martes, 28 de maio de 2019

A memoria dos meus pasos de Carlos Meixide, recensión de Sergio Villar (4º ESO B)


Este libro reflicte moi ben o personaxe dunha muller extravertida e inconformista, unha muller á que a vida se lle queda curta e busca por calquera método cousas distintas, como por exemplo cando se decide suicidar afirmando que é a única forma de que sexa feliz. Trátase dun libro que incita a pensar que cousas levan ao personaxe a tomar as decisións que toma e cales son os motivos de que o faga, creando unha situación na que o lector se ten que ensumir na mente da rapaza para conseguir descifralo. É un libro moi ben escrito que conta con moitas anotacións, tanto musicais como de lugares de Portugal, que lle dan moito sustento ao realismo do libro e que fan que poida ser unha historia realmente realista.

Como opinión personal, gustoume a historia e a maneira e o misterio co que desenvolve o relato, mais non me gustou tanto a forma de contala xa que semella que enreda moito contando moitos detalles que, na miña opinión, non son tan importantes como a obra en si. É un libro que recomendaría a calquera lector que lle guste o misterio e as novelas realistas, pero tería que ser un lector novo, xa que está mais ben centrado para público adolescente-maior.


Ningún comentario:

Publicar un comentario