mércores, 30 de maio de 2018

Como afecta internet á nosa vida? Irene Sánchez Suárez (4º da ESO)

Hoxe en día todos dispoñemos dun teléfono móbil e de conexión a internet case as 24 horas do día e moita xente parece vivir única e exclusivamente para as redes sociais, esquecéndonos de que hai máis vida. Moitas veces plantéxome todo o tempo que perdemos en publicar cada segundo das nosas vidas ou en mirar como viven os demais. Todo sería moi distinto se en lugar de publicar todo, desfrutásemos máis de cada momento, pasando máis tempo cos amigos e coa familia, viaxando, coñecendo novas culturas e desconectando de todo por un momento.

Internet foi un gran invento que nos proporcionou cousas moi positivas como:
  • Poder comunicarse con xente que fai moito que non ves.
  • Dispoñer dunha amplísima variedade de medios de información de todo o mundo, o que fai moito máis difícil a nosa manipulación, xa que nos sobran medios para contrastar a información, etc.
Pero tamén nos provocou moitísimas cousas negativas como:
  • O ciberacoso, xa que internet permítelle ao individuo empoderarse, agocharse detrás da pantalla e soltar toda a súa rabia e frustración contra outra persoa.
  • A desconfianza por descoñecer todo o que internet sabe de nós e en que o vai usar.
  • A adicción ás redes que moita xente sofre, etc.

En definitiva, internet foi un gran avance para a humanidade pero deberiamos vivir máis pendentes de desfrutar a nosa vida e deixar aos demais vivir a súa, sen criticar e sen controlar cada movemento que dan e darlle un uso responsable.

Ningún comentario:

Publicar un comentario