
mércores, 30 de maio de 2018
O último traballo do señor Luna de César Mallorquí, Javier Varela Castro (3º ESO B)

Resistencia de Rosa Aneiros, Lucía Sánchez Suárez (4º ESO)

Filipa
vivía en Coímbra cos seus pais e cando podía ía a San Pedro de
Moel coa súa avoa para así poder quedar con Dinís. Dinís tivo que
marchar a guerra a Mozambique onde coñeceu a Miguel da Silva que
estivo ao seu lado mentres os outros violaban as nativas e cometían
outros delitos. Estes fixéronse moi amigos dunha nena que violou
Antoninho, o fillo de Antonio Gonçalves. Miguel morreu e Dinís
quedou marcado.
Cando
regresou da guerra fixeron unha revolución na fábrica de vidro na
que traballaban e Dinís e Raúl, un compañeiro da fábrica,
remataron no cárcere, mentres que outros dous morreron e tres
fuxiron.
No
cárcere torturárono para sacarlle información e mantivérono
illado as primeiras semanas. Dinís estivo a piques de suicidarse
pero levárono cos outros presos. Filipa tívose que exiliar co seu
pai a Brasil porque a perseguían e queríana apresar debido as súas
crenzas políticas. Dinís escribíalle todos os días cartas á súa
nai e a Filipa pero os carcereiros non entregaban as cartas dirixidas
a Filipa e enviáronlle a ela unha carta que dicía que Dinís
morrera.
Cando
os presos políticos de Peniche estaban planeando unha fuxida polo
mar chegou ao cárcere que o réxime salazarista, agora dirixido por
Marcelo Caetano, estaba a piques de ser derrotado. O 25 de abril de
1974 foi a Revolución dos cravos e o 26 de abril todos os presos
políticos foron liberados.
Dinís
e todos os seus compañeiros volveron a casa pero non soubo máis
nada de Filipa ata o final da historia cando morre Rui e Filipa vai a
Portugal para tirar as cinzas e descobre que Dinís non está morto.
OPINIÓN
PERSOAL:
Gustoume
moito este libro porque conta unha historia moi entretida que
seguramente houbese outras moi parecidas porque as violacións, as
enfermidades e todo o citado neste texto estaba á orde do día
naquela época. Ademais de contar diferentes historias de amor, tamén
nos conta a historia de cómo foi a vida durante o réxime
salazarista e o que supuxo para todos os portugueses a Revolución
dos Cravos. Pareceume un libro moi interesante co cal se pode
aprender da historia dun lugar que nos queda moi perto.
Lucía Sánchez Suárez (4º ESO)
Como afecta internet á nosa vida? Irene Sánchez Suárez (4º da ESO)
Hoxe
en día todos dispoñemos dun teléfono móbil e de conexión a
internet case as 24 horas do día e moita xente parece vivir única e
exclusivamente para as redes sociais, esquecéndonos de que hai máis
vida. Moitas veces plantéxome todo o tempo que perdemos en publicar
cada segundo das nosas vidas ou en mirar como viven os demais. Todo
sería moi distinto se en lugar de publicar todo, desfrutásemos máis
de cada momento, pasando máis tempo cos amigos e coa familia,
viaxando, coñecendo novas culturas e desconectando de todo por un
momento.
Internet
foi un gran invento que nos proporcionou cousas moi positivas como:
-
Poder comunicarse con xente que fai moito que non ves.
-
Dispoñer dunha amplísima variedade de medios de información de todo o mundo, o que fai moito máis difícil a nosa manipulación, xa que nos sobran medios para contrastar a información, etc.
Pero
tamén nos provocou moitísimas cousas negativas como:
-
O ciberacoso, xa que internet permítelle ao individuo empoderarse, agocharse detrás da pantalla e soltar toda a súa rabia e frustración contra outra persoa.
-
A desconfianza por descoñecer todo o que internet sabe de nós e en que o vai usar.
-
A adicción ás redes que moita xente sofre, etc.
En
definitiva, internet foi un gran avance para a humanidade pero
deberiamos vivir máis pendentes de desfrutar a nosa vida e deixar aos demais vivir a súa, sen criticar e sen controlar cada movemento
que dan e darlle un uso responsable.
domingo, 27 de maio de 2018
Servicio de Urxencias de Suso de Toro, recensión de Samuel Vázquez Pérez (3º ESO)
O
autor do libro é Suso de Toro que naceu en 1956 en Santiago. Foi guionista de cine e televisión e o seu primeiro relato foi “De 10 a
11”.
O
libro trata sobre dous homes que van atracar unha gasolineira e no
medio do atraco Petete torce un pé e teñen que saír de aí
correndo para que non os deteñan.
Petete e
mais o amigo pararon a durmir nunha zona residencial nun coche
roubado e cando Petete sae a comprar unhas aspirinas á farmacia, ve
como un municipal detén ao seu compañeiro e el decide fuxir.
Despois
de andar paseando pola rúa, Petete encontra a un amigo e este ao
contarlle o caso que lle pasou decide que vaia durmir para a casa
dunha amiga, pero é unha trampa porque o seu amigo engánao chamando
a policía para que o foran deter a ese sitio. Ao
chegar a casa, ábrelle a porta unha veciña da amiga e el decide
escapar.
El
vai cara á farmacia outra vez e encóntrase cunha rapaza que lle
axudou antes e co seu compañeiro que ao final nunca foi
detido pero nese momento chega un inspector que os estaba vixiando e
pégalle un tiro a Petete.
O
personaxe principal do libro é Petete, que é un rapaz que decide
roubar unha gasolineira co seu compañeiro pero saíulle mal o plan
e el ten que fuxir de todos lados para que non o deteñan.
Non
o recomendo porque é un libro para xente con máis anos ca nós,
ademais é un libro que conta unha historia de xeito lento, apenas
avanza en cada páxina.
Samuel Vázquez Pérez (3º ESO B)
venres, 18 de maio de 2018
Noite de voraces sombras de Agustín Fernández Paz, recensión de Nerea Regueira Fuentes (2º ESO)
O
libro trata sobre unha nena chamada Sara, que vai de vacacións a
casa da súa avoa Laura, que morrera había pouco tempo, e Sara vai
para o cuarto do seu tío Moncho. Nesta habitación Sara xamais
entrara porque a súa avoa non quería que tocase nada do que había alí. Pola noite, cando Sara ía durmir, sentía que
na súa habitación había alguén escondido e que a estaban
observando.
Van
pasando os días, ata que unha noite na que sente a presenza
fantasmal, vai mirar se hai alguén agochado no armario e descobre un
dobre fondo que ten onde hai unha carpeta con cartas que
recibiu o tío Moncho da súa moza Sara; e tamén un diario que
atopa no que o seu tío conta o que lle ocorre na prisión na Illa de San Simón, nun
campo de refuxiados, onde tamén había un cemiterio.
Unha
vez lidas estas cartas, Sara avisa a súa nai, e posteriormente, van
á illa de San Simón onde está o famoso cemiterio. Cando chegaron, non sabían que ían atopar. A rapaza comezou escavando no chan e non
tivo sorte, pero despois, mirou nun muro que tiña, e, agochado nun
buraco entre dúas pedras, atopou unha caixa onde estaba escondido un
anel de ouro que poñía o seu nome "Sara" e que pertencera á moza do seu tío carpinteiro que lía poesía.
Gustoume
moito, porque narra os acontecementos da memoria de tantos soños que tiña a parella antes da guerra e tamén o que sufriron pola distancia. Eu
penso que a
historia é
recomendable. E
para a nosa idade, xa que o vocabulario non é difícil de
comprender. Pareceume un bo libro, porque nos amosa moitas cousas,
entre elas, como
estaba
de mal España e Galicia na época da Guerra
Civil.
Nerea Regueira Fuentes (2º ESO)
sábado, 12 de maio de 2018
O contador de estrelas de Jaureguizar, recensión de Alejandro Otero Gabín (2º ESO)
Antía
de 15 anos vivía con súa nai que traballaba do servizo ante lumes,
nun aeródromo en Lugo. Fíxose moi amiga dun rapaz albanés chamado
Enver que facía parte do equipo aéreo de extinción e pansaban
moito tempo xuntos falando de moitas cousas, xa que Antía tiña que
acompañar moitas veces a súa nai ao aeródromo, a súa nai quería
tela controlada para que non se metera con malas compañías e non
quería deixala sola.
O
verán ía ser duro, porque chovera moito na primavera e a vexetación
medrara moito por iso, ía haber moitos incendios e o traballo ía
ser moito para Rosa, a nai de Antía que tiña moita
responsabilidade, que de non retransmitir ben as ordes podía poñer
en perigo a moita xente. Unha noite Antía non podía durmir e chea
de curiosidade achegouse a unha torre de control abandonada que había
no aeródromo; tiña medo cando entrou, porque dende a súa
habitación pareceulle ver unha sombra na torre, pero ela quería ver
o que había dentro e cando estaba xa no primeiro andén unha voz
púxolle medo; menos mal que era Enver, que algunhas noites adoitaba
durmir na torre.
Unha
mañá con moita néboa, oíron un avión que voaba moi baixo e
Romar, o encargado do aeródromo, púxose coma tolo, porque non se
podía pilotar nin de noite nin con néboa e que só un tolo podía
facer iso. Antía levaba moitos anos sen ver a seu pai, dende que ela
tiña catro e tiña moitas ganas de volver a velo, pero un día o pai
de Antía desaparecera sen dicir nada deixándoas soas. O pai de
Antía era piloto de avións e pasaba a vida voando. Antía fíxose
moi amiga de Enver e todas as noites escapaba á torre para falar con
el, mentes que a súa nai traballaba e non se daba conta de que ela
non estaba no cuarto. Había moita curiosidade no aeródromo, por
descubrir quen era o piloto do avión vermello que voaba tan
perigosamente. Antía chegou a pensar que podía ser Enver. A ela
gustáballe moito Enver e pasaban horas e horas falando, ata pensaba
que podía namorarse del, pero a súa nai non llo permitiría nunca
por ser 3 anos máis vello e por riba era albanés. Un día Enver
contoulle que en realidade era un extraterrestre e Antía estivo a
punto de crelo porque Enver contáralle moi ben a historia chea de
fantásticas aventuras, era moi soñador e algo mentireiro polo que
Antía o pasaba moi ben con el. Un día Antía pediulle a Enver que
lle ensinara a pilotar, porque ela quería ser piloto como o seu pai.
Había uns días que o avión vermello estaba provocando lumes por
toda a bisbarra, a xente do aeródromo e do aeroclub estaba moi
preocupados porque o piloto voaba moi perigosamente bautizárono o
Piloto Vermello.
Antía
pecaba de inocente e non facía mais que pensar en Enver e nas
historias que lle contaba de extraterrestres e moitas veces dubidaba
de que fora verdade, pero estaba tan fascinada con el que lle cría
todo e ata chegou a pensar que era un vampiro. Antía quería
convencer a Enver de que a ensinara a pilotar, ameazando de contarlle
ao xefe Romar que durmía na torre. Antía soñaba que se aprendía a
pilotar podería encontrar ao seu pai. A rapaza pasaba tamén moitas
horas no restaurante do aeródromo conversando con Paco, o camareiro
que era algo chismoso, que quería saber do misterioso Piloto
Vermello. Romar, o encargado do aeródromo no intento de pillar o
piloto vermello destruíu unha avioneta, que roubara, e levaba moitos
dias ingresado no hospital. Antía tamén sospeitara que a súa nai e
Romar tiñan unha relación. Enver ensinoulle a pilotar, facían
escapadas clandestinas, escapaban de noite. Unha vez voaron ata
Ribadeo, e alí foron a un PUB. Enver emborrachouse ata perder o
sentido, no PUB había un home misterioso que acabou sendo o pai de
Antía, o encontro co seu pai non foi o que Antía se esperaba; foi
moi frío, e ela estaba moi decepcionada porque o pai contoulle unha
versión moi diferente á que lle contara a nai.
