sábado, 10 de xuño de 2017

Pel de lobo de Xosé Miranda por David Rey (3º ESO)

Xosé era un rapaz duns dezasete anos. Un día apareceu na súa casa un home que estaba a buscar a Fulxencio, ó pai de Xosé para encargarlle que foran a cazar un lobo enorme que estaba destrozando as terras do Incio. Entón puxéronse en marcha Fulxencio, Xosé e o seu can Bal.

Chegaron de noite. Estaba nevando e durmiron na casa de Oreste. Despois xa se aloxaron na casa do fidalgo don Eduardo, que tiña dúas fillas, Ana e Aurora.

A xente do pobo dicía que o lobo tiña calidades humáns, porque había xente que o vira saír da casa a dúas patas. O Fidalgo sospeitaba que o lobo entendía o vocabulario humán. O párroco ,don Laureano, levaba balas de cera bendita, as únicas capaces de matar ao lobishome. Unha vella veciña coñecía a historia dos lobishome.

Pasaban os días e os lobos seguían facendo das súas: comeron unha mula e o can de Rosa, e ata mesmo atacaron a unha pastora e o seu rabaño de ovellas. Un lobo negro feriu ao fidalgo esa mesma noite que puxeran unha cabra como cebo no medio do lugar. Pai e fillo tiveron un encontro cun lobo negro enorme ao que as balas nada lle fixeron e desapareceu deixando roupas de muller tiradas. Eles saben que os máis perigosos son dous: un negro e outro branco. 

Organizan unha trampa rodeando o monte con estacas, cordas e dúas liñas de xente facendo ruído para asustar aos lobos. Esta trampa matou a varios, pero non os dous máis importantes. Cando están regresando o lobo perigoso, provoca a desbandada xeral. O lobo negro púxolle a Fulxencio a garra no peito e recriminoulle que andivese matando lobos. Xosé refuxiouse nun secadoiro de castañas, onde acazapado co cheiro lobuno de Bal, tivo que matalo para que non o delatase, non localizou o lobo branco que, ao alba, camiñou a dúas patas e da súa pel sucedeu Aurora. Conseguiu queimarlle a pel, que se resistía a arder, liberándoa así da maldición: non volvería a ser loba. As dúas irmáns eran mulleres-lobas por unha maldición paterna: si querían ser como homes e libres, mellor que fosen lobos. Estando abrazado a Aurora, apareceu o lobo negro, pero Rosa dos Chantos cravoulle unha machada na perna dereita. 

De volta á casa do fidalgo, Xosé queimou a pel de Ana, que estaba na cama porque se ferira nun brazo. Pero ela díxolle que tiña pel de loba e volvería a ser libre. Meses despois, casado xa con Aurora, o lobo negro veu despedirse del, asomándose pola ventá. De cando en vez a xente fala que teñen visto un lobo negro en Oencia ou León, no Faro de Chantada. Esa mesma tarde, volveu a velo el, pero xa non era negro, nin branco, xa era un lobo vello.

É un libro que me gustou moito, sobre todo porque é de aventuras, e no que podemos coñecer como era a vida da xente nas montañas lucenses. Ó final sorprendeume quen eran os lobos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario