terça-feira, 28 de fevereiro de 2012

"As mazás casamenteiras", unha curtametraxe sobre un conto de Séchu Sende

O venres 24 de febreiro, no 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, estrearon en Espazo Cinema As mazás casamenteiras, última produción cinematográfica de Édelingua, a produtora de audiovisuais do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES O Mosteirón de Sada.

A curtametraxe está baseada nun texto de Séchu Sende. Está protagonizada por Alejandra e Miguel, de primeiro de ESO, e por Anna e Lucía, de 4º de ESO. Javier González Garrido (Genetic films), de 2º de Bacharelato, gravou, dirixiu e montou este filme no que a casualidade e o feito de valorar a esencia das cousas e non a súa aparencia provocan o encontro de dúas persoas moi especiais, un mozo e unha moza moi tenros, amantes da lectura e tamén das mazás do país, as máis saborosas, aínda que non teñan boa "pinta".



Xa que estades a ler Made in Galiza, os alumnos de 4º podedes ver aquí outra curtametraxe baseada nun relato deste libro: