martes, 28 de maio de 2019

Lois Pereiro, recensión de Sarai Pose Fariña (4º ESO)


Lois Pereiro é a radiofonía dunha xeración decimada, un mito certo, secreto e carnal.”
Manuel Rivas, El País, 1996
Revisando os danos
A man dereita á dereita do corpo,
a man esquerda á esquerda.
En plenas facultades,
teño a cabeza no centro do mundo
e voulle cambiando os argumentos
ós meus soños escasos e prudentes.
(Poesía última de amor e enfermidade, Lois Pereiro, 1994)

Lois Pereiro atrae ao lector cunha das súas obras más íntimas dentro de toda a súa carreira literaria, denominada Poesía última de amor e enfermidade (1992-1995). Nela, cóntanos dende a súa penumbra máis galega, a tempada na cal estivo moi enfermo; por iso, esta obra é considerada unha das máis sentimentais dentro das letras galegas modernas.
Mesturando a literatura moderna xunto coa dozura e a delicadeza dos tempos de Rosalía, Pereiro consegue absorvernos a un mundo, para moitos moi caracterizado e empático.
Poesía última de amor e enfermidade é un desgarre do sentimental no que o seu autor se despide polo alto do mundo galego, da patria e da lingua galega, do seu. Debido a isto, o lector queda atrapado nunha lectura da cal non pode escapar, creando as imaxes que o propio Lois Pereiro describe, ademais dun diálogo que interpón entre a morte e el mesmo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario