O
Sábado 14 de marzo de 2009 ten lugar unha reunión no Consello
Nacional do BNG onde dimite Óscar Quiroga, secretario xeral do
partido que coincide coas eleccións á Xunta de Galicia. Pouco
despois desa reunión, un dos parlamentarios do BNG, Mario Dacosta
morre asasinado nun garaxe de tres disparos. O secretario xeral da
UPG contacta con Alberte Cudeiro, un detective do barrio ourensán do
Couto para que, a espaldas da policía, investige o crime. Alí en
Santiago, Alberte entra en contacto con persoas como Sara, estudante
de xornalismo, entre outros, para ir averiguando máis pistas. Tamén
entra en contacto con Alicia Souto, membro do BNG, coa cal ten unha
pequena relación sexual, máis que amorosa. En Santiago coñece
tamén a Benigno García Serantes, un excapitán da Garda Civil o cal
lle conta que él e o avó de Mario Dacosta, Ramón Dacosta, o cal
era falanxista e morrea nun enfrentamento cuns mineiros en León,
participan na tortura e asasinato de Camilo Bonzo Seoane, un
zapateiro anarquista de Celanova, a comezos da guerra civil. Máis
tarde, Alberte infórmase sobre o anarquista preguntándolle ao autor
dun libro sobre desaparecidos nesa zona de Ourense e viaxa ata alí
para averiguar as súas orixes. Benigno morre e chega a Santiago un
fillo del, Ricardo, o cal lle entrega a Cudeiro unha condecoración
que lle dera Franco ao seu pai polos seus servizos na División Azul.
Alberte regresa ao lugar ourensán onde pescudara e atopa unha
vivenda onde según un testigo fora a casa dun fillo do anarquista,
agora en ruínas. Nuns restos da vivenda atopa un cartel dunha
inmobiliaria que o leva a contactar cun neto do anarquista, o cal era
o seu propietario: un tal Ernesto Aguiar. Ao cabo dun tempo, este é
detido por estafa. Cudeiro, fala cun exmembro da UPG e cóntalle que
un tal Daniel Aguiar fora expulsado do partido por ideas extremistas
facía máis de 15 anos e que agora tiña ideas de extrema dereita.
Cudeiro chega á conclusión de que el é o asasino. A policía,
durante ese tempo tamén chega ás mesmas conclusións pero cuns
métodos de investigación diferentes. A conclusión foi que Daniel
Aguiar fora expulsado do partido por Mario Dacosta, entre outros e
Daniel por este motivo, por ideas políticas diferentes e por que
tiña problemas de bipolaridade asasínao. Tamén intenta asasinar ao
secretario xeral da UPG pero Cudeiro impídello.
Ao final, Cudeiro
descobre que Daniel non matara a Mario por vinganza sobre o tema do
seu avó senón por ideas políticas. Ao final Daniel suicídase, o
BNG resolve os seus problemas internos e Cudeiro di onde está
soterrado Camilo Bouzo tras ler unha nota que lle deixou Benigno.
Esta
novela está basada na novela Asesinato en el Comité Central de
Manuel Vázquez Montalbán, pero en lugar de recrear as divisións
internas do PCE, recrea as do BNG. A novela tamén se pode comparar
co caso de Camilo e Perfecto de Dios, os dous guerrilleiros de
Sandiás terriblemente castigados polo extremismo de dereitas. Nesta
novela, ao igual que no caso de Camilo e o seu irmán Perfecto
reflíctese a forte represión de ultradereita contra persoas que
intentaban defender as súas ideas. Neste caso o “Perfecto de Dios”
tomaría o nome de Camilo Bouzo Seoane.
A novela
amosa as diferenzas existentes entre membros dun mesmo partido,
motivadas por distintas ramas ideolóxicas dentro dunha gran rama
ideolóxica común. Tamén intenta transmitir a idea de que tanto as
ideas de esquerda política como as de dereita se se levan ao
extremismo radical deixan de ser ideas políticas e pasan a ser
fanatismo, obsesión e maldade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario