venres, 29 de maio de 2020

MANUEL CURROS ENRÍQUEZ

Seguindo a traxectoria dos autores do Rexurdimento o alumnado de 3º da ESO fixo unha presentación do autor de Celanova Manuel Curros Enríquez. Achégannos así a súa figura e relevancia no período de esplendor do século XIX. Os traballos que aquí se presentan son labor de investigación dos alumnos e das alumnas para coñecer ao autor que forma parte da literatura deste curso. 










luns, 25 de maio de 2020

CADERNO DE VIAXES

O alumnado de 1º e 2º da ESO esta semana van ir de viaxe virtual é por iso que nos deleitaron cada un co seu traballo, recomendándonos un lugar de Galicia. Galicia é un sitio marabilloso, con lugares preciosos que descoñecemos, por este motivo o alumnado do CPI As Revoltas vainos levar a lugares que eles viaxarán e tamén nos recomendarán, non só o sitio, se non tamén a gastronomía, a cultura, o ocio e a hospedaxe. Saímos logo!!!

























luns, 18 de maio de 2020

ALGUNHAS REFLEXIÓNS SOBRE A POESÍA DE POSGUERRA

O poema que máis me gustou/ chamou a atención, foi “Longa noite de pedra” de Celso
Emilio, xa me sonaba de escoitalo máis veces, pero nunca me fixara no que di máis
profundamente.
Non falo pra os soberbios
non falo pra os ruíns e poderosos
non falo pra os baleiros
non falo pra os estúpidos
que falo pra os que aguantan rexamente
mentiras e inxustizas decotío
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de bolboretas
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
De tódolos que sofren neste mundo

Decidín escoller este poema xa que me impactou bastante a mensaxe que transmite,
durante a guerra civil, estaba completamente prohibido falar en galego, por iso Celso
Emilio decidiu escribir este poema, nel plasmou que a lingua galega era a nosa
identidade mais a maioría da poboación non a falaba, ben por medo, por fachada etc.
Ademais penso que este poema tamén se podería usar neste momento e mostrarllo a
todas esas persoas que deixan de lado a súa lingua materna (o galego) e comezan a falar
o castelán, ben por pensar que é mellor ou ben por intentar encaixar nunha sociedade
que cada vez infravalorada máis a nosa lingua, a cal é a nosa identidade. Pois o galego
é a nosa nai e o castelán a nosa madrasta.

                                                                                  ELENA POSE (4º ESO)


Pequenos mequetrefes sen raíces
que ao pór a garavata xa non saben
afirmarse ao amor dos devanceiros,
falar a fala nai
                    Celso Emilio: Longa noite de pedra
Cando o lin sentinme indignada, sentín a necesidade de facer entender a todos os galegos que a súa lingua materna é un privilexio e non algo do que avergoñarse, algo que está nas nosas raíces e non é necesario trasplantar.

                                                                                  LAURA LÓPEZ (4º ESO)


Os poemas que máis me chamaron a atención foron "Xaneiro, 1972, II"  e claramente
"Deitado frente ao mar". O primeiro porque non me esperaba un poema de temática
amorosa vindo de Celso Emilio nin que tivera unha relación tan especial coa súa
muller. E o segundo porque me parece extraordinario, porque todos podemos falar o
galego porque si, porque nos gusta, porque nos peta e porque nos da a gana.
O poema "Deitado frente ao mar" transmitiume seguridade e forza, a mesma que
necesitaban para poder falar o galego hai uns anos atrás os nosos antepasados, para
poder así sentirse completamente na casa e poder desfrutar da súa xente. O poema
paréceme espléndido, pois nos versos que o forman queda explicado perfectamente
porque queremos falar o galego e lle temos tanto aprecio, algo que non todos
entenden.

                                                                                LAURA TORRADO (4º ESO)

Un paso adiante e outro atrás , Galiza
e a tea dos teu soños non se move
A espranza nos teus ollos se espreguiza
Aran os bois e chove

Este fragmento mostroume varios sentimentos opostos e unidos a vez xa que expresame alegría e ledicia pola terra galega , e polo outro lado recordoume a loita do pobo galego contra represión do estado contra a Galiza ( Isto último é debido aos 2 primeiros versos)

                                                                                     MANUEL NANTÓN (4º ESO)
Digo Moraima
cando semento a esperanza.

Estes son dous versos do poema Onde o mundo se chama Celanova do autor Celso Emilio Ferreiro, Este poema fíxome parar a lelo e entendelo porque me pareceu que mostra unha beleza ou intenta mostrar a beleza do lugar propio do autor, Celenova, a base de Moraima.
Para min este poema faime entender o amor e aprecio que o autor ten a súa terra natal Celanova. Para o meu punto de vista, o poema esta moi ben redactado e cun léxico apropiado para que o lector chegue a entender o que o autor quere expresar. Se todo o mundo lle ten o mesmo cariño a súa terra e lle ve tanta beleza este poema para esa persoa será moi bonito e sinxelo de entender.

                                                                                     ANDREA SUÁREZ (4º ESO)



xoves, 14 de maio de 2020

ROSALÍA DE CASTRO AUTORA DO REXURDIMENTO

O alumnado de 3º da ESO participou na elaboración dunhas presentacións da autora de Padrón. Forma parte do currículo do seu curso e cada un achegou o seu traballo unha vez investigada a súa biobibliografía. Aquí podedes consultar as diferentes mostras e os traballos que cada un fixo para darnos a coñecer un pouco a faceta literaria de Rosalía de Castro.








Antía Suárez de revoltalingua






Noe Eiroa de revoltalingua






Brais Rellán de revoltalingua




mércores, 13 de maio de 2020

CENTÓNS DE PRIMAVERA


O alumnado de 1º e 2º da ESO atrevéronse a contruír un centón collendo versos dos nosos autores e autoras galegas. Os centóns que saíron podedes velos no vídeo seguinte, algúns son realmente curiosos e enxeñosos. Temos grandes poetas no CPI As Revoltas.







sábado, 2 de maio de 2020

A MÚSICA GALEGA NO SÉCULO XXI


O alumnado de 2º da ESO elaborou unhas presentacións sobre a música galega. Cada un elixiu o seu grupo ou músico preferido e deixaron constancia del.

Irene Torrado