sexta-feira, 11 de maio de 2018

Rebeldes de Susan Hinton, Miguel Blanco Mouzo (2º ESO)

Ponyboy, protagonista desta historia, é un rapaz pertencente ao grupo dos greasers os seus enemigos son os socs de moita maior clase. Entre ambos bandos hai moitos enfrontamentos a pesar da distancia que os separa, os greasers viven no oeste e os socs no este. A historia comeza co protagonista regresando do cine só e encóntrase cun grupo de socs, os cales tratan de mallarlle pero antes de que comecen, a súa pandilla aparece para salvalo. Cando se recupera Darry, seu irmán maior, vótalle unha bronca por ir ao cine só.

Pasados uns días foi ao autocine con Dally, Jonhy e Two-Bite. Alí sentáronse con dúas rapazas socs ás cales Dally estivo incordiando ata que Jonhy lle mandou marchar do cine. Cando Dally marchou empezaron a falar dos seus bandos e cando chegou a hora de partir Two-Bite ofreceuse a levar as rapazas. Pero de camiño cruzouse cun Mustang azul que pertencía aos mozos das rapazas. As rapazas subiron ao coche e mandoulles acelerar para evitar pelexas. Mentres tanto, os outros dous volveron andando e quedaron no solar. Alí puxeronse a mirar para as estrelas e quedaron durmidos. Cando espertaron Pony foi para casa e Darry deulle unha bofetada, entón Pony decidiu volver con Jonhy. Xa reencontrados os dous decidiron dar unha volta polo parque. Alí atopáronse con cinco socs que xa antes agrediran a Jonhy, entre eles atopábanse Bob e Randy os mozos das rapazas do cine, estaban borrachos e enfadados, e sumerxiron a cabeza de Pony ata case afogalo. Jonhy, asustado, sacou a navalla e matou a Bob. Despois diso os outros socs escaparon e Pony recobrou o coñecemento.

Foron pedirlle axuda a Dally, posto que sempre saía dos seus apuros, e este díxolles que pasaran uns días nuha igrexa abandonada. Tras cinco días só falando, lendo e comendo golosinas Dally chegou dicindo que os irmáns de Pony estaban moi preocupados por el e trouxera unha carta de Sodapop, o irmán mediano, na cal se demostraba que sí que o estaban. Dally tamén avisou de que a policía non investigaba por esa zona, e que ao día seguinte terían unha pelexa cos socs. Despois Dally levounos comer a un burguer e cando pasaron por onde a igrexa vírona incendiada e había cinco rapaces dentro atrapados que foron salvados por Pony e Jonhy. Debido á súa valentía tiveron que marchar para o hospital, onde a Pony non lle pasou nada posto que so tiña queimaduras aínda que non moi grave, pero Jonhy estaba en estado crítico e tivérono que ingresar. Á noite cando chegou a hora da pelexa, Dally apereceu alí escapado do hospital. Ao acabar a loita, na que os socs saíron perdedores e os greaser quedaran coa gloria, Dally marchou con Pony ao hospital, alí puideron escoitar as súas últimas palabras e virono morrer. Despois diso Dally marchou correndo e Pony camiñou sen rumbo ata que un condutor se ofreceu a levalo a casa. Pouco tempo despois, Dally chamoulles dicindo que o perseguía a policía e que foran todos ao solar. Cando chegaron alí, xa estaba a policía e Dally sacou unha pistola sen balas e consegueu o que quería, a policía matouno. Tras eso Pony perdeu o coñecemento da dor acumulada. Tres días despois espertou e repetiu varias veces que nada pasara, despois na súa redacción que lle mandara o profesor escribiu esta historia. 

Gustoume moito posto que é moi parecido a O corazón de Xúpiter e a Unha estrela no vento pero pareceme un pouco máis triste posto que non morre só unha persoa.
 

Sem comentários:

Enviar um comentário