quinta-feira, 11 de maio de 2017

GAÑADORES DOS CONTOS DE PRIMAVERA

Espíritu irmandiño

O meu nome é Roi Vítor de Romar Nantón, son labrego na parroquia de Cándoas e son servo do señor Rodrigo de Moscoso fillo do ínclito Rui Sánchez de Moscoso, señor de Altamira, Mens, Nemancos e Soneira, asasino de meu pai e poderoso cabaleiro á par que desprezable ser humano. Sempre ansiei vinganza con D. Rui, máis o Altísimo xa o levou deste mundo, queda todo o meu rancor para D. Rodrigo, actual señor do castelo de Vimianzo e sospeito que non hei ter que esperar moito para poder espetar a miña forcada na súa gorxa. A Santa Irmandade anda a argallar a Grande Guerra Irmandiña, esta noite ou a seguinte a máis tardar imos asaltar o castelo, non sei cantos de nós morreremos, o que si sei, pois así o soñei estas tres últimas noites e que serei eu quen axustice ao miserable Moscoso, quen poña fin ao latrocinio e aos constantes abusos aos que nos están a someter estes nobres inhumanos.
Prepárome para o asalto, visto a miña mellor roupa de liño procedente dos Batáns do Mosquetín, no camiño a Vimianzo paro a descansar en Borneiro, ao carón dunha grande mesa feita de inmensas antes, sempre me fixo graza ver as pedras pintadas por dentro. Atraveso dúas veces o rio Grande, chego por fin ao castro das Barreiras onde nos reunimos os da Santa Irmandade ao pouco de caer a noite.
Atacamos todos xuntos, dez dos meus compañeiros caen antes de atravesar o foso. Son dos primeiros en entrar, no patio dos artesáns estannos a esperar ducias de soldados. Temos moitas baixas pero vencemos. Adéntrome no castelo e con saña e brutalidade, da que non desexo falar, axustizo ao señor do castelo. Tivemos unha vitoria memorable. Estamos no século XV, tres días despois morro a consecuencia das feridas sufridas no asalto, cinco séculos despois o meu espíritu segue a vagar polo que vós chamades Costa da Morte.



                                                                       Miguel Blanco Mouzo 1ºESO

A Costa da Morte

Conta unha antiga lenda , non moi coñecida , que o nome da Costa da Morte non foi escollido ao azar.Todo comezou coa historia dun home no paro chamado Pedro. Este espertábase tódalas mañás ás  6 : 00 , nin un minuto máis nin un minuto menos , e só por unha razón , o diñeiro.  Pedro tiña que conseguir o suficiente coma para manterse a si mesmo e a tres persoas máis : os seus dous fillos e a súa muller.
Cada mañá enviaba o seu currículo coa esperanza de que lle ofreceran un traballo.  A rutina era sempre a mesma , día tras día , ata que no momento menos esperado todo cambiou . A Pedro ofrecéranlle unha gran cantidade de diñeiro , iso si , a cambio dun gran risco.  Poucos días despois ,  marchou . O traballo era sinxelo de comprender , trataba de coller a maior cantidade de percebes posibles e subir outra vez ao barco. El non era o único , o barco estaba cheo de percebeiros coñecidos , incluso había algún familiar que outro . Unha vez alí , preto da rocha , todos eles baixaron do barco e comezaron a traballar .         O mar estaba moi revolto , as olas rompían con todas as súas forzas , pero eles debían continuar .
Tras case dúas horas infernais , no momento menos esperado, apareceu da nada un trasatlántico . Este , abatido polas ondas , balanceábase dun lado ao outro coma se fose a volcar. Tódolos percebeiros subiron rápidamente ao barco , non quedou ningún atrás , pero xa era demasiado tarde . O capitán xa non tiña o control daquela máquina .  Impulsados polas ondas, ambos barcos foron destrozados contra as rochas . Non sobreviviu ninguén , case 250 persoas morreron no acto . Dende entón , chámase así , pois a partir  dese intre moitas persoas máis perderon a súa vida no intento de conseguir o tan pagado percebe.
                                                                                                              Laura  López  Souto  1º E.S.O


