martes, 28 de maio de 2019

Poetízate de Fran Alonso, recensión de Sara Caamaño (4º ESO B)

Como ben indica na portada no libro, esta Antaloxía da poesía galega, é unha recompilación de Fran Alonso con outros escritores e escritoras e os seus poemas.

A maioría dos poemas do libro tratan temas como son o amor, a comedia, a infancia dalgúns dos autores, momentos da vida cotiá, moita importancia á natureza e paisaxes galegas.

No estilo empréganse acrónimos e caligramas nalgunhas composicións, abundancia de adxectivos para dar maior énfase aos versos, variedade de metáforas e paralelismos, formas antigas da lingua e vocabulario galego.

Elixín este libro para probar con algo diferente ao que adoitamos ler os adolescentes.

Gustoume moito, xa que aínda que non che guste un poema, todos son diferentes e cada un dos escritores tratan diferentes temas. A poesía deste libro é unha forma de reivindicar o galego da nosa terra. Case todos os poemas me pareceron moi bonitos e con moito significado en cada metáfora e recoméndoo para comezar a ler poesía.

Ningún comentario:

Publicar un comentario