segunda-feira, 29 de janeiro de 2018

Paz, só tres letras con tanto significado, Elena Pose


A palabra PAZ é unha palabra que con tan só 3 letras expresa moitísimos significados a un mesmo tempo.
Se buscamos a palabra PAZ o que nos aparece no dicionario é o seguinte: “Ausencia de loita armada, exterior e interior, nun pobo, nación ou estado.” Pero a palabra PAZ vai máis aló diso a palabra PAZ representa a todas as persoas que queren igualdade para todos, un mundo sen racismo, homofobia, ou ningún tipo de discriminación ou menospréceo cara ninguén.
Ata agora moitísimas persoas loitaron para que houbera PAZ neste mundo e aínda agora non conseguiron a paz mundial. O mundo está cheo de guerras, terrorismo, axitacións e confusións. Os homes crearon moitos inventos tecnolóxicos pero non foron capaces de “crear” a paz, os científicos desencadearon o poder do átomo pero non teñen poder para ”desencadear” a paz na terra, os astrónomos descubriron moito sobre o tamaño, a maxestualidade e a precisión do universo, pero non puideron “descubrir” o camiño da paz, eles poden encontrar galaxias afastadas a través do universo pero non poden “atopar” paz aquí na terra.
PAZ unha verba que enche a boca dende o máis insignificante ata o mais poderoso, paz lonxe de nós mesmos no outro lado do mundo, da China, Oriente Medio, América Latina, Estados Unidos, Alemaña, Italia, España aquí mesmo paz é unha palabra que usamos. A palabra paz para case todos, paz entre os homes, paz entre as razas, paz entre as relixións, paz entre as diferentes clases sociais, pero ímonos achegando cada vez mais, paz entre os do mesmo país, entre os do mesmo pobo, entre os compañeiros do colexio, entre as familia, entre os nosos mesmos amigos. A paz ten que comezar polo que te rodean, polos teus veciños, por aqueles que tes preto, se logras esa pequena paz tal vez e coa axuda de outras paces pequeniñas podes chegar a conseguir unha PAZ que encha a todos, esa PAZ escrita con maiúsculas que mostre que os homes posemos a intelixencia suficiente para aceptarnos coas nosas diferenzas sen impoñer nada pola forza. A base de toda Paz é a tolerancia.

Elena Pose Núñez (2º ESO)

quarta-feira, 24 de janeiro de 2018

Son Malala, por Andrea Suárez Souto

Ola a todos e todas, eu son Malala Yousafzai, unha rapaza de vinte anos. Son a rapaza máis nova do mundo en ter un Premio Nobel.Obtiven este premio con tan só dezasete anos. Conseguín este título loitando polos dereitos civís do lugar onde vivo no val do río Swat. Loitei especialmente polo dereito das mulleres. No 2012, cando ía no autobús, un home entrou berrando o meu nome e disparoume tres veces cunha pistola, deixándome graves feridas. Estiven inconsciente e en estado crítico por ese acto, por culpa dese home pero, co tempo, recupereime. No 2014, recibín o Premio Nobel da Paz ,fun incluída no bloque das cen persoas máis importantes do mundo na revista Times e fun a primeira gañadora do premio National Youth Peace Prize. Actualmente, resido en Inglaterra dende o atentado que sufrín e son "blogger" no blog BBC.

Andrea Suárez Souto (2º ESO)

Instrucións para escribir unha mensaxe no teléfono móbil.

O primeiro que hai que facer para escribir unha mensaxe no teléfono móbil é ter ben claro o que se vai escribir e de que maneira se vai dirixir a esa persoa, dependendo da súa confianza.
Primeiro paso: colla o teléfono móbil
Segundo paso: Desbloquéeo
Terceiro paso: Entre no WhatsApp
Cuarto paso: Escriba a súa mensaxe, lembre non cometer moitas faltas de ortografía e se é posible escriba todas as letras, vogais incluídas.
Quinto paso: Se quere darlle un punto máis alegre póñalle emoticonos, pero que teñan que ver coa mensaxe escrita anteriormente, xa que debe ter coherencia.
Sexto paso: Despois de revisar a mensaxe as veces que vostede considere oportunas déalle a enviar e espere pacientemente a resposta.
Irene Sánchez Suárez 4ºESO