quarta-feira, 1 de novembro de 2017

Instrucións para tocar a pandeireta, Andrea Suárez Souto (2º ESO)

A pandeireta é un instrumento moi apreciado en Galicia.Con ela podemos tocar diversas pezas de música como muñeiras,"jotas",pasodobres... Tocar a pandeireta non é tan sinxelo como parece.Sóese coller coa man dereita,nunha especie de desnivel que ten na súa superficie.Nese desnivel,poñemos o dedo pulgar no interior e os resto dos dedos na parte superior. Para que emita son precisamos abanear a pandeireta coa man dereita e coa man esquerda xuntamos os dedos maimiño,medio,corazón e índice e deixamos o dedo polgar e tocamos con eles adiante e atrás ata emitir sons.