domingo, 19 de fevereiro de 2017

A violencia de xénero, Sergio Villar Blanco (2 º ESO)

Cada día máis mulleres de todo o mundo están a sufrir a violencia de xénero, unha lamentable violación dos dereitos humanos. Isto non debería de ser así, xa que os homes e as mulleres “teñen os mesmos dereitos”, aínda que isto sexa contradito e reflectido nalgúns aspectos como o soldo de traballo. A diferenza entre o soldo que cobra un home normal e unha muller que ocupa o mesmo posto de traballo é un 24% menos en salario anual, o que significa que a muller tería que traballar 70 días máis para obter o mesmo salario. 

Outra discriminación de cara á muller é a desigualdade política, explícome: dos trece ministros do Goberno, só catro son mulleres. Ademais os presidentes do Congreso e do Senado son todos homes e encanto aos presidentes autonómicos, dos 19 só catro son mulleres, toda unha inxustiza. Eu penso que esto ten que cambiar porque é unha desigualdade, non só de xénero, tamén social e ninguén merece a violación dos seus dereitos. Esto debe cambiar e está nas nosas mans facelo, non só as mulleres facendo folgas, está nas mans de todos xa que, como cidadáns, temos o deber de conservar os nosos dereitos e non deixar que ningún prexuízo contamine a nosa sociedade.  

Reflexións sobre a Paz, María Paz Varela (2º ESO)

O 30 de xaneiro de cada ano celébrase o día internacional da paz. Neste día todos os centros escolares realizan algunha actividade. Cando eramos mais nenos debuxabamos unha pomba e colocabámoslle dentro unha mensaxe pacífica como o é amor, amizade, non violencia etc.

Crecemos, en lugar de debuxar unha pomba facemos unha redacción, como o estou facendo eu agora mesmo, ou lemos un libro.

Pero, en realidade, de que nos serve escribir unha redacción, ler un libro ou debuxar unha pomba se todo iso se queda niso? Nun simple debuxo, libro ou redacción.

Todos os días deixamos que morra xente inocente mentres outra que non o é vive en casas de luxo, con tres coches no garaxe e un posto de gran importancia na sociedade. Deixamos que países menos desenvolvidos se vexan metidos nunha guerra que, de ante man, saben que é imposible gañar. Deixamos que miles de nenos non poidan ir a escola, que miles de mulleres teñan que recorrer quilómetros e quilómetros para encontrar auga ou alimento. Que miles de persoas non teñan o suficiente como para sobrevivir. Pero que importa iso se o 30 de xaneiro pintamos unha pomba?

O mundo e a paz son de todos e só se colaboramos todos viviremos nun mundo xusto. Mentres non o fagamos seguiremos vivindo nun mundo no que hoxe, hai guerra no país veciño e mañá a haberá no noso. Nun mundo no que a sociedade se rexe por ricos e pobres e no que para que unha persoa sexa millonaria millóns delas teñen que morrer de fame.

É hora de deixar de xirar a cara cada vez que nos falan de escravitude infantil, de mortes inxustas, de pobreza, de analfabetismo, de desnutrición…
Son moitos os problemas que temos que solucionar para acadar a paz, pero tamén somos moitos os que temos que loitar por eles.

Imaxinade que todos os países cambiasen o diñeiro que inverten en armas en educación ou sanidade. Non sería esa unha boa maneira de comezar a buscar a paz? É certo que nos non podemos elixir en que inverten ou en que non o fan pero si podemos comezar a buscar a paz no noso entorno. Comezar por en lugar de resolver as cousas con violencia, con malas palabras ou xirando a cara cando vemos unha situación inxusta as resolvamos falando e axudando.


E así para o próximo 30 de xaneiro non só estaremos pintando unha pomba ou escribindo unha redacción.  

A cabeza da medusa, Sarai Pose (2º ESO)

Tras unha festa de entroido, Sofía e Lupe, unhas rapazas duns 17 anos, queren pedir un taxi, para volver á casa. Estes están todos ocupados, entón lévanas uns descoñecidos. Parecían que xa estudaban na universidade, notábase que  levaban uns cuantos vasos de alcohol, pero aínda así, parecían rapaces normais.

Fóronse afastando das casas, ata que chegaron a un monte, alí Sofía e Lupe, foron violadas polos rapaces. Despois do acontecido, foron abandonadas alí mesmo, no monte, nun lugar despoboado. Tras Sofía chamar aos seus pais e de contarlle o que acontecera, levan a Lupe a súa casa e logo, a comisaría, facer a denuncia. Aínda que ambas proceden ca denuncia, Sofía conta co apoio da súa familia, pero Lupe non. Isto fai que Lupe se sinta incómoda e sen forzas, e decida rexeitar a denuncia. Logo decátase de que deixou a súa amiga soa, e volve a formala. Esta historia remata coa policía que consegue atopar aos agresores das rapazas.  

Mahatma Gandi, Sara Rivera Bernárdez (2º ESO)

Dende 1964, pola morte de Gandhi, celébrase no 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Este día recordase a necesidade da solidariedade, o respecto aos dereitos humanos, a non violencia e a paz.

A mensaxe deste día é: “Amor universal, non-violencia e Paz. O amor é mellor que o egoísmo, a non violencia é mellor que a violencia e a Paz é mellor que a guerra”.

A importancia deste día é para que todos aprendamos a convivir en paz uns cos outros sen importar as pequenas diferenzas que nos separan.

UN POUCO SOBRE MAHATMA GANDHI:

Mahatma Gandhi naceu o 2 de outubro de 1869, e morreu o 30 de xaneiro de 1940. Gandhi instalouse en África do Sur e loitou alí contra a discriminación que sufrían os indios. Ao volver á India organizou a resistencia non violenta contra os ingleses así como a non cooperación co obxectivo de facer que a India se independizarse.



sexta-feira, 17 de fevereiro de 2017

Vivir en paz, David Rey García (3º ESO)

A palabra paz provén do latín “pax”. Cando ninguén ten conflitos ou guerras con ninguén e pode vivir tranquilamente sen preocuparse de que lle vai pasar nada chámaselle “vivir en paz”.

Pero iso conséguese cando ti non lle fagas nada malo a ninguén, e así vivirás en paz sabendo que non tes inimigos. Hoxe en día é difícil conseguila porque hai moitas causas que fan que os Estados estean en guerras con algún outro sitio.

Para iso faise un día chamado Día Internacional da Paz, que faise todos os anos o día 30 de xaneiro. Aquí téntase concienciar para que non haxa conflitos nin guerras.

A Paz, Lucía Sánchez Suárez (3º ESO)

A paz debería de estar presente en todo o mundo, xa que é necesaria. Ninguén quere vivir nun mundo en guerra rodeados de norte, roubos e maldade. Moitas veces a xente actúa sen pensar nas consecuencias que os seus actos poden acarrexar. Moi pouca xente é consciente da fame e da pobreza que hai en todo o mundo, e son menos os que deciden mediante os seus propios medios axudalos dalgunha maneira, xa sexa doando, alimentándoos, viaxando no caso de ter coñecementos médicos para axudar, etc.
Cando unha persoa fai algo malo tense que enfrontar ao sistema xurídico que, lamentablemente, en moitos lugares é moi débil. Debido e isto moitos culpables de delitos quedan inmunes e non se pode facer nada para evitalo. É irónico que os países que menos teñen son os que máis dan, xa que eles coñecen a pobreza e saben o que se sente e teñen a necesidade de axudar. Deberiamos aprender deles e ter empatía cos demais porque o día de mañá eses podíamos ser nós.

domingo, 12 de fevereiro de 2017

A Época das Irmandades da Fala

Para continuarmos traballando no PDI de Etapas Históricas o alumnado de 4º da ESO, na materia de Lingua Galega e Literatura está investigando sobre a Etapas das Irmandades da Fala.


Para ir coñecendo esta época estamos traballando con estas dúas publicacións. Cómpre ademais que lle botedes un ollo a este video sobre As Irmandades da Fala cuxo guionista é Pepe Barro.

Déixovos tamén un vídeo do Cabaré das Irmandades que formou parte dun espectáculo das Ultranoites da Nasa co motivo do seu centenario.

E no arquivo que aparece a continuación podedes ver a distribución e o reparto de aspectos e personaxes entre os dous 4º da ESO e mais unha webgrafía que vos serve para procurar información para facerdes os traballos.



quarta-feira, 8 de fevereiro de 2017

INSTRUCIÓNS PARA COMPRENDER O VOO DUNHA MOSCA DURANTE 50 MINUTOS, Uxía Pérez (4º ESO B)

INSTRUCIÓNS PARA COMPRENDER O VOO DUNHA MOSCA DURANTE 50 MINUTOS
Procura ter un bo obxectivo:
Moitas moscas soen voar demasiado rápido ou ser demasiado pequenas para distinguilas doutros elementos da paisaxe.
Asegúrate de atoparte nun espazo ben pechado:
Unha vez localizada a mosca, pecha portas e ventás de tal maneira de que esta non se poida escapar nin por un pequeno burato.
Prepárate:
Para iso recoméndoche só unha cousa: non pensar. Unha evasión completa da realidade facilita o albiscamento de moscas.
Mantén a boca pechada:
Creo que esta instrución non precisa unha explicación moi complexa. Simplemente pecha a boca e aforraraste desgustos.
Ponte en acción:
Cando teñas completados os catro puntos anteriores, é o momento de pasar á acción. Localiza a mosca e estuda todos os seus xiros e movementos, observa marabillado como cada recuncho dos teus oídos é deleitado co pequeno zunido que esta produce. Se algunha vez se para, non te preocupes! Ti segue mirando cara ela e, de seguro, pronto volverá a voar, recreando esa sensación de liberdade que tanto ansias sentir.
Moita sorte!
Cando vexas ese exame diante, non te preocupes! Ti escribe exactamente o que aprendiches na clase: recorda explicar cada mínimo detalle sobre a túa pequena amiga;con sorte, a/o profesora/o decatarase de que nese momento non estabas na clase e alagará a túa gran capacidade de concentración.
ADVERTENCIA: Este manual pode non resultar de axuda.
Perdoen as molestias:
A Organización das Pequenas Cousas que Non Deberías Facer na túa Vida




Desexos de Paz, Ana Nantón Castro (3º ESO)

O día 30 de xaneiro é o Día da Paz, celébrase en todo o mundo. No colexio de Cabana organizamos actividades relacionadas con este día tan especial.

A min este día gústame moito, porque colaboramos todos e é preciso recordar que fai falta paz no mundo, porque guerra xa hai moita.

Gustaríame que non fosen só actividades feitas no colexio, que foran tamén iniciativas de institucións como concellos, deputacións, e incluso do goberno central, promovendo activamente a paz, non só facendo videos de cancións, xa que sen ir máis lonxe a guerra de Siria leva cinco anos, e a xente deste lugar precisa paz. Hai nenos que naceron durante a guerra e non saben o que é vivir sen bombas. A paz fai verdadeira falta.

Paz no mundo e nas nosas escolas, Iker Castiñeira Lema (2º ESO)

No mundo hai unha grave crise que non se sabe como resolver.

Moitos pensan que é un problema minúsculo, pero iso é porque nós neste momentos non estamos a sufir. Estou a falar da violencia, moitos pensaredes non é para tanto, pero outras moitas persoas que están a vivir onde hai un conflito non pensan o mesmo. Pero que consecuencias ten isto? Pois que moitos nenos que están a desexar ir ao colexio para poder ter un bo futuro non poden debido a que teñen moito perigo ao saír da casa. Moitos pensaran: "que sorte teñen, non van ao colexio", pero cando chegue o futuro e non encontren traballo por non ter a ESO ou por non ter a primaria e non teñan para comer ou non teñan unha casa onde vivir pensaredes que é unha sorte poder ir ao colexio. 

Pero non é este o único problema, tamen está o maltrato escolar ou bullying. Pensaredes: "o bullying é unha cousa moi grave, por iso non a fago", pero todo o mundo facemos bullying aínda que non sexa de forma voluntaria. E ti pensarás: "pero como se pode facer bullying de maneira involuntaria? Pois moi sinxelo: cando lle dás unha "colleja" ou pos unha "zancadilla" un día si e outro tamen, iso é bullying aínda que sexa de broma. Pero tampouco esta é a única maneira: cando te ris del ou te metes con el iso tamén e bullying.

Conmemorando o Día da Paz, Brais Martínez Lema (2º ESO)

Se pensamos na palabra `paz´, todos pensamos en que non hai loita entre países, ou que hai harmonía entre as persoas, sen enfrontamentos… Se buscásemos `paz´ nun dicionario, estas serían unas das definicións máis correctas, pero a paz son máis cousas.
O día 30 de xaneiro é o Día Escolar da Paz e da Non Violencia. Pero iso non quere dicir, que só teñamos que pensar e facer a paz ese día, hai que vivir pacificamente día a día para poder mellorar o noso mundo e a calidade de vida.

No noso colexio, para conmemorar este día:
Suben cada día ao blog da biblioteca, actividades sobre a paz, lecturas sobre personaxes destacadas, vídeos...
E no corredor, expuxeron unha grande cantidade de libros e películas relacionadas coa paz.
Tamén hai un montón de biografías: de Gandhi, Martin Luther King, Nelson Mandela...
Son algúns das persoNaxes galardoadas co Premio Nobel da Paz.
Premio, que moita xente pensa que non o merecen moitos dos que se lle foi entregado, xa que as súas accións foron moi boas, pero provocaron conflitos, guerras, estiveron na cárcere...
Este premio foi entregado a 98 persoas e 20 asociacións dende a súa creación no 1901.

Para quen non saiba que é este premio:
É un premio instituído por Alfred Nobel, que xa instituíra outros catro.
Este, entrégaselle á persoa que traballara máis ou mellor entre a fraternidade entre nacións e que transmitira en todo momento a paz.

No colexio, estamos a traballar nalgunhas actividades como:
Por exemplo, onte xogamos a un xogo sobre a paz. Trataba de que tres persoas representaban a diversos lugares do mundo como: Oriente Medio, Estados Unidos, Unión Europea, Asia...
E o que tiñas que conseguir, era aliarte con países para poder aumentar a
alimentación, a sanidade, a educación... nese país que ti representabas e intentar
ter moi baixo as armas para poder ter un país o máis pacífico do mundo.

Outra das actividades, foi a de escribir unha mensaxe de paz, que queiramos transmitir, escribila nunha cartolina e introducila nun vaso.

Persoalmente, penso que celebrar o Día da Paz é unha parvada, xa que se ese día estamos todos moi conciliados co mundo, e o resto do ano nos da igual pois non serve de nada.
E sobre o Premio Nobel da Paz, penso que está ben, que llo entreguen a xente como Wangari Maathai, que loitou por unha causa en todo momento, non se detivo nos momentos máis difíciles, e o máis importante, cumpriu o seu propósito pacificamente.

domingo, 5 de fevereiro de 2017

As Vangardas en Galiza

Para comezar a estudarmos o tema das Vangardas na literatura galega, unha didáctica forma de entendelas é relacionándoas coas vangardas artísticas europeas que xorden a comezos do século XX. Para isto podemos ver esta presentación elaborada por Gracia Sanctorum, que nos axudará a entender a ideoloxía estética dos artistas da Vangarda.





sábado, 4 de fevereiro de 2017

Instrucións para chorar cunha película dramática, Claudia Taboada Cousillas (4º ESO A)

En principio, todas as persoas teñen sentimentos e serían capaces de emocionarse e ata chorar cunha película, pero moita xente non o consegue. Se unha persoa non é capaz de lograr chorar con estas instrucións, non pasa nada.
Para comezar, a película que se elixa debe ser dramática e emocionante. Algúns exemplos poden ser “O Diario de Noa” ou “Titanic”. Se a persoa é capaz de chorar facilmente con este tipo de cine, pode probar con películas máis infantís que teñan algo de emoción.
Ao ver a película, a persoa debe de adentrarse nese mundo e vivir a historia dos protagonistas. Para lograr o estado de trance durante o filme, unha recomendación sería estar nun lugar tranquilo e calado, para poder concentrarse. Se consegue vivir a película, está preparado/a para chorar no momento máis dramático desta.
Normalmente, as escenas previas á máis importante preparan o espectador para a emoción. Sinta estas e concéntrese na pena (ou alegría) do momento. Cando a escena definitiva chegue, concéntrese na pantalla e pense en todo o que sucedeu na película para sentir a emoción. Se logra identificarse cos personaxes e comprender a película, chorará moito. Sentirá moita pena (ou felicidade) durante unha ou dúas horas posteriores e cando alguén fale da película, volverá sentir esa sensación, pero con menos intensidade.

Instrucións para durmir no autobús, Marcos Blanco Mouzo (4º ESO B)

Para durmir no autobús hai que seguir o seguinte proceso:

O primeiro é apoiar a cabeza no cristal cunha inclinación duns 30 graos, aínda que existen outras correntes que se basean no repouso da cabeza sobre o asento contiguo para o que se lle dá un pouco para atrás ao asento propio. Estas dúas correntes denomínanse ''vivrato'' e ''repousato'', debido ao movemento ou non da cabeza durante o sono.

O segundo paso é encontrar a posición correcta das pernas para isto non hai unha regra fixa pero o máis usual é a posición diagonal.

O terceiro paso é ameazar a todos os pasaxeiros que o que te esperte sufrirá as consecuencias.

Tras dúas ou tres bromas dos teus ''amigos'' procédese ao cuarto paso: péchanse os ollos e procédese a durmir, en caso de non conseguilo facilmente débese comezar a pensar ata que o teu cerebro non ten ganas de aguantarte e desconecta.

Agora só falta manter a compostura e non espertar no medio da noite, en caso de que ocorrese débese intentar repetir o proceso o máis rápido posible. E así podes chegar de Guitiriz a Bordeaux sen abrir os ollos.

sexta-feira, 3 de fevereiro de 2017

Instrucións para unha aperta, Sheila Fariña Amado (4º ESO A)

Hai moitos tipos de apertas:
 
-Aperta de alegría.
-Aperta de agarimo.
-Aperta de tristeza.
-Aperta porque fai tempo que non ves a alguén.
-Aperta porque si.

Estas instrucións valen para a aperta de agarimo, os pasos son os seguintes:
Se ves a persoa a que vas abrazar ao lonxe; o primeiro é achegarte a ela para poder abrazala. Podes ir correndo, camiñando ou directamente berrarlle para saudala. Cando xa estás onda ela, achégaste ata poder pasarlle os brazos por enriba dos ombreiros, ou por entre os seus brazos (para facelo dunha ou doutra maneira depende da altura da outra persoa). 
 
Cando xa a estás abrazando para indicar que é de agarimo moves un dos teus brazos de arriba a baixo ao longo da súa espalda. Se non a saudaras antes tamén lle podes falar onda a orella cando a esteas abrazando.
A duración desta acción depende do tipo de aperta; se é unha aperta de agarimo coma as miñas indicacións a súa duración é de entre un e dous minutos.

Tras o abrazo calquera da dúas persoas sente moita felicidade de abrazar a outra e estar xunto a ela.

Xogo do desenvolvemento e exposición de libros sobre a Paz, Pedro Suárez Fariña (2º ESO)

O 30 de xaneiro foi o Día da Paz. Nese día fixemos un xogo no que eramos distintos continentes. Nós eramos Asia. O obxectivo do xogo era perder armas e mellorar en distintos campos como a educación ou a alimentación. Ao final do xogo gañaba quen conseguira máis puntos e baixara as armas. Nós fixemos ao revés: aumentamos as armas e só perdemos 1 punto de medio ambiente.
Despois fomos a un muro onde estaban distintas frases da paz, libros e películas. Estivemos falando de cal nos gustaba máis. A min gustoume un que era sobre o que é de verdade o premio Nobel da Paz. Dos libros gustoume 36-39, que ía sobre a guerra civíl española.
Tamén nos explicaron que era a paz e que non era só o contrario a guerra. E estivemos falando sobre o que provocaba as guerras e que case sempre era pola loita polos principais recursos.

Instrucións para ser feliz, Nerea Seoane Ferreiro (4º ESO B)

Ser feliz é unha sensación que deberiamos ter día tras día e hora tras hora, pero isto non é posible de todo, porque todo ser humano sente tristeza, agobio, ou outro sentimento que te fai estar decaído por algún motivo como por ser sensible. 
 
Cando non te sintas con ganas de facer case nada, intranquilo, etc o mellor que debes facer é descansar, se isto non é posible un paseo pola natureza sempre ven ben.

Para ser feliz e olvidarte de acontecementos que non che fan ben, podes, como dixemos anteriormente, dar un paseo pola natureza, ou practicar deporte, ou calquera outra cousa que che entreteña, pero sempre facendo algo no que esteas distraído. Isto fará que te olvides pouco a pouco dos acontecementos que te puxeron decaído. Distráete, queda con amigos, escoita música,...pero sempre estate distraído. Se tes ganas de chorar, chora, pero mellor, chora de risa. Aliméntate ben e recorda sempre a xente que estivo contigo apoiándote no bo e no non tan bo, agradécello e sé feliz.

E recorda,...todos os problemas teñen solución! Se tes un día gris, píntao con cores alegres!

Definición de Paz, Nuria Varela Rioboo (2º ESO)


Paz: palabra que só dúas persoas das que coñeces saben ben o que é e aplícana na súa vida cotiá.

Paz: xeralmente definida como un estado de calma ou tranquilidade, unha ausencia de perturbacións ou axitación, violencia, liorta ou guerra.

A paz sería posibel en todo o mundo; o malo é que hai moitas persoas que non saben o que é e nin a queren aplicar. Penso que a paz non só é que as persoas non discutan e loiten, como dixo Martin Luther Kingn ''A verdadeira paz non é simplemente a ausencia de tensión: é a presenza de xustiza'' ou como dixo Mahatma Gandhi ''Non hai ningún camiño cara a paz, a paz é o camiño''.  

Estas frases feitas por grandes persoas que marcaron etapas dalgunhas persoas son verdade xa que a paz é ''un camiño'' non literalmente pero é por onde deberíamos seguir, non deberíamos loitar nin nada polo estilo. 
 
A paz tamén está afectada pola economía xa que a xente loita polos cartos e discute.

A paz, o racismo e a fame, Álex García Rellán (2 º ESO)

A paz non son só as guerras e as mortes; tamén se relaciona cos temas de racismo, da fame, etc…
Pola parte do racismo refírome ás desigualdades que sufriron algún día xa hai tempo os negros en América, ou sen ir tanto tempo atrás, hoxe en día, por exemplo, seguimos discriminando os negros pola súa cor de pel e polo país onde viven. Antes en América había fontes de auga para os negros que habituaban ser mangueiras sucias e fontes para brancos que adoitaban ser máis luxosas e decoradas, antes tamén había bancos para brancos e bancos para negros (se os había para os negros). E hoxe en día discriminamos os negros dicindo que veñen a España porque teñen fame e porque non teñen traballo no seu país, e os inmigrantes de cor que conseguen traballo están explotados por esta sociedade de prexuízos e estereotipos.
A fame no mundo está moi estendida pero non fai falta ir ata os países do terceiro mundo para ver a xente pasando fame, e logo na Coruña e no resto de Galicia non hai comedores sociais para a xente necesitada? E logo non hai sitios de recollida de alimentos en Galicia? O que quero dicir con todo isto é que a fame, o racismo, a violencia, etc… non está concentrada soamente nos países do terceiro mundo, tamén está estendida no sitio onde ti vives, por iso todas as persoas do mundo debemos estar unidas para que todos estes problemas non ocorran en ninguna parte do mundo.