mércores, 30 de maio de 2018

Resistencia de Rosa Aneiros, Lucía Sánchez Suárez (4º ESO)

Resistencia é un libro que trata sobre a vida dun mozo de Portugal chamado Dinís que namora dunha rapaza chamada Filipa. Nos primeiros capítulos do libro relátase a historia da súa familia. O pai de Filipa, Rui, tiña unha irmá chamada Filipa que desafortunadamente morreu no mar e daquela Rui xurou que cando tivera unha filla lle poñería ese nome e namorou dunha rapaza chamada Inés e así o fixo. A nai de Dinís, Isaura, fora froito dunha violación duns traballadores da fábrica onde traballaba súa nai. A súa nai morreu pouco despois do parto. Isaura namorou dun home chamado Antonio Gonçalves pero el estaba casado así que mantiveron o seu amor oculto e tiveron un fillo xuntos.
Filipa vivía en Coímbra cos seus pais e cando podía ía a San Pedro de Moel coa súa avoa para así poder quedar con Dinís. Dinís tivo que marchar a guerra a Mozambique onde coñeceu a Miguel da Silva que estivo ao seu lado mentres os outros violaban as nativas e cometían outros delitos. Estes fixéronse moi amigos dunha nena que violou Antoninho, o fillo de Antonio Gonçalves. Miguel morreu e Dinís quedou marcado.
Cando regresou da guerra fixeron unha revolución na fábrica de vidro na que traballaban e Dinís e Raúl, un compañeiro da fábrica, remataron no cárcere, mentres que outros dous morreron e tres fuxiron.
No cárcere torturárono para sacarlle información e mantivérono illado as primeiras semanas. Dinís estivo a piques de suicidarse pero levárono cos outros presos. Filipa tívose que exiliar co seu pai a Brasil porque a perseguían e queríana apresar debido as súas crenzas políticas. Dinís escribíalle todos os días cartas á súa nai e a Filipa pero os carcereiros non entregaban as cartas dirixidas a Filipa e enviáronlle a ela unha carta que dicía que Dinís morrera.
Cando os presos políticos de Peniche estaban planeando unha fuxida polo mar chegou ao cárcere que o réxime salazarista, agora dirixido por Marcelo Caetano, estaba a piques de ser derrotado. O 25 de abril de 1974 foi a Revolución dos cravos e o 26 de abril todos os presos políticos foron liberados.
Dinís e todos os seus compañeiros volveron a casa pero non soubo máis nada de Filipa ata o final da historia cando morre Rui e Filipa vai a Portugal para tirar as cinzas e descobre que Dinís non está morto.
OPINIÓN PERSOAL:
Gustoume moito este libro porque conta unha historia moi entretida que seguramente houbese outras moi parecidas porque as violacións, as enfermidades e todo o citado neste texto estaba á orde do día naquela época. Ademais de contar diferentes historias de amor, tamén nos conta a historia de cómo foi a vida durante o réxime salazarista e o que supuxo para todos os portugueses a Revolución dos Cravos. Pareceume un libro moi interesante co cal se pode aprender da historia dun lugar que nos queda moi perto.
Lucía Sánchez Suárez (4º ESO)

Ningún comentario:

Publicar un comentario