Conta unha
lenda, que no ano 1819, ocorreu unha das cousas máis estrañas nunha nunha noite
de Samaín. Antón, era un rapaz de doce anos moi tímido que vivía nunha pequena
aldea galega. Polo día, no colexio mandáranlle facer un traballo cun compañeiro
e tería que ir á súa casa pola noite. A única maneira posible para chegar á súa
casa, era cruzando un camiño sombrío e abandonado polo medio dun monte, pois
vivía nun lugar bastante apartado. Ese camiño era coñecido como o “camiño
vello”.
De
día, o camiño era bastante acolledor, daba gusto pasear por el, sobre todo en
días soleados, xa que as árbores facían sombra. En cambio, cando o sol se
poñía, aquel lugar comezaba a cambiar completