domingo, 29 de outubro de 2017

EXPOSICIÓN DO PERGAMIÑO VINDEL

Este mes de outubro acudín a Vigo para visitar a exposición do Pergamiño Vindel que acolle esta fermosa e importante peza da nosa literatura medieval e que podedes visitar no Museo do Mar en Vigo ata marzo de 2018. 
Como imos comezar a estudar as cantigas de amor medievais, deterémonos na importancia deste pergamiño que recolle as sete cantigas de Martin Codax. Aquí vos deixo unha mostra da exposición.

Recensión de Ámote Leo A de Rosa Aneiros, María Paz Varela (3º A)

Leo é unha rapaza que acaba de rematar os estudos e que decide emprender unha viaxe de seis meses ao redor de todo o mundo para a que levaba anos aforrando. A pesar de seus pais non estaren de acordo e de que os amigos que a ían acompañar decidisen non facelo, Leo seguiu a diante e marchou. O primeiro destino foi Lisboa, os días que pasou alí estivo na casa dun amigo chamado Rubén que rematou por namorarse dela. En Lisboa Leo non chegou a disfrutar todo o que esperaba e por iso decidiu abandonar a cidade. O seu seguinte destino foi Barcelona. Alí decatouse de que durante os días que pasara en Lisboa gastara moito máis diñeiro do que podía permitirse. Por ese motivo buscou un albergue barato onde pasar uns días. Alí coñeceu ao grupo Ruth e cía que a acolleron moi ben e do que pasou a formar parte.  En Barcelona foi onde Leo atopou por primeira vez escrito nun banco “ÁMOTE LEO A”. Despois de dúas semanas e media marcharon de Barcelona e viaxaron ata Granada, Sevilla e Cádiz. En todos os lugares atopaba o mesmo cartel que dicía “ÁMOTE LEO A”. Estes foron os últimos destinos nos que Leo estuvo con todos os integrantes do grupo, xa que todos, excepto Edmundo, decidiron facer o camiño de Santiago; e Leo e o restante do grupo viaxaron a Marrakech. Xa en Marrakech Leo quedou impresionada polo ritmo de vida que levaban e cada día que pasaba na cidade abraiábaa máis. Sen embargo, ao enterarse dos conflitos que estaban a suceder nas cidades árabes por aqueles momentos Leo decidiu abandonala. O seu último destino foi Istambul pero para chegar alí tivo que pasar un día no Cairo onde visitou as pirámides. Xa en Istambul aloxouse uns días na casa dunha amiga chamada Iria e logo na casa dunha alumna de Iria chamada Zerdali. Istambul maravillouna. Mais seguía atopando alá a donde iba o letreiro de “ÁMOTE LEO A”. 
 Pareceume un libro cunha boa historia pero no que o ritmo é demasiado lento como para enganchar ao lector. Na miña opinión xira demasiado a historia e o que eu pensaba que ía ser a trama principal (os escritos onde aparecía Ámote Leo A) remata por ser algo totalmente secundario.

Recensión de A cabeza da Medusa de Marilar Aleixandre, Álex García Rellán (3º A)

Este libro trata de dúas rapazas, Sofía e Lupe que na noite de carnavais foron a unha festa disfrazadas dos anos sesenta con minisaias, vaia, vestidas como esa época. Ao remate da festa ás 4 da mañá chamaron para pedir un taxi pero a liña estaba ocupada, e dous mozos maiores ca elas ofrecéronse a levalas, estaban bebidos. Estaban no medio da estrada cando os dous mozos se puxeron a discutir e dixeron que collerían un  atallo, foron por un camiño estreito dar ao medio do monte, os mozos dixeron que se perderan e unha vez alí violaron a Sofía e a Lupe. 
Sofía e Lupe chamaron a seus pais e foron poñer unha denuncia, pero ao día seguinte da violación xa todo o mundo sabía que as violaran porque saíra no xornal.
O día seguinte na escola todo o mundo se compadecía delas e falaban do tema polo baixo. O martes Mauricio, un moinante, pasou polo lado de Lupe mirouna mal e chuspiulle ao lado, esa mesma mañá apareceu na parede do baño unha pintada que poñía “Sofía e Lupe putas” . Fora Mauricio pero tiñan moi poucas probas e só lle caeu unha semana de expulsión. 
Ao día seguinte xa identificaran os violadores, Constantino e Pedro, e Lupe por medo e presión retirou a denuncia pero Sofía seguiu adiante con ela, foi tan constante coa súa decisión que ata os pais do rapaz lle ofreceron 120.000 euros para ir estudar literatura as Américas, e ela rexeitounos. 
Ao final todo saíu ben, Sofía encontrou mozo, chamado Rubén, e ese rapaz, si que a quería. 
Gustoume moito sobre todo polo sentimento que trasmite cada personaxe.

martes, 24 de outubro de 2017

Que estamos a facer co noso medio ambiente?, Alejandro Amado Varela (2º ESO)



Que estamos a facer co noso medio ambiente?

En Galicia hai moitos anos estaba cheo de cor verde.
Desde hai uns anos o noso planeta esta sendo contaminado cada vez máis.

Que estamos a facer? O que estamos a facer é acabar co noso planeta que era verde a convertelo nun planeta máis escuro.

En Galicia hai pouco houbo uns incendios en Ourense, Pontevedra e tamén en Portugal. Tiveron que vir moitos bombeiros, helicópteros...

Cada vez o planeta se fai máis escuro. Están cortando moitas árbores e non están transplantando nada. Cada vez que se cortan unas árbores habería que plantar outra vez.

Habería que plantar outra vez para ter un planeta mais verde.

Laura Torrado de 2º ESO reflexiona sobre os incendios en Galicia

Cando recibín a  nova do que estaba a pasar en Galicia e arredores esta fin de semana, o primeiro que fixen foi preguntarme se iso era real, porque non cría que alguén fose capaz de queimar uns pobres montes só por conveniencia. Porque empézase con isto, que xa é bastante grave, e acábase coa destrución do planeta. Non entendo como a xente non se dá conta de que están destruíndo o seu fogar. É igual por exemplo que se che constrúen unha casa e vas ti e lle prendes lume, non ten moito sentido, non? Pois pasa o mesmo nos dous casos. E o peor de todo e que estas accións só se fixeron por cartos. Cando a humanidade se dea conta de que si, son necesarios pero non son o máis importante na vida, moitos dos problemas que existen na actualidade serán arranxados.
En conclusión, debemos darnos conta do que perdemos esta fin de semana e tomar medidas para que isto non volva pasar, xa que os nosos montes foron e seguen sendo moi importantes para Galicia.


Que estamos a facer co medio ambiente?, Elena Pose Núñez (2º ESO)

Estes días as cabeceiras dos periódicos e dos xornais están cheas de tristura: lume, lume e máis lume, destruíndo todo o que atopa por diante, que chega como un ladrón na madrugada sen aviso, levando a vida, si a vida, pois a natureza é vida, por diante. E os homes pelexando contra si mesmos porque co noso egoísmo e maldade somos os que acabamos co pouco que vai quedando da natureza. Onde imos? Que queremos lograr? A natureza chora de dor é pídenos que loitemos por ela que a axudemos a ser de novo importante.
A erosión, a deforestación o lume, a contaminación e a procura de riqueza están acabando con ela, os seus recursos estanse esgotando e a súa fauna desaparecendo.
Algo debemos de estar facendo mal, cando se nos esquece que só temos un planeta no que vivir e que se ose o destruímos tamén nos destruiremos a nós mesmos, xa que non teremos onde vivir.
Podemos e debemos evitar moitos dos desastres que ocorren na natureza. Inundacións por basura nos sumidoiros, lumes por falta de limpeza e previsións e xa non digamos os que se poñen para facer mal ou gañar cartos, eses xa son imposibles de previr. Pero os grandes desastres provocados por inundacións e furacáns poderían ser menores se o quencemento do planeta fora a menos e iso conseguiríase con menos contaminación. Todo iso ten solución é está nas nosas mans.
Hoxe lembrámonos das persoas que foron vítimas dos lumes ou doutros desastres naturais. Pero é o momento de que nos decatemos dos nosos actos, de axudarnos uns aos outros, de entender que ninguén está libre de sufrir una catástrofe dende a xente humilde ata a máis poderosa. A natureza lémbranos que somos todos iguais , que todos necesitamos de todos. Dende as plantas máis pequenas ata os homes. Estamos neste mundo para que o compartamos e o protexamos para poder disfrutar da natureza e impedir que sexa destruída por calquera.
O lume por exemplo foi sempre fonte de vida para o home que o utilizala para mellorar ao longo da historia pero, como puidemos comprobar estes días tamén o utiliza para destruír a vida que nos rodea ou a forma de vida dos que o rodean. Una forza tan grande que nin el mesmo pode controlar.
Loitamos para que a natureza sexa verde e non negra, para que dende un pequeno grilo do chan ata una fermosa águia teñan onde vivir sen medo a que as súas crias non poidan susbsistir pola man dun compañeiro de viaxe. O home.

domingo, 22 de outubro de 2017

O medio ambiente, Lucía Moreira Souto (2º ESO)

O medio ambiente é o noso ben mais prezado e debemos coidalo e respectalo. Pero, están de acordo con isto os donos das grandes fábricas e empresa petroleiras e da madeira? Obviamente, non.

O abuso da explotación dos recursos naturais é algo moi común hoxe en día, pero tamén unha das principais causas da destrución do noso planeta. Cada vez máis, sobre todo pola tala de árbores, as grandes zonas virxes están sendo reducidas para satisfacer a demanda de toda a poboación.

Actualmente, en zonas rurais danse abundantes casos de incendios provocados para obter beneficios económicos; incitados por unha parte  pola nova lei que di que nunha zona queimada se pode construír, o cal xera que moitos cidadáns encontren vantaxes en prender o monte para edificar negocios, casas,...; pola outra, favorecen a devaluación da madeira e a replantación de eucaliptos beneficia a empresas madeireiras e de papel polo seu rápido crecemento e a súa facilidade de adaptación a calquera terreo.
 
Outros dos principais contaminantes son os vertidos residuais, os accidentes de petroleiros e as illas de refugos. Non só a fauna e flora terrestres sofren as consecuencias dos nosos actos, senón que tamén os mariños soportan os nosos constantes abusos.. Os residuos tóxicos danan a súa fisioloxía, provócanlles enfermidades e a morte de individuos e incluso especies.. Aínda que o último é intensificado pola caza furtiva para conseguir perlas das ostras,  e marfil dos elefantes entre outros.

Tamén implica moitas baixas animais a súa matanza para obter materiais, como os moluscos, que se matan para coller as conchas ou os vermes de seda, que se ferven en auga para que non rompan o fío ó saír.

E o peor é que a lista non remata aí, senón que prosigue ata que dento de menos do que nos esperamos os soños de coches fantásticos que voan e non consumen combustible fósiles e máquinas do tempo queden eliminados pola nosa auto crenza de que precisamos todo isto para as nosas vidas.


sábado, 21 de outubro de 2017

Instrucións para saír da casa, Aroa Castro Nantón (2º ESO)

Antes de saír de viaxe é imprescindible seguir estas nove instrucións:

  1. Decidir o destino e a data.
  2. Decidir o medio de transporte para chegar ao destino elixido.
  3. Investigar sobre ese lugar e decidir os lugares que queremos coñecer.
  4. Facer unha lista con todo o imprescindible.
  5. Facer a maleta e con todo o preciso e asegurarte de que cumpra as normas.
  6. Pechar as chaves da luz e do gas.
  7. Desconectar todos os aparellos tecnolóxicos antes de saír da casa.
  8. Asegurarte de ter o DNI e a tarxeta sanitaria sen caducar e se viaxas ao estranxeiro o pasaporte.
  9. Se viaxas no teu coche asegúrate de ter todo perfecto.

Instrucións para destrozar un microondas, Cristina Pastoriza Maroñas (2º ESO)

O primeiro paso é comprar un microondas, o máis barato a ser posible; despois compramos chinchetas nos chinos e imos para a casa, a continuación enchufamos o microondas, miramos que non haxa ninguén na casa, colocamos as chinchetas dentro do microondas, poñémolo a quentar e por último saímos correndo; cando sintamos un “pum” xa se pode entrar. Case se me esquece o máis importante; recollede todo antes de que chegue alguén a casa.





Instrucións para ser feliz, Laura Torrado Pérez (2º ESO)

Sé ti mesmo sen importarche o que poidan dicir os demais, a vida é unha soa e hai que disfrutala entón fai o que amas e ama o que fas. Non te compares con nada nin con ninguén,  xa que cada persoa é diferente. Descobre quen é a xente  que che fai sentir cómodo e rodéate delas. Estas transmitiranche unha enerxía especial que non sentes con calquera persoa, por iso xunto a eles pasarás os mellores días. Vive o presente sen recordar os malos momentos do pasado nin preocuparte polo q poida ocorrer mañá. Valora as pequenas cousas, ao fin e ao cabo son as que máis ledicia che achegan. Sorrí. Persigue os teus soños. Ten a mente positiva, por moitas tormentas que haxa sempre volverá saír o sol. Realiza boas accións. Quérete, acepta as túas virtudes mailos teus defectos. Celebra os teus logros.

A felicidade non é telo todo, senón saber vivir co que tes.

Instrucións para aprobar o curso, por Andrea Lema Cotelo (2º ESO)

Para aprobar o curso necesitas máis do que pensas, máis ca o típico: aprobar os exames, portarte ben na clase, facer os exercicios, ler os libros que che mandan, atender... Si, claro todo iso é necesario, pero... tamén tes que facer máis cousas. Aínda que isto che servirá de moito.
  Primeiro de todo, debes conquistar ao profesor/a ( por dicilo así ), non é fácil, non penses que o é. Debes caerlle ben, porque se, por exemplo, te portas mal os primeiros días el/ela pensará mal de ti, pensará que vas ser así o resto do curso, e non queremos iso; para aprobar, ese non é o mellor camiño, caerlle mal ao profesor/a dende o principio, non.
  Seguimos, unha vez pasado este paso teremos que facer que confíe en ti. Empézase por portarte ben, que por certo, iso xa esta conseguido, así que hai que seguir por facer as tarefas todos os días. E entón se algún día te esqueces de facelas ou non as puideches rematar el/ela non che regañará como si non as traes todos os días.
  Participa moito na corrección de exercicios, voluntarios, levanta a man para saír ao encerado, ler unha páxina do libro, responder unha pregunta, buscar no dicionario, non teñas vergoña, sae a facer exposicións orais, este tipo de cousas tamén servirá.
E finalmente direi que aínda hai moitas máis cousas que podes facer ademais disto, pero penso que esta é a base, o fundamental para aprobar, se tes estes pasos feitos, deberías ter o curso aprobado. Así que eu non teño máis que dicir, e espero que teñades sorte este ano!

Instrucións para ir ao baño do colexio, por Elena Pose Núñez (2º ESO)


É hora de que todos o entendan e que se saiba ,si, “todo o mundo fai pis e caca”. Si todos: ti, eu, papá, mamá, meu irmán, a miña mestra, todos, ese rapaz que nos deixa a todas mirando, tamén!

Claro o mellor é facelo na túa casa pero cando iso é imposible aí van unas cantas instrucións para facelo no colexío.

1. Aproveita nas horas de clase. Nunca, nunca no tempo libre ou entre clase, aí é para pasalo cos teus amigos. Espera a clase seguinte e pide para saír.

2. Usa aquel ao que menos xente vai, se hai o de persoas discapacitadas mellor como son menos estará máis limpo e menos usado.

3. Colle todo o papel que poidas antes de que entre ninguén, xa sabes que ese invento fai máis ruído ca o home de folla de lada na película do Mago de Oz.

4. Non olvides limpar ben, xa sabes que por alí pasaron outros, que hai que salvar a reputación e o de sentar o cu onde o sentaron outros… “ná de ná”.

5. Oculta as probas, xa sabes que un bo asasino nunca deixa probas, un bo desodorante cobre case todo, e aproveita o son da cisterna, non deixes todo para o final, non te pases que non expulsas ”Amor Amor”.

6. E por último e non menos importante, non mires atrás, o peor xa o fixeches. Volve á clase coma quen non rompeu un prato na súa vida, sen mirar a ninguén, senta, olla o mestre e segue traballando.

Lembra que o que queda es ti mesma e a túa imaxe

Instrucións para talar unha árbore por Alejandro Amado (2º ESO)

Collemos unha macheta para quitarlle a cortiza de fóra.
Despois, limpamos cunha fouce as silvas e a fauna que haxa. Logo, collemos unha motoserra e cortamos un triángulo na árbore pare que vaia para onde nós queiramos. Podes talar xa ou mirar se cae. Despois cortámolo en cachos de 2,50m ou 3m. Por último amoreamos para que un guindastre os cargue, para levalos para a casa ou para o aserradoiro.

luns, 9 de outubro de 2017

Instrucións para saír da casa en 9 pasos e un anexo, Lucía Moreira Souto (2º ESO)


Para saír da casa non precisaremos máis que as chaves para pechar a porta e o requiramos para ir ó noso destino.

1. O primeiro que debemos facer é coller absolutamente todo o que vaiamos precisar.
2. A continuación revisámolo todo, non vaia ser que nos deixemos algo dentro.
3. Revisamos outra vez, seguro que nos esquecemos de algo.
4. Collemos as chaves, asegurándonos de que son da casa e non do coche ou da moto algo así.
5. Abrimos a porta, saímos e sacamos connosco o que levemos á saída.
6. Unha vez fóra, cerramos a porta, metemos chave na pechadura e xirámola.
7. Agora probaremos a xirala cara o outro lado ata que dea volta, lembremos que hai xirar cara á dereita.
8. Miraremos pola fiestra da porta e comprobaremos que non nos quedou nada dentro
Anexo: probablemente non, pero en caso de que si repetiremos o paso 7, pero cara a esquerda. Colleremos o que quedou dentro e repetiremos os pasos 6 e 7.
9. Por último, gardamos as chaves para non perdelas e partimos.

 Lucía Moreira Souto
2º ESO