venres, 17 de maio de 2019

A esmorga de Eduardo Blanco Amor, recensión de María Paz (4º ESO B)

coma quen vai fechando portas tras de si e guindando coas chaves…”

Eduardo Blanco Amor narra nunha das obras cumes da literatura galega de todos os tempos a historia de tres personaxes marxinais que emprenden unha viaxe de vinte catro horas polos suburbios de Auria. O alcohol e a choiva levan os tres protagonistas, o Bocas, o Milhomes e o Castizo, a andar cara un final de autodestrución que terá o seu punto culminante nun vertedoiro. O Castizo, único supervivente á "esmorga" narra os acontecementos das vinte e catro horas, entre eles, violacións, asasinatos e incendios ante un xuíz.
A Esmorga é un libro que non deixa indiferente a ninguén, a súa trama e o xeito de narrala fan que dende o comezo o lector quede prendido ao libro e sinta a historia como súa. A Esmorga é a mestura perfecta entre escenas que conseguen poñerche os pelos de punta, crítica social e uns personaxes que cobran vida dende a primeira liña e que espertan sensacións moi intensas no lector.


Ningún comentario:

Publicar un comentario