terça-feira, 9 de abril de 2019

Vivir no campo é tan bo, Helena Stümpel (2 º ESO)

Neste texto quero convencervos do bo que é vivir no campo e desfrutar do aire fresco, de poder deitarse baixo a ampla sombra dunha árbore no verán e desfrutar dos primeiros raios do sol en primavera, vendo espertar as plantas e os animais do frío sono invernal.

Non digo que na cidade non haxa cousas boas, un ten o supermercado ao lado, miles de tendas de roupa, cafés e bares nos que quedar cos amigos e compartir risas, soños, anécdotas, preocupacións...

Aínda asi, digo, por propia esperiencia que no campo podes pasalo moito mellor que pechado nun piso respirando diariamente os fumes dos coches. Nin indo a un parque un se pode librar da cidade. No campo un nunca pode aburrirse, nin anciáns, nin adultos, nin mozos, nin mozas. Pero iso sempre, como en calquera lugar se se sabe desfrutar da vida, serás feliz no campo. Se es desas persoas que se pecha na habitación diante da tele ou mirando o móbil, sen fixarse ao seu arredor, quizá só para sacarse unha autofoto para o instagram, importa ben pouco que esteas na mesma selva africana ou onde te encontres.

Por iso, todos os que tedes a gran sorte de vivir na natureza, abride ben os ollos e observade os gran milagres que é capaz de facer. Ata as máis simples formigas resultan ser uns seres dos máis curiosos. Deixádevos levar pola nosa madre terra que todos nós os "poderosos" homo sapiens tamén somos animais. Por último, teño que insistir, os campesiños non somos vulgares nin incultos polo simple feito de selo!
 
Helena Stümpel

sábado, 6 de abril de 2019

A violencia e o machismo no deporte, Noé Souto Pose (2º ESO)

Neste texto argumentativo falarei sobre algo que xa case é habitual no deporte, sobre todo no fútbol.
O fútbol é un do deportes máis importates. Ver un partido de fútbol é para desfrutar non para insultar e pegar a xente do equipo rival, aos xogadores... A min iso non me gusta, creo que a ninguén lle gusta ver ese tipo de imaxes.
A semana pasada houbo dúas noticias sobre a violencia no fútbol. Nun partido no cal se enfrontaba o Laxe contra o Buño un afeccionado do Buño dicíalle aos seus xogadores que lle "agarraran das tetas" a unha xogadora do Laxe. Iso non me parece normal e, ademais, é machismo. Algo semellante ocorreu na Coruña cando o Calasanz se enfrontaba contra un equipo. O árbitro desmaiouse e chamaron unha ambulancia. Cando chegou o médico foi correndo e tirou a unha rapaza, el interesouse por ela, pero o pai da meniña insultouno e pegoulle ao médico.
Hai outro tema no deporte, o machismo, o cal non me parece normal. É inxusto que nalgúns deportes só poidan xogar homes e non mulleres.
Eu xogo no Cabana e somos 20 nenos e soamente unha rapaza. Case todos os árbitros son homes, todos os adestradores homes, os presidentes homes, os recollepelotas homes...
Nestes exemplos reflíctese como os homes teñen máis importancia cás mulleres, como gañan máis cartos facendo o mesmo traballo. Quero e creo que todos vós estaredes coa miña opinión: Que acaben estas situacións, o fútbol é tempo de ocio no que non gañamos tantos millóns coma os profesionais.
Noé Souto Pose (2º ESO)