O
Piloto Vermello estaba a dar moitos problemas, cada vez provocaba
máis lumes e a súa nai estaba moi preocupada. Antía pouco a pouco
foise namorando de Enver, pero dáballe medo dicirllo. Enver
contáralle historias de extraterrestres e que el era un deles que
viñera á terra cunha misión moi especial. Ela case lle cría todo
o que el lle contaba. O seu pai despois de encontro mandoulle un
regalo, ela chamouno por teléfono e quedou moi desgustada, deuse
conta de que seu pai non a quería.
Un
día a nai de Antía encontrou o avión na habitación e preocupouse
de que o seu pai estivera rondando por aí outra vez, e contoulle a
Antía que non quería que volvera porque cando vivía con elas o pai
emborrachábase e bouráballe e ata o botaran do traballo por
borracho. Un día, moi preocupada, a nai de Antía díxolle que
colleran ao incendiario que era o seu pai, estaba moi nerviosa.
Contoulle que o seu pai estivera no cárcere, por un accidente en que
morrera un fotógrafo, por ir borracho. Antía visitou o seu pai no
cárcere porque quería saber porque facía esas cousas o pai
confesou que era el o Piloto Vermello e botoulle toda a culpa a Enver
que fora el o que o buscara e o convencera. Antía estaba moi
confundida e o pai contáballe unha cousa e a nai outra; tamén
quería preguntarlle a Enver se era verdade o que lle contara o pai e
foi a velo, deixoulle unha mensaxe de que tivera que marchar para o
seu planeta dicíndolle que a quería. Un día na cafeteira apareceu
na televisión, en realidade Enver escapara e levaba con el a
avioneta, en realidade Enver era o culpable de todo só porque quería
vingarse de Romar porque este o trataba mal e na súa vinganza no se
preocupou de facerlle dano a Antía e a súa nai.
O
libro gustoume moito polos temas serios que trata.
Alejandro Otero Gabín (2º ESO)
As lágrimas de Shiva de Jordi Sierra i Fabra, recensión de Laura Antelo e Alejandro Amado (2º ESO)
Está
é a historia dun neno chamado Xavier que vive en Madrid. O seu pai
ponse enfermo de tuberculose e a súa nai ten que coidalo, polo que
manda a cada un dos seus fillos á casa dunha tía diferente. A
Xavier mándano ir a Santander coa súa tía Adela e as súas catro
curmáns.
Ao
principio Xavier e Violeta non se levan moi ben pero a medida que se
van coñecendo empezan a levarse mellor.
Despois
dun tempo, Violeta e Xavier descobren un olor a nardos moi raro na
casa: era o olor de Beatriz, unha pantasma que ás veces aparecía
pola casa.
Eles
queren saber quen é ela e porque acode a eles.
Despois
de moito investigar, descobren que Beatriz Obregón é una antepasada
da súa familia á que chamaban ladroa porque a xente dicía que ela
roubara unha xoia chamada “As lágrimas de Shiva”. Esa xoia era
un colar que Mendoza lle regalara como regalo de compromiso.
Violeta
e Xavier viven moitas aventuras ata encontrar a xoia nun caixón do
faiado. Alí descobren que Beatriz Obregón só era unha rapaza
namorada que perseguía os seus soños.
Nesta
aventura Xavier e Violeta descobren que están namorados.
Álex
Amado: a min gustoume moito e animo os meus compañeiros a que o lean
porque é fascinante.
Laura
Antelo: non é un libro que me gustara moito. Aínda que hai partes
que me gustaron, non sería un libro que recomendaría.
Laura Antelo e Alejandro Amado (2º ESO)
Laura Antelo e Alejandro Amado (2º ESO)
Mentira de Care Santos, recensión de Álex García Rellán (3º ESO A)
Xenia
era unha rapaza estupenda nos estudos pero que desde había un tempo
baixara de notas porque se namorara dun rapaz co que falaba por
internet, o cal mentiu na súa identidade e dixera que practicaba
karate e que estudaba no instituto Ricard Salvat. Éric non quería
concertar unha cita con ela, xa que non podía saír do centro de
menores. Por iso a rapaza decidiu saír a buscalo a onde lle dixo que
estudaba, pero ao ver que Eric lle mentira sobre
a súa verdadeira identidade, enfadouse, púxose triste e
decidiu contarllo todo a seus pais.
Eric
levara unha vida dura, de neno pasaba fame, seu pai non o atendía,
sua nai marchou traballar de prostituta a Londres e Ben foi quen se
encargou de coidalo. Ben era o seu curmán que traficaba con drogas e
tiña moitos cartos pero corría perigo, xa que traballaba na mesma
zona que o clan dos Medina. Ben era un rapaz guapo que era acosado
por unha rapaza ata que un día cansouse tanto dela que a atropelou,
e entonces Ben obrigou a Eric a que dixese que fora el quen a matara
porque a Eric por ser menor de idade lle caerían cinco anos e Eric
aceptou xa que por Ben faría calquera cousa.
A
semana de que Xenia lle dixese a Eric que era un mentireiro e que
non quería saber nada máis del, chegoulle ao colexio un paquete que
lle enviara el explicándolle
porque mentira na súa identidade e a verdade do caso, e ela, dicindo a verdade sobre o que pasara, sacouno
do centro de menores.
Gustoume moito o libro, xa que trata de dous temas que me apaixonan.
Álex García Rellán (3º ESO A)
Chamando ás portas do ceo de Jordi Sierra i Fabra, recensión de Nerea Bermúdez Varela (3º ESO A)
Silvia é unha moza de 19 anos que decidiu pasar as vacacións de
voluntaria na India xa que dende pequena sinte a necesidade de axudar
aos demais e de cambiar o mundo. Aos seus pais e ao seu noivo non lle
sentou moi ben a noticia . Elisabet, unha
excelente doutora da india recibe a Silvia e explícalle en que
consiste o seu traballo. Leo é outro español de voluntario e é
veciño de Silvia, pero non quere ser o seu amigo e por iso sempre é
borde con ela, xa que a el polas súas ideas íanlle denegar a beca e ela, como é rica, non ten problemas.
Alí coñece a Viji que lle explica onde se encontran e a quen lle
pertencen ás terras onde está construído o hospital. Perténcenlle
a Mahendra, este é un rapaz indio que quedara viúvo había cinco anos
nun accidente no lago que estaba en fronte, tamén perdera os seus tres
fillos. A elas ocorréselle ir a casa aínda que a Silvia non lle facía
moita graza, vai pola curiosidade. De repente aparece un indio e as
rapazas saen correndo menos Silvia que se queda e descobre que é
el. Estes fanse moi amigos aínda que a Silvia non lle fai moita
graza, porque é moi parecida á súa esposa morta. Silvia logra
sacalo da casa e dende entón el está namorado dela.
Silvia adora o seu traballo e faino ben aínda que sofre moito cando
unha neniña pequena morre, e Leo consólaa. Dende entón a amizade de
Leo e Silvia vai mellorando ata o punto que este queda prendido dela,
pero Silvia dáse conta de que mete de menos a Arturo e que o quere.
Un día Mahendra leva a Silvia a outra das súas casas onde
posúe un banco para axudar a poboación India, el agradécelle a
Silvia o seu esforzo e axuda por sacalo da súa casa e pídelle
un bico, pero ela negase e vaise. Antes de
volver a Barcelona Silvia fala co seu pai para reconciliarse por
marchar pero dáse conta de que, aínda que ao principio el estaba
doído pola súa marcha, ao final estivo orgulloso dela.
Uns días antes da súa marcha o criado de Mahendra chega ao hospital
e dille que el está gravemente ferido, ela séntese culpable xa que
pensa que foi súa culpa por rexeitalo pero despois dinlle que el só
esvarou, igualmente ela vaino visitar á habitación do hospital e
dálle un bico. O libro acaba cunha conversa de Leo e ela dicindo que
todo vai estar ven, e outra cos seus pais. O título “chamando ás
portas do ceo” é debido a unha famosa canción de Bob Dylan.
Este libro gustoume moito xa que me enganchou dende a primeira
páxina.
venres, 11 de maio de 2018
Rebeldes de Susan Hinton, Miguel Blanco Mouzo (2º ESO)
Ponyboy,
protagonista desta historia, é un rapaz pertencente ao grupo dos
greasers os seus enemigos son os socs de moita maior clase. Entre
ambos bandos hai moitos enfrontamentos a pesar da distancia que os
separa, os greasers viven no oeste e os socs no este. A historia
comeza co protagonista regresando do cine só e encóntrase cun grupo
de socs, os cales tratan de mallarlle pero antes de que comecen, a
súa pandilla aparece para salvalo. Cando se recupera Darry, seu
irmán maior, vótalle unha bronca por ir ao cine só.
Pasados
uns días foi ao autocine con Dally, Jonhy e Two-Bite. Alí
sentáronse con dúas rapazas socs ás cales Dally estivo incordiando
ata que Jonhy lle mandou marchar do cine. Cando Dally marchou
empezaron a falar dos seus bandos e cando chegou a hora de partir
Two-Bite ofreceuse a levar as rapazas. Pero de camiño cruzouse cun
Mustang azul que pertencía aos mozos das rapazas. As rapazas subiron
ao coche e mandoulles acelerar para evitar pelexas. Mentres tanto, os
outros dous volveron andando e quedaron no solar. Alí puxeronse a
mirar para as estrelas e quedaron durmidos. Cando espertaron Pony foi
para casa e Darry deulle unha bofetada, entón Pony decidiu volver
con Jonhy. Xa reencontrados os dous decidiron dar unha volta polo
parque. Alí atopáronse con cinco socs que xa antes agrediran a
Jonhy, entre eles atopábanse Bob e Randy os mozos das rapazas do
cine, estaban borrachos e enfadados, e sumerxiron a cabeza de Pony
ata case afogalo. Jonhy, asustado, sacou a navalla e matou a Bob.
Despois diso os outros socs escaparon e Pony recobrou o coñecemento.
Foron
pedirlle axuda a Dally, posto que sempre saía dos seus apuros, e
este díxolles que pasaran uns días nuha igrexa abandonada. Tras
cinco días só falando, lendo e comendo golosinas Dally chegou
dicindo que os irmáns de Pony estaban moi preocupados por el e
trouxera unha carta de Sodapop, o irmán mediano, na cal se
demostraba que sí que o estaban. Dally tamén avisou de que a
policía non investigaba por esa zona, e que ao día seguinte terían
unha pelexa cos socs. Despois Dally levounos comer a un burguer e
cando pasaron por onde a igrexa vírona incendiada e había cinco
rapaces dentro atrapados que foron salvados por Pony e Jonhy. Debido
á súa valentía tiveron que marchar para o hospital, onde a Pony
non lle pasou nada posto que so tiña queimaduras aínda que non moi
grave, pero Jonhy estaba en estado crítico e tivérono que ingresar.
Á noite cando chegou a hora da pelexa, Dally apereceu alí escapado
do hospital. Ao acabar a loita, na que os socs saíron perdedores e
os greaser quedaran coa gloria, Dally marchou con Pony ao hospital,
alí puideron escoitar as súas últimas palabras e virono morrer.
Despois diso Dally marchou correndo e Pony camiñou sen rumbo ata que
un condutor se ofreceu a levalo a casa. Pouco tempo despois, Dally
chamoulles dicindo que o perseguía a policía e que foran todos ao
solar. Cando chegaron alí, xa estaba a policía e Dally sacou unha
pistola sen balas e consegueu o que quería, a policía matouno. Tras
eso Pony perdeu o coñecemento da dor acumulada. Tres días despois
espertou e repetiu varias veces que nada pasara, despois na súa
redacción que lle mandara o profesor escribiu esta historia.
Gustoume
moito posto que é moi parecido a O corazón de Xúpiter e a
Unha estrela no vento pero pareceme un pouco máis triste
posto que non morre só unha persoa.
mércores, 9 de maio de 2018
Un monstro vén a verme de Patrick Ness, recensión de Cristina Souto Souto (3º ESO B)

Chegou o
día no que Conor tiña que contarlle
a súa historia ao monstro. Despois de relatarlla díxolle
que quería que todo rematara (referindose a súa nai). Conor queda
durmido nas raices
da
árbore ata que chega súa
avoa
para levalo ao hospital para desperdirse da súa
nai,
quen morre
ás
12:07.
Conor
queda baixo a tutela da súa avoa e deulle
o
cuarto no que se criou súa
nai,
alí encontra un libro de debuxos dela
e
entón descobre
que o monstro
era a reencarnación do seu avó.
OPINIÓN
O
libro gustoume bastante xa que era unha historia bastante bonita e
que ao final me fixo chorar.
Nogard de Marilar Aleixandre, recensión de Mario Romar Santos (2º ESO)

Cando
subiron, o Papa-palabras raptou a Celia, pero a xogada non lle saíu
ben xa que o rato de biblioteca atárao, e deseguido atoparon a chave
nun bote de fabas.
Cando
recuperaron o setestrelo, fixeron a festa Maior, e Nogard bebeu un
pouco zume de laranxa máxico grazas ao que puido chuspir lume.
Finalmente,
Celia contoulles o final da historia de Nogard a Ricardo e a Paloma,
engadindo que non se creerían quen foi a persoa que axudou a Nogard…
Gustoume
porque fala de cousas fantásticas como dragóns ou monstros, e
entretívome moito.
Mario Romar Santos (2º ESO)
¡Asústate, Merche! de Fina Casalderrey, recensión de Andrea Suárez Souto (2º ESO)

Auria
e Paio escribíanse todos os días xa que estaban namorados.
Un
día, Auria liu unha noticia no xornal que morrera de accidente de
coche o pai de Paio. Con esa noticia descubriu que o seu pai era o
pai de Paio. Ao saber iso, Auria quíxose suicidar. Entón, abriulle
ao gas pero deuse conta de que sería unha parvada. Cando estaba
facendo iso Frida chamou ao timbre.Frida levou a Auria deica súa
habitación onde durmiu mentres Frida lía o diario de Auria onde lle
escribía todo o que lle sucedía a unha amiga imaxinaria chamada
Merche. Ao saber o motivo do suicidio, Auria e Frida decidiron que
Auria non contactase máis con Paio. Un día, Auria ía a librería
mercar uns libros para o colexio cando se atopou con Salvador. Este
díxolle que Paio o estaba a pasar moi mal por ela deixalo desa
maneira .Entón, Auria decidiu quedar con
el.
Cando o viu estaba máis guapo do normal. Falando co rapaz, este
díxolle que morrera o seu pai adoptivo. Iso significaba que Auria e
el non era irmáns
e acabaron bicándose e volvendo a estar xuntos.
A
min este libro ao principio non me gustou. A pesar diso, seguino
lendo e acaboume gústando moito. Recoméndollelo a todas ás
persoas que lle gusten as novelas de amor e intriga porque creo é
unha novela que lles pode gustar.
Andrea Suárez Souto (2º ESO)
Aire Negro de Agustín Fernández Paz, recensión de Bertín Suárez Negreira (2º ESO)
Aire Negro é unha
historia que trata sobre unha rapaza chamada Laura Novo que reside
nun a clínica debido a un accidente. Victor é o seu doutor e o
encargado de que a paciente supere unha neurose e tamén de adiviñar
que foi o que lla provocou.Victor entérase de que Laura era escritora e
mándalle que escriba todo o que vaia recordando e que llo entregue a
el cada día.

Cando chegou colleulle
de novo moito cariño a Carlos e pasábao moi ben pero ao cabo dalgúns días decátase de que un empregado de Carlos evitaba o contacto
con ela en todo momento e isto producíalle curiosidadede, así que llo
preguntou a Carlos e el respondeulle que se trataba pola súa cor de
pelo. Laura tiña o cabelo roxo.
Carlos explicoulle que preto de alí
había unhas covas que supostamente conectaban co inferno e que nel
residía a gran besta, unha criatura parecida ao demo e que nese pobo
dicían que as roxas facían espertar a gran besta e provocar
grandes males. Laura intrigada foi visitar esa cova e a partir de aí comezaron a producirse accidentes como a morte do can de Carlos,
Dédalo, e un intento de asasinato a Iria, unha rapaza que fora ao
hotel e se fixera gran amiga de Laura e incluso se tinguira o pelo de
vermello como ela.
Laura decide volver a Madrid pero Carlos búscalle
sentido lóxico aos incidentes e consegue que Laura volva. Un día
ela máis tranquila decide ir dar un paseo polo monte pero cando se dá
conta empezara a chover e tronar. Isto provocou que empezara a correr
para o hotel. Pero mentres corría sentiuse observada e ao mirar para
atrás viu como unha masa de escuridade se empezaba a transformar
nunha especie de persoa e a seguía- Entón caíu un raio enriba deles
dous que foi o que provocou o transtorno de Laura, pero a Victor non
lle acaba de convencer iso da gran besta, así que decidiu ir ata a
cova, e ao encontrala era tal cal Laura a describira e o máis sorprendente era ese olor tan horrible que Laura dixera.
Victor, abraiado,
foi buscar a Carlos e fíxolle preguntas sobre Laura e a gran besta. A
resposta que máis lle sorprendeu a Victor é que queimara todo
o relacionado con ela para que a gran besta non a encontrara e que aqueles días Laura tivera coidado xa que ía cumprir o ano dende que a
gran besta espertara e era cando ía a encontrar.
Victor asustado foi
correndo o máis rapido que puido cara o hospital e ao chegar o
doutor Montenegro chamouno para dicirlle que Laura desaparecera. Victor foi comprobalo e no seu cuarto había probas que confirmaran que a gran besta estivera alí e marchara
con Laura. Faría tres anos dende que Victor contara esta historia e
prometeu non dicirlle a ninguén que no noso mundo tamén vivian demos
connosco e para que non saltaran as alarmas respecto á desaparicion
de Victor dixo que Carlos e ela marcharan xuntos as escondidas.
Gustoume moito porque
cumpre coas facetas necesarias para que me guste un libro que son a
tensión e a intriga durante a lectura.
Bertín Suárez Negreira (2º ESO)
Flor de area de Manuel Lourenzo González, recensión de Ana Nantón Castro (3º ESO A)
Este
libro conta a historia de Amrah ben Dimas Ber Suhila al Targ,kblai, o
seu nome era pola parte de súa nai. Esta historia é un pouco triste
porque nesas culturas e épocas os pais das nenas casábanas cun home
maior ca elas. E era importante que foran de familia rica e tamén
que tiveran moitas terras, pois este libro trata algo sobre isto.
Conta a historia de Waris Dirie que un día, con tan só 13 anos,
marchou da súa casa porque se enterou de que o seu propio pai ía
casar cun home moito maior ca ela. Entón a ela ocorréuselle
cruzar todo o deserto. A infancia desta nena transcorre
principalmente na natureza e tamén coidando animais e axudándolle a
nai a ir buscar auga e coidando dos seus irmáns máis pequenos ca
ela. A vida desta nena só consistía en sobrevivir día a día e a
acostumarse ás normas dunha nova cultura: el sempre pensaba que esta
vida tan dura era o seu propio destino, que xa estaba elixido había
moito tempo. Waris Dirie era unha nena moi feliz coa súa familia
aínda que sufriu moito porque tivo que ver como os seus propios
irmáns, ou morrían ou escapaban polo deserto.
É
un libro que me gustou moito, eu recomendaríao pero a verdade é que
é moi triste, porque ás veces non nos damos conta de que moitas
nenas están sufrindo porque os propios pais as obrigan a casar con
homes maiores ca elas sen que elas se poidan negar.
Ana Nantón Castro (3º ESO A)
martes, 8 de maio de 2018
Memoria conta Alzheimer de Rafael Laso Lorenzo, recensión de Iker Castiñeira Lema (3º ESO A)
Todo cambiou cando o protagonista se
perdiu no monte. Nunca foi ao médico ata ese día que o atoparon,
levárono os seus fillos. Ten alzheimer, apenas ten recordos non sabe
como se chama, pero inventou un nome, Belaumiro. Non sabe se ten
fillos ou non, agora só pensa en parvadas, só quere xogar o xadrez.
Fai anos que xoga ao
xadrez. Sempre lle gustou e agora séntese como nun taboleiro,
perségueno os cabalos, os soldados,vixíano moito e non lle deixan
facer nada; cando quere recordar ponse moi triste.
Desde que o levaron alí,
só ten o xadrez e pensa que non lle queda moito de partida. Foi campión do
mundo de xadrez.
A súa mente está
encerrada nun taboleiro, só pensa na partida, non recorda nada
e ten ganas de chorar.
O doutor di que dentro
del hai algo que lle vai facendo dano, esquécese de todo pero no
fondo el segue sendo o mesmo. Está no seu taboeiro de cor negra e
branca, que é o único que non se lle olvida.
Segue coa súa
partida. Sabe que a xente fala del pero dálle igual porque dentro
dun anaco xa non se vai lembrar.
Non fan máis que
darlle pastillas e el non as quere.
Unha noite soñou coa
súa muller que xa o está agardando e atopouna moi guapa. Ese día o
seu fillo e mais o seu neto van visitalo, pero ningún deles sabe
xogar, e el quere seguir coa súa partida. Pero finalmente perde a
partida.
Iker Castiñeira Lema (3º ESO A)
Iker Castiñeira Lema (3º ESO A)
luns, 7 de maio de 2018
Made in Galiza de Séchu Sende, recensión de Brais Martínez Lema (3º ESO A)
Na
oficina de obxectos perdidos:
Un
home, entérase de que acaban de abrir unha oficina de obxectos
perdidos, e acode xa que perderá algo. Chega
alí, e ponse a falar co garda en castelán, xa que perderá a
lingua. Despois de explicarlle algunha das características da
lingua, como o seseo, atópana, e pode volver a falar galego.
O
ladrón de palabras:
Neste
relato, fálase dun home que ía pola rúa, e a golpe de coitelo cun
sorriso de orella a orella, intentaba comprarche palabras da túa
lingua, e se te negabas, roubábacha.
Así,
pouco a pouco, a xente foi collendo medo, e esa lingua, non a falaban
na rúa, só a usaban na casa para que non llela roubasen.
Ao
final, a lingua case desapareceu por completo, e a xente segue sen
falala por temor a que volva o ladrón.
Unha
palabra común:
Neste
relato, o protagonista é unha palabra do galego. Esta palabra vive
nun piso, ten traballo… é dicir, fai vida normal, pero é
consciente de que moitas coma ela están a desaparecer por
castelanismos, e dende que un castelanismo a acosaba na porta, tiña
moito medo e choraba sempre.
Deuse
conta de que con choros non facía nada, e decide seguir coa súa vida
e defenderse, xa que é a súa lingua, non pode deixarse substituír
así de fácil, e pensa que as demais palabras da lingua, tamén se
teñen que opoñer aos castelanismos.
Nin
en soños vou perder a miña lingua:
Neste
relato, unha nena pequena, escoita no autobús que a xente nova está
perdendo a lingua, e asústase moito.
Falao
coa nai e a nai explícalle que iso é verdade, e que o único que se
pode facer e falar moito, pero a neniña, de tan só cinco anos, non
o comprende ben, e comeza a falar sen parar, dicindo calquera cousa,
e de vez en cando, mira no espello, saca a lingua, e comproba que non
a perdeu.
O
home aforcado:
Neste
relato, un home namorado, decide suicidarse. Engancha unha corda a
unha nube, sobe a unha banqueta, ata a corda ao pescozo e tira a
banqueta. A nube comezou a moverse co corpo morto do home, e din que
a nube, pasa co esqueleto do home por onde os que sofren por amor.
Estes,
son os resumos dos relatos que máis chamaron a miña atención.
Tamén
me chamaron moito a atención, algúns nos que se trataban as
palabras como obxectos. Por poñer un exemplo, hai dous relatos nos
que o escenario é unha tenda, á que alguén acode a mercar palabras.
Outra
cousa que me sorprendeu, foi que na forma de escribir o libro, se
nota que o autor é galego, xa que nalgunhas palabras, non sei se
querendo ou sen querer, aparece o seseo escrito.
Gustoume
moito, xa que non conta unha única historia continua, senón que
conta unhas cincuenta historias, sobre problemas lingüísticos e o perigo de desapareceren as linguas, en concreto o galego, aínda que
tamén fala sobre outras.
Brais Martínez Lema (3º ESO A)
Rúa Carbón de Marilar Aleixandre, recensión de Nuria Vila (3º ESO B)
Este
libro fala dun tema un tanto complicado como é ETA (Euskadi Ta
Askatasuna), unha organización terrorista nacionalista vasca.

Despois
dun tempo comeza a ler todo o diario que súa nai lle deixara e dáse conta de quen era en realidade seu pai.
Lendo
un pouco entre liñas podémonos dar de conta de que Martín se
identifica con Iñaki xa que el tamén formaba parte dun grupo
terrorista e que todo o que estaban vivindo Paula e Martín xa o
viviran anos atrás a nai de Paula e Iñaki.
Gustoume
moito este libro porque fala dun tema complicado e narra como unha
filla segue os mesmos pasos que deu súa nai, aínda que ningunha das
dúas se decaten.
Nuria Vila Parga (3º ESO B)
Leonel de Antón Cortizas, recensión de Roi Eiroa (2º ESO)
Este
libro trata dun rapaz chamado Miguel que ten que ir pasar as
vacacións a casa dos seus avós, que está nunha parroquia chamada
Grandal, polo que non está acostumado a vivir no campo porque el
vive na cidade de Ferrol.
Ao
principio parécelle todo aburrido, pero despois, a medida que vai
descubrindo cousas xa non quere marchar.
Coñece
unha rapaza chamada Ana que ten a mesma idade ca el, polo que se fan
moi amigos. Eles pescudan en información sobre un tal Leonel, que é
un pastor que un día desapareceu sen máis. Eles van encontrando
textos seus, xa que el era gran contador de historias. Primeiro
buscan en hórreos das casas pero non encontran nada ata que un día
visitando a unha veciña conseguen saber que nunha mina poden
encontrar algo.
Na
mina encontran o segundo texto de Leonel. un día de moita calor
baixan ao río a refrescarse, e alí descobren que están namorados.
Despois
duns días sen buscar averiguan que debaixo das tellas do hórreo dos
avós de Miguel está o terceiro texto.
Na
súa última noite, Miguel descobre
mirando para un mapa que Leonel foi para as Américas.
Os personaxes protagonistas do libro son Miguel e Ana.
Miguel é un rapaz que vive en Ferrol pero que seus pais, como suspendeu
tres sinaturas mandárono pasar o verán a casa dos seus avós, pero
ao final non o pasou tan mal.
Ana é unha rapaza que vive na parroquia dos avós de Miguel, que
finalmente faise moi amiga del cando estaban na procura de Leonel.
E outras personaxes secundarias do libro son as seguintes:
Tareixa
é a avoa de Miguel que emigrou a Uruguai cando era por culpa da fame
que se pasaba en Galicia. Foi sempre moi atenta con Miguel.
Duarte é o avó de Miguel que tamén emigrou a Uruguai e coñeceu a Tareixa
no barco. É un home moi aventureiro e gústalle inventar feitos que
son mentira.
Leonel
é un home que vivira había tempo na casa dos avós de Miguel ata
que un día desapareceu deixando a casa ao coidado dos veciños.
Miguel e Ana pasaron todo o verán buscando pistas sobre el.
Ramón
o da Visita é o avó de Ana, que acompaña ó avó de Miguel para
recollelo e para deixalo na estación de tren.
Mercedes
da Metralla é unha anciá da parroquia que vive no alto dun monte e
sempre ten prendido o lume para que todos saiban que está ben.
Gustoume
moito este libro porque é entretido e moi divertido cunha historia
moi boa.
A cabeza da medusa de Marilar Aleixandre, recensión de Andrea Lema Cotelo (2º ESO)
Nesta historia empézase falando dos alumnos do último curso de bacharelato, que están agardando xa pola festa de disfraces do Carnaval. Pero polo de agora aínda quedan uns días, e a mañá transcorre no instituto entre clase e clase coma todos os días; na clase de galego Sofía escribe un relato un tanto especial, e este é admirado polo seu compañeiro de clase Rubén.
Uns días despois Rubén ten a sorte de poder bailar con ela e aí comeza unha relación que é un pouco máis ca amizade. Unha vez rematada a festa Sofía e Lupe saen dela pretendendo coller un taxi, pero non hai así que Lupe para un coche pensando que será algún coñecido da escola que poida levalas á casa. Ao parar o coche resultou ser que non era ningún coñecido senón que eran dous universitarios bastante máis maiores ca elas, e parecían un pouco ebrios. Ao chegar a un atasco na estrada, un deles decide tomar un “atallo”, e tempo despois danse conta de que se perderon, baixan do coche, e alí mesmo, obrigan as rapazas a manter relacións sexuais. Pasado iso marchan no coche e déixanas alí tiradas. Sofía chama a súa nai que ven moi preocupada a por elas, levan a Lupe a súa casa, porque non puido chamar ós seus pais debido a que perdeu o teléfono móbil, ao chegar, falan de poñer unha denuncia pero o pai de Lupe non a apoia, porque pensa que van empeorar o asunto, van saír no xornal, na televisión, vaino saber todo o colexio... Pero ao final van as dúas a poñer a denuncia, e a facer un exame médico, cóntanlle todo o que pasou a un policía e describen aos agresores.
Tras pasar as vacacións de Carnaval volven ao instituto e a noticia xa se estendeu por todo o centro. Entre os compañeiros destaca Mauricio, un rapaz que provoca e intenta ofender as vítimas culpándoas de que foron elas as responsables de que todo sucedera, di que elas provocaron ós homes levando minisaia, pero elas intentan sacarse iso da cabeza e non pensan que fora por levar a xa mencionada prenda. Por moito que intentan evadir a Mauricio e esquecer o seu problema el sempre daba coa maneira de facelas recordar. Un deses días apareceu unha pintada no baño das rapazas na que as insultaba, poñía: “Sofía e Lupe putas”. Elas puxéronse moi tristes por isto e os profesores expulsaron do colexio a Mauricio, por tres semanas.
Finalmente a policía atopa os agresores e todo se prepara para ir a xuízo. Debido a tanta publicidade os pais de Lupe convéncena de que retire a denuncia, e o avogado defensor da familia do agresor de Sofía proponlles á familia unha oferta económica que podería resolver o futuro da educación da súa filla, estes rexéitana. E tras un tempo de que Lupe meditara sobre a súa decisión decide volver a presentar a súa correspondente denuncia.
A min gustoume moito o libro, pareceume moi interesante, e ademais ao falar da violencia, en concreto da violencia de xénero, aprendes un pouco máis sobre iso.
Andrea Lema Cotelo (2º ESO)
Europa Express de Andrea Maceiras, recensión de Laura Torrado Pérez (2º ESO)
O
libro conta como Nico encontra unha postal en Bergen del e dos seus
amigos, dez anos despois de que esa fotografía se fixera cando eles
aínda estaban de viaxe. Na foto atopa ao seu mellor amigo, Xacobe, e
a súa actual moza Aroa bicándose, algo
que lle sorprende xa que non soubera nada daquela posible relación.
Ademais aquel bico tamén lle recorda a Xacobe, ao
que atoparan
morto días despois da volta de interrail. Por iso, a partir dese
suceso contacta con todos os compañeiros que realizaran a viaxe e
convócaos a unha cea onde recordarán vellos tempos e ao seu amigo.
Ao
mesmo tempo, o libro vai contando
o que pasara
había
dez anos naquela aventura por Europa. Naquela
altura
todos os rapaces cambiaron moito pero no único que coinciden é que
nunca deixaron de pensar en Xacobe e no que lle ocorreu.
Xacobe
era un rapaz moi misterioso e intelixente que sempre estaba a pensar
na vida. Este naceu nunha familia onde os pais se separaron e o pai
co que vivía non estaba moito pola casa, polo que foi coidado por
unha señora que o consentiu moito só para velo feliz. Aínda así,
Xacobe pasou a maior parte da súa vida na casa de Aroa, unha amiga
coa que compartiu a súa infancia. Mais máis tarde manterían unha
relación secreta para os seus amigos e moi rara. O rapaz padeceu
dunha enfermidade de corazón dende pequeno pola
cal necesitaba cada día unha específica dose dunha menciña. Xacobe
foi encontrado morto días máis tarde da volta en interrail.
Aroa é unha rapaza moi guapa aínda que non moi comprendida polos seus
compañeiros. Vivía nunha casa onde os pais tiñan abellas, uns
animais que sempre lle apaixonaron, algo que a levou a converterse
nunha bióloga especializada nelas. Cando era máis nova tivo unha
relación con Xacobe, a cal sempre a confundiu, xa que non entendía
o comportamento do seu amigo, mais nunca foi capaz de terminar con
ela. Despois da morte del, esta pensou que fora a culpable do
falecemento, por iso, nunca quixo falar do tema con ninguén. Anos
máis tarde da viaxe atopou
a
Nico nun aeroporto e empezaron a saír.
Nico é un rapaz moi bo, ao que dende
sempre
lle gustou Aroa, á
que
encontra
anos máis tarde da viaxe en interrail nun aeroporto. Despois
do reencontro convértense en parella. O seu mellor amigo era Xacobe,
o
que
lle
pareceu sempre
moi intelixente. Despois da súa morte sempre
pensou
que o que pasara en realidade aquel fatídico día non era o que os
médicos
dixeran.
Xacobe e a súa morte nunca deixaron de estar na súa mente.
Beatriz é a amiga máis achegada a Aroa. Decidiu dedicarse á
psicoloxía en parte pola morte de Xacobe e foi a única que soubo
algo da existencia da relación entre eles dous.
Óscar é o primo maior de Mía. É moi atrevido e festeiro e é seguidor do
Deportivo. Xa de máis grande traballa de mecánico.
Mía é unha rapaza un ano menor ca
os
demais. É moi presumida e adoita falar con termos que proveñen
doutros idiomas ou con frases pouco habituais. Só foi á
viaxe para pasar máis tempo con Xacobe, xa
que
naquel
tempo lle gustaba e lle parecía moi guapo.
Piero é un rapaz italiano que se fixo amigo dos demais o ano que estivo de
intercambio en Galicia. Despois da viaxe segue mantendo contacto con
Nico. Anos despois encárgase do restaurante de seus pais xunto á
súa
muller.
Gustoume
moito porque é un libro misterioso que ata ler o final non sabes o
que pasou con Xacobe, algo que fixo que acabara de ler antes o libro
xa que necesitaba saber o que ocorrera. Ademais encantoume como a
autora describe a cada personaxe.
Laura Torrado Pérez (2º ESO)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)