sábado, 12 de maio de 2018

As lágrimas de Shiva de Jordi Sierra i Fabra, recensión de Laura Antelo e Alejandro Amado (2º ESO)

Está é a historia dun neno chamado Xavier que vive en Madrid. O seu pai ponse enfermo de tuberculose e a súa nai ten que coidalo, polo que manda a cada un dos seus fillos á casa dunha tía diferente. A Xavier mándano ir a Santander coa súa tía Adela e as súas catro curmáns.

Ao principio Xavier e Violeta non se levan moi ben pero a medida que se van coñecendo empezan a levarse mellor.

Despois dun tempo, Violeta e Xavier descobren un olor a nardos moi raro na casa: era o olor de Beatriz, unha pantasma que ás veces aparecía pola casa.

Eles queren saber quen é ela e porque acode a eles.

Despois de moito investigar, descobren que Beatriz Obregón é una antepasada da súa familia á que chamaban ladroa porque a xente dicía que ela roubara unha xoia chamada “As lágrimas de Shiva”. Esa xoia era un colar que Mendoza lle regalara como regalo de compromiso.

Violeta e Xavier viven moitas aventuras ata encontrar a xoia nun caixón do faiado. Alí descobren que Beatriz Obregón só era unha rapaza namorada que perseguía os seus soños.

Nesta aventura Xavier e Violeta descobren que están namorados.

Álex Amado: a min gustoume moito e animo os meus compañeiros a que o lean porque é fascinante.

Laura Antelo: non é un libro que me gustara moito. Aínda que hai partes que me gustaron, non sería un libro que recomendaría.

Laura Antelo e Alejandro Amado (2º ESO)

 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario