mércores, 29 de xaneiro de 2014

A destrución da imaxe da muller na publicidade por Laura Nantón (3º A)

O video do outro día falaba de como influía a estética da publicidade na maioría da xente. Hai mulleres que se deixan influír pola estética dos anuncios, series de televisións e etc, que se son delgadas que se estética e máis trapalladas, e digo eu, e porque non unha modelo que estea algo gordiña e que non use maquillaxe?, segundo moita xente isto non é ofensivo ou non é discriminación, pero para min si.
Hai xente que pensa que as modelos das revistas son tal e como aparecen pero, non é así, en realidade a maioría teñen Photoshop, teñen quilos e quilos de maquillaxe, someten a modelo a unhas determinadas dietas ou incluso a someten a operacións.
Pero a min o que máis me preocupa é que cada vez estes complexos empezan en idades máis temperás por culpa das bonecas, un exemplo moi sinxelo é a Barbie, unha boneca alta, delgada e guapa. E se en lugar de facer as bonecas así as fan doutra maneira? Que pasaría, porque non unha boneca baixiña? Ou unha boneca gorda? Porque non? Ou unha boneca calva que representara as nenas con cancro. Esas serían verdadeiras bonecas e non as de hoxe en día.
Despois de ler isto chamaranme feminista e todo o que queiran,pero dáme igual, eu opóñome a deixarme levar por todo iso.

sábado, 25 de xaneiro de 2014

Killing us softly por Alicia Caamaño (4º ESO)



