sábado, 9 de novembro de 2019

RELATOS DO SAMAÍN


-Un Amor Ardente-
Había unha vez, un par de mozos chamados: Laura e Carlos. Laura era unha moza galega, que con 3 anos, tivera que marcharse a Castellón. Sen embargo, con 9 anos volveu a Galicia por outro traslado do pai. Carlos, vivira toda a vida en Galicia. Cando entraron no instituto, tocoulles na mesma clase, aínda que eles xa se coñecían, xa que Laura era a mellor amiga da irmá de Carlos. Levábanse tan ben que se acabaron namorando.
O problema é que na escola estaban en distintos grupos de amigos e as familias non aceptaban a relación. Foron pasando os días, ata que estiveron fartos ,e decidiron fuxir.
Correron polo monte ata chegar a unha fraga, onde quedaron a durmir. Como ía frío, colleron uns paus e fixeron unha fogueira, fronte a cal durmiron abrazados.
A media noite, comezáronse a oír uns ruídos, cales fixeron despertar a Laura. Cando mirou cara onde estaba Carlos, el non estaba e preocupouse. Comezou a berrar e non saía ninguén. Uns momentos volvéronse a oír os ruídos e ela, comezou a correr cara alí e cando chegou … estaba o corpo de Carlos, destripado en mil anacos. Tiña mordidas e rañadas por todos lados. E nese momento xusto, saltoulle un can moi estraño, posto que tiña 3 cabezas!
Correu canto puido ata que o animal lle saltou enriba, pero non a matou, porque estaba rodeada de miles de cadáveres de xente.
Mirou dun lado o outro e so vía cadáveres ata que saíu un “home pantasma”. O home comezouse a rir e sacou unha pistola.Dixo: -Simples mortais, vou vos matar a todos- e pegoulle un tiro no brazo.
Laura espertou do pesadelo e estaba todo no seu sitio: Carlos, a fogueira,… so había unha cousa que non estaba no seu sitio. Onde o “ home pantasma” lle pegara o tiro tiña unha marca vermella.
Como aquilo? É porque?

BRAIS RELLÁN CUNDÍNS (3º ESO)



Onde te atopas?
Venres 26 de outubro de 2019, o mellor día da semana para David. A súa rutina de venres era ir ao instituto e cando saíra, quedar cos amigos e xogar ao parchís. Ese día como xa todos tiñan o teléfono e todo, saíu o tema do Samaín, ese festexo que David tanto odiaba xa que nunca se disfrazaba nin o celebraba cos amigos. El sempre dicía que era unha cousa sen sentido, que para disfrazarse xa tiñamos os Carnavales e se nos queremos asustar, que viramos unha película de medo que chegaba igual.
Pasou a fin de semana e a semana ata que chegou o día 31, o día do Samaín. Todos os amigos de David ían saír a discoteca pero como a el non lle gustaba, quedouse na casa só, xa que seus pais tiñan unha cea de traballo.
Mentras vía na televisión unha película, oíu uns ruídos no piso de arriba da súa casa, e a el extrañoulle porque estaba só na casa e foi mirar. Cando chegou arriba, viu que a luz do corredor estaba rota no chan, e como non o podía deixar así e foi a despensa colleu outra lámpada. Cando quixo saír da despensa a porta non abría e cando logrou abrila, algo grande estaba en frente del... non lle dou tempo a reaccionar e zas! Raptouno.
Dende esa, ninguén volviu a saber nada máis de David.

ANTÍA SUÁREZ (3º ESO)


Quen son?

Alicia espertou dun golpe. O corazón galopáballe a mil por hora. Coma un cubo de auga fría atormentáronlle os recordos do pesadelo: estaba fronte ao espello do baño, contemplando, coma se non fose seu, o fermoso reflexo do seu rostro, enmarcado por lindos tirabuzóns de ouro, que lle devolvía a mirada dende o cristal.
- Semellas un ánxo!- Díxolle chea de admiración, e de pronto, como se se librase dun feitizo, o seu reflexo deixou de acompañar os movementos de Alicia, coma se doutra persoa se tratase. Os doces beizos do anxiño rebelde curváronse nun sarcástico sorriso e preguntou, coqueta:
- Ti cres?. Fíxate ben...
Asustada saltou da cama e asaltada de pronto por un terrible presentimento correu cara ao espello do baño. Sentindo, a cada paso que daba que algo dentro dela rompía e marchitaba, como se unha parte dela se agarrase desesperadamente a unha corda que non aguantaba o seu peso, condenándoa a caer polo precipicio do esquecemento se non resistía. Tremendo ollou cara o espello, e alí estaba. O seu reflexo, con aquel desconcertante sorriso que non correspondía co pálido aceno de medo da Alicia de corpo e sangre.
- Acertaches!.Estame a conquistar o demo!- Dixo coa maldade resoando en cada unha das sílabas.

HELENA STÜMPEL (3º ESO)

O MISTERIO DA CASA DOS MEUS BISAVÓS
Esta historia real e estraña sucedeulles aos meus bisavós.
Xosé e Ventura casaron o día de San Xoán e cos seus aforros mercaron unha casa. O antigo dono vendeuna por dúas mil pesetas, bastante barata, xa que era unha casa grande de pedra e tiña vinte ferrados de terra arredor.
Cando foron vivir alí comezaron sucesos moi estraños: oían ruídos de noite, os corvos estaban sempre no tellado berrando coma tolos, a colleita non daba froito, o can apareceu morto, ao serán viñan os morcegos e batían contra as fiestras, a vaca pariu un cucho con dúas cabezas, as galiñas non daban ovos, os porcos eran moi agresivos e atacaban a xente... Era horrible vivir nesa casa!
O día da feira, Ventura estaba contando o que lle acontecía na casa e un home chamado Saturno acercouse a ela e díxolle que tiña unha solución para o seu problema.
Saturno contoulle que en 1.936, na Guerra Civil enterraron na súa horta os corpos da xente que morrera no combate. A solución era desenterrar os corpos e levalos ao cemiterio, tamén dedicarlle unha misa. Así se fixo e dende aquel día os espíritos descansaron en paz.
NOÉ SOUTO POSE (3º ESO)

“A casa do bosque”
Uns mozos que andaban de vacacións, pasaron por unha estraña casa e dixeron:
A que vostedes non se atreven a entrar nesa casa.-Dixo un deles, pero outro contestoulle.
-E por que non entras ti, eh?
Ti dixeches vostedes, nós entramos despois de que entres ti primeiro. -E outro díxolle: mm... bueno, entrarei, para que vexan que non son un medoso como vostedes-.
Cando entrou á casa, estaba totalmente escura, pero o raparigo viu un interruptor e axiña o encendeu, pero cando se acendeu a luz, viu como uns esqueletes e cadáveres horribles.
El fíxose o valente e subiu as escaleiras, pero cando estaba arriba viu o máis horrible, un pantasma cheo de sangue, o rapaz, o velo asustouse e púxose no borde das escaleiras pero de súpeto, o pantasma empuxouno polas escaleiras abaixo e morreu.
Os seus amigos escoitaron o golpe e entraron á casa para ver que pasara e viron ao seu amigo morto, eles co medo, marcharon correndo desa casa.
Un día, puxéronse a buscar o cadáver pero non o atoparon e din os turistas que pasan por alí que ven un pantasma dun mozo berrando.
TANIA GONZÁLEZ CARABEL (3º ESO)

UN SONO DE MAL GUSTO


O POZO DOS DESEXOS
Era unha tarde na que Marga e a súa filla Antía paseaban polo monte. De súpeto, atopáronse cun pozo dos desexos e Antía preguntoulle á súa nai se algunha vez pedira algún. Marga contestou que pedira dúas veces, unha era porque quería unha filla, e a outra, porque a súa filla estaba enferma e quería curala.
Seguidamente, Antía, preguntou se o seu pai pedira algo, e Marga atopouse nun apuro. Nunca lle contara toda a verdade á filla.
O que realmente acontecera, fora que o día que ela pedira pola súa enfermidade, e tirou a moeda, o pozo devolveulla, e do seu interior saíu unha voz que dicía que non era suficiente. Entón, non se lle ocorreu máis que tirar, a traizón, ó seu marido. O problema estaba en que a cativa pensaba que o seu pai estaba vivo, só que estaba traballando no estranxeiro, polo que pediu o seu desexo.
Nesa noite, algo tocou á porta da casa. Un estraño ser chamábaas, e finalmente entrou rompendo a ventá. Marga estaba asustada, ata que comprendeu que a súa filla, por pequena que fose, non era tonta, e sabendo que o seu pai estaba vivo querería coñecelo.
Andrea Lema Cotelo 4º ESO

Noite de meigas

Xoves 31 de outubro, salteime o curso de piscina para ir cear cos meus amigos, e de paso librarme de ver a bruxa da monitora.

Ás seis da tarde arranquei no meu sin-carné para Cundíns. A cea estivo moi ben, o único problema foi que que marchou a luz moitas veces e escoitabamos ruídos estraños, pero a música ambientao todo. Collín o coche a media noite e marchei para casa.

Volvendo no coche pasei de lado dun cemiterio e había moita xente entrando e saíndo, mesmo notei que un coche me seguía, mais pola costa abaixo de Rebordelo non estaba, o coche resultábame familiar pero non sabía ben quen era. Cheguei a casa e pechei rápido a porta, non había ninguén na casa e púxenme a ver a televisión, botaban un documental de xente á que lle entraban na casa, nese intre escoitei un coche fora que parecera pararse na porta, comecei a sentir que non estaba só, vaia noite de meigas, pensei; e xusto ao pensar isto miro para atrás e vexo á miña monitora da piscina, vestida de negro e cun sombreiro de pico, doume un vasoirazo na testa e caín desmaiado.

Despertei nun soto con tres bruxas remexendo nun caldeiro, algunha penso que é do centro, non sei se leredes isto pero escribino para pedir axuda, non sei se estarei vivo, pero si isto chega a vos, buscade por min!

Miguel Blanco Mouzo (4º ESO)

O ÚLTIMO SAMAÍN DE BLAS

Blas como cada samaín desde que tiña os 12 anos ía ir de festa polo samaín , sempre se disfrazaban todos xuntos e este ano ían ir de momias .
Era a tarde do 31 , que coincidía venres , ao saír de clase ían ir prepararse para a noite .
Xa eran as 23:00 e xa estaban todos xuntos para ir a discoteca , un novo garito que abría por primeira vez polo samaín .
Ao entrar no garito viron todo cuberto de leds e con boa música pero estaba baleiro , nunca mellor dito , non había unha alma , eles pensaron que non había nada debido a que era novo e non habería moita xente .
Ao rato de estar na discoteca as luces apagáronse e as portas pecháronse cando un corpo descaradamente asasinounos sen piedade ningunha .
Desde esa non se sabe máis de eles .
MANUEL NANTÓN (4º ESO)










segunda-feira, 2 de setembro de 2019

TURMA DE PORTUGUÊS

Aqui vos deixo o vídeo com os melhores momentos das aulas de Português. Foi um prazer partilhar estas aulas com vocês!!

terça-feira, 25 de junho de 2019

BOOKTRAILER O DIARIO VIOLETA DE CARLOTA, Tania González Carabel (2º ESO)

<iframe width="560" height="315" src="https://www.youtube.com/embed/eBzKEuoPSWI" frameborder="0" allow="accelerometer; autoplay; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture" allowfullscreen></iframe>

BOOKTRAILER MEMORIA CONTRA O ALZHEIMER, Lara Amado (2º ESO)

<iframe width="560" height="315" src="https://www.youtube.com/embed/Mw0wCJswyHE" frameborder="0" allow="accelerometer; autoplay; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture" allowfullscreen></iframe>

quarta-feira, 19 de junho de 2019

PROGRAMA DE RADIO LITERATURA E MÚSICA

Aquí publicamos o programa de Radio de Ondas Revoltas que realizou o alumnado participante no Club de Literatura e Música organizado polo Departamento de Lingua Galega. Aí van as recomendacións de lecturas musicais e música de Sara Caamaño, Mari Luz Martínez, Ana Nantón, María Paz, Sarai Pose, Sara Rivera, Lucía e Pedro Suárez Fariña e Nuria Vila.

https://www.ivoox.com/s_p2_724834_1.html



Meu pé de laranja lima de Jose Mauro de Vasconcelos, Diego Penedo Alborés, Português, 4º ESO


O livro que eu li conta a história comovente de Zezê, um menino de seis anos nacido no meio duma família muito pobre. Zezê é inteligente, sensível e criativo. Carente do afeto que não encontra do pai e da mãe, mais preocupados em sobreviver, o menino perde-se nas ruas onde só lhe fica inventar travesuras. 
Tendo aprendido demasiado cedo a dor da tristeza, Zezê acaba por usar a sua imaginação para fugir da realidade da vida: toma por confidente um pé de laranja lima a que chama Xururuca ao que revela seus sonhos e desejos e no final Zeze encontra a alegria e a força para vencer as adversidades.
Este foi um livro do que gostei muito porque me pareceu uma história muito bonita.

O pequeno livro das grandes invenções, Álex Urquiza Martínez, Português, 4º ESO


Eu li o livro O pequeno livro das grandes invenções. Este livro conta o progresso que teve a humanidade com grandes invenções na tenologia, terra, redes de telefone, tudo... Tambén nos coloca na situação de que podia acontecer se estas invenções não tiveran lugar.
Não poderia destacar uma invenção em específico, para mim a mais interessante e da que gosto muito é o computador pessoal. O computador mudou a história do quotidiano. É de origem muito antiga para resolver operações. Com o decorrer do tempo foi evolucionando, surgiu para decifrar mensagens de guerra alemãs e começou a ser comercializado.
No início eram muito volumosos e pesados, chegaram a pesar 13 toneladas. A partir de então, a IBM e Apple juntaram muitas empresas lançando todos os anos para o mercado computadores mais rápidos.