sábado, 27 de outubro de 2012

Chamádeme Simbad de Francisco Castro

O pai de Paulo ten a orella vermella porque fala moito tempo polo teléfono móbil, por cousas da oficina. Paulo pasa moito tempo co seu avó que ten unha enfermidade que lle fai comportarse como un neno, xoga con Paulo, ou como el lle chama Simbad a os piratas. Un día o avó desaparece da casa e ninguén sabe onde vai, chaman a policía pero despois dun mes non o atopan e dan a busca por finalizada. Unha mañá Simbad recibe unha carta do capitán ou sexa de seu avó na que lle conta que o busque na taberna do pirata, Paulo non sabe onde queda iso, e na cea pregúntalle a seus pais onde está, eles abráianse e dinlle que se llo contou o avó non existe porque ten esa enfermidade que lle fai dicir burradas. Unha tarde mentres a nai de Paulo está limpando os libros do avó Paulo ve unha caixa detrás dun libro, cando súa nai marcha, cóllea e abre a pechadura cunha chave que o avó lle mandara na carta. Na caixa hai cartas e fotos antigas do avó cuns homes que Paulo non coñece, le as cartas e decátase de que seus pais queren meter o avó nunha residencia, Paulo escoita que neses sitios tratan moi mal as persoas. Esa noite dille todo o que leu a seus pais e anóxase con eles pero, non lle conta que descubriu unha tarxeta que dicía onde se atopaba a taberna do pirata, pero non sabe onde queda iso nin coa dirección. A mañá seguinte Paulo marcha da casa e baixa ao bar do barrio dende alí chama un taxi e dille que o traslade á taberna do pirata. En menos de cinco minutos están alí pero a estrada é peonil e o taxi non pode pasar así que Paulo paga e pregunta onde está a taberna do pirata o taxista dillo e marcha. Ó chegar á taberna pregunta se alí é a taberna do pirata e un home alto sae da cociña, sospeita que é seu tío Bernardino que vira nas fotos do avó, despois escoita a seu avó chamalo e deciden falar do pasado de Bernardino e o avó. Despois dun pouco chegan os pais de Paulo e seu pai empeza a discutir con Bernardino, o que se comporta como un adulto e Paulo que os tranquiliza e entende todo(cando faleceu a avoa de Paulo Bernardino e seu pai discutiron porque quen ía quedar co avó, cando naceu Paulo o avó dixo que quería quedar co seu neto e Bernardino dicindo que cerraba o bar para volver a vida de mariñeiro convenceu o pai de Paulo para que quedara co avó). O día seguinte ingresaron o avó nun centro de día e Bernardino pechou o bar para sempre e pasa tempo co avó xogando ó parchís e ás cartas. Sergio Caamaño Maroñas (2º ESO)

quarta-feira, 24 de outubro de 2012

O nome da Costa da Morte

Conta una lenda que a Costa da Morte recibe este nome, debido a que os antigos moradores desta abrupta costa, saían nas noites de inverno a favor da néboa e da choiva. E penduraban dos cornos dos bois farois acendidos, co fin de fascinar e confundir os navegantes. Que desta maneira crían chegar a porto, cando en realidade o que atopaban eran cantís e arrecifes, e neles a morte. O propósito era facerse co botín que as ondas achegaban á praia. Diego Moreira (1º ESO)

terça-feira, 16 de outubro de 2012

O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro

Esta obra do autor Marcos Calveiro foi Premio Xerais no ano 2012. É a historia dun adolescente que é enviado para a casa da súa tía Jojo, en Auvers, pola súa nai, que promete volver buscalo algún día. Alí todo o mundo o trataba mal, ata que todo comezou a cambiar cando coñeceu a un pintor chamado Vincent. Con el pasará moitas horas e aprenderá moitas cousas novas. Tamén descubrirá o amor cunha rapaza chamada Adeline, pero resultará fallido. Vicent era unha persoa solitaria e cuns cambios de humor moi bruscos pero aínda así levabábanse ben. El axudáballe cos seus fabulosos cadros e a encontrar paisaxes que pintar. Cando o pintor lle declara o seu amor a Marguerite, a filla do seu bo amigo o doutor Gachet, esta recházao. Vincent súmese nunha profunda depresión e un día decide pegarse un tiro. O rapaz fai todo o posible por axudalo e intentar salvalo, pero todo e en balde pois o pintor morre. O libro é moi bonito, aínda que un pouco triste e melancólico para o meu gusto. Mariña Lema Blanco (2º ESO)

