sábado, 10 de xuño de 2017

Alexandra de Lola Gándara por Jimena Lema Collazo (4º ESO)

Un grupo de mozos e mozas, amigos do instituto, van a un concerto de Rock pola noite. Para algunha é a primeira saída nocturna e é importante que chegue pronto a casa se quere volver saír.
Estando no establecemento onde tomaban algo, Alexandra desaparece de súpeto. Os amigos empézanse a asustar, e sobre todo Xabi, que estaba moi namorado dela, e Diego e Patri, porque Alexandra levaba unha chaqueta moi importante para a súa compañeira e un sobre cunha certa cantidade elevada de diñeiro de Diego.
A partir do día seguinte, estaban como tolos tentando adiviñar que pasara con Alexandra.
Xabi, que ata ese momento estaba a saír con ela, non paraba de darlle voltas e voltas ao que sucedera, por que pasara así del, e por iso recorreu a Patri para así, tratar de buscala entre os dous. Ao longo da historia, van aparecendo novas personaxes, unha delas é Susana, unha moza punk que acaban coñecéndoa cando Xabi e Patri van á casa de Alexandra cando descobren que, onde crían que vivía, no seu pobo, non vivía aí.
Era moi raro todo o que estaba a pasar, e acaban rastrexando a vida de máis persoas para averigua-lo sucedido. Coñeceran a unha muller anciá que estaba cega, e esta dicía que Alexandra traballaba para ela léndolle libros. Pero Alexandra non era coñecida polo seu nome nese barrio, se non por Inés. Iso desconcertábaos aínda máis. Tamén se atopaba o mordomo da señora, que acabou contándolle todo acerca de Inés-Alexandra a Patri e a Susana. Alexandra ocultaba a súa identidade porque non quería que se soubese que era filla duns cantantes de ópera, e que os seus pais morreron nun incendio o día da estrea da obra na que cantaban.

A novela transmite os valores da amizade e tamén do amor. É un libro moi recomendable para todos os adolescentes e sobretodo, para as persoas ás que lles gusten os libros de intriga

Ningún comentario:

Publicar un comentario