sábado, 10 de xuño de 2017

Irmán do vento de Manuel Lourenzo González, Cris Álvarez Mourín (4º ESO)

No 2002, Khaled escribe a primeira das cartas a Alberte, o fillo imaxinario do Dr Meira, Al-Galego, onde vai contando a súa vida nese período de guerra. Khaled preséntalle a Alberte toda a súa familia e comeza a escribirlle ao mesmo tempo o seu conto, o dun califa que ten unha fermosa filla, Sadhua, da que Raid, o protagonista, se enamora, que Khaled seguirá contado en todalas cartas.
 
Nas cartas fainos saber que a súa infancia non foi sinxela, a súa nai morrera e o seu pai volveu casar cunha muller, Zulaid, que foi dificilmente aceptada na familia.

Tamén nos fala da súa namorada, Amrah, a protagonista de Flor de area continuación deste ibro, e dos plans de futuro que ten con ela.

Un día, chegou a guerra de Bagdad e o seu pai foi cos soldados a loitar. Ao principio o pai mandáballe cartas e contáballe como era Bagdad, non mencionaba a guerra para non preocupalo. Recibía moitas cartas ao mes, pero pouco a pouco foron chegando menos, ata que chegou unha informando da súa desaparición.

Khaled foi buscalo, nunha caravana de beduínos, familiares da súa nai. Pasou moitas aventuras divertidas e bonitas polo camiño, pero ao chegar á cidade, atopouse co seu pai morto.

Estaba moi triste, e só, pero quixo levalo a súa aldea para enterralo onde estaba a súa familia. 
 
O día do enterro coincidíu coa súa maioría de idade, 16 anos, e chegou o gandeiro ao que o seu pai lle deixara dito, que tal día como aquel lle levara o cabalo que Khaled quería e ao que lle chamou “irmán do vento”.
A partir diso Khaled emprende unha viaxe xunta o seu querido cabalo.

O libro é moi interesante, conta unha historia que seguramente viva máis dun neno en Iraq. Ademáis tamén nos ensina a forma na que vive unha tribo iraquí, que o fan de xeito moi diferente ao noso e achéganos o sufrimento dos nenos e familias que viven en Iraq, e todo por culpa dunha guerra causada polos intereses económicos dos occidentais


Ningún comentario:

Publicar un comentario