martes, 26 de novembro de 2013
Lectura de contos infantís para traballar a igualdade entre homes e mulleres nas aulas de Infantil
O Día 25 de novembro para conmemorar o Día internacional para a eliminaciòn da violencia contra as mulleres, o EDLG, xunto co Departamento de Lingua Galega, organizou por proposta de tres alumnas de 4º da ESO, Lara Amado de Miguel, Alicia Caamaño Rodríguez e Jéssica Pose Rodríguez, a lectura de contos infantís para o alumnado de 4 e 5 anos de Educación Infantil do noso colexio. Os contos elixidos, cuxos títulos eran O pais dos mandóns e mais O segredo de Flora trataban o tema da igualdade entre homes e mulleres. A experiencia resultou xenial e os máis cativos quedaron encantados coas nosas estupendas lectoras. Podedes ver máis fotos da xornada e ler máis información sobre os contos no blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do cole.
Eu o que quero é xamón!!!
Déixovos aquí o video que estivemos vendo hoxe na clase de 3º ESO para lembrar aqueles divertidos vídeos musicais do Xabarín club, programa xuvenil co que medrou toda unha xeración da mocidade galega. Desta volta escollemos a contribución de Miguel Costas e Aerolineas Federales con esta oda ao xamón
Para resolver as dúbidas cos verbos, conxúgaos no Conxugador Cilenis
Se tes dúbidas cos verbos irregulares, ou con aqueles que presentan alternancia vocálica e que máis traballo che dan, podes axudarte deste ferramenta para repasar a conxugación e para non cometer grallas nas túas redaccións ou recensións de libros.
Este valiosísima ferramenta informática tamén ten unha versión para os verbos en castelán e mais en portugués.
Ademais a empresa que o confeccionou acaba de presentar un corrector intelixente que permite mellorar a aprendizaxe, o ensino de linguas, e tamén mellorar a xestión de linguas, proxecto que vén de ser recoñecido a pasada semana en Lisboa no marco do Building Global Innovators, unha iniciativa do Massachusetts Institute of Technology (MIT como podedes ler nesta noticia publicada no xornal dixital en galego Praza Pública
luns, 25 de novembro de 2013
Goodbye rivers, goodbye springs, unha fermosa homenaxe para a nosa grande Rosalía
Este fermoso video co recitado bilingüe inglés-galego do famosísimo poema "Adiós ríos, adiós fontes" da nosa poeta máis internacional, chéganos con acento irlandés. No colexio de primaria St. Mary's School de Mullaghbawn en Irlanda do Norte idearon esta marabillosa e sentida homenaxe a Rosalía, no 150 aniversario da composición deste poema que fala da emigración e que representa tan ben a tristura daqueles que deixan atrás persoas, bens e a terra querida, sentimentos experimentados por milleiros de galegos e irlandeses ao longo de centos de anos. Emocionádevos ouvindo os versos de Rosalía nas voces infantís destes cativos irlandeses, gozade con esta estupenda homenaxe á nosa grande poeta.
Desde unha estrela distante de Agustín Fernández Paz
Daniela ten
case nove anos e vai pasar uns días na casa da súa avoa, en Mondoñedo. A
razón é que os seus pais teñen que preparar a mudanza á súa nova casa
en Vigo e estarán moi liados co traslado dende Lugo para
facerse cargo dela. Á nena este cambio énchelle de tristura, non quere deixar
ás súas amigas, o seu colexio, o seu barrio. Na vila Daniela decide
subir a explorar ao faiado, e ao abrir un vello baúl encontrarase cun rato que
comeza a falar con ela. Este resulta ser en realidade un extraterrestre capaz
de cambiar de forma. A rapaza, aínda co susto no corpo, baixa ao seu cuarto
xunto ao ser e este explicaralle a que veu ao noso planeta para explorar,
coñecer mellor os humanos e, tamén, a intentar descubrir o paradoiro doutros
viaxeiros interplanetarios que lle precederon e dos que xamais volveron saber.
A rapaza fará bo caldo co extraterrestre, ao que chamará Edu, e lle axuda
na súa misión, aínda que ocultándoo ao resto da súa familia. Alimentarao,
explicaralle algunhas cousas e axudaralle a que se introduza no local onde
traballan a súa tía e o mozo desta, que está moi preto da casa da súa avoa.
Alí, Edu terá acceso a varios ordenadores conectados a Internet, cos
que poderá ampliar as súas investigacións. Pero pronto chega o día en
que Daniela ten que irse coa súa nai a Vigo,
e Edu decide acompañala. En Vigo, o extraterrestre descubrirá
unha gran cidade sobre a que lle gusta voar camuflado como unha gaivota;
ademais, seguirá consultando Internet e poderá visitar o estudo do pai
de Daniela, un recoñecido debuxante de cómic.
Cando Daniela comece o colexio, el asistirá ás clases para saber como
aprenden os nenos humanos. Marabillarase das capacidade destes para «crear as
súas conexións neuronais», aínda que tamén se horrorizará cando descubra que
estes son moi crueis e como dous deles acosan a súa pobre amiga, algo ao que el
poñerá remedio. Mentres, grazas a Facebook, Edu contacta con
algúns dos exploradores que lle precederon, e estes rexeitan reunirse con el ou
volver ao seu planeta, cada un por distintas razóns. Por fin, o día no que o
viaxeiro debe volver ao seu planeta chegou. A tristura embarga os dous
protagonistas ao ter que separarse. No último minuto, Edu envía unha
mensaxe ao seu planeta: polo momento vai quedar na Terra para seguir aprendendo
de nós e pasar máis tempo coa súa amiga.
Fernando Rey (2º B)
Fernando Rey (2º B)
sábado, 23 de novembro de 2013
O príncipe da brétema de Carlos Ruíz Zafón
O pai de Max comunícalle a toda a familia que se van mudar. Cando xa estaban de mudanza, Irina ve un gato negro na estación do tren e seu pai déixalle levalo pra súa nova casa. Na estación Max observa algo moi estraño: as agullas do reloxo van en sentido contrario. Cando chegan á nova casa, ven que está moi preto da praia, e o pai de Max cóntalle a familia a historia da casa, e con ela que o fillo dos anteriores donos morrera afogado. Ao día seguinte, Max ve dende a súa habitación un xadín de estatuas e decide ir visitalo. Ao chegar alí, ve que o xardín está abandonado e volve para a casa. Max, vai dar un paseo coa bici, e por casualidade, coñece a Roland, e este, invítao a ir mergullarse con el. O día seguinte, Alicia, Max e Roland vanse mergullar e ven o buque. Max ve un símbolo grabado no buque que lle resulta coñecido, porque o vira no xardín de estatuas. Logo, Roland cóntalles a historia do Orpheus, que así se chamaba o buque. Max dille a Roland que hai algo na historia que non cadra. Ao chegaren á casa dos Carver, entéranse de que Irina caeu polas escaleiras. O día seguinte, os tres rapaces van falar co avó de Roland. Víctor Kray, o vello fareiro cóntalles a historia de Eva Gray e Richard Fleischmann, do seu filo Xacob, e do Dr. Caín, o Príncipe da Brétema. Richard Fleischmann pedíralle o Dr. Caín o amor de Eva Gray, e este concedérallo, a cambio do seu primeiro fillo. Ó chegar a casa, Max bótalle un vistazo as películas caseiras de Xacob Fleischmann. O amencer, vai á praia e descobre a Roland e a Alicia bicándose.
Déixaos alí e Max pensa en ir visitar a tumba de Xacob. Chega alí, e percátase de que non está só no mausoleo. Cando pode, o rapaz foxe do cemiterio e vai falar co vello fareiro. O día seguinte, Alicia, Roland e Max volven a mergullarse, pero atópanse cara a cara co Príncipe da Brétema e case leva a Roland. O fareiro vai ver a casa dos Carver e o xardín de estatuas, e queda sorprendido o ver que está baleiro. O chegar a casa, Max pon as pelis de Xacob Fleischmann, e por casualidade, o que está gravando reflíctese nun espello e o rapaz descobre que Xacob e Roland son a mesma persoa. Despois desta revelación, Max ve a Víctor Kray e ínvítao a pasar. Max dille que xa sabe o de Xacob e Roland. O vello cóntalle que tivera que salvar a Xacob de morrer afogado, e Eva Gray, pedíralle que se encargara do neno, porque se seguía con eles a súa vida correría perigo. Víctor Kray aceptou. Este díxolle que Max índa non sabía que él era Xacob Fleischmann. O Dr. Caín volve a por Xacob, que se encontra na súa cabana da praia, e ponlle como presa a Alicia, porque sabe o moito que a quere. Roland dille que solte a Alicia e que o leve a él, que é a quen quere realmente. Max trata de parar o Príncipe da Brétema, pero él e superior as súas forzas. O Dr. Caín acepta o que Roland lle propón e dille en que camarote do Orpheus está agochada a rapaza. Roland vai a por ela e atopaa, pero xusto cando estaban a piques de saír do Orpehus, una viga de ferro cae sobre un dos pés de Roland, obrigándoo a quedar en mans do Príncipe da Brétema para sempre. Alicia afortunadamente sálvase, pero lémbrase moito de Roland. Ao final, Víctor Kray marcha, porque desafortunadamente a súa misión xa rematara, e déixalle a Max as chaves do faro, e éste convértese no
novo fareiro da vila.
É un libro moi interesante porque non sabes o que vai acontecer.
Lucía Gagino Fernández (2º A)

A viúva do camposanto por Lucía Gagino Fernández (2º ESO)
Esta é a historia dunha rapaza, duns 15 anos, que quedou encantada por arte de maxia.
Un día, María, que así se chamaba, subía a costa do monte Amarelo na súa bicicleta nova. Non ía soa, pois a súa avoa dixéralle que fora pasear co can. Para chegar á cima do monte Amarelo, tiñan que pasar a carón do camposanto vello, que levaba anos abandonado. O desgrazado do can saltou a portela do cemiterio, e, María, ao ver que tardaba, foi adentro a ver se lle pasara algo. Estaba comezando a anoitecer, e unha espesa brétema cubría o camposanto. Ao entrar, escoitou o que lle parecía unha muller chorando. Adentrouse un pouco máis, e viuna axeonllada ante unha tumba. María olvidouse por completo do
can, e coma se tivera un imán que a atraese cara ela, achegouse á muller e preguntoulle:
- Señora, atópase vostede ben? -preguntoulle María cun fío de voz.
Entón, a señora deuse a volta e María contemplou como o seu rostro pálido se agrandaba, os seus dentes afiados asomaban por esa boca que se ensanchaba, os ollos volvían a unha cor avermellada e da súa boca empezaba a agromar a brétema pola que estaba cuberta o cemiterio.
María quedou atónita ao ver ese fenómeno anormal, e cando quixo arrecuar, viu que a néboa tomara consistencia e volvérase coma unha parede. Ó chocar coas costas na parede, deuse conta do que estaba a ver: a viúva que matara, segundo di a lenda os seus dous maridos, e por medo a que o seu amante a delatase, asasinouno tamén, e agora, o seu espírito atormentado vagaba polo cemiterio chorando a morte dos seus cónxuxes. Tamén lle contara a súa avoa que esa viúva, segundo a historia, tiña un punto moi débil, que era falar coa xente de bo corazón, e a viúva, ao querer responderlle a María, empezou a estoupar, e do
seu frío corazón saíron os espíritos atrapados que ela matara coas súas propias mans anos atrás. Á rapaza fixéraselle un nó na gorxa e miraba sorprendida aquel maléfico espectáculo. De repente, a viúva volveuse envolta nunhas lapas e poucos segundos despois en cinzas, que o vento levou con facilidade.
María ao ver desaparecer as cinzas no vento, viu a oportunidade perfecta para fuxir e así o fixo. Cando levaba pedaleado na súa bici uns vinte metros, deuse conta de que o can quedara no camposanto e non viñera a canda ela. Entón, María díxose a sí mesma:
-O can xa virá se quere, que eu aí dentro non volvo! - e seguíu pedaleando ata chegar a casa.
Ó chegar a casa a avoa preguntoulle polo can, e xusto nese intre, cando ía darlle unha escusa convincente, a porta da entrada abriuse de golpe e o can entrou coma una bala e co rabo entre as pernas. O pobre tamén levou un bó susto!
Relato Gañador do Concurso do Samaín para o 1º Ciclo da ESO

O misterio do estraño libro do Samaín por Darío Santiso Varela
Un
31 de Outubro de 1908, Xoán, Miguel e Antón
quedaran a estudar na biblioteca do seu colexio os costumes do
Samaín en Inglaterra . Entre dez libros atopados sobre o Samaín
había un que se titulaba “Terrorific Halloween “. Ese libro
pareceulles raro non só pola portada, senón que por dentro había
unhas gotiñas de cor vermello que parecían sangue. Entre os tres
decidirán que ese libro o levarían unha semana cada un. A primeira
semana levouno Xoán. Ao chegar o luns ao colexio víronse os tres .
Que tal está o
libro, Xoán?- preguntou Antón .
Ben, lin os
primeiros capítulos e non vou ler maís – dixo Xoán
E logo? – preguntou Miguel
Porque lin una
frase e ó rematar empezou a soprar o vento e a entrar un fume de
cor negro na miña habitación – dixo Xoán
Boh! Iso pode ser
nebóa - dixo Antón
Non creo eu …- dixo Miguel.
Quedaron os tres na
casa de Xoán para saber se iso era certo. E os dous quedaron apampanados ao ver que o que dixera Xoán era realidade, pero, de
súpeto, Xoán desaparecera. Ese feito xa cambiara as cousas, agora
tocaba buscar e atopar a Xoán.
Onde estará Xoán? – dicía Miguel. Volveron a quedar os dous para poder atopar a
Xoán.
Eu séndoche
sincero teño medo – dixo Miguel.
Ti tes medo por
todo, mexericas !- contestoulle Antón.
Pero, de repente, o
libro empezou a salpicar sangue, escoitábanse palabras raras e do
libro empezou a saír un home sen cabeza cheo de sangue e cun
coitelo espetado no lombo. Antón e Miguel, mortos co medo, empezaron a berrar . Era Xoán, que o asasinaran. Eles estaban preocupados
de que ían ir para o cárcere cando, de súpeto, se escoita
Agora é o voso
turno !- E nese mesmo momento desapareceron Antón e Miguel, e non se
volveu saber nada deles.
A misteriosa casa abandonada de Don Modesto por Eloy Mato Rial (1º A)
O sábado 12 fun ensilar o millo co meu veciño “ O Marroco “ . Non me refiro con isto a ir a riba do silo axudar a estendelo. Non. Refírome a ir dentro dos tractores que veñen ensilar.
Pero antes de ir fun dar unha volta na bicicleta ata a fonte de Dombate, unha vella fonte que está preto do monte. Alí, ao carón da fonte, está unha vella casa abandonada. É a casa de Don Modesto. Don Modesto era un home vello que morreu nesa casa por cousas que ata agora se descoñecen xusto antes de eu nacer. Nunca me adentrei nesa casa pero aquel sábado picoume a curiosidade por saber o que alí había.
Deixei a bici xunto á fonte e achegueime á casa. É unha casa sen pintar e sen recebar que ao lado ten un cabanote de cemento. A porta non foi difícil de abrila. Estaba medio atrancada pero fun capaz de forzala.
A casa por dentro era normaliña. Coma outra calquera. Só que estaba medio gastada co paso dos anos. Fun vendo cada un dos departamentos da casa ata chegar ao faiado. Cando me dispuña a subir oín un ruído no piso de abaixo. Entón baixei e non había ninguén. Que raro! Xuraba que era un ruído forte. Saín da casa e xa empecei a oír o bruído dos tractores.
Fun nos tractores ata o mediodía. Despois xantei e collín unha lanterna para volver de novo á casa. Deixei outra vez a bici xunto á fonte e entrei na casa.
Pareceume oír o chirriar dos freos doutra bici. Entón fun fora e a bicicleta xa non estaba. Que estraño! Primeiro oio un ruído na casa e logo róubanme a bici. Quen será o bromista ?
Continuei a miña expedición e desta vez metinme nun corredor secundario da casa. Había unha porta entreaberta da cal saía un forte resplandor de luz artificial. Alí xunto á porta había rastros de sangue e tamén un estraño po branco. Asusteime e quixen marchar pero un home coa cara cuberta ameazoume cunha pistola. Era unha pistola Beretta das boas. Notábase que o tipo era un home de negocios. Levoume ata
o faiado da casa e alí atoume. Estiven media hora atado. Calculeino por un reloxo que había no faiado. Detrás miña había unha mesa e na mesa había un coitelo. Collino con dous dedos e cortei as cordas. Agocheime. Cando veu outra vez o home collín unha estaca e golpeeino na cabeza. Ateino e baixei outra vez á porta onde estaba o sangue e o po branco. Collín unha pequena mostra de cada un e marchei de alí a escape.
Cando cheguei á casa, bebín algo e fun xunto do Marroco contarlle o sucedido. Fun xunta el porque ten un analizador do leite das vacas e entón pensei que me podería servir para analizar o sangue e o po. O Marroco analizouno e díxome que o sangue era humano e o po era droga . Quedei sorprendido. Ao Marroco conteille toda a historia da casa e el díxome que a fin de semana seguinte iría comigo a dentro da casa.
Así que a fin de semana que vén collerei unha lanterna, a escopeta do meu pai e adentrareime de novo co Marroco na casa, así que ¡desexádeme sorte!.

xoves, 21 de novembro de 2013
Quérote máis d'O sonoro maxín
Para o alumnado de 1º ESO, déixovos o video do grupo O Sonoro Maxín coa versión galega da canción infantil do grupo vasco Pirritx eta Porrotx titulada Maite zaitut. Desfrutade do animado videoclip e non deixedes de llelo descubrir aos vosos irmáns cativos, veciños e amigos
Podedes escoitar tamén e ver unha fantástica posta en escena da canción cantada en euskera
Unha canción pacifista, Desertor, de Lamatumbá!!!
Para o alumnado de 3º ESO, aquí vos deixo a canción Desertor do grupo galego Lamatumbá para que fagades o comentario sobre a letra e sobre a temática da canción e sobre as sensacións que vos suxire escoitar esta animada melodía. Podedes mergullarvos na rede e investigar máis sobre este grupo galego e a súa divertida música.
Desfrutade da festa con Lamatumbá!!!!
Aquí tedes a letra para analizar o poema musicado
Todo va em pendente, da guerra a serpente tem a comissão, mas eu sou desertor pela força do amor do meu coração sangue não desejo. Eu peço-te um beijo Grande como o mar Fico desarmado, De braços alçados Para me libertar. Sou desertor, Enquanto a terra arde Mandam os cobardes Apagar o sol Sou desertor Não é brincadeira Só sigo a bandeira Deste meu amor. (bis) Soldado da nação, Tras civilizaçãono fio do teu metal.Procuro entre lençóis Uma guerra para dois Que não faz tanto mal. Guerreiro é mercenário, meu amor é honorário grande tradição Mas grande é teu honor Medalha de Desertor Diz a guerra não Sou Desertor ….. A paz é chumbo e balas Se queres com mercá-la É vosso o presente A guerra é pela paz É bom quando se faz língua de serpente Alçados o povo Para pedir de novo Não à guerra, não Todos desertores Na rua os amores Juntam-se das mãos Sou Desertor ……

O pozo do vello por Sergio Caamaño Maroñas (3º A)
Nunha vila perdida, no
medio dunha montaña, hai un vello pozo no que hai moitos carteis de “NON
ACERCARSE”.
Unha noite de festa dez rapaces de menos de
dez anos estaban a xogar ás agachadas. Ás doce e media da noite nunha desas partidas
non atopaban a Roberto, e todos se puxeron a buscalo. Ao atopalo, xunto a unha
árbore, comprobaron que estaba moi nervioso e levárono a xunto da súa nai, cando
se tranquilizou contou que se escondera detrás do vello pozo e empezou a oírse
unha voz que dicía:
-
O que
este aí que se prepare para morrer, O que este aí que se prepare para morrer, O
que este aí que se prepare para morrer …
-
E logo,
non viches os carteis?-preguntoulle súa avoa.
-
Si,
pero non fixen caso.
-
Condenáchesnos a todos, rapaz!
-
Mamá,
non lle digas esas cousas ao neno.
-
É a
verdade. Ou, non te acordas da historia que che contaba de pequena?
-
A do
vello o que ninguén quería na vila e como roubaba tirárono ao pozo.
-
Pois
iso, é a maldición do pozo; se alguén se acerca a máis de dous metros, o vello
sae do pozo e non volve a el ata pasados cen anos, e acaba con todos os que
viven na vila na que se atopa o pozo.
De repente, apareceu un home cheo de
farrapos vellos cheos de sangue pedindo esmola.
-
O
vello!- berrou a avoa.
-
Vou
acabar con todos vós!- dixo o vello.
E de súpeto, deu unha patada no chan
e de alí saíu unha onda que lanzou a
xente ao ceo, o camión da orquestra e todo o que alí se atopaba excepto
o pozo. Ao caer a xente comezou a comelos a todos. A cada persoa que comía,
íalle aparecendo novos poderes sobrenaturais.
Esta historia está datada do 20 de Maio do
1915. Cada cen anos o pozo cambia de vila.
Descubrín o meu segredo por Marcos Blanco Mouzo (1 A)
Esta
historia non é de Samaín, nin de Halloween, é tan só o que me pasa a min. De
sempre fun un neno moi delgado, o meu médico, Ángel, sempre estivo abraiado,
meus pais din que non como, no cole din que non como, máis esa non é a causa.
Tamén rompo moitos ósos cada vez que caio, e estou cada vez máis branco. Nada
disto se debe a cousas que os meus pais entendan, só Marcos, meu irmán é quen
de comprendelo, hei de contarvos o que
me pasa, seguide a ler ata o final.
D.
Antonio, o cura de Cándoas, é xa un señor maior e o día do bautismo de Marcos
confundiu o Santo Crisma co óleo dos defuntos, este erro converteu a meu irmán
nunha das poucas persoas que pode ver á Santa Compaña, ninguén sabía isto ata
que na noite do Samaín ...
A
Santa Compaña é unha comitiva de almas
en pena, unha procesión fantasmal formada por dúas filas. Cada fantasma leva
unha candea acesa e ao seu paso deixa un cheiro a cera no aire. Á fronte desta
compañía fantasmal encóntrase un
espectro maior chamado Estadea. A procesión vai encabezada por un mortal (vivo)
portando unha cruz e un caldeiro de auga bendita, seguido polas ánimas que
levantan vento ao seu paso. O vivo que encabeza a procesión é home ou muller
dependendo de se o patrón da parroquia é un santo ou unha santa. Quen realiza
esa "función" non recorda durante o día o ocorrido no transcurso da
noite, unicamente se poderá recoñecer ás persoas penadas con este castigo pola
súa extremada delgadeza e palidez.
O
patrón de Cándoas é San Martiño...
O
vivo non descansa noite ningunha e vaise debilitando sen ninguén saber por que
ata morrer ou pasar a luz que porta a outro incauto. A Santa Compaña percorre
cada noite a casa dos que están a piques de morrer.
Na
pasada noite de defuntos meu irmán viume marchar a media noite sen dicir nada,
seguiume e no cruce de Rebordelo, Monelos e Taboido viu como me colocaba á
cabeza da procesión, os cans de todo Cándoas ladraban como tolos e os gatos
fuxían a fume de carozo.
Se algún de vós está a sentir pena por min lamento comunicarvos
que na última semana pasei pola noite pola porta de tódolos nenos e mestres do
cole das Revoltas, vémonos na Eternidade.
O Día de Samaín Paula González Castro (1º A)
Un día de Outubro unha rapaza e un
rapaz ían de camiño cara a casa. Cando se despedían , Xiana escoitou un berro
que precedía dos sumidoiros.
Pedro ti escoitaches ese berro- dixo
Xiana.
Non, e logo, ti escoitaches algo?
Si, escoitei un berro que viña dos
sumidoiros.
A ver, imos mirar.
De repente, cando quixeron abrir a
tapa do sumidoiro para mirar se había alguén, esta movíase e Pedro dixo: Imos
escondernos aí detrás.
Si, imos- dixo Xiana.
Agocháronse detrás duns matollos e
viron como da tapa do sumidoiro saía un ser sen vida que se desprazaba
rapidamente. Teña cara de demo, unhas mans con unllas de ferro, e ía vestido
cunha camiseta e uns pantalóns ensangentados, das mans goteábanlle pingas de sangue e cando este ser desapareceu
Xiana dixo:Veña Pedro, imos aí abaixo.
Non, vai ti, eu non vou, marcho para
a casa
Non, ti ves comigo- dixo Xiana.
E Xiana arrastrou a Pedro para a tapa
do sumidoiro.
Abrírona,... baixaron e comezaron a
andar e, de repente, Pedro escoitou un ruído detrás del e cando pronunciou o nome
de Xiana un ser coma o que viran antes saír de alí atrapouno, e a Xiana xa non
lle deu tempo de ver a Pedro e pensou que xa marchara.
Media hora despois, cando xa levaba
andado un anaco, escoitou uns pasos, como se a estiveran seguindo, xirouse e viu
dez seres que a rodeaban e cando quixo botar a correr, estaba rodeada e
atrapárona e matárona.
A noite dos vampiros por Álex Bellón Beizana (2º A)
Era a noite do cumpreanos de Sergio. Ata ese momento todo fora moi divertido, pero xa estaba a cambiar todo.
Eu quedara só, pois os meus amigos foran ao bar de Pepe a buscar unhas pizzas para cear.
De tan aburrido que estaba pensei que para distraerme ía contar as escaleiras que tiña a casa de Sergio. De pronto, nunha delas vin unhas manchas de sangue. Ai,meu Deus, que estaba pasando?
Antonio, o do súper, dixera que polas noites os vampiros veñen chupar o sangue aos nenos.
Os outros non viñan coas pizzas e eu estaba a pensar que algo lles pasara.
A néboa non me deixaba ver máis que ata á esquina do garaxe do pai de Sergio. De pronto vexo vir unha persoa cunha pelame moi longa e un abrigo deses coma os que levan os vampiros. Miña nai,que medo!.
Pouco a pouco viña cara min e eu tremía de mans e pernas pois para min iso era un vampiro que me viña chupar o sangue.
Cando o meu corazón estaba a mil por hora pasou algo moi raro. De repente, o vampiro desapareceu e os meus amigos xa volveran.
Eles non paraban de rir e dixéronme que tiña cara de cadáver, do branco que me puxen con tanto medo.
Hoxe sei, ou penso, que me durmín e que todo foi un sono.
Porén, teño unha rara sensación no pescozo e hai veces que desexo tomar sangue.
martes, 19 de novembro de 2013
A Cincenta que non quería comer perdices
Esta versión moderna da Cincenta fainos reflexionar sobre o papel das mulleres nos contos tradicionais infantís e cuestiona a imaxe de mulleres submisas e supeditadas aos desexos dos homes que deciden por elas e lles fan perder liberdade, os soños e as tomas de decisións sobre as súas propias vidas. Aquí tedes a oportunidade de desfrutar coas transgresoras vidas dunha Branca de Neve negra, una Cincenta que se rebela ao seu destino de cociñadora de perdices e á escravitude de ter que camiñar facendo equilibrio sobre incómodos e insans zapatos de tacón, unha Bela Adormecida que rexeita a inxesta de antidepresivos ou un Home de Folla de Lata que ensina a chorar a outros homes.
Todos eles son axudados pola fada basta que chega ás súas vidas para os aloumiñar e os axudar a seren felices e a decidir por si mesmas o camiño que van a tomar no futuro.
Desfrutade da lectura e reflexionade sobre o papel tradicionalmente asignado á muller nos contos tradicionais que nos leron desde cativas.
O fantasma do armario por Nuria Abelenda Rama (1º A)
Érase unha vez un neno chamado Gapito, o pobre estaba coxo dunha perna e tiña poucos amigos, un día os seus
pais sentírono chorar e os pais preguntáronlle por que choraba el contestoulle
que estaba triste e que non tiña amigos,
e seu pai díxolle ¿Por qué non nos invitas unha fin de semana á nosa casa? Entón Gapito díxo; direillo mañá
cando os vexa na escola.
Ao día seguinte pola mañá, Gapito ergueuse alegre porque ía
invitar os compañeiros á casa. Cando
chegou á escola díxolle aos tres únicos
amigos e eles dixéronlle que si; cando xa chegara a fin de semana e chegaron os
amigos. Xa era de noite . Cando foron para a cama sentían uns ruídos e batíanse
as portas do armario de Gapito e tamén se sentía abanear a lámpada, e encenderse e apagarse
as luces; de súpeto, sentiuse un berro; xa estaban todos tremendo cando se abriu
a porta e veu unha sombra.
Eles estaban todos agarrados, a punto de cagarse cando
sucedeu: encéndese unha luz. Era a avoa de Gapito cos pelos de punta e con dentes
podres no vaso pensando que era o baño; eles, co susto que levaron, non foron capaces de durmir. Pouco a pouco foi
amencendo e cando Gapito durmía os seus amigos marcharon pola ventá gritando
con medo e nerviosos. Cando todos os veciños saíron disfrazados de
“CAVERNÍCOLAS” rodeárono e perseguírono ata a casa e mataron o seu querido
can. Foi enterrado no cemiterio da aldea coñecido como a “TUMBA DAS ARAÑAS”. Gapito
deuse de conta e saíu a acudir, dixéronlle
que o querido can estaba enterrado na "TUMBA DAS ARAÑAS”. Entón, o
fantasma do armario empezou a berrar porque o metía a el
na "TUMBA DAS ARAÑAS”.
Gapito colleu tanto medo que nunca máis invitou os seus
amigos á casa, e nunca xamais apareceu o can dos seus amigos; e así acabou a
historia.
Nuria Abelenda Rama (1º A)
Resalgario de Antonio Reigosa
Resalgario é un dos fillos máis novos do Demo Maior. Un
día Resalgario facendo trasnadas, foxe do inferno e métese no carro do pai o
día no que o Demo Maior vai dar un paseo
polo mundo. O Demo Maior ao descubrilo castígao a facer a peregrinación a
Compostela a visitar o San Croques. Resalgario, disfrazado de humano vaise encontrando con diferentes atrancos polo seu
camiño.
Resalgario
despois de darlle os croques a San Croques, decide non marchar e quedar coa súa
namorada.
Ana Lema Rivera (2º A)
A cabeza da medusa de Marilar Aleixandre
Hai unha festa de antroido á que acoden todos os rapaces da escola. Ao acabar, Lupe e Sofía deciden ir no
coche duns rapaces da festa en lugar de esperar por un taxi. Pero os rapaces
non eran do instituto, senón dous anos máis grandes ca elas, e por riba ían algo
bébedos. En vez de levalas á casa como prometeran, van a un camiño afastado, viólanas
e despois marchan deixándoas alí. As dúas rapazas teñen que camiñar ata un
letreiro e despois chamar á casa para que as veñan recoller. Denuncian o caso,
aínda que os pais de Guadalupe non están de acordo. Están moi traumatizadas e
na escola son fonte de toda conversa. A maioría da xente apóiaas, pero un rapaz
chamado Mauricio fai todo o posible por arruinarlles as vidas. Convencida polos
seus pais, Lupe retira a denuncia, e aproveitando o momento, o pai do agresor
de Sofía ofrécelle un suborno, que ela non acepta. Despois diso, a súa
compañeira dáse de conta de que obrou mal, e volve presentar a denuncia. Ao
final seguen loitando non só por elas, senón tamén polas mulleres que veñen
atrás.
Mariña Lema Blanco (3º A)
A sombra do camiño vello por Laura García Eiroa (1º A)
Conta unha
lenda, que no ano 1819, ocorreu unha das cousas máis estrañas nunha nunha noite
de Samaín. Antón, era un rapaz de doce anos moi tímido que vivía nunha pequena
aldea galega. Polo día, no colexio mandáranlle facer un traballo cun compañeiro
e tería que ir á súa casa pola noite. A única maneira posible para chegar á súa
casa, era cruzando un camiño sombrío e abandonado polo medio dun monte, pois
vivía nun lugar bastante apartado. Ese camiño era coñecido como o “camiño
vello”.
De
día, o camiño era bastante acolledor, daba gusto pasear por el, sobre todo en
días soleados, xa que as árbores facían sombra. En cambio, cando o sol se
poñía, aquel lugar comezaba a cambiar completamente, e pasaba de ser agradable
a ser todo o contrario.
Chegou a hora de que Antón fora á casa do seu amigo. Aos seus pais
xurdíralle un imprevisto, tiñan que ir a
un velorio dun familiar que xusto morrera ese día de Samaín. Os pais dixéronlle
a Antón que non o poderían compañar á casa do rapaz e tería que ir só.
A
el tremíanlle as pernas só de pensalo, pero fíxose o valente diante dos seus
pais.
Chegou o momento. Saíu pola
porta xa con medo e deuse de conta dunha cousa: ‘se penso no medo cada vez vou
ter máis, irei pensando en ideas para o traballo’. Adentrouse no monte, comezou
a camiñar polo camiño. Estaba todo escuro, el levaba un candil na man, que
tremía dunha maneira esaxerada. O vento movía as árbores facendo sombras que
cada vez metían máis medo a Antón, pero a el o que máis lle preocupaba era esa
sensación que tiña de que o seguía alguén. Non se atrevía a mirar para atrás.
Caíanlle as pingas de suor pola testa, o corazón íalle a mil por hora, sentía
os latexos tan cerca que apenas podía escoitar os sons dos arredores. De
repente, sentíu partirse unha póla dunha árbore detrás del. Deu un brinco
grandísimo e o candil caeu no chan e apagouse. Xa non podían ir as cousas peor.
Nese intre, pasaron unha bandada de morcegos polo medio das árbores e Antón,
sen saber que facer, comezou a chorar e sen pensalo mirou cara atrás.
Imaxinábase
outra cousa, pero só viu unha sombra que desapareceu ao momento en que el
mirou. Comezou a acelerar o paso, seguía sen ver demasiado, xa que non tiña o
candil, e ademais levaba os ollos cheos de bágoas. Nese intre, viu a casa do
seu amigo ao lonxe, sentiu unha alegría que lle percorreu todo o corpo, pero
fóiselle ao instante. Viu a sombra ao seu lado e a pesar de que desta vez se
vía bastante clara, xa que había lúa chea, era imposible saber de que se
trataba, pero a súa sospeita era de que podía ser unha persoa. Comezou a correr
todo o que puido coa intención de chegar o máis rápido posible á casa do amigo.
Por fin chegou ese momento. Sen darse conta xa chegara, e a sombra, tamén.
Petou na porta tan forte que a man lle quedou danada. Agardou impaciente a que
lle viñese abrir. Nunca uns segundos se lle fixeran tan eternos. Escoitáronse
uns pasos que se dirixían á porta, era o seu amigo que lle viña abrir. Cando
por fin o fixo, el contaba con Antón ao outro lado da porta, pero a súa
sorpresa foi que non había ninguén, só lle pareceu ver unha sombra que se
afastaba. Desde ese día, o camiño vello quedou maldito, nunca se soubo nada
máis de Antón nin da sombra.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)