O título do vídeo recibe o nome de “matándonos suavemente” , isto representa a publicidade sexista e os estereotipos femininos como algo cada vez máis perigoso e destrutivo. Co paso do tempo esta publicidade vaise facendo  máis influente e vai obtendo maior poder sobre as rapazas e rapaces, xa que estes pásanse horas e horas consumindo medios de comunicación no seu día a día, xa sexan programas e series televisadas, música ou revistas de moda. Na maioría dos países máis ou menos desenvolvidos calquera adolescente pode dispoñer de acceso a Internet, normalmente pola súa conta, sen ningún tipo de control parental nin vixianza. Como hoxe as páxinas web non están controladas, calquera persoa se pode atopar, sen buscalo, con este tipo de publicidade, mesmo ó abrir o seu correo ou ao cargar un vídeo na youtube. Normalmente estas campañas publicitarias acostuman afectar máis as adolescentes (ademais de ser as que máis as visualizan) xa que están experimentando os primeiros cambios no seu corpo, a miúdo se senten inseguras por estes cambios, xa sen necesidade de publicidade e televisión daniña, para canto máis se xorden, ao mesmo tempo, estes estereotipos e anuncios que lles fan comerse a cabeza. Ter en conta tamén que ninguén a esa idade ten a madurez e a autoestima tan alta como para pensar “quérome demasiado a min mesma como para deixarme influenciar por estas machitontadas” e ese “amor propio” que tanto acostumamos a criticar nas outras persoas confundindo con ego, é realmente o único que logra salvarnos destes complexos, non deixando que estes medios nos eduquen, nin aprendendo de estereotipos que nos baixan a autoestima e nos crean inseguridades sobre nós mesmas, que crean dúbidas sobre a nosa validez como mulleres nesta sociedade e sobre a nosa capacidade de chegar a realizarnos e de deixar de ser soamente un físico.
O termo empregado “matándonos” fai referencia ás desgrazas ás que isto pode levar, que por certo, non sempre son “suaves”, xa que os danos psicolóxicos que causa o machismo e o desprezo son moitas veces peores que os maltratos físicos e á longo prazo poden ser moito máis difíciles de arranxar ou incluso imposibles. Maltrato machista non é só pegar, empurrar, violar, e causar magoaduras, maltrato tamén e crear inseguridades nunha muller facéndolle crer que é unha inútil e que non serve para nada máis que para satisfacer a súa parella, menosprezándoa por vestir unha tallaxe XL, comparándoa con animais (“zorra” “perra”, “loba”, “vaca”), infravalorando a súa opinión con respecto a calquera tema, facéndolle crer que é menos muller por non poder lucir o que eles chaman un “bonito escote”. Isto causa, en adolescentes e  en mulleres adultas inseguras, tanto trastornos alimenticios como enfermidades (anorexia, bulimia…) que algunhas mozas cheguen a realizarse cortes, autolesionarse e ata quitarse a vida. E dicir, estas mensaxes que os medios de comunicación transmiten (e non inocentemente) son moito máis perigosos do que pensamos e hai que seguir loitando contra eles ata eliminalos por completo.
Un problema que xa vén moi de atrás é a cousificanción da muller, é algo que se leva practicando dende moito tempo, xa en pintura e literatura antiga,  pero agora coa hiperextensión dos medios de comunicación comeza a ser esaxerado e denigrante cara o xénero feminino. Esta cousificación o que fai é presentar as mulleres como simples obxectos que poderán ser empregados libremente como o consumidor o desexe, e aínda peor, como obxecto sexual, concepto de sexualidade no que os homes dispoñen delas como e cando queiran, a figura masculina é sempre unha persoa dotada de inacabable virilidade e ó que unha muller nunca rexeita, o papel da muller limítase a que este se deleite do seu corpo e do que a figura feminina pode ofrecer sexualmente (esta imaxe está frecuentemente en anuncios de perfumes e videoclips de calquera tipo de música) moitas veces tamén vemos plasmado algo semellante a unha “poligamia” (tan mal vista en occidente) na que o home,  e protagonista, se ve rodeado de mulleres en roupa interior alagándoo, e todas elas están á súa disposición. Por outra parte, algo moi grave tamén é o feito de converter as mulleres en obxectos, como recipientes, soporte de calquera obxecto, bebidas alcohólicas, ou calquera cousa relacionada cos intereses da maioría dos homes. Píntase o seu corpo para campañas publicitarias, exáltanse partes do seu corpo e tápanse case sempre a cabeza, dando a entender que o único importante é o seu corpo, sempre con formas e curvas esaxeradas e delgadeza extrema. Compáranse con obxectos (por exemplo, os anuncios de BMW nos que se compara o amor por unha muller co amor por un coche, un vehículo que non pensa, nin fala, nin ten sentimentos). Sempre mostrándoas espidas e ensinando ou insinuando os seus órganos sexuais como parte do corpo de maior interese. Isto todo é machismo cruel e como di Jean Killbourne, é o primeiro paso de deshumanización, que pode rematar no trato a alguén como se fose iso, un simple obxecto, é dicir, chegando á violencia e ao forzamento da muller a facer cousas sen o seu consentimento. Dende que comezamos a ver este tipo de publicidade temos que ser conscientes de que non é algo normal nin nos define como mulleres, e como non, non temos que toleralo baixo ningún concepto. Non poden utilizarnos para facer comercio nin publicidade dos seus produtos, se estes non se venden, nós non somos unha opción para mellorar a publicidade nin aumentar a venda da súa produción, non se pode un aproveitar de nós nin da nosa situación, non somos obxectos sexuais nin unha ONG para homes “necesitados sexualmente”, e como isto siga ocorrendo os homes acostumaranse a levar á práctica, na vida real, esta cousificación e este machismo, como xa fan. Non precisamos que nos digan se estamos máis ou menos “boas”, non nos interesa da maioría de vós se vos gusta ou non os nosos peitos, nin a vosa aprobación sobre como nos queda determinada prenda de roupa. Non somos vehículos, nin mesas, nin criadas, nin animais, asi que abstéñanse de comparacións absurdas.
Outro tema tamén moi importante é o estereotipo de “muller perfecta”. Para comezar, debemos saber que este concepto estivo sempre presente en case toda a historia e foi variando cos anos, é dicir a nosa beleza dependeu sempre dunha moda, que nin sequera é imposta por nós mesmas. Esta moda é moi diferenciada dun século a outro, e sempre se baseou en beleza física, nunca se profundizou na intelectualidade da muller senón en estereotipos do físico e do exterior. Antes de tratar este tema temos que ter en conta que esta “perfección” física non existe nin existiu nunca no ser humano, e en caso de que existira, de que nos serviría? Ninguén debería sentir a necesidade de ser perfecta ou perfecto fisicamente xa que sería un propósito inútil e inalcanzábel.
Por outra parte, quérennos facer pensar que o que máis nos ten que importar é como nos vemos exteriormente, rodeándonos constantemente de ideas de beleza feminina que son inexistentes. Que conseguen con isto? As campañas publicitarias que intentan vender cosméticos e cremas, que maioritariamente non serven para nada, acostuman presentar como perfecta a unha muller morena a que non se lle nota a maquillaxe, a unha muller maior que se sente orgullosa de non ter enrugas, a unha nai con moitos fillos que apenas ten celulite e isto todo, casualmente, é todo grazas aos seus produtos. Cabe destacar que esas mulleres que atopamos nos anuncios non son así realmente, as imaxes están manipuladas e moi retocadas, pero inconscientemente isto sorpréndenos e créanos unha necesidade de semellarse a elas, xa que aparecen tantas veces e son xa tan vistas por toda a sociedade que a partir delas se crea un estereotipo de como deberiamos ser todas e do que acontecería se non tivésemos defectos. Pero por que isto ten que ser necesariamente un defecto? Por que temos que eliminar os grans, son algo sucio ou antihixiénico? E as enrugas? Son unha clara mostra de que a todos nos pasan os anos, algo natural, que forma parte do noso avellentamento, por que escapar delas? Por que se supón que deberíamos ter a pel lisa toda vida? Sería algo moi artificial e antinatural. Non temos porque malgastar tanto tempo e diñeiro en arreglarnos para intentar gustarlle a ninguén nin seguir canons de beleza que á fin e ó cabo non son máis que modas. Non entenderei nunca ese afán que temos de procurar encherlle a alguén o ollo, para que? A atracción física e algo efémero, para nada duradeiro, ninguén se namora por unha simple atracción física, o desexo ten que ir sempre da man dunha personalidade e actitude que si son atractivas, o físico de por si só é algo incompleto e inútil.
Algo que tamén nos inflúe é a pouca variedade dos corpos das modelos, en xeral, estas modelos empréganse para representar esa perfección e ese estereotipo de corpo que todas debemos seguir. Todas as modelos teñen corpos semellantes, e a isto refírome a súa delgadeza, e locen os modelos de roupa non só nas pasarelas, senón en revistas, páxinas webs de moda, mostran esta roupa como se estivese feita para mulleres altas e delgadas, coma elas. Apenas hai diferenza en como lle sentan os vestidos a unhas e a outras, con isto quérennos facer crer que é así como nos teñen que quedar a nós e se non é así o noso corpo xa non é, por dicilo de algunha maneira “válido”, esas prendas nunca nos van a sentar como a elas; altas , delgadas e con corpos propios do estereotipo do momento. Máis esaxerados son aínda os maniquís cos que nos podemos atopar nas tendas de roupa, corpos surrealistas e extremadamente delgados, non pasa nada porque unha muller use unha S e vista unha 32, sempre que estea sa, pero, por que non deseñar maniquís e empregar modelos da tallaxe L? Son tan frecuentes ou aínda máis que as primeiras, pero unhas discrimínanse e outras non. Isto provoca enfermidades e trastornos, fai que as mulleres se obsesionen co seu físico, fagan dietas sen precisalas e poñan en risco a súa saúde. Un claro exemplo destas obsesión cos estereotipos das pasarelas de modelos é a moda xuvenil do “Thigh Gap” que consiste en que os muslos non se toquen deixado entre as pernas un espazo de entre 2 e 5 cm. Esta tendencia naceu nun desfile de Victoria Secret onde as modelos destacaban por ter as pernas extremadamente delgadas. Algo tamén moi gracioso é o tipo de corpo que acostuman describir os homes como corpo perfecto: unha muller delgada con moito peito e con moito traseiro, raramente unha muller delgada con pouca graxa en todo o corpo está dotada de moito peito, e isto tamén leva á cirurxía, e a miúdo nos atopamos con mulleres moi delgadas con peitos de silicona que son antinaturais e para conseguilos se teñen que someter a unha operación e pasar por un quirófano onde arriscan a súa vida. 
Co desenvolvemento das novas tecnoloxías tamén aparece o photoshop e programas semellantes de retocación de imaxes. Raramente veremos unha representación nunha imaxe do que se lle chama “beleza” sen antes ser retocada. Todas as famosas son manipuladas nas súas imaxes publicitarias, pósters, anuncios. Adelgázanse, auméntaselles o busto, fan desaparecer grans e manchas e incluso cambian a súa cor de pel, facéndoas máis morenas. Podemos sentirnos esperanzadas con mulleres que son conscientes de estas manipulacións e renegan delas, como podemos ver no vídeo, a actriz Kate Winslet, non está de acordo con estes retoques fotográficos que a fan máis delgada, non o precisa, vese ben así, destas mulleres si que podemos sentirnos orgullosas e como di Jean Killbourne “deus bendiga o seu corazón” outro exemplo destes comportamentos é a cantante Beyonce, muller de taxalle grande (declarada feminista) á que non lle importa ensinar os seus muslos nin se complexa co seu corpo.
O vídeo remata dicindo que isto nos afecta a todos e debemos ser conscientes de que son problemas de saúde, hai que eliminar os ideas de beleza para así rematar coas obsesións coa extremada delgadeza. Todo o que tratamos anteriormente constitúe unha forma de violencia contra a muller. E claro que é unha violencia, ao tempo que unha escravitude da que temos que loitar para ser libradas. A diario escoito que a situación das mulleres mellorou moito e que son unha afortunada de poder vivir nun lugar no que a mulleres teñen os mesmos privilexios e oportunidades que o home, pero non é así, esta escravitude da beleza e a cruel cousificación sexual do xénero feminino é un claro exemplo do baixa que temos aínda a nosa autoestima e do moito que hai que progresar aínda para alcanzar unha verdadeira igualdade.

martes, 21 de xaneiro de 2014

Queres saber un pouquiño de Microtoponimia do Concello de Pontevedra?

Flanagan de luxe de Andreu Martín


Nines, unha amiga de Flanagan, acude a el para que lle axude a Erreá, e Flanagan cheo de inocencia, acepta. Ó día seguinte, leva a Erreá a traballar no bar cos seus pais. Erreá tamén coñece a María Gual ese día. Flanagan vai xantar con Nines, e ela invítao á ir de vacacions con ela, pero Flanagan xa ía ir con María. Pola tarde, vai á casa por ela, pero ve unha desfeita, e entón, cando María e Flanagan ían saír, chegan os perseguidores de Erreá e teñen que saír os tres a todo gas. Logran desfacerse deles no mercado, lugar onde Erreá lles rouba o coche. Con Erreá ao volante, diríxense a Sant Pau del Port, pero este aproveita e lévaos pola senda dos elefantes, unha ruta de discotecas . Nunha delas, pergúntalle ao garda de seguridade todo o que sabía de Erreá, e se atoparan algunha bolsa con estupefacientes, que fora o que perderá Erreá, pero o garda dille que non. Flanagan esperta na luxosa casa de Erreá, onde almorza con el e cos seus amigos. Cando estaban a piques de saír no iate, Tito avísaos de que os perseguidores andan na súa busca. Flanagan e Erreá saen escopetados no iate, pero para a súa sorpresa, cando estaban xa no mar, aparecen o Eulogio e o Pedernales e matan a Erreá, e de paso tamén deixan a Flanagan no medio do mar. Pero, os amigos da panda pasan por alí e rescátano, e Flanagan vai poñer a denuncia na garda civil, e no cuartel dáse de conta de que era todo unha falcatruada. Logo chega xunto ós colegas, pero estes están preocupados porque Erreá aínda non voltara. Xa na casa de Erreá, cos seus pais, empeza a recadar información sobre os supostos perseguidores, e de súpeto chaman e dan aviso de que atoparan a Erreá, pero pedían unha recompensa por el. O pai de Erreá encérrao, xunto con Nines e María, por medo a que meta a zoca, pero Flanagan logra fuxir e chegar ó lugar onde tiñan a Erreá e rescátao. Logo, chegan María e Nines, tal como tiña previsto, no coche da garda civil. Ó final, cando chegou a garda civil detrás de María e de Nines, lévanos a todos ó cuartel e alí aclararon as cousas, e xa libres, Flanagaan non dubida en devolverlles a falcatruada aos seus colegas.
Lucía Gagino Fernández (2º A)



Tristes armas de Marina Mayoral


Harmonía e Rosa, dúas irmás aínda nenas, marchan exiliadas á Rusia, por mor da guerra. Seu pai despídese delas, pero súa nai non chega a tempo. Harmonía e Rosa chegan a Rusia, a unha residencia onde as tratan moi ben. Harmonía quería escribirlle unha carta a súa nai, e por casualidade, a mestra pónllelo como tarefa. Harmonía escribe a carta, xunto cun debuxo de súa irmá Rosa, e mándaa a España, coa esperanza de que os seus pais a ían ler. Mentres isto ocorría en Rusia, en España a guerra non cesaba. A carta non pasara a fonteira con Francia, por mor da súa orixe. O pai de Harmonía seguía loitando, e tamén salvou a algún amigo de morrer polas súas ideas republicanas. Por desgraza, o pai das nenas falece. A noticia chegoulle a Carmiña, a súa muller, que, grazas ó amigo que salvara o seu marido , logra comezar unha nova vida fóra de España. Primeiro chega a Francia, onde unha muller lle axuda a saír desas residencias. A carta aínda estaba no lugar onde ficou Carmiña, pero ela nunca o chegou a saber. Xa acabada a guerra, a carta chega á vila, pero os parentes non a aceptaron, e o xefe de correos decide gardala. Carmiña, xa na Arxentina, coñece a un home co que, a causa dun favor, e por circunstancias da vida, acaba contraendo matrimonio, e instalándose nos Estados Unidos. En Rusia, as nenas seguían a súa vida, coa esperanza de reencontrarse cos seus pais. Un día, os nenos da escola foron a unha actuación de ballet, e Rosa decatouse de que quería ser bailarina. Tras un longo camiño e moito esforzo, logra ser aceptada no Bolshoi. Anos máis tarde convértese nunha prestixiosa bailarina. Mentras, Harmonía e León, un rapaz que coñecera o mesmo día que marchou de España, fanse noivos, e anos máis tarde casan. Xa anciáns, as dúas irmás e as súas respectivas familias volven a Galicia, onde o neto do antigo xefe de Correos lle entrega a devandita carta, que, anos atrás, terían que ter recibido os seus pais.
Lucía Gagino Fernández (2ºA)

As lágrimas de Shiva de César Mallorquí



A nai de Xabier comunícalle que vai pasar o verán en Vila Candeloria, xunto cos seus tíos e as súas curmás. Uns días despois, colle o tren e chega a Santander, onde o agardaba o seu tío. Logo, o tío condúceo ata Vila Candeloria, e alí coñece as súas curmás. Unha sorpréndeo en especial, xa sexa polo seu físico ou pola súa maneira de vestir, Violeta. Despois, xa pola noite cando estaba na cama, sente unha presenza fantasmal. Xabier pensa que é produto da súa imaxinación ó estar nunca casa tan antiga, pero noutra ocasión, ve as saias desa muller espectral, e Violeta decátase, porque ela tamén a pode ver. A partir disto, xuntos comezan unha investigación sobre Beatriz Obregón, unha antepasada de Violeta, que cren que é a pantasma. Van ó camposanto, e Violeta cóntalle a historia das Lágrimas de Shiva, o regalo que o seu futuro marido lle regalara polo seu compromiso a Beatriz,  e o seu misterioso desaparecemento un día antes da voda. Xa de volta na casa, na biblioteca, Xabier atopa un escrito nun libro que pertencera a Beatriz, o que lles axuda moito na investigación, e polo cal, van falar cun home da vila que lles achega numerosos datos sobre o buque Savanna e o maís importante, sobre o seu capitán, Simón Cienfuegos. Seguen avanzando na investigación e o espectro condúceos xunto unha tal Amelia, que fora doncela de Beatriz e que aínda vivía. Dálles vital información para a súa investigación, pero decátanse de que mente. Ocóreselles buscar no faiado, nos mobles de Beatriz, e a súa búsqueda dá resultado. Un tempo despois, sen que Violeta se decatase, Xabier volve visitar a Amelia, e ela, xa cansa, cóntalle toda a verdade, e tamén lle confesa, ademais da historia de amor entre Beatriz e Simón, que a súa dona, Beatriz, non marchara coas valiosísimas Lágrimas de Shiva, como cría todo o mundo, senón que ela, Amelia Bareyo, se quedara con elas e gardáraas todos estes anos. Amelia, sorprendentemente, devólvelle a magnífica xoia, e Xabier, ao chegar á casa, abre a caixiña recibida, e descobre xunto ós seus tíos e curmás, a maxestuosa e de incalculable valor xoia, que sementara dende había tanto tempo, a discordia entre os Mendoza e os Obregón.

Lucía Pérez Gagino (2º A)

A publicidade mátanos aos poucos


Killing Us Softly 4 Trailer from Media Education Foundation on Vimeo.

Déixovos aquí este video no que esta experta reflexiona sobre a tiranía da publicidade que quere someter á  muller e pretende impor para ela na nosa sociedade occidental un canon de beleza física e o ideal de muller triunfadora que provoca a aparición dunha chea de complexos nas adolescentes, e agora cada vez máis nas nenas, transtornos alimenticios e mesmo a morte nalgúns casos máis extremos. Reflexionade sobre este tema e elaborade a partir do que se comenta neste video, o voso propio comentario crítico para entregarme.

xoves, 16 de xaneiro de 2014

Adrián Grille, A que sabe a amizade? 4º ESO

A días de veran
A días de Sol
A días con nubes brancas
A días de atardecer
A natureza
A bosque 
A terra fresca
A campo libre
A aire no campo
A aire fresco
A brisa da montaña
A olor da mel
A auga polo rio
A paxariños nunha árbore

xoves, 9 de xaneiro de 2014

A que sabe a amizade? por Adrián Abuín (4º ESO)



A calma.
A poder confiar nas persoas.
A compañía nos momentos difíciles.
E nos fáciles tamén.
A que non che preocupe ir á escola.
A un cinco nun exame que non preparaches.
A un nove noutro que si.
A un verán sen pendentes.
A un verán sen traballos.
A cando xogabas de pequeno.
A cando todo ía ben sen dificultades.
A un olor que recordas de cando eras pequecho.
A un partido de fútbol gañado.
 E a un perdido no que o pasaches moi ben.
A cando todo sae como queres.
A amizade.
A amizade.

A que sabe a amizade? por Laura Cancela (4º ESO)

A doce de leite.
A recendo de marmelo recén feito.
A olor a coche novo.
A días de vacacións.
A apertas fotografiadas.
A ceo sen nubes.
A inverno sen choiva.
A segredos gardados.
A accións sen prexuízos.
A sábados de troula.
                                                                A sorrisos, a confianza

Ardalén de Miguel Anxo Prado

Sabela vai a unha vila para buscar información sobre o seu avó que emigrou a Cuba. Chega a un bar hostal a súa propietaria Celia alúgalle unha habitación. A xente que vai ao bar fálalle de Fidel que disque el estivo embarcado polas Américas. Ela vai a casa de Fidel empeza a facerlle preguntas pero a el xa se lle vai un pouco a cabeza. Co paso dos días Fidel acordouse de quen era Francisco. Estiveran xuntos no barco “Riverside”. Francisco propuxéralle a súa muller e as súas fillas que emigrara con el. Ela non quixo díxolle que se marchaba que non volvese máis, el así fixo. Sabela marchaba da vila porque tiña unha entrevista de traballo. Cando marchaba co seu coche encontrouse con Tomás, avisoulle que se volvía a vila mataba. Nese instante, chega Fidel empuxo a Tomás polo barranco e morreu. Sabela volveu polo enterro de Fidel, deixoulle a súa casa a Sabela.

Jessica Pose Rodríguez (4º ESO)

Engurras, banda deseñada de Paco Roca

Emilio entrou na residencia de anciáns, internado pola súa familia. Alí fixo moitos amigos, sobre todo co seu compañeiro de cuarto Miguel. Descubriuse que tiña alzheimer, pero el quixo ocultalo e solo o sabía os doutores e Miguel. El axudoulle a que non esquecera as cousas para non ir para o piso da arriba. Alí naquel piso eran onde estaban todos as persoas que non se poden valer por si mesmas. Emilio ao final ten que subir para o piso da arriba.

Jessica Pose Rodríguez

Os dous de sempre de Castelao

Este libro conta a historia dous amigos da infancia, Pedro e Rañolas.
Pedro vive coa tía Adela, que é coma súa nai. É folgazán e comilón. A tía Adela búscalle traballo pero en todos o botan fora.
A tía Adela morre.
Pedro casa e a súa sogra está sempre berrando con el por non traballar. Emigra a Bos Aires, onde ten un curmán, pero axiña volve sen éxito e é feliz xunto coa muller e cos fillos.
Por outro lado, Rañolas é pobre e a súa nai véndeo a uns moinantes. Andan pedindo ata que un día Rañolas foxe deles, cruza a fronteira e vai para Francia. Alí é xornaleiro mentres aprende o oficio de reloxeiro.
Rañolas volve a Galicia para operarse e poñer unhas pernas ortopédicas. Despois de tanto tempo reencóntrase con Pedro e falan de como lle van as vidas.
Rañolas abre un reloxería, convértese nun anarquista pensando que a vida non ten sentido e acábase suicidando.
Jessica Pose (4º ESO)

A que sabe a amizade? por Adrián Pose (4º ESO)



A amizade sabe a…
A tarta de chocolate
A diversión sen fin
Ao paso das horas
As alegrías a cada momento
As vacacións de Nadal
Aos momentos inmemorables xuntos
A tardes cheas de anécdotas
A tempo por vivir
A tardes de risas e pachangas
A momentos que recordar
A vacacións de Verán
A tardes de fútbol
A tardes de parranda
A noites de festa
En resumo,
a amizade sabe a
FELICIDADE!!!