martes, 26 de novembro de 2013

Para resolver as dúbidas cos verbos, conxúgaos no Conxugador Cilenis

Se tes dúbidas cos verbos irregulares, ou con aqueles que presentan alternancia vocálica e que máis traballo che dan, podes axudarte deste ferramenta para repasar a conxugación e para non cometer grallas nas túas redaccións ou recensións de libros. Este valiosísima ferramenta informática tamén ten unha versión para os verbos en castelán e mais en portugués. Ademais a empresa que o confeccionou acaba de presentar un corrector intelixente que permite mellorar a aprendizaxe, o ensino de linguas, e tamén mellorar a xestión de linguas, proxecto que vén de ser recoñecido a pasada semana en Lisboa no marco do Building Global Innovators, unha iniciativa do Massachusetts Institute of Technology (MIT como podedes ler nesta noticia publicada no xornal dixital en galego Praza Pública

Ningún comentario:

Publicar un comentario