A lenda de Montebranco
Contan os vellos moi vellos que alá polos tempos de Mariacastaña nun lugar afastado, preto do fin da terra, dous reis veciños tiñan envexa un do outro. Os seus reinos bordeaban unha ría chea de sereas e golfiños, cunha gran illa no medio chea de fadas e druídas.
 Os reinos de Cabana e Ponteceso (que así eran os seus nomes) estaban enfrontados por esa illa. O rei de Cabana vivía nun fermoso castelo no máis alto da súa montaña chamada O Castelo de Canduas, dende alí ollaba a illa, vía aos seus súbditos e ría a gargalladas do rei de Ponteceso que dende a beira do seu río Anllóns só podía ver areas, areas e areas. O rei de Ponteceso cabreado con esta situación invocou aos sete ventos e aos deuses do seu territorio.
-         Eu rei de Ponteceso invócovos. Vinde na miña axuda. Dende o meu castelo non podo ver as miñas terras nin a miña xente. Só podo escoitar as gargalladas dese rei do Castelo.
Os tres deuses das súas terras acudiron á chamada: Neptuno(deus dos mares)prometeulle empurrar a area das súas praias e dos seus fondos cara a beira do seu territorio, Anllóns(deus do río) axudou a Neptuno para que a area chegara máis adentro aínda, e por último, Eolo(deus do vento)soprou, soprou e soprou… e unha pequena montaña de area foi facendo. Os tres deuses xuntos dixéronlle ao rei
-         Agora é a túa quenda trae aos teus súbditos plantade as voltas, enchédea de vida. As árbores e as plantas aguantaran dela, así terás a táa montaña onde poñer o teu castelo.
Así o fixeron e cal sería a súa sorpresa cando ao día seguinte ao erguerse da súa cama e ollar pola fiestra viu unha gran montaña branca coma a neve, chea de árbores e animais, na parte máis alta unha pequena chaira, perfecta para o seu castelo. O rei xa está contento, xa ollara as súas terras dende o alto do seu monte e xa vixiara as fadas e os druídas que están na ría e non lle darán ningún sobresalto. O seu veciño (o rei de Cabana) xa non se rirá del pois xa ten o seu monte e o seu castelo e xa se ollarán de fronte. Os súbditos puxéronlle o nome. Monte Branco así se chama e por Monte Branco o coñecemos.
                                                                          Elena Pose Núñez 1 ESO

terça-feira, 2 de maio de 2017

Recensión de A banda sen futuro de Marilar Aleixandre por Nuria Varela Rioboo (2º ESO)


Carlota é unha rapaza de dezaseis anos que vai contando a través do seu diario as súas experiencias en dous meses. Múdase a unha cidade nova, coa súa familia polo traballo de seu pai, e tamén empeza nun instituto novo. Ademais Carlota le unha noticia no xornal mala: a morte de Poch, o cantante de grupos como Derribos Arias e La banda sin futuro, ó que Carlota admiraba. A rapaza relaciona esta noticia coas demais cousas que lle pasan últimamente: sente que todo lle sae mal e, séntese parte dunha banda sen futuro porque cre que os acontecementos que lle agardan, son peores. Recorta afoto do xornal e cólgaa no taboleiro do seu cuarto e dende ese momento o cantante convértese nos seus pensamentos máis íntimos e das súas preocupaciónse. O malestar de Carlota é o seu aspecto físico, xa que por culpa dun eccema tivo que rapar o cabelo e ten que enfrontarse aos seus novos compañeiros cun pano na cabeza. Culpa ós seus pais por obrigala a asistir ás clases e teme enfrontarse ás olladas e ás preguntas dos seus compañeiros. Nos primeiros días Carlota pásao moi mal, sobre todo nos recreos, e non se relaciona con ninguén.
Séntese mal e tenlle medo ós demais e terror aos espellos. Hasta que un día na clase de inglés un dos seus compañeiros, Miguel, deféndea dun insulto doutro rapaz e a partir de entón fíxase nel e comeza a gustarlle aínda que non queira recoñecelo, porque pensa que ningún rapaz se vai fixar nela. Ó longo dos días Carlota vaise integrando cos seus compañeiros, xa que todos deben unirse para solucionar un problema coa profesora de debuxo por mor dun exame e para preparar unha obra de teatro para a clase de lingua española na que Carlota consegue ter un papel. A preparación do papel ocasiona que Carlota se mergulle en si mesma e mesmo consegue achegarse máis a Miguel que lle regala unha cinta de U2, lle dá un bico na meixela. Carlota séntese namorada aínda que tamén comeza a coñecer a Moncho, descubrindo que teñen cousas en común e que poden falar de temas como do futuro, que obsesiona a Carlota. En pouco tempo descobre que a súa única amiga, Paulina, está a saír con Miguel entonces sinte que morre. Pero o apoio de Moncho e a noticia de que a súa avoa está moi enferma fan que cambie de actitude, dándose de conta de que o problema do seu pelo non ten importancia e que ten que pasar máis tempo coa súa avoa. Por último Moncho pídelle saír e as cousas para Carlota cambian: ten a Moncho, xa pode deixar medrar o pelo e a súa avoa encóntrase mellor.
Penso que este libro che ensina que non tes que pensar só nos teus prexuízos si non que tamén no dos demais.


Recensión de Non hai noite tan longa de Agustín Fernández Paz por Sabela Lema (3º ESO)


Gabriel con dezaoito anos marchou de Monteverde, a súa vila. Pero máis tarde cando morreu seu pai, porque fora condenado por violación, el non puido asistir ao enterro, xa que se regresaba a España, como era tempo de guerra e marchara ilegalmente, podíano meter a el no cárcere. Volveu de alí en trinta anos ao enterro de súa nai. Gabriel, empezou a investigar a condena de seu pai, porque se lle apareceu o súa pantasma. Foi a xunta o seu avogado, o cal estaba retirado, pero axudoulle a súa filla. Ía vendo cousas que non coincidían co que declararan. Conseguiu falar con Natalia, que foi a que intentaron violar, e díxolle que seu pai non fora. Como eran tempos de franquismo a xente que non era afín ó réxime, xa era culpable. Acabou encontrando ó culpable, que era Fonsito, fillo dun notario, que ían pasar os veráns a Monteverde. 

Naqueles tempos a xente de maior poder adquisitivo estaba sobrevalorada, pero se eras pobre ou se te revelabas un pouco encontra o réxime xa os condenaban sen demostrar nada e sen probas. Polo resto é un libro un pouco triste polo feito de que fala de violacións e en moitos casos aínda non podían denunciar, porque era unha vergoña para a familia.
 

Recensión de Eu de maior quero ser de Rosa Aneiros por Nahir Parga (4º ESO)


PERSONAXES:
As personaxes protagonistas son María, Ainhoa, Cris, Fran e Miguel.
RESUMO:
María, Cris ,Ainhoa, Fran e Miguel son cinco rapaces que están estudando cada un a súa carreira e comparten piso.
María, Ainhoa, Cris e Fran están no último ano de carreira, pero a Miguel aínda lle falta un.
O libro conta as historias que lle acontecen aos protagonistas e as súas discusións.
Ata que ao final do libro, empezan a surxir cousas do máis interesante, como que Miguel, despois de case non saír de estudar da súa habitación, lle confesa a Ainhoa que está namorado dela, cando esta (que é vasca),ten un mozo chamado Gorka no País Vasco.
Os catro que acaban a carreira, non teñen mo claro que facera o rematar.
Fran ten pensado ir polas rúas tocando a súa música como leva facendo todo este tempo xa que así era como pagaba os gastos. Pero ao final, gaña un concurso dunha radio, e vanlle facer una maqueta, o que pode que así consiga máis fama. Tamén ten pensado ir as Américas en setembro, cousa que non vai cumprir en setembro porque suspendeu solfexo.
Ainhoa ten pensado ir a facer as oposición ao País Vasco, e tamén irse a vivir co seu moxo Gorka.
María ten pensado ir a vivir de novo cos seus pais e ir traballar a un comercio de lencería que ten súa tía, aínda que Fran lle dixera de ir con el polo mundo xa que a ela se lle daban ben os monocreques e o teatro.
Cris quere demostrarle a seus pais que non precisará sempre da súa axuda económica.
Miguel mudarase a outro piso no seguinte ano de carreira xa que ese lle trae moitos recordos.
As despedidas foron moi duras xa que tres anos de convivencia son moito. Pero ao final, apenas volveron a coincidir, e o único que se sabe é que Miguel converteuse nun gran avogado en Madrid.
COMPARACIÓN COA REALIDADE:
O tema do libro é moi común na realidade xa que hai moitos adolescentes que ao rematar a carreira non saben que facer.


Recensión Chamando ás portas do ceo de Jordi Sierra i Fabra por María Paz Varela (2º ESO)

Chamando as portas do ceo fala da India. Da india a través de Silvia.
Silvia é unha rapaza de 19 anos que estuda medicina e que levándolle a contraria aos seus pais decide ir pasar un verán como cooperante dun hospital a India. 
 Nada máis chegar deuse de conta de que nada era como en España. Na India a pobreza e a riqueza van da man, e a vida e a morte están fortemente unidas. 
Durante toda a novela pódese apreciar como vai evolucionando Silvia a vez que comprende a cultura india e se integra e relaciona cos demais cooperantes ou pacientes.
Alí coñece a dous adultos como son Elísabet e Lorenzo e cos que aprende non só como ser unha boa médica senón tamén a comprender que é o que quere e que é o que de verdade importa naqueles momentos. Alí tamén coñece a Leo e a Mahendra, dous homes que por distintas circunstancias a vida feriu. Ao primeiro a súa moza de catro anos deixouno ao enterarse de que ía ir a India e ao segundo morréronlle os seus fillos e a súa muller afogados e dende aquela non volveu a saír da súa gran casa. A ambos Silvia axuda e os dous rematan querendo a Silvia como ela tamén os quere eles, aínda que de distinta maneira.
Silvia non só os axudou a eles, senón que tamén axudou a nenas como Sahira ou Lakshmi. A primeira rematou morrendo, o que Silvia tomou con gran pena, en cambio a segunda conseguiu superar a enfermidade e vivir. Silvia terminou por adoptala, a pesar de non poder levala a España.
Ao remate do verán, a India cambiara a Silvia e Silvia cambiou a India, por iso prometeu volver o seguinte verán.


Persoalmente gustoume moito este libro xa que se ensina a vida de nenos como nós en lugares e culturas moi diferentes e ao mesmo tempo tamén se ensina a importante labor dun ou dunha cooperante en países subdesenvolvidos. Ademais é unha boa forma de aprender a entender culturas diferentes a túa propia.

Recensión Drácula de Bram Stoker por Yolanda Rama Cousillas (4º ESO)


Jonathan Harker un xoven abogado inglés recentemente graduado , viaxa a Transilvania , ao castelo do conde Drácula, coa intención de finalizar unhas transaccións inmobiliarias. Harker ponse extremamente nervioso ao darse conta de que todos os campesiños do lugar reaccionan con medo despois de oir o lugar ao que se dirixe.Ao chegar e coñecer ao conde, Harker pensa que se trata dun home bastante estraño e queda aterrorizado despois de que, ao estarse afeitando , non é capaz de ver a Drácula reflectido no seu espello. Johnatan atópase pronto a se mesmo prisioneiro no castelo, e descubra rapidamente o segredo do conde : sobrevive bebendo o sangue de seres humanos , e pensa matalo. Pronto, Drácula deixa o castelo cargado con 50 caixas cheas de terra , deixando ao viaxante só e débil . Máis tarde, Harker consegue escapar do castelo , pero non é capaz de volver directamente ao seu país, xa que sofre dunha importante febre, e pásase varias semanas recuperándose nun convento.

Mentres tanto, Drácula parece xa chegar a Inglaterra. Pouco despois deste suceso, Lucy Westenra, a mellor amiga da prometida de Jonathan, empeza a experimentar estraños síntomas: perde moito sangue, e non se sabe onde vai.  O seu prometido, Arthur Holmwood, empeza a preocuparse , e o doutor Seward (o cal se propuxera a Lucy anteriormente e fora rexeitado) pide axuda ao seu amigo e mentor Abraham Van Helsing, para ver se pode facer algo.

Tras examinala, Van Helsing dáse conta de que un vampiro ten algo que ver coa estraña enfermidade de Lucy. É un científico e un doutor, pero tamén un gran estudioso de filosofía e mitoloxía antiga . Mesmo despois de facerlle varias transfusións de sangue, non son capaces de salvar a Lucy, e acaba morrendo . Aínda que Van Helsing sabe que ela non está realmente morta. Estes tres homes, coa axuda de Quincey Morris, outro antigo pretendente de Lucy , profanan a súa tumba e para o seu asombro , a morta non está alí . Posteriormente , os catro homes, collen á non-morta regresando dunha carnicería na veciñanza, e danlle morte.

Mina acaba recibindo noticias de Jonathan e vai a Budapest a buscalo. Casan no convento onde Harker se esta recuperando e volven a Inglaterra. Van Helsing, Quincey, Seward, Harker e Holmwood xuran desfacerse de Drácula. Desafortunadamente, Drácula acaba accedendo ao escondite de Mina e empeza a beber do seu sangue.

O caso vólvese extremadamente urxente, xa que se non matan a Drácula rapidamente , Mina converterase nunha vampira, como o fixo Lucy. Todos se acaban enzarzando nunha espectacular persecución de volta a Transilvania, onde finalmente captúrano e mátano. Durante a batalla Quincey recibe unha puñalada dun dos cíngaros que transportaba o ataud de Drácula, e morre. Na súa memoria, Jonathan e Mina chaman ao seu fillo Quincey.

En xeral paréceme un libro que non deixa un só cabo sen atar en relación ás sensacións que debe transmitir en cada momento. Ademais está cheo de reflexións filosóficas bastante interesantes, sobre todo nos diálogos finais de Renfield. Persoalmente fíxoseme un pouco pesado de ler, maioritariamente debido ao continuo cambio de narrador e a linguaxe un pouco antiga, así como a gran acumulación de ideas que se produce en todos os parágrafos ou ao contrario, o enorme número de voltas que o autor pode dar para expresar algo simple. Tamén me parece que deixa algo que desexar con respecto ás caracterizacións físicas dos personaxes (excepto de Drácula). Aínda así o libro ten unha capacidade inmensa de atraer ao lector e deixalo pensado sempre que pasará despois, polo que é moi difícil deixar de ler. Penso que existe unha razón para que os clásicos sexan clásicos, e este libro é a proba diso. Por encima de todo, encantoume.

 


Recensión de A rula de Bakunin de Riveiro Coello por Marcos Blanco Mouzo (4º ESO)



Este libro conta a historia dun vello,Camilo, que anda a buscar polo diario de seu avó. Para isto emprega fashbacks para facer referencia á vida do propio Camilo cando era máis novo e pelexaba en contra do falanxismo, e a historia de seu avó,Estevo, dende que nace ata que morre pasando polos puntos máis clave da súa vida como por exemplo a identificación co movemento anarquista, a súa estancia no cárcere ou a súa saída. Ao final o libro teno un compañeiro seu anarquista e o día que llo ía devolver vanse de copas eles dous e outro home da súa quinta pero franquista, ao final o último deles pégalle un tiro ao anarquista, e o único que non acaba morto ou no cárcere é Camilo. Ao mesmo tempo Lázaro, o neto cego de Camilo, vaise operar a Barcelona para recobrar a vista e o primeiro que ve ao chegar a Galicia é ao seu avó desolado pola terrible desgraza.


Personaxes:

Estevo : É o primeiro anarquista da familia, milita en varias asociacións ata a chegada do golpe de estado de Primo. É encarceado e consegue saír, é un gran exemplo a seguir para o seu neto.

Camilo : É a continuación anarquista da familia, xa que seu pai non se quería meter en política, tamén está en numerosas asociacións anarquistas e participa en varias folgas, cando estala a guerra civil vaise ao monte, ten unha filla con Rosalía, que non verán ningún dos dous ata que esta vaia visitalos a Sudamérica a onde emigraron para fuxir da guerra.

Lázaro: É o neto cego de Camilo, vai ser operado en Barcelona, tras a operación a primeira imaxe de seu avó non é moi agradable.

Opinión persoal:

Está moi ben é un libro que engancha, ainda que o final é un pouco duro para min, prefiro os finais felices de Disney.