domingo, 26 de marzo de 2017

Noite de voraces sombras de Agustín Fernández Paz, por Ana Nantón (3º ESO)

Sara é un moza de dezaseis anos que narra o que acontece durante as vacacións de verán na casa da avoa, Sara aloxase na habitación do seu tío Moncho. Na habitación do tío Moncho a avoa de Sara non quería que ninguén entrase nesa habitación, nin que tocasen nada. No cuarto que ocupaba Sara sentía a presenza dun fantasmal. Pasan os días ata que unha noite vai mirar se hai alguen escondido no armario e foi cando descubre un dobre fondo donde ten o armario, Sara alí encontra unha carpeta con cartas que recibiu o seu tío Moncho da súa noiva, é tamén encontra un diario que conta o que lle ocurre na presión e posteriormente nun campo de refuxiados, onde conta que hai un cementerio. Sara unha vez lidas todas as cartas e o diario avisa ao seu pai e Cristina levaa a illa San Simón a donde está o cementerio. Cando chegron ao cementerio, Sara non sabía o que se agochaba alí, nin o que ivan atopar. Sara empezou a cavar pero non encontrou nada entonces mirou para un lado é había un muro que tiña o cementerio, e agochado nun burato entre duas pedras encontrou unha caixa donde estaba escondido un anel de ouro que poñía o seu nome.

Resistencia de Rosa Aneiros, Laura Souto Mouzo (4º A ESO)

Dinís é un rapaz de San Pedro de Moel, que traballa na fábrica de vidro. Un día, coñeceu a Filipa, unha rapaciña nova neta dunha señora do lugar, namóranse e fanse mozos. Pasan uns anos de mozos as escondidas, xa que o pai da rapaza, chamado Rui González, non o pode saber xa que lle prohibiría a Filipa estar con ese rapaz. So o saben a nai de Dinís e a avoa de Filipa. Comezaron os tempos de guerra e Dinís foi recrutado para ir a Mozambique, comunícanse mediante cartas que sempre van dirixidas a casa de dona Leonor. Aló, coñece a Miguel da Silva e fanse amigos. Ao cabo dun tempo regresa para Portugal, e de alí a pouco organizan unha revolta na fábrica de vidro e Dinís, xunto con outro compañeiro son encarcelados na cárcere de Peniche. Filipa un día decide ir visitar a Dinís ao cárcere, pero aínda non pode recibir e Filipa é fichada no rexistro civil. Para que Filipa non teña problemas o pai decide marchar para o Brasil. Despois de cinco anos no cárcere, Dinís sae en liberdade debido a Revolución dos cravos.


Comparación:
Comparada coa película Capitanes de Abril, tanto a película como o libro están ambientados na guerra de Portugal e na revolución dos cravos que ocurreu en abril.
Gustoume porque é un ambientado na dictadura e de como a tiveron que pasar as persoas que a viviron, ademais conta unha historia de amor que non é das como as que se contan sempre nos libros.

luns, 20 de marzo de 2017

O corazón de xúpiter de Ledicia Costas, Juan Varela Collazo (2º ESO)


Un día unha rapaza que se chamaba Isla que por un problema tivo que cambiar de casa e tamén tivo que cambiar de instituto. No instituto encóntrase con persoas que lle dan moitos problemas cos alumnos do centro , e encontrouse cun rapaz chamado Carballo que tamén lle dan problemas, logo encontrase con Mar, unha rapaza que os axudaba moito, Isla e Mar acábanse convertendo en mellores amigas. Isla estaba usando as redes sociais cando coñece a un rapaz, seguiron falando e Isla acábase namorando del. Anxo tamén se namora de Isla, Isla díxolle que quere coñecer a verdadeira identidade de Anxo. Dixeron de coñecerse o 24 de Xuño, pero cando chegou esa data Isla descobre que Xúpiter é un home de cincuenta anos. Isla asustouse e intentou fuxir, pero Xúpiter dálle un golpe, Isla cae no chan inconsciente e Anxo tíraa a Isla o mar. Por desgraza Isla non pudo sobrevivir.

Nun lugar chamado guerra de Jordi Sierra i Fabra, Álex Urquiza (3º ESO)



Nesta obra contase a historia de Nestor, un periodista de 24 anos con gran desexo para ser escritor, un día o xefe o estaba esperando para darlle unha noticia e o manda de corresponsal e fotógrafo a unha guerra desadata en Tudzbestan. A o día seguinte viaxa a aquel lugar e ao chegar conoce a un compañeiro Alemán que estuvo en varias guerras e o axudou a ir ao hotel. Nese hotel conoce a un neno chamado Milo de 12 anos de edad, un neno moi maduro para ter esa edad, sabe falar español e convertirase no guía de Nestor pero a cambio ten que darlle comida a os seus familiares. Co tempo Nestor colle cariño a Milo, collen unha amistad moi boa a pesar da sua diferencia de edad entre eles. Nestor entrevista a unha serie de personas que eran parientes de Milo pero él non o sabia e conta o que pasa na guerra. A final da novela o autor conta que todo é ficticio, o idioma que fala Milo, o país, todo pero o único certo é que existe unha realidade da guerra mundial.
Paréceme unha novela moi triste porque as persoas non están concenciadas o que pasa ali fora, soamente miran a televisión e non ven nada mais. Recomendo un documental chamado Zeitgeist que pensó que todo o mundo debería velo. Documental:
https://www.youtube.com/watch?v=TD5PjEvWjqU&t








 

Rebeldes de Susan E. Hinton, Álex García Rellán (2 ESO)

Este libro trata da historia dun rapaz que quedou orfo e vive con seus irmáns, Darry e Sodapop. Estes teñen unha panda con outros catro rapaces, Jhony, Dallas e Two-bitt, cos cales viven numerosas aventuras.
Esta panda vive no East Side e fanse chamar Greasers, e por outra parte tamén estan os Socs que son os seus inimigos do West Side, mozos con cartos e con coches de marcas que visten ben e gustalles meterse cos mozos do East Side.
Un día no cine Jhony e Ponyboy encontraron a dúas rapazas Socs que tiñan mozos Socs, esas dúas rapazas chamábanse Marcia e Cherry, os mozos de Marcia e de Cherry ao salir do cine foronas recoller e encontraron aos dous rapaces falando con elas e empezáronos a perseguir.
Pola noite os Socs encontraron a Jhony e a Ponyboy e intentaronlle dar unha malleira pero Jhony levaba unha faca de seis dedas e matou a Bob un rapaz dos Socs.
Tiveron que fuxir para que non os relacionaran co asasinato para unha igrexa na cal estaban fumando e lle prenderon lume sen querer. Uns nenos que andaban cerca entraron na igrexia e Jhony e Ponyboy rescataroronos pero eles saliron feridos, ao final Jhony acaba morrendo debido a que rompeu a colunma vertebral, ese mismo día houbo unha pelexa entre Socs e Greasers na cal gañaron os Greasers. Dalí a un anaco veu a policía ao lugar da pelexa e Dallas morreu disparado por ela.


A aventura de Said, Daniel Mouzo (2º ESO)


Esta aventura comeza cun mozo marroquí chamado Saíd que quería saír da pobreza e decide emigrar a España, tivo que ir en barca, supoñía que os ía deixar en España, en cambio deixouno no medio do mar coa idea de que nadasen, ata a costa, a mañá seguinte Saíd atopouse só no barco e quixo dirixirse a costa pero non sabía como encender o motor. Mentras durmía Saíd escoitou un ruído constante: Era un barco pero ía cara el se chocaba contra el ía afundirse e non sabía nadar. Saíd empezou a berrar pero ninguén o escoitou pero o barco xirou raspando e Saíd caeu pola borda golpeándose a cabeza. Cando Saíd recobrou o sentido atopouse noutro barco que lle axudo a ir á costa. Unha vez chegado a España foi ao mercado e viu que se acercaba a policía escondeuse nunha casa e María axudouno a escapar. Logo María presentoulle Carl que o acolleu e levouno a Barcelona onde coñeceu a Hussein, este axudouno a conseguir traballo. Hasan e Admed deixáronlle entar a súa banda e el aceptou. Cando ían pola rúa empezarlles a perseguir cos skins que querían pegarlle por ser marroquís empezaron a correr pero alcanzaron a Admed que lle pegaron ata que case o deixan morto, foi aí onde Ana parou o taxista para poder axudalos aos dous. Lograron salvarse dos skins e foron para o hospital. Said e Ana foron para o apartamento de Hasan que estaba borracho e empezou a molestar a Ana e empezaron a pelexar. Ana denunciou aos skins e tivo que indentificalos e inditificou aos dous estes dous emepezarona a amenazar para que retirase a denuncia a abogada de SOS doulle protección a Ana. Cando Said se entenrou pediulle a Hussein que protexera a Ana. Ana foi á universidade e viu ao skins e comenzou a correr entre os coches, Hussein apuñalou a un skins provocándolle case a morte. Dous dos skins foron para a cárcere e mandaron a Said para Marruecos, Saíd na volta ía pensando no duro que era a emigración.


Memorias de Viriato por Brais Martínez (2º ESO)


Viriato, é unha xabaril que conta as súas memorias dende que a abandonaron. Antes tiña dono, un home de mans grandes, pero un día abandonouna no barranco do Curbeiro.
Despois de pasar varios días intentando asumilo e sen estar en contacto con ninguén, coñeceu a tres da súa especie. Un macho e duas femias.
Ao día seguinte, xa só quedaba ela máis as femias xa que o macho quedara amarrado nun cacharro con pinchos mentres lle roubaban a un campesiño, e non o axudaron porque lles disparaba. Dende aquela non o volveron ver.
Elas, viaxaban dun lugar a outro para sobrevivir e contaban historias sobre os lugares que visitaban. Un día encontráronse a nai, e ela, xa coñecía a Viriato de ler as súas memorias.
Outro día, mentres durmían ardeu o monte e só Viri e unha conseguiron sobrevivir.
Aínda así, o peor era acaza. Durante o período de caza, escapaban de cans e de cazadores por montes, ríos...
Un día de disparos, perdeu a a Penca, e dicir, a outra xabaril. E mentres a buscaba coñeceu a unha cervo chamada Vanesa. Pasaron varios días xuntas ata que Viri marchou en busca da Penca. Ao día seguinte volveu visitar a Vanesa, pero fora esnaquizada por uns cans de caza.
Atopou a Penca no lugar onde a abandonaran a ela. Pasaron alí uns día e Viri viu ao home das mans grandes. Estivo enfadada ata que o oíu dicir que estaba colaborando para protexer os xabarís.
Unha noite mentres paseaba, un macho obrigouna a ir co el, pero salvouna o Pillo, outro macho do que se namorou. Pasaron xuntos uns cantos días e de súpeto, el desapareceu dicindo que non a quería mais.
Cando volveu a ver a Penca, xa tiña barriga. Resulta que estaba embarazada, pero non do Pillo, que a deixara marcada e toleara cos machos. Tivo dous machos e dúas femias. Pero un dos machos morreu caendo por un acantilado mentres escapaban duns cans de caza,
Despois, no tempo de caza matáronlle a outros dous. Colleu forzas e volveu a casa. Polo camiño, viu a Penca, co Pillo. O Pillo deixáraa pola súa amiga. Desanimada volveu a casa da Maruxa, unha veciña que a acolleu, e alí acabou, no cortello.

Cartas de amor por Sara Rivera (2º ESO)

ILEGAL:
Esta carta escríbea Ndeye a súa cuñada que está no Senegal. Cóntalle
como chegou á Península nunha barca. Ela está embarazada e o seu home
morreu no camiño. Ao chegar a España foi cara o norte, onde coñeceu a
un francés que facía o Camiño de Santiago. Decidiu acompañalo e quedou
a vivir en Galicia.
DESDE AS TEBRAS:
Sabela escríbelle esta carta ao seu home Bernal para contarlle que ten
moito medo. Traballa como cooperante nun hospital de Bagdad. Como o
país está en guerra, fixérona prisioneira e corre o risco de que a maten.
CONFESIÓN:
Mónica escríbelle esta carta a súa mellor amiga Clara. Isto foi para dicirlle
que é homosexual e o mal que o está pasando por non poder contarlle aos
demais o que sente en realidade.
SÁHARA , AMÉNDOA AMARGA:
Besmeh viviu sempre nun campamento de refuxiados de Tinduf. Marchou
estudar a Cuba, pero de alí a un ano tivo que regresar por culpa da asma
que lle producía o clima. Agora ela escríbelle unha carta a Ahmed onde lle
explica o triste que está e canto o vota de menos.
ZÉ, VOLCÁN DE AMOR:
Belinha e Zé vivían en Cabo Verde. Estaban casados pero el éralle infiel.
Cando unha das súas amantes apareceu morta, el emigrou a Portugal
porque se sospeitaba del.
O QUE NUNCA ME PREGUNTACHES:
Dyana conta como uns soldados a violaron cando tiña 9 anos. Fuxiu á
cidade e alí unha mafia meteuna nun bordel pero a policía puido rescatala.
Logo comezou a traballar nun bar aínda que seguía prostituíndose.
Todo isto cóntallo nunha carta a un cliente que lle prometeu casar con ela
e levala a Europa pero ela sabe que é mentira.
A CARTA INESPERADA:
Luis escríbelle a Begoña unha carta e contéstalle que non volva a
escribirlle xa que ela agora casou con un avogado como quería o seu pai.
Vaille moi ben porque ten unha boa posición e catro fillos.
Non quere que lle escriba porque aínda lle doe acordarse de el.
A GUERRA:
Esta carta escríbea Naida a Dzevad para explicarlle o mal que se sinte. Tivo
que marchar de Saraievo porque había guerra e decidiu traballar para
unha organización que axuda á xente que viviu nin país en guerra coma
ela. Axudar a esa xente no lle deixa olvidar o mal que o pasou e está
cansada de todo. Esa carta era unha despedida.
LONXE:
Bárbara e a súa familia chegaron de Uruguai fai un ano. Estalle costando
moito adaptarse aos costumes aínda que viven mellor. Bota de menos o
seu país e escríbelle esta carta ao seu mozo Luis Alberto para dicirlle que
non veña porque o vai pasar mal, e é mellor deixar a relación.

sábado, 11 de marzo de 2017

A emigración e os refuxiados, Jimena Lema Collazo (4º ESO A)

`
Os inicios da emigración remóntanse a Revolución Industrial. Entre 1800 e 1924 migrou unha gran cantidade de europeos. Moitos deles galegos, xa que en Galicia escaseaba o traballo e as familias non tiñan atopaban outra maneira de obter ingresos. Isto produciu unha crise demográfica, tanto en Galicia como no resto dos países europeos.

Dende a opinión de moitas persoas, os emigrantes foron severamente reprimidos durante toda a historia, debido, na súa maioría, polo sentimento de nacionalidade que había nos países aos que esta xente chegaba. Unha das principais causas desta represión é que a xente cun forte sentimento de nacionalidade non acostuma a integrar a xente doutras nacionalidades.

Nos últimos anos, estivéronse producindo diferentes guerras e revolucións nalgúns países de Occidente como Siria ou africanos.

Moitos destes últimos estiveron ás portas da morte, tras cruzar mares en pequenas embarcacións moi básicas con grandes cantidades de persoas, moitas delas, sen chegar ao seu destino.

Falando dos sirios, nos últimos anos están a sufrir unha das maiores guerras e unha grande crise humanitaria. Miles de persoas, trantan de fuxir formando cadeas humanas para tratar de chegar ao resto de países europeos da guerra civíl deste país que se iniciou en 2011.

venres, 10 de marzo de 2017

Recensión de Mentira de Care Santos, Sheila Fariña (4º A)

Éric e Xenia coñecéronse a través dos comentarios dun foro. Xenia liu o comentario de Ben, o rapaz deixara o seu correo no comentario, e ela respondeulle ó seu comentario por mensaxe privada. A partir de aí comezaron a falar e a coñecerse.
Pasado xa un tempo Xenia quería coñecer a Ric, pero este sempre lle dicía que non podía, que estaba traballando... Ela comezou a investigar e descubriu que a identidade que el lle dera era falsa, Xenia volveulle falar para preguntarlle por qué lle estaba mentindo, e el non lle respondía aos correos.
Despois dun par de semanas ao colexio de Xenia chegou un paquete para ela dun centro de menores. Cando chegou a casa Xenia empezou a mirar que era o que había no paquete e descubriu que era unha especie de diario no cal Éric lle contaba porque estaba nun centro de menores, porque non lle respondía as mensaxes, porque lle contestaba os correos sempre a mesma hora e moitas outras dudas que lle asaltaban a Xenia.
No diario Ric contáballe a Xenia que cando era pequeno vivira uns anos co seu curmán por que a súa nai era prostituta e fuxira deixandoo a el co seu padrastro, el non falaba moito con este último porque era camioneiro e case nunca estaba na casa. Cando Éric fixo doce ou tece anos foi vivir co seu curmán Ben, pero este andaba sempre con malas influencias, e estas non favorecían a Éric.
Ben compraba e vendía droga e con iso gañaba moito diñeiro para comprarlle cousas a Ric.
No colexio de Éric había un rapaza chamada Marta que se namorara de Ben e sempre lle manda mensaxes, chamábao, seguíao a onde el íaa... e iso a Ben non lle gustaba nada.
Ben nunca lle facía caso a Marta, pero un día chegou a mndarlle fotografías dela espida, fotos que conseguía del mesmo nas redes socias e demais. Ese día Marta chegou a facer cousas que realmente a Ben non lle gustaron nada e entón Ben matouna. Atropelouna unha primeira vez co coche e despois volveuna pisar outras dúas veces máis. Esa noite Ben chamou a un amigou seu e máis a Ric para enterrala. E cando ían facelo Ben decatouse de que Marta seguía viva, entón mandou a Éric para o coche e el doulle cunha pá e despois enterrouna.
Ao día seguinte a policía xa descubrira o corpo de Marta e os instrumentos que se utilizaran para matala.
Ben era maior de idade polo que se o culpaban de crime estaría moitos anos no cárcere, entón dixolle a Éric que se fixera pasar polo culpable porque a el só lle tocarían cinco anos nun centro de menores, xa que aínda tiña catorce anos.
Ben fíxose pasar polo culpable e ingresárono nun centro de menores, alí foi onde coñeceu a Xenia a través do foro.
Pasaron catro anos e Ben morreu porque unha noite lle deran unha paliza por temas de contrabando.
Ao día seguinte a nai de Ben foi ao centro de menores para darlle a Éric unhas pertenzas que Ben lle deixara.
Cando Ric as viu decatouse de que o que Ben lle deixara eran teléfonos móviles vellos. Con estes teléfonos Xenia a amiga de Éric puido declarar que Ric era inocente e así poder saír canto antes do centro e entablar dunha vez por todas a súa relación; Ben e Xenia namoráranse.


COMPARACIÓN COA REALIDADE:
Esta novela pódese comparar con varias accións da actualidade.
·Na actualidade hai moitas persoas que se coñecen pola internet e despois non son as persoas que dicían ser. Debido a isto prodúcense moitas desaparicións de persoas.
· Tamén se producen moitos casos de persoas de quince anos que están metidos no mundo das drogas como é o caso de Ben no libro.



Este foi un libro que me gustou moito porque trata temas reais, que ocorren diariamente na rúa.

Recensión de A cabeza da medusa, Paula Canto (4º A)


Sofía e Lupe son dúas amigas que cursan 2º de Bacharelato de Humanidades. Durante una das clases de Latín tratan o tema da medusa unha Muller da antiga Roma que foi violada por un deus, e a que castigaron convertendo a sua cabeleira en serpes e enfeitizaron para que nunca mais volvera mirar a un home.
Esta historia converteríase nunha realidade para as dúas mozas na noite do entroido.
O día do entroido era moi importante xa que se faría unha festa a que asistirían todos os alumnos, Sofía e Lupe estiveran preparando o disfraza dende varias semanas atrás, o tema era, os 60’. Pasadas as catro da mañá desa noite a festa acabarase e todo o mundo se dispuña a marchar para a casa, o problema das dúas rapazas foi que o taxista que as ía recoller non collía o teléfono. De súpeto dos mozos ofrecéronse a levalas para a casa, tras a insistencia de Lupe, Sofía accedeu e subiu ó coche.
Logo se decataron de que os rapaces non se dirixían a casa senón a unha carretará sen saída, ai foi onde foron violadas e abandonadas.
As rapazas intentando repoñerse chamaron a nai de Sofía para que as fora recoller. Recolleron as rapazas e tras saber o que acontecera levaron a Lupa a sua casa e dirixíronse con Sofía a comisaria para denunciar o ocorrido.
Os dias posteriores foron de visitas ao medico e a comisaria pero intentaban facer a vida o máis normal posible. O momento mais duro para elas sobre todo para Sofía era ver os malos comentario e algunhas miradas de desprezo que recibía por parte dos seus compañeiros.
Unhas semanas despois do sucedido unha noticia aparece na prensa, na noticia os agresores aseguraban que fora consentido. Todas as malas noticias e a presión por parte de seus pais, fixeron que Lupe retirara a denuncia. Sofía sentíase soa despois da acción da sua mellor amiga.
Aínda que a situación foi dura ao final as dúas continuaron coa denuncia, esperando que a persistencia e a xustiza, encarcerará aos culpables desa situación.

RELACIÓN COA REALIDADE
A historia que se relata neste libro está totalmente relacionada coa realidade, porque este tipo de sucesos ocorren continuamente. Practicamente cada día podemos escoitar nas noticias casos de mulleres, en especial adolescentes ou mulleres moi novas, sufren violacións.
Este libro, Cabeza de Medusa, relata unha desas tantas historias que escoitamos, pero dende o punto de vista da vítima.
Creo que este é un libro que che fai reflexionar, darte conta da realidade, e do duras e inxustas que poden ser algunas situacións.

Comentarios poéticos de De catro a catro de Manuel Antonio

Resultado de imaxes para de catro a catro


Para o alumnado de 4º da ESO, déixovos este poemario de De catro a catro comentado para o exercicio de comentario de textos poéticos que tedes que entregar para a semana.

Ánimo co comentario de poemas vangardistas.

mércores, 1 de marzo de 2017

Manual para o pensador, Paula Lema (4º ESO B)



A palabra pensar provén do latín PENSARE e significa pensar ou calcular. A palabra provén do latín o que quere dicir, que xa na época de Roma pensaban e se ti aínda non o fas deberías empezar deseguido. Para iso dareiche estes consellos:
-Necesitarás para facer esta tarefa un cerebro e o demais virá asociado a el.
Para os pensadores principiantes
  1. Busca unha idea. Se non sabes como encontrala, busca calquera cousa do teu contorno.
  2. Faite preguntas sobre a túa idea.
Ex: Que é? Como chegou aquí? Que fai?...
  1. Intenta responder a esas preguntas . Se non sabes as respostas, invéntaas.
  2. Cuestiona o motivo polo que non sabes as respostas das preguntas ou polo que si as sabes.
Advertencia: ao principio pensar doe.
Para os pensadores con experiencia
Cuestiona todo o que vexas ou sintas e serás alguén con opinión e pensamento propio e, polo tanto, perigoso para a sociedade.
  1. Fíxate nun acto.
  2. Comenta como ti farías ti esa acción.
  3. Cuestiónate o porqué de que ti actuariases desa maneira.
  4. Pregúntate por que a persoa que o fixo de distinta forma a ti.
  5. Cuestiona de novo cal é a opción máis axeitada ou ética.
  6. Empezarás a notar que tes opinións propias se comparas as túas ideas coas dos demais.
Espero que este manual che servise de axuda para mellorar a túa capacidade de pensamento.