A
aparición dun cadáver dun mariñeiro nunha das costas das Rías
Baixas da comezo á investigación da súa morte, Leo Caldas e Rafael
Estévez encargaranse diso.
O
cadáver pertence a Xusto Castelo, un mariñeiro solitario da vila de
Panxón. Aparentemente, a súa morte parece un suicidio xa que as
mans do cadáver aparecen amarradas cunha brida, unha forma moi común
de suicidio, pero o que alarma aos policías é que a parte que
cingue a brida aparece pola parte dos meniños polo que é imposible
de que a atase el mesmo.
Os
policías interrogan aos achegados da vítima e descobren que o Rubio
a última vez que fora vista foi o domingo pola mañá, cando ninguén
vai pescar, ademais, tamén descobrenque a morte de Xusto Castelo
podería estar relacionada co naufraxio do Xurelo nunha noite de
temporal, de xeito un pouco estraño. No naufraxio morrera o capitán
do barco e os mariñeiros sobreviventes non manteñen relación desde
ese día. Ademais, tamén recuperan a barca de Xusto Castelo afundida
nun lugar completamente distinto ao que aparecera o cadáver e o
utensilio co que golpearan ao Rubio para deixalo inconsciente.
Como
peza final do crebacabezas, o inspector descobre que ambos os
sucesos, o naufraxio do xurelo e a morte do Rubio, poderían estar
relacionadas coa desaparición dunha muller en Aguiño na mesma noite
cao o afundimento do Xurelo.
Finalmente,
todas as probas apuntan a que Marcos Valverde é o asasino de Xusto
Castelo e da muller desaparecida a noite do afundimento do Xurelo, xa
que esta se resistira aos encantos de Marcos Valverde; e Xusto
Castelo fora asasinado debido a que sabía a verdade do acontecido a
noite do naufraxio, xunto con que estaba farto de ocultar a verdade e
o fillo da muller asasinada o estaba acosando pola morte de súa nai,
influíron na súa morte.
COMPARACIÓN
En
comparación coa novela Ollos de auga,
pareceume moito máis interesante e divertida ca esta última, xa que
a trama de Ollos de auga
é moi simple e intuitiva. En cambio a novela A
praia dos afogados, mantente ata o
último momento coa incertidume de saber quen é o verdadeiro
asasino, ata incluso pensar que o propio asasino puido ser cada un
dos personaxes presentados , xa que cada un podía ter os seus
propios motivos para cometer os asasinatos.
É un libro moi entretido para os amantes das novelas policíacas, e
tamén para os que non o son. É un libro moi ben escrito que
presenta como título de cada capítulo a definición dunha palabra
distinta relacionada coa historia, o que me parece orixinal. Este
libro achéganos as novelas policíacas, tradicionalmente asociadas á
literatura especialmente inglesa, ao noso entorno, mesturando as
crenzas máxicas ou fantásticas galegas, como a nosa relación coa
morte, os amuletos..., á historia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario