mércores, 30 de maio de 2018

O último traballo do señor Luna de César Mallorquí, Javier Varela Castro (3º ESO B)

O libro trata sobre un traficante chamado Aurelio Coronado que contrata a Luna para matar a Flor, unha moza de 40 anos. Aurelio matara ao marido dela porque lle ofreceron levar droga nun avión e non o aceptara, polo que Flor vingouse del collendo o avión ca droga, e por un plan fallido tivo que queimala droga co avión. Mentras tanto nun colexio un neno chamado Pablo ao que lle gusta Patricia, a moza máis guapa do colexio, ela pediulle que lle dera clases de mates xa que a el dábanselle ben. Despois o señor Luna descubre que Flor está en Madrid. Mentres Pablo vai darlle clases a Patricia e despois desa clase quedan para ir a un concerto. Luna averigua que Flor está no barrio de Barraca. Pablo foi ao seu psicólogo ao que lle contaba todo menos que lle gustaba Patricia. Patricia e Pablo quedan no concerto e bailan un pouco, cando volven para casa Pablo intenta bicar a Patricia e ela dille que non está ben que ten noivo entón el encerrase na habitación para intentar suicidarse pero non pode, despois colle e bebe unha botella de whisky ata quedar incosciente. O señor Luna fala coa xente do barrio amosando unha foto de Flor e que pagará medio millón de dólares a quen a atope, un mozo chamado Victor acepta. Ao día seguinte Pablo desperta e Flor, a súa asistenta presentalle a Samara, a súa filla. E van a unha festa e quedan outro día. Despois Pablo ten medo de ir ao colexio por medo a o noivo de Patricia que o amenazara con non volver a tocar a Patricia, entón Flor acompañao, Victor que e o noivo de Patricia ve a Flor e avisa ao señor Luna. Despois do colexio o señor Luna aparece e deixa inconsciente a Pablo e secuestra a Samara. Cando Pablo esperta vai avisar a Flor, ella contalle toda a historia dos traficantes e Pablo xunto cuns amigos e Flor van rescatar a Samara que estaba nunha fábrica. Chegan a fábrica e cóllenos. Despois aparecen os galegos da droga e empeza un tiroteo. Ao final Pablo consegue saír e avisar a policía, o edificio explota pero os outros sálvanse por un pasadizo secreto e o señor Luna dalle medio millon de dolares a Flor.

Resistencia de Rosa Aneiros, Lucía Sánchez Suárez (4º ESO)

Resistencia é un libro que trata sobre a vida dun mozo de Portugal chamado Dinís que namora dunha rapaza chamada Filipa. Nos primeiros capítulos do libro relátase a historia da súa familia. O pai de Filipa, Rui, tiña unha irmá chamada Filipa que desafortunadamente morreu no mar e daquela Rui xurou que cando tivera unha filla lle poñería ese nome e namorou dunha rapaza chamada Inés e así o fixo. A nai de Dinís, Isaura, fora froito dunha violación duns traballadores da fábrica onde traballaba súa nai. A súa nai morreu pouco despois do parto. Isaura namorou dun home chamado Antonio Gonçalves pero el estaba casado así que mantiveron o seu amor oculto e tiveron un fillo xuntos.
Filipa vivía en Coímbra cos seus pais e cando podía ía a San Pedro de Moel coa súa avoa para así poder quedar con Dinís. Dinís tivo que marchar a guerra a Mozambique onde coñeceu a Miguel da Silva que estivo ao seu lado mentres os outros violaban as nativas e cometían outros delitos. Estes fixéronse moi amigos dunha nena que violou Antoninho, o fillo de Antonio Gonçalves. Miguel morreu e Dinís quedou marcado.
Cando regresou da guerra fixeron unha revolución na fábrica de vidro na que traballaban e Dinís e Raúl, un compañeiro da fábrica, remataron no cárcere, mentres que outros dous morreron e tres fuxiron.
No cárcere torturárono para sacarlle información e mantivérono illado as primeiras semanas. Dinís estivo a piques de suicidarse pero levárono cos outros presos. Filipa tívose que exiliar co seu pai a Brasil porque a perseguían e queríana apresar debido as súas crenzas políticas. Dinís escribíalle todos os días cartas á súa nai e a Filipa pero os carcereiros non entregaban as cartas dirixidas a Filipa e enviáronlle a ela unha carta que dicía que Dinís morrera.
Cando os presos políticos de Peniche estaban planeando unha fuxida polo mar chegou ao cárcere que o réxime salazarista, agora dirixido por Marcelo Caetano, estaba a piques de ser derrotado. O 25 de abril de 1974 foi a Revolución dos cravos e o 26 de abril todos os presos políticos foron liberados.
Dinís e todos os seus compañeiros volveron a casa pero non soubo máis nada de Filipa ata o final da historia cando morre Rui e Filipa vai a Portugal para tirar as cinzas e descobre que Dinís non está morto.
OPINIÓN PERSOAL:
Gustoume moito este libro porque conta unha historia moi entretida que seguramente houbese outras moi parecidas porque as violacións, as enfermidades e todo o citado neste texto estaba á orde do día naquela época. Ademais de contar diferentes historias de amor, tamén nos conta a historia de cómo foi a vida durante o réxime salazarista e o que supuxo para todos os portugueses a Revolución dos Cravos. Pareceume un libro moi interesante co cal se pode aprender da historia dun lugar que nos queda moi perto.
Lucía Sánchez Suárez (4º ESO)

Como afecta internet á nosa vida? Irene Sánchez Suárez (4º da ESO)

Hoxe en día todos dispoñemos dun teléfono móbil e de conexión a internet case as 24 horas do día e moita xente parece vivir única e exclusivamente para as redes sociais, esquecéndonos de que hai máis vida. Moitas veces plantéxome todo o tempo que perdemos en publicar cada segundo das nosas vidas ou en mirar como viven os demais. Todo sería moi distinto se en lugar de publicar todo, desfrutásemos máis de cada momento, pasando máis tempo cos amigos e coa familia, viaxando, coñecendo novas culturas e desconectando de todo por un momento.

Internet foi un gran invento que nos proporcionou cousas moi positivas como:
  • Poder comunicarse con xente que fai moito que non ves.
  • Dispoñer dunha amplísima variedade de medios de información de todo o mundo, o que fai moito máis difícil a nosa manipulación, xa que nos sobran medios para contrastar a información, etc.
Pero tamén nos provocou moitísimas cousas negativas como:
  • O ciberacoso, xa que internet permítelle ao individuo empoderarse, agocharse detrás da pantalla e soltar toda a súa rabia e frustración contra outra persoa.
  • A desconfianza por descoñecer todo o que internet sabe de nós e en que o vai usar.
  • A adicción ás redes que moita xente sofre, etc.

En definitiva, internet foi un gran avance para a humanidade pero deberiamos vivir máis pendentes de desfrutar a nosa vida e deixar aos demais vivir a súa, sen criticar e sen controlar cada movemento que dan e darlle un uso responsable.

domingo, 27 de maio de 2018

Servicio de Urxencias de Suso de Toro, recensión de Samuel Vázquez Pérez (3º ESO)

O autor do libro é Suso de Toro que naceu en 1956 en Santiago. Foi guionista de cine e televisión e o seu primeiro relato foi “De 10 a 11”.
O libro trata sobre dous homes que van atracar unha gasolineira e no medio do atraco Petete torce un pé e teñen que saír de aí correndo para que non os deteñan.
Petete e mais o amigo pararon a durmir nunha zona residencial nun coche roubado e cando Petete sae a comprar unhas aspirinas á farmacia, ve como un municipal detén ao seu compañeiro e el decide fuxir.
Despois de andar paseando pola rúa, Petete encontra a un amigo e este ao contarlle o caso que lle pasou decide que vaia durmir para a casa dunha amiga, pero é unha trampa porque o seu amigo engánao chamando a policía para que o foran deter a ese sitio. Ao chegar a casa, ábrelle a porta unha veciña da amiga e el decide escapar.
El vai cara á farmacia outra vez e encóntrase cunha rapaza que lle axudou antes e co seu compañeiro que ao final nunca foi detido pero nese momento chega un inspector que os estaba vixiando e pégalle un tiro a Petete.
O personaxe principal do libro é Petete, que é un rapaz que decide roubar unha gasolineira co seu compañeiro pero saíulle mal o plan e el ten que fuxir de todos lados para que non o deteñan.

Non o recomendo porque é un libro para xente con máis anos ca nós, ademais é un libro que conta unha historia de xeito lento, apenas avanza en cada páxina.
Samuel Vázquez Pérez (3º ESO B)


venres, 18 de maio de 2018

Noite de voraces sombras de Agustín Fernández Paz, recensión de Nerea Regueira Fuentes (2º ESO)

O libro trata sobre unha nena chamada Sara, que vai de vacacións a casa da súa avoa Laura, que morrera había pouco tempo, e Sara vai para o cuarto do seu tío Moncho. Nesta habitación Sara xamais entrara porque a súa avoa non quería que tocase nada do que había alí. Pola noite, cando Sara ía durmir, sentía que na súa habitación había alguén escondido e que a estaban observando. 
 
Van pasando os días, ata que unha noite na que sente a presenza fantasmal, vai mirar se hai alguén agochado no armario e descobre un dobre fondo que ten onde hai unha carpeta con cartas que recibiu o tío Moncho da súa moza Sara; e tamén un diario que atopa no que o seu tío conta o que lle ocorre na prisión na Illa de San Simón, nun campo de refuxiados, onde tamén había un cemiterio.

Unha vez lidas estas cartas, Sara avisa a súa nai, e posteriormente, van á illa de San Simón onde está o famoso cemiterio. Cando chegaron, non sabían que ían atopar. A rapaza comezou escavando no chan e non tivo sorte, pero despois, mirou nun muro que tiña, e, agochado nun buraco entre dúas pedras, atopou unha caixa onde estaba escondido un anel de ouro que poñía o seu nome "Sara" e que pertencera á moza do seu tío carpinteiro que lía poesía.

Gustoume moito, porque narra os acontecementos da memoria de tantos soños que tiña a parella antes da guerra e tamén o que sufriron pola distancia. Eu penso que a historia é recomendable. E para a nosa idade, xa que o vocabulario non é difícil de comprender. Pareceume un bo libro, porque nos amosa moitas cousas, entre elas, como estaba de mal España e Galicia na época da Guerra Civil.

Nerea Regueira Fuentes (2º ESO) 

sábado, 12 de maio de 2018

O contador de estrelas de Jaureguizar, recensión de Alejandro Otero Gabín (2º ESO)

Antía de 15 anos vivía con súa nai que traballaba do servizo ante lumes, nun aeródromo en Lugo. Fíxose moi amiga dun rapaz albanés chamado Enver que facía parte do equipo aéreo de extinción e pansaban moito tempo xuntos falando de moitas cousas, xa que Antía tiña que acompañar moitas veces a súa nai ao aeródromo, a súa nai quería tela controlada para que non se metera con malas compañías e non quería deixala sola.

O verán ía ser duro, porque chovera moito na primavera e a vexetación medrara moito por iso, ía haber moitos incendios e o traballo ía ser moito para Rosa, a nai de Antía que tiña moita responsabilidade, que de non retransmitir ben as ordes podía poñer en perigo a moita xente. Unha noite Antía non podía durmir e chea de curiosidade achegouse a unha torre de control abandonada que había no aeródromo; tiña medo cando entrou, porque dende a súa habitación pareceulle ver unha sombra na torre, pero ela quería ver o que había dentro e cando estaba xa no primeiro andén unha voz púxolle medo; menos mal que era Enver, que algunhas noites adoitaba durmir na torre.

Unha mañá con moita néboa, oíron un avión que voaba moi baixo e Romar, o encargado do aeródromo, púxose coma tolo, porque non se podía pilotar nin de noite nin con néboa e que só un tolo podía facer iso. Antía levaba moitos anos sen ver a seu pai, dende que ela tiña catro e tiña moitas ganas de volver a velo, pero un día o pai de Antía desaparecera sen dicir nada deixándoas soas. O pai de Antía era piloto de avións e pasaba a vida voando. Antía fíxose moi amiga de Enver e todas as noites escapaba á torre para falar con el, mentes que a súa nai traballaba e non se daba conta de que ela non estaba no cuarto. Había moita curiosidade no aeródromo, por descubrir quen era o piloto do avión vermello que voaba tan perigosamente. Antía chegou a pensar que podía ser Enver. A ela gustáballe moito Enver e pasaban horas e horas falando, ata pensaba que podía namorarse del, pero a súa nai non llo permitiría nunca por ser 3 anos máis vello e por riba era albanés. Un día Enver contoulle que en realidade era un extraterrestre e Antía estivo a punto de crelo porque Enver contáralle moi ben a historia chea de fantásticas aventuras, era moi soñador e algo mentireiro polo que Antía o pasaba moi ben con el. Un día Antía pediulle a Enver que lle ensinara a pilotar, porque ela quería ser piloto como o seu pai. Había uns días que o avión vermello estaba provocando lumes por toda a bisbarra, a xente do aeródromo e do aeroclub estaba moi preocupados porque o piloto voaba moi perigosamente bautizárono o Piloto Vermello.

Antía pecaba de inocente e non facía mais que pensar en Enver e nas historias que lle contaba de extraterrestres e moitas veces dubidaba de que fora verdade, pero estaba tan fascinada con el que lle cría todo e ata chegou a pensar que era un vampiro. Antía quería convencer a Enver de que a ensinara a pilotar, ameazando de contarlle ao xefe Romar que durmía na torre. Antía soñaba que se aprendía a pilotar podería encontrar ao seu pai. A rapaza pasaba tamén moitas horas no restaurante do aeródromo conversando con Paco, o camareiro que era algo chismoso, que quería saber do misterioso Piloto Vermello. Romar, o encargado do aeródromo no intento de pillar o piloto vermello destruíu unha avioneta, que roubara, e levaba moitos dias ingresado no hospital. Antía tamén sospeitara que a súa nai e Romar tiñan unha relación. Enver ensinoulle a pilotar, facían escapadas clandestinas, escapaban de noite. Unha vez voaron ata Ribadeo, e alí foron a un PUB. Enver emborrachouse ata perder o sentido, no PUB había un home misterioso que acabou sendo o pai de Antía, o encontro co seu pai non foi o que Antía se esperaba; foi moi frío, e ela estaba moi decepcionada porque o pai contoulle unha versión moi diferente á que lle contara a nai.

O Piloto Vermello estaba a dar moitos problemas, cada vez provocaba máis lumes e a súa nai estaba moi preocupada. Antía pouco a pouco foise namorando de Enver, pero dáballe medo dicirllo. Enver contáralle historias de extraterrestres e que el era un deles que viñera á terra cunha misión moi especial. Ela case lle cría todo o que el lle contaba. O seu pai despois de encontro mandoulle un regalo, ela chamouno por teléfono e quedou moi desgustada, deuse conta de que seu pai non a quería.
Un día a nai de Antía encontrou o avión na habitación e preocupouse de que o seu pai estivera rondando por aí outra vez, e contoulle a Antía que non quería que volvera porque cando vivía con elas o pai emborrachábase e bouráballe e ata o botaran do traballo por borracho. Un día, moi preocupada, a nai de Antía díxolle que colleran ao incendiario que era o seu pai, estaba moi nerviosa. Contoulle que o seu pai estivera no cárcere, por un accidente en que morrera un fotógrafo, por ir borracho. Antía visitou o seu pai no cárcere porque quería saber porque facía esas cousas o pai confesou que era el o Piloto Vermello e botoulle toda a culpa a Enver que fora el o que o buscara e o convencera. Antía estaba moi confundida e o pai contáballe unha cousa e a nai outra; tamén quería preguntarlle a Enver se era verdade o que lle contara o pai e foi a velo, deixoulle unha mensaxe de que tivera que marchar para o seu planeta dicíndolle que a quería. Un día na cafeteira apareceu na televisión, en realidade Enver escapara e levaba con el a avioneta, en realidade Enver era o culpable de todo só porque quería vingarse de Romar porque este o trataba mal e na súa vinganza no se preocupou de facerlle dano a Antía e a súa nai.

O libro gustoume moito polos temas serios que trata.

Alejandro Otero Gabín (2º ESO)


As lágrimas de Shiva de Jordi Sierra i Fabra, recensión de Laura Antelo e Alejandro Amado (2º ESO)

Está é a historia dun neno chamado Xavier que vive en Madrid. O seu pai ponse enfermo de tuberculose e a súa nai ten que coidalo, polo que manda a cada un dos seus fillos á casa dunha tía diferente. A Xavier mándano ir a Santander coa súa tía Adela e as súas catro curmáns.

Ao principio Xavier e Violeta non se levan moi ben pero a medida que se van coñecendo empezan a levarse mellor.

Despois dun tempo, Violeta e Xavier descobren un olor a nardos moi raro na casa: era o olor de Beatriz, unha pantasma que ás veces aparecía pola casa.

Eles queren saber quen é ela e porque acode a eles.

Despois de moito investigar, descobren que Beatriz Obregón é una antepasada da súa familia á que chamaban ladroa porque a xente dicía que ela roubara unha xoia chamada “As lágrimas de Shiva”. Esa xoia era un colar que Mendoza lle regalara como regalo de compromiso.

Violeta e Xavier viven moitas aventuras ata encontrar a xoia nun caixón do faiado. Alí descobren que Beatriz Obregón só era unha rapaza namorada que perseguía os seus soños.

Nesta aventura Xavier e Violeta descobren que están namorados.

Álex Amado: a min gustoume moito e animo os meus compañeiros a que o lean porque é fascinante.

Laura Antelo: non é un libro que me gustara moito. Aínda que hai partes que me gustaron, non sería un libro que recomendaría.

Laura Antelo e Alejandro Amado (2º ESO)

 
 

Mentira de Care Santos, recensión de Álex García Rellán (3º ESO A)

Xenia era unha rapaza estupenda nos estudos pero que desde había un tempo baixara de notas porque se namorara dun rapaz co que falaba por internet, o cal mentiu na súa identidade e dixera que practicaba karate e que estudaba no instituto Ricard Salvat. Éric non quería concertar unha cita con ela, xa que non podía saír do centro de menores. Por iso a rapaza decidiu saír a buscalo a onde lle dixo que estudaba, pero ao ver que Eric lle mentira sobre a súa verdadeira identidade, enfadouse, púxose triste e decidiu contarllo todo a seus pais.
Eric levara unha vida dura, de neno pasaba fame, seu pai non o atendía, sua nai marchou traballar de prostituta a Londres e Ben foi quen se encargou de coidalo. Ben era o seu curmán que traficaba con drogas e tiña moitos cartos pero corría perigo, xa que traballaba na mesma zona que o clan dos Medina. Ben era un rapaz guapo que era acosado por unha rapaza ata que un día cansouse tanto dela que a atropelou, e entonces Ben obrigou a Eric a que dixese que fora el quen a matara porque a Eric por ser menor de idade lle caerían cinco anos e Eric aceptou xa que por Ben faría calquera cousa.
A semana de que Xenia lle dixese a Eric que era un mentireiro e que non quería saber nada máis del, chegoulle ao colexio un paquete que lle enviara el explicándolle porque mentira na súa identidade e a verdade do caso, e ela, dicindo a verdade sobre o que pasara, sacouno do centro de menores.
Gustoume moito o libro, xa que trata de dous temas que me apaixonan.
Álex García Rellán (3º ESO A)

Chamando ás portas do ceo de Jordi Sierra i Fabra, recensión de Nerea Bermúdez Varela (3º ESO A)

Silvia é unha moza de 19 anos que decidiu pasar as vacacións de voluntaria na India xa que dende pequena sinte a necesidade de axudar aos demais e de cambiar o mundo. Aos seus pais e ao seu noivo non lle sentou moi ben a noticia . Elisabet, unha excelente doutora da india recibe a Silvia e explícalle en que consiste o seu traballo. Leo é outro español de voluntario e é veciño de Silvia, pero non quere ser o seu amigo e por iso sempre é borde con ela, xa que a el polas súas ideas íanlle denegar a beca e ela, como é rica, non ten problemas.

Alí coñece a Viji que lle explica onde se encontran e a quen lle pertencen ás terras onde está construído o hospital. Perténcenlle a Mahendra, este é un rapaz indio que quedara viúvo había cinco anos nun accidente no lago que estaba en fronte, tamén perdera os seus tres fillos. A elas ocorréselle ir a casa aínda que a Silvia non lle facía moita graza, vai pola curiosidade. De repente aparece un indio e as rapazas saen correndo menos Silvia que se queda e descobre que é el. Estes fanse moi amigos aínda que a Silvia non lle fai moita graza, porque é moi parecida á súa esposa morta. Silvia logra sacalo da casa e dende entón el está namorado dela.
Silvia adora o seu traballo e faino ben aínda que sofre moito cando unha neniña pequena morre, e Leo consólaa. Dende entón a amizade de Leo e Silvia vai mellorando ata o punto que este queda prendido dela, pero Silvia dáse conta de que mete de menos a Arturo e que o quere. Un día Mahendra leva a Silvia a outra das súas casas onde posúe un banco para axudar a poboación India, el agradécelle a Silvia o seu esforzo e axuda por sacalo da súa casa e pídelle un bico, pero ela negase e vaise. Antes de volver a Barcelona Silvia fala co seu pai para reconciliarse por marchar pero dáse conta de que, aínda que ao principio el estaba doído pola súa marcha, ao final estivo orgulloso dela.
Uns días antes da súa marcha o criado de Mahendra chega ao hospital e dille que el está gravemente ferido, ela séntese culpable xa que pensa que foi súa culpa por rexeitalo pero despois dinlle que el só esvarou, igualmente ela vaino visitar á habitación do hospital e dálle un bico. O libro acaba cunha conversa de Leo e ela dicindo que todo vai estar ven, e outra cos seus pais. O título “chamando ás portas do ceo” é debido a unha famosa canción de Bob Dylan.
Este libro gustoume moito xa que me enganchou dende a primeira páxina.


venres, 11 de maio de 2018

Rebeldes de Susan Hinton, Miguel Blanco Mouzo (2º ESO)

Ponyboy, protagonista desta historia, é un rapaz pertencente ao grupo dos greasers os seus enemigos son os socs de moita maior clase. Entre ambos bandos hai moitos enfrontamentos a pesar da distancia que os separa, os greasers viven no oeste e os socs no este. A historia comeza co protagonista regresando do cine só e encóntrase cun grupo de socs, os cales tratan de mallarlle pero antes de que comecen, a súa pandilla aparece para salvalo. Cando se recupera Darry, seu irmán maior, vótalle unha bronca por ir ao cine só.

Pasados uns días foi ao autocine con Dally, Jonhy e Two-Bite. Alí sentáronse con dúas rapazas socs ás cales Dally estivo incordiando ata que Jonhy lle mandou marchar do cine. Cando Dally marchou empezaron a falar dos seus bandos e cando chegou a hora de partir Two-Bite ofreceuse a levar as rapazas. Pero de camiño cruzouse cun Mustang azul que pertencía aos mozos das rapazas. As rapazas subiron ao coche e mandoulles acelerar para evitar pelexas. Mentres tanto, os outros dous volveron andando e quedaron no solar. Alí puxeronse a mirar para as estrelas e quedaron durmidos. Cando espertaron Pony foi para casa e Darry deulle unha bofetada, entón Pony decidiu volver con Jonhy. Xa reencontrados os dous decidiron dar unha volta polo parque. Alí atopáronse con cinco socs que xa antes agrediran a Jonhy, entre eles atopábanse Bob e Randy os mozos das rapazas do cine, estaban borrachos e enfadados, e sumerxiron a cabeza de Pony ata case afogalo. Jonhy, asustado, sacou a navalla e matou a Bob. Despois diso os outros socs escaparon e Pony recobrou o coñecemento.

Foron pedirlle axuda a Dally, posto que sempre saía dos seus apuros, e este díxolles que pasaran uns días nuha igrexa abandonada. Tras cinco días só falando, lendo e comendo golosinas Dally chegou dicindo que os irmáns de Pony estaban moi preocupados por el e trouxera unha carta de Sodapop, o irmán mediano, na cal se demostraba que sí que o estaban. Dally tamén avisou de que a policía non investigaba por esa zona, e que ao día seguinte terían unha pelexa cos socs. Despois Dally levounos comer a un burguer e cando pasaron por onde a igrexa vírona incendiada e había cinco rapaces dentro atrapados que foron salvados por Pony e Jonhy. Debido á súa valentía tiveron que marchar para o hospital, onde a Pony non lle pasou nada posto que so tiña queimaduras aínda que non moi grave, pero Jonhy estaba en estado crítico e tivérono que ingresar. Á noite cando chegou a hora da pelexa, Dally apereceu alí escapado do hospital. Ao acabar a loita, na que os socs saíron perdedores e os greaser quedaran coa gloria, Dally marchou con Pony ao hospital, alí puideron escoitar as súas últimas palabras e virono morrer. Despois diso Dally marchou correndo e Pony camiñou sen rumbo ata que un condutor se ofreceu a levalo a casa. Pouco tempo despois, Dally chamoulles dicindo que o perseguía a policía e que foran todos ao solar. Cando chegaron alí, xa estaba a policía e Dally sacou unha pistola sen balas e consegueu o que quería, a policía matouno. Tras eso Pony perdeu o coñecemento da dor acumulada. Tres días despois espertou e repetiu varias veces que nada pasara, despois na súa redacción que lle mandara o profesor escribiu esta historia. 

Gustoume moito posto que é moi parecido a O corazón de Xúpiter e a Unha estrela no vento pero pareceme un pouco máis triste posto que non morre só unha persoa.
 

mércores, 9 de maio de 2018

Un monstro vén a verme de Patrick Ness, recensión de Cristina Souto Souto (3º ESO B)

Conor é un rapaz de apenas 13 anos, que sofre pola grave enfermidade da súa nai. Certo dia, durante a noite (ás 12:07) recibe a visita dun monstro que lle empeza a contar tres historias. A cuarta historia teralla que contar el (Conor). A primeira historia trataba dun príncipe que non era quen parecía xa que lle acabou mentindo ao pobo, a segunda era sobre un boticario e un cura e a terceira historia narraba o caso dun home invisible. Ao longo desta última Conor enfrontouse ao rapaz que lle facía bulling (facendo que ingresara no hospital), e ocorreron ademais varias cousas, entre elas o ingreso da súa nai no hospital ou a visita do seu pai, co que non tiña moita relación.
Chegou o día no que Conor tiña que contarlle a súa historia ao monstro. Despois de relatarlla díxolle que quería que todo rematara (referindose a súa nai). Conor queda durmido nas raices da árbore ata que chega súa avoa para levalo ao hospital para desperdirse da súa nai, quen morre ás 12:07.
Conor queda baixo a tutela da súa avoa e deulle o cuarto no que se criou súa nai, alí encontra un libro de debuxos dela e entón descobre que o monstro era a reencarnación do seu avó.

OPINIÓN

O libro gustoume bastante xa que era unha historia bastante bonita e que ao final me fixo chorar.

Nogard de Marilar Aleixandre, recensión de Mario Romar Santos (2º ESO)

Esta historia trata dunha rapaciña chamada Celia, a cal un día contoulle un conto aos seu sobriños Paloma e Ricardo. A historia conta que un dragón chamado Nogard, que foi buscar unha chave para salvar o setestrelo e facer unha festa. Despois de ir durmir, uns ratiños chamaron a Celia para que os axudara, e ela foi con eles ao sótano. Alí había moitos ratos enriba dunha mesa comendo un banquete. Os ratos eran: Chop, Chip, o rato de biblioteca, Tirizó, a ratiña, Tique e Taque. Despois de comer, os ratiños dixéronlle que era o Papa-palabras quen tiña a chave do setestrelo, e tiñan que conseguila, senón non poderían facer a festa. Entón, todos zarparon a Milmontes, onde se atopaba o Papa-palabras. Cando estaban a piques de chegar, encontráronse con Nogard, un dragón que chuspía auga, era verde e non voaba. O rato de biblioteca, Nogard e Celia foron a Milmontes e falaron con Terebinto para poder pedirlle ao Papa-palabras que lles devolvese a chave do setestrelo. Cando entraron a falar co Papa-palabras, dixo que tiñan que xogar a uns xogos para poder recuperala: o primeiro consistía en poñer palabras e sumar puntos, e como o Papa-palabras era un tramposo gañou esa ronda; na seguinte o Papa-palabras escondera algo e Celia tiña que atopalo, e así foi; na seguinte proba, era Celia quen tiña que esconder algo e o Papa-palabras atopalo; por último, o Papa-palabras fixera unha poción para flotar e Celia unha para embelecer, e foi ela a gañadora.
Cando subiron, o Papa-palabras raptou a Celia, pero a xogada non lle saíu ben xa que o rato de biblioteca atárao, e deseguido atoparon a chave nun bote de fabas.
Cando recuperaron o setestrelo, fixeron a festa Maior, e Nogard bebeu un pouco zume de laranxa máxico grazas ao que puido chuspir lume.
Finalmente, Celia contoulles o final da historia de Nogard a Ricardo e a Paloma, engadindo que non se creerían quen foi a persoa que axudou a Nogard…
Gustoume porque fala de cousas fantásticas como dragóns ou monstros, e entretívome moito.
 
Mario Romar Santos (2º ESO)

¡Asústate, Merche! de Fina Casalderrey, recensión de Andrea Suárez Souto (2º ESO)

Este libro trata sobre unha rapaza chamada Auria. Auria é filla de solteira e iso provócalle un certo asco cara os rapaces. O cura propúxolle unha viaxe por Europa a Auria e máis rapaces da súa idade. Luisa, a nai de Auria, deixouna ir e pagoulle a viaxe. Entón, emprendaron a viaxe un día pola mañá cedo. A primeira parada foi en Guipuscoa. Esa noite durmiron alí nun camping. Ao día seguinte, chegaron a París onde pasaron dous días. Despois de París, foron a Bélxica onde pararon en Bruxas e Bruselas. Cando pararon en Viena, durmiron en casas que xente lles deixaba. Nesta excursión, Paio díxolle a Auria que a quería e de volta a casa déronse un bico.
Auria e Paio escribíanse todos os días xa que estaban namorados.
Un día, Auria liu unha noticia no xornal que morrera de accidente de coche o pai de Paio. Con esa noticia descubriu que o seu pai era o pai de Paio. Ao saber iso, Auria quíxose suicidar. Entón, abriulle ao gas pero deuse conta de que sería unha parvada. Cando estaba facendo iso Frida chamou ao timbre.Frida levou a Auria deica súa habitación onde durmiu mentres Frida lía o diario de Auria onde lle escribía todo o que lle sucedía a unha amiga imaxinaria chamada Merche. Ao saber o motivo do suicidio, Auria e Frida decidiron que Auria non contactase máis con Paio. Un día, Auria ía a librería mercar uns libros para o colexio cando se atopou con Salvador. Este díxolle que Paio o estaba a pasar moi mal por ela deixalo desa maneira .Entón, Auria decidiu quedar con el. Cando o viu estaba máis guapo do normal. Falando co rapaz, este díxolle que morrera o seu pai adoptivo. Iso significaba que Auria e el non era irmáns e acabaron bicándose e volvendo a estar xuntos.
A min este libro ao principio non me gustou. A pesar diso, seguino lendo e acaboume gústando moito. Recoméndollelo a todas ás persoas que lle gusten as novelas de amor e intriga porque creo é unha novela que lles pode gustar.
Andrea Suárez Souto (2º ESO)

Aire Negro de Agustín Fernández Paz, recensión de Bertín Suárez Negreira (2º ESO)

Aire Negro é unha historia que trata sobre unha rapaza chamada Laura Novo que reside nun a clínica debido a un accidente. Victor é o seu doutor e o encargado de que a paciente supere unha neurose e tamén de adiviñar que foi o que lla provocou.Victor entérase de que Laura era escritora e mándalle que escriba todo o que vaia recordando e que llo entregue a el cada día.

Laua comeza dicindo que tivera un mestre que se chamaba Carlos e que estivera namorada del no instituto pero que tivera que mudarse, e fora para Madrid perdendo o contacto con el. Anos despois entérase de que el vivía en Lugo e que tiña un hotel. Ela decide ir velo aproveitando para desconectar dos seus problemas familiares e tamén por un traballo de periodismo que lle encargaran.

Cando chegou colleulle de novo moito cariño a Carlos e pasábao moi ben pero ao cabo dalgúns días decátase de que un empregado de Carlos evitaba o contacto con ela en todo momento e isto producíalle curiosidadede, así que llo preguntou a Carlos e el respondeulle que se trataba pola súa cor de pelo. Laura tiña o cabelo roxo.

Carlos explicoulle que preto de alí había unhas covas que supostamente conectaban co inferno e que nel residía a gran besta, unha criatura parecida ao demo e que nese pobo dicían que as roxas facían espertar a gran besta e provocar grandes males. Laura intrigada foi visitar esa cova e a partir de aí comezaron a producirse accidentes como a morte do can de Carlos, Dédalo, e un intento de asasinato a Iria, unha rapaza que fora ao hotel e se fixera gran amiga de Laura e incluso se tinguira o pelo de vermello como ela. 

Laura decide volver a Madrid pero Carlos búscalle sentido lóxico aos incidentes e consegue que Laura volva. Un día ela máis tranquila decide ir dar un paseo polo monte pero cando se dá conta empezara a chover e tronar. Isto provocou que empezara a correr para o hotel. Pero mentres corría sentiuse observada e ao mirar para atrás viu como unha masa de escuridade se empezaba a transformar nunha especie de persoa e a seguía- Entón caíu un raio enriba deles dous que foi o que provocou o transtorno de Laura, pero a Victor non lle acaba de convencer iso da gran besta, así que decidiu ir ata a cova, e ao encontrala era tal cal Laura a describira e o máis sorprendente era ese olor tan horrible que Laura dixera.

Victor, abraiado, foi buscar a Carlos e fíxolle preguntas sobre Laura e a gran besta. A resposta que máis lle sorprendeu a Victor é que queimara todo o relacionado con ela para que a gran besta non a encontrara e que aqueles días Laura tivera coidado xa que ía cumprir o ano dende que a gran besta espertara e era cando ía a encontrar. 

Victor asustado foi correndo o máis rapido que puido cara o hospital e ao chegar o doutor Montenegro chamouno para dicirlle que Laura desaparecera. Victor foi comprobalo e no seu cuarto había probas que confirmaran que a gran besta estivera alí e marchara con Laura. Faría tres anos dende que Victor contara esta historia e prometeu non dicirlle a ninguén que no noso mundo tamén vivian demos connosco e para que non saltaran as alarmas respecto á desaparicion de Victor dixo que Carlos e ela marcharan xuntos as escondidas.

Gustoume moito porque cumpre coas facetas necesarias para que me guste un libro que son a tensión e a intriga durante a lectura.

Bertín Suárez Negreira (2º ESO)

Flor de area de Manuel Lourenzo González, recensión de Ana Nantón Castro (3º ESO A)


Este libro conta a historia de Amrah ben Dimas Ber Suhila al Targ,kblai, o seu nome era pola parte de súa nai. Esta historia é un pouco triste porque nesas culturas e épocas os pais das nenas casábanas cun home maior ca elas. E era importante que foran de familia rica e tamén que tiveran moitas terras, pois este libro trata algo sobre isto. 
Conta a historia de Waris Dirie que un día, con tan só 13 anos, marchou da súa casa porque se enterou de que o seu propio pai ía casar cun home moito maior ca ela. Entón a ela ocorréuselle cruzar todo o deserto. A infancia desta nena transcorre principalmente na natureza e tamén coidando animais e axudándolle a nai a ir buscar auga e coidando dos seus irmáns máis pequenos ca ela. A vida desta nena só consistía en sobrevivir día a día e a acostumarse ás normas dunha nova cultura: el sempre pensaba que esta vida tan dura era o seu propio destino, que xa estaba elixido había moito tempo. Waris Dirie era unha nena moi feliz coa súa familia aínda que sufriu moito porque tivo que ver como os seus propios irmáns, ou morrían ou escapaban polo deserto.
É un libro que me gustou moito, eu recomendaríao pero a verdade é que é moi triste, porque ás veces non nos damos conta de que moitas nenas están sufrindo porque os propios pais as obrigan a casar con homes maiores ca elas sen que elas se poidan negar.
Ana Nantón Castro (3º ESO A)

martes, 8 de maio de 2018

Memoria conta Alzheimer de Rafael Laso Lorenzo, recensión de Iker Castiñeira Lema (3º ESO A)

Todo cambiou cando o protagonista se perdiu no monte. Nunca foi ao médico ata ese día que o atoparon, levárono os seus fillos. Ten alzheimer, apenas ten recordos non sabe como se chama, pero inventou un nome, Belaumiro. Non sabe se ten fillos ou non, agora só pensa en parvadas, só quere xogar o xadrez.
Fai anos que xoga ao xadrez. Sempre lle gustou e agora séntese como nun taboleiro, perségueno os cabalos, os soldados,vixíano moito e non lle deixan facer nada; cando quere recordar ponse moi triste.
Desde que o levaron alí, só ten o xadrez e pensa que non lle queda moito de partida. Foi ca­mpión do mundo de xadrez.
A súa mente está encerrada nun taboleiro, só pensa na partida, non recorda nada e ten ganas de chorar.
O doutor di que dentro del hai algo que lle vai facendo dano, esquécese de todo pero no fondo el segue sendo o mesmo. Está no seu taboeiro de cor negra e branca, que é o único que non se lle olvida.
Segue coa súa partida. Sabe que a xente fala del pero dálle igual porque dentro dun anaco xa non se vai lembrar.
Non fan máis que darlle pastillas e el non as quere.
Unha noite soñou coa súa muller que xa o está agardando e atopouna moi guapa. Ese día o seu fillo e mais o seu neto van visitalo, pero ningún deles sabe xogar, e el quere seguir coa súa partida. Pero finalmente perde a partida.

Iker Castiñeira Lema (3º ESO A)

luns, 7 de maio de 2018

Made in Galiza de Séchu Sende, recensión de Brais Martínez Lema (3º ESO A)

Na oficina de obxectos perdidos:
Un home, entérase de que acaban de abrir unha oficina de obxectos perdidos, e acode xa que perderá algo. Chega alí, e ponse a falar co garda en castelán, xa que perderá a lingua. Despois de explicarlle algunha das características da lingua, como o seseo, atópana, e pode volver a falar galego.
O ladrón de palabras:
Neste relato, fálase dun home que ía pola rúa, e a golpe de coitelo cun sorriso de orella a orella, intentaba comprarche palabras da túa lingua, e se te negabas, roubábacha.
Así, pouco a pouco, a xente foi collendo medo, e esa lingua, non a falaban na rúa, só a usaban na casa para que non llela roubasen.
Ao final, a lingua case desapareceu por completo, e a xente segue sen falala por temor a que volva o ladrón.

Unha palabra común:
Neste relato, o protagonista é unha palabra do galego. Esta palabra vive nun piso, ten traballo… é dicir, fai vida normal, pero é consciente de que moitas coma ela están a desaparecer por castelanismos, e dende que un castelanismo a acosaba na porta, tiña moito medo e choraba sempre.
Deuse conta de que con choros non facía nada, e decide seguir coa súa vida e defenderse, xa que é a súa lingua, non pode deixarse substituír así de fácil, e pensa que as demais palabras da lingua, tamén se teñen que opoñer aos castelanismos.
Nin en soños vou perder a miña lingua:
Neste relato, unha nena pequena, escoita no autobús que a xente nova está perdendo a lingua, e asústase moito.
Falao coa nai e a nai explícalle que iso é verdade, e que o único que se pode facer e falar moito, pero a neniña, de tan só cinco anos, non o comprende ben, e comeza a falar sen parar, dicindo calquera cousa, e de vez en cando, mira no espello, saca a lingua, e comproba que non a perdeu.

O home aforcado:
Neste relato, un home namorado, decide suicidarse. Engancha unha corda a unha nube, sobe a unha banqueta, ata a corda ao pescozo e tira a banqueta. A nube comezou a moverse co corpo morto do home, e din que a nube, pasa co esqueleto do home por onde os que sofren por amor.
Estes, son os resumos dos relatos que máis chamaron a miña atención.
Tamén me chamaron moito a atención, algúns nos que se trataban as palabras como obxectos. Por poñer un exemplo, hai dous relatos nos que o escenario é unha tenda, á que alguén acode a mercar palabras.
Outra cousa que me sorprendeu, foi que na forma de escribir o libro, se nota que o autor é galego, xa que nalgunhas palabras, non sei se querendo ou sen querer, aparece o seseo escrito.

Gustoume moito, xa que non conta unha única historia continua, senón que conta unhas cincuenta historias, sobre problemas lingüísticos e o perigo de desapareceren as linguas, en concreto o galego, aínda que tamén fala sobre outras.
Brais Martínez Lema (3º ESO A)

Rúa Carbón de Marilar Aleixandre, recensión de Nuria Vila (3º ESO B)

Este libro fala dun tema un tanto complicado como é ETA (Euskadi Ta Askatasuna), unha organización terrorista nacionalista vasca. 
Neste libro ou novela a protagonista é Paula unha rapaza que ten tres avoas, unha cousa un pouco rara xa que ningunha era bisavoa. Paula fala de que ten tres avoas porque conta como avoa á nai do seu padrastro. O pai de Paula falecera nun accidente de ETA, non un accidente calquera, senón nun accidente manipulando unha bomba deste grupo terrorista. A nai de Paula non lle contou nada disto ata o verán no que acontece este libro, o verán de 1º de Bacharelato. Ese verán tiñan planeado ir para o País Vasco como todos os veráns, pero a irmá de Paula (só era filla de súa nai) ía ir a un campamento e, aínda que a Paula non lle chistaba moito a idea de ir, rematou indo igual. Para que puidera entender mellor todo o que pasara, súa nai deulle un diario que ela escribira cando estaba con Iñaki, o seu pai de sangue. Ó principio, Paula intentaba evitar o tema pero de poucos en poucos foise dando de conta de que tal cousa xa non se podía agochar mais e coa axuda dun dos seus amigos da infancia, Martín, co que remata tendo unha relación de amor, descobre quen era realmente o seu pai.
Despois dun tempo comeza a ler todo o diario que súa nai lle deixara e dáse conta de quen era en realidade seu pai.
Lendo un pouco entre liñas podémonos dar de conta de que Martín se identifica con Iñaki xa que el tamén formaba parte dun grupo terrorista e que todo o que estaban vivindo Paula e Martín xa o viviran anos atrás a nai de Paula e Iñaki. 
Gustoume moito este libro porque fala dun tema complicado e narra como unha filla segue os mesmos pasos que deu súa nai, aínda que ningunha das dúas se decaten.
Nuria Vila Parga (3º ESO B)
 

Leonel de Antón Cortizas, recensión de Roi Eiroa (2º ESO)

Este libro trata dun rapaz chamado Miguel que ten que ir pasar as vacacións a casa dos seus avós, que está nunha parroquia chamada Grandal, polo que non está acostumado a vivir no campo porque el vive na cidade de Ferrol.
Ao principio parécelle todo aburrido, pero despois, a medida que vai descubrindo cousas xa non quere marchar.
Coñece unha rapaza chamada Ana que ten a mesma idade ca el, polo que se fan moi amigos. Eles pescudan en información sobre un tal Leonel, que é un pastor que un día desapareceu sen máis. Eles van encontrando textos seus, xa que el era gran contador de historias. Primeiro buscan en hórreos das casas pero non encontran nada ata que un día visitando a unha veciña conseguen saber que nunha mina poden encontrar algo.
Na mina encontran o segundo texto de Leonel. un día de moita calor baixan ao río a refrescarse, e alí descobren que están namorados.
Despois duns días sen buscar averiguan que debaixo das tellas do hórreo dos avós de Miguel está o terceiro texto.
Na súa última noite, Miguel descobre mirando para un mapa que Leonel foi para as Américas.
Os personaxes protagonistas do libro son Miguel e Ana.
Miguel é un rapaz que vive en Ferrol pero que seus pais, como suspendeu tres sinaturas mandárono pasar o verán a casa dos seus avós, pero ao final non o pasou tan mal.
Ana é unha rapaza que vive na parroquia dos avós de Miguel, que finalmente faise moi amiga del cando estaban na procura de Leonel.
E outras personaxes secundarias do libro son as seguintes:
Tareixa é a avoa de Miguel que emigrou a Uruguai cando era por culpa da fame que se pasaba en Galicia. Foi sempre moi atenta con Miguel.
Duarte é o avó de Miguel que tamén emigrou a Uruguai e coñeceu a Tareixa no barco. É un home moi aventureiro e gústalle inventar feitos que son mentira.
Leonel é un home que vivira había tempo na casa dos avós de Miguel ata que un día desapareceu deixando a casa ao coidado dos veciños. Miguel e Ana pasaron todo o verán buscando pistas sobre el.
Ramón o da Visita é o avó de Ana, que acompaña ó avó de Miguel para recollelo e para deixalo na estación de tren.
Mercedes da Metralla é unha anciá da parroquia que vive no alto dun monte e sempre ten prendido o lume para que todos saiban que está ben.
Gustoume moito este libro porque é entretido e moi divertido cunha historia moi boa.




A cabeza da medusa de Marilar Aleixandre, recensión de Andrea Lema Cotelo (2º ESO)

Nesta historia empézase falando dos alumnos do último curso de bacharelato, que están agardando xa pola festa de disfraces do Carnaval. Pero polo de agora aínda quedan uns días, e a mañá transcorre no instituto entre clase e clase coma todos os días; na clase de galego Sofía escribe un relato un tanto especial, e este é admirado polo seu compañeiro de clase Rubén. 

Uns días despois Rubén ten a sorte de poder bailar con ela e aí comeza unha relación que é un pouco máis ca amizade. Unha vez rematada a festa Sofía e Lupe saen dela pretendendo coller un taxi, pero non hai así que Lupe para un coche pensando que será algún coñecido da escola que poida levalas á casa. Ao parar o coche resultou ser que non era ningún coñecido senón que eran dous universitarios bastante máis maiores ca elas, e parecían un pouco ebrios. Ao chegar a un atasco na estrada, un deles decide tomar un “atallo”, e tempo despois danse conta de que se perderon, baixan do coche, e alí mesmo, obrigan as rapazas a manter relacións sexuais. Pasado iso marchan no coche e déixanas alí tiradas. Sofía chama a súa nai que ven moi preocupada a por elas, levan a Lupe a súa casa, porque non puido chamar ós seus pais debido a que perdeu o teléfono móbil, ao chegar, falan de poñer unha denuncia pero o pai de Lupe non a apoia, porque pensa que van empeorar o asunto, van saír no xornal, na televisión, vaino saber todo o colexio... Pero ao final van as dúas a poñer a denuncia, e a facer un exame médico, cóntanlle todo o que pasou a un policía e describen aos agresores. 

Tras pasar as vacacións de Carnaval volven ao instituto e a noticia xa se estendeu por todo o centro. Entre os compañeiros destaca Mauricio, un rapaz que provoca e intenta ofender as vítimas culpándoas de que foron elas as responsables de que todo sucedera, di que elas provocaron ós homes levando minisaia, pero elas intentan sacarse iso da cabeza e non pensan que fora por levar a xa mencionada prenda. Por moito que intentan evadir a Mauricio e esquecer o seu problema el sempre daba coa maneira de facelas recordar. Un deses días apareceu unha pintada no baño das rapazas na que as insultaba, poñía: “Sofía e Lupe putas”. Elas puxéronse moi tristes por isto e os profesores expulsaron do colexio a Mauricio, por tres semanas. 

Finalmente a policía atopa os agresores e todo se prepara para ir a xuízo. Debido a tanta publicidade os pais de Lupe convéncena de que retire a denuncia, e o avogado defensor da familia do agresor de Sofía proponlles á familia unha oferta económica que podería resolver o futuro da educación da súa filla, estes rexéitana. E tras un tempo de que Lupe meditara sobre a súa decisión decide volver a presentar a súa correspondente denuncia. 

A min gustoume moito o libro, pareceume moi interesante, e ademais ao falar da violencia, en concreto da violencia de xénero, aprendes un pouco máis sobre iso.

Andrea Lema Cotelo (2º ESO)

Europa Express de Andrea Maceiras, recensión de Laura Torrado Pérez (2º ESO)

O libro conta como Nico encontra unha postal en Bergen del e dos seus amigos, dez anos despois de que esa fotografía se fixera cando eles aínda estaban de viaxe. Na foto atopa ao seu mellor amigo, Xacobe, e a súa actual moza Aroa bicándose, algo que lle sorprende xa que non soubera nada daquela posible relación. Ademais aquel bico tamén lle recorda a Xacobe, ao que atoparan morto días despois da volta de interrail. Por iso, a partir dese suceso contacta con todos os compañeiros que realizaran a viaxe e convócaos a unha cea onde recordarán vellos tempos e ao seu amigo.
 
Ao mesmo tempo, o libro vai contando o que pasara había dez anos naquela aventura por Europa. Naquela altura todos os rapaces cambiaron moito pero no único que coinciden é que nunca deixaron de pensar en Xacobe e no que lle ocorreu.
Xacobe era un rapaz moi misterioso e intelixente que sempre estaba a pensar na vida. Este naceu nunha familia onde os pais se separaron e o pai co que vivía non estaba moito pola casa, polo que foi coidado por unha señora que o consentiu moito só para velo feliz. Aínda así, Xacobe pasou a maior parte da súa vida na casa de Aroa, unha amiga coa que compartiu a súa infancia. Mais máis tarde manterían unha relación secreta para os seus amigos e moi rara. O rapaz padeceu dunha enfermidade de corazón dende pequeno pola cal necesitaba cada día unha específica dose dunha menciña. Xacobe foi encontrado morto días máis tarde da volta en interrail.
Aroa é unha rapaza moi guapa aínda que non moi comprendida polos seus compañeiros. Vivía nunha casa onde os pais tiñan abellas, uns animais que sempre lle apaixonaron, algo que a levou a converterse nunha bióloga especializada nelas. Cando era máis nova tivo unha relación con Xacobe, a cal sempre a confundiu, xa que non entendía o comportamento do seu amigo, mais nunca foi capaz de terminar con ela. Despois da morte del, esta pensou que fora a culpable do falecemento, por iso, nunca quixo falar do tema con ninguén. Anos máis tarde da viaxe atopou a Nico nun aeroporto e empezaron a saír.
Nico é un rapaz moi bo, ao que dende sempre lle gustou Aroa, á que encontra anos máis tarde da viaxe en interrail nun aeroporto. Despois do reencontro convértense en parella. O seu mellor amigo era Xacobe, o que lle pareceu sempre moi intelixente. Despois da súa morte sempre pensou que o que pasara en realidade aquel fatídico día non era o que os médicos dixeran. Xacobe e a súa morte nunca deixaron de estar na súa mente.
Beatriz é a amiga máis achegada a Aroa. Decidiu dedicarse á psicoloxía en parte pola morte de Xacobe e foi a única que soubo algo da existencia da relación entre eles dous.
Óscar é o primo maior de Mía. É moi atrevido e festeiro e é seguidor do Deportivo. Xa de máis grande traballa de mecánico.
Mía é unha rapaza un ano menor ca os demais. É moi presumida e adoita falar con termos que proveñen doutros idiomas ou con frases pouco habituais. Só foi á viaxe para pasar máis tempo con Xacobe, xa que naquel tempo lle gustaba e lle parecía moi guapo.
Piero é un rapaz italiano que se fixo amigo dos demais o ano que estivo de intercambio en Galicia. Despois da viaxe segue mantendo contacto con Nico. Anos despois encárgase do restaurante de seus pais xunto á súa muller.
Gustoume moito porque é un libro misterioso que ata ler o final non sabes o que pasou con Xacobe, algo que fixo que acabara de ler antes o libro xa que necesitaba saber o que ocorrera. Ademais encantoume como a autora describe a cada personaxe.
Laura Torrado Pérez (2º ESO)