quarta-feira, 10 de outubro de 2012

Pel de lobo de Xosé Miranda

O libro conta unha historia dun cazador de lobos, que era axudado polo seu fillo. O cazador chamabase Fulxencio e o seu fillo Xosé. Un día pola noite veu buscar os cazadores un home de Incio. Fulxencio aceptou o traballo el e o seu fillo marcharon co home que se chamaba Oreste. Fulxencio preguntou de que se trataba e díxolle que era sobre un gran lobo negro o máis grande que viran. Colleron os cabalos e os tres máis o can Bal foron cara ao Incio. Chegaron alí xa de noite. O día seguinte non puideron ir buscar o lobo por mor da neve. Oreste presentoulles o Fidalgo e as súas fillas. Falaron do animal. A noite cada un tiña unha habitación, e o can con Xosé. O día seguinte sairon en busca da cova onde se agochaban os lobos. Un día estaban de camiño a casa cando se lles apareceu o lobo negro grande. Disparáronlle pero as balas non lle facían nada ao animal. O lobo atacacou a Bal, a Xosé é a Fulxencia fíxolle feridas leves que logo se lle curaron. Falaron de que se podía tratar dun lobishome. Unha vella contoulle unha historia dun lobishome que houbera hai moitos anos. Seguiron a busca dos lobos nos días seguintes. Fixeron unha montaría na que conseguiron matar algún lobo pero ningún era o que buscaban. Á volta da montaría encóntranse cos lobos un gran lobo branco e un gran lobo negro, e varios máis pequenos. Xosé non dá controlado o cabalo e escapan a toda velocidade, choca cunha árbore e cae ao chan levántase e corre cara unha casa que está medio en ruínas e alí escóndese. Atranca a porta con troncos e sente ladrar a Bal, ábrelle e déixao entrar. Déitase e sente que Bal esta a ouvear e méxalle enriba, e Xosé levántase e Bal sáltalle a un brazo, dispáralle e mátao. Dáse de conta de que os outros lobos xa están aí e métese no canizo. A porta cede, o lobo grande entra e busca por toda a casa e ve o cadáver de Bal. Como non ouvea, os outros lobos marchan. Así que os outros lobos marchan sae de dentro da pelaxe do lobo Aurora. Tira a pelaxe ao lume. Aurora ao velo dille que o seu pai lle botou esa maldición. Chega o outro gran lobo. Aurora pídelle que non dispare e ao mesmo tempo dille ao lobo que é Ana súa irmá que se vai. O lobo non obedece e ponlle a gadoupa encima, arrabúñaos todos e marcha. Aurora e Xosé van para a casa e cando chegan xa é de noite. Ao día seguinte foi á habitación de Ana e víu que estaba mal, abriu o caixón e encontrou o pelexo e botouno ao lume. Ao final casaron Xosé e Aurora. E Fulxencio Novoa deixou o oficio de cazador. Gabriel Fariña Varela (2º ESO)

A lenda de Santa Margarida

Conta a lenda que en Silvarredonda, Baneira hai unha santa nunha capela chamada Santa Margarida. Contan que a xente de Corcoesto a quería levar para a súa igrexa porque tiñan medo de que a levaran xa que moita xente ía alí. Así que decidiron levala pero unha maldición caeu aos veciños de Corcoesto, polo camiño a igrexa todos os carballos enchéronse de vermes e coméronos, logo pasou o mesmo cos cultivos e a xente empezou a desesperarse xa que vivían da agricultura e da gandaría e por medo decidiron levar a santa a súa capela, e os cultivos volveron e todo volveu á normalidade, pero ainda agora cando unha leira de Corcoesto non dá cultivo, vaise á fonte da santa coller auga para bendecir os cultivos. Alejandro Soutullo (3º ESO)

