa parroquia en Corcoesto no ano 2017.

OBRADOIRO DA MEMORIA: Marcial Suárez, un carpinteiro de ribeira


Os alumnos de 3º da ESO do CPI As Revoltas estamos a facer un OBRADOIRO DA MEMORIA. Cada grupo entrevistou ou gravou a persoas maiores da zona co fin de recoller lendas e datos sobre os oficios antigos.
A nós, Fabiola e Sabela, tocounos a zona de Canduas. A principios do mes de marzo, entrevistamos o noso veciño, Marcial Suárez Taboada. Falounos sobre o traballo de carpinteiro de ribeira. El e os seus dous irmáns fundaron o estaleiro Irmáns Suárez, situado na zona das Grelas. Actualmente, só está traballando o fillo dun deles.
Na entrevista cóntanos como se fan os barcos e como traballan eles. 
Sabela Lema, Fabiola Suárez, Ana Nantón e Álex Urquiza (3º ESO) 

OBRADOIRO DA MEMORIA: Unha veciña de Cabana



Unha tarde de Marzo David, Tania e eu fomos a Cundíns a entrevistar a unhas persoas para un traballo. Estivemos toda a tarde alí e non quixeron contestarnos; foi moi decepcionante que non nos recibiran. E que a xente de Frinle é moi tímida e, non estaba dispoñible, a faladora da aldea, así que dirixímonos a unha persoa cercana a nós. Deixámola no anonimato para que non se faga famosa. Falounos da súa vida e das súas experiencias dunha maneira moi resumida pola súa timidez.

OBRADOIRO DA MEMORIA: Lenda da Fervenza de Anós


A lenda descubrímola grazas a nai de Lucía e Irene que lles contou a historia. Buscándoa en internet apareceu a lenda completa e expuxémola na clase, e decidimos facer un vídeo contándoa no lugar onde sucedera. O lugar atópase xunta un río, á entrada de Anós. O vídeo fixémolo ao lado da fervenza onde transcorre a lenda. A carón do río atopábase a lenda recollida nunha placa.

Lucía interpretaba a Loliña de Anós, Irene a Pedro da Napia, Nerea a meiga e Leticia gravaba. 

A lenda podedes lela recollida na rede nesta ligazón

Nerea Bermúdez, Leticia Caamaño e Irene e Lucía Sánchez (3º ESO)