Pozo de Leixelas

Na entrada da miña aldea, hai un pozo, co nome de pozo de Leixelas, onde se xuntan o río Anllóns e o seu afluente, o Ballabosa. Antigamente, os mozos ían bañarse alí e unha vez, unha vez unha rapaza case afoga polas fortes correntes que alí hai, a pesar de que era boa nadadora, e tivo que salvala un home xusto no último intre. Isto todo é certo. Conta a lenda que nese pozo hai unhas escaleiras de pedra que conducen a unha cavidade inferior subterránea. Alí os mouros esconderon un dos seus maiores tesouros, pero, que á parte deles, aínda ninguén chegou alí. Adrián Abuín Pose (3º ESO)

A lenda da Cruz da Rosa

Esta lenda conta, que hai moitos anos un viaxante das Américas, de laxe, prometeu que se volvía san e salvo das Américas traería unha reliquia da cruz na cal morreu Jesucristo. Cando este viaxante regresou, trouxo consigo unha reliquia de dita cruz e levouna ao monte de Santa Rosa. A día de hoxe, dise, que esta reliquia se encontra, baixo o cruceiro de pedra que hai en dito monte, onde se levantou unha fermosa capela, a ermida de Santa Rosa de Lima. Esta cruz foi levantada no ano 1676, época na cal, este navegante de Laxe, apelidado Couceiro, facía a ruta España-Perú a mandou construír en agradecemento por salvarse dos ataques piratas. Dende entón o 30 de Agosto é festa de Santa Rosa en Laxe, nesta festa os mariñeiros de dito pobo, soben en perenigración á ermida de Santa Rosa de Lima a pedirlle á santa, sorte e saúde no seu traballo no mar. O 21 de xullo tamén é festa en Laxe, e a celebración do día da Cruz da Rosa, no cal a misa se oficia en dita ermida. Candela Martínez (3º ESO)

Noite de voraces sombras de Agustín Fernández Paz

Sara, a protagonista, vai de vacacións á casa da súa avoa falecida ese mesmo ano. En vez de instalarse na habitación de sempre, mándanlle que vaia para a habitación do seu tío Moncho, ata agora prohibida pola súa avoa. Nese cuarto había unha especie de espírito que non lle deixaba descansar. Un día, de casualidade, descobre que no interior do armario había un compartimento segredo, abriuno e viu que estaba cheo de cartas do seu tío Moncho. Nelas contaba os plans que tiñan feitos el e a súa moza e que foron desfeitos pola guerra mentres que a el o collían preso e ela fuxía para Arxentina. Nada máis descubrilo cóntallo a súa nai, que tamén debía sabelo. Sara tamén ten unha pequena historia de amor cun rapaz chamado Daniel pero non vai adiante. Unha noite, Sara, viuse atraída pola presenza fantasmal ata a libraría do seu tío Moncho. Colleu un libro moi delgadiño, que non puidera ver antes, e decubriu no seu interior dúas cartas máis, que estaban escritas por Sara Salgueiro, a súa moza. Nelas conta que o estivo esperando pero que seguramente non se volvan ver xamais. Tamén menciona que ten outro noivo, pero que nunca o amara como o amou a el. Sara deduce que esa carta lle debeu sentar moi mal ao tío Moncho. Sara e súa nai saben polas cartas, que ao tío Moncho lle gustaría volver á illa onde estivera preso, San Simón. Por iso deciden volver alí e buscar algo que o tío menciona nunha das súas cartas. Van e buscan por todos os lados. Cando xa case non tiñan esperanzas, a Sara ocórreselle mirar no muro do cemiterio que tanto lle gustaba a Moncho. Sacaron unha pedra que sobresaía un pouco, había un tobo. Sara logrou meter a man con dificultade e sacou unha caixiña de betume que contiña un anel de ouro cunha inscrición que poñía: Sara. O tío Moncho quería volver para entregarllo á súa moza, pero non fora posible. A súa nai decidiu que aquel anel agora era de Sara. Despois diso creo que o espírito logrou descansar en paz. OPINIÓN PERSOAL Este libro enganchoume ata o final, é precioso. Está cheo de misterio e tamén de romanticismo. Gustaríame que houbera unha segunda parte porque a mercaba nada máis saír. Recoméndollela a todo o mundo, pequenos e maiores. Mariña Lema Blanco (2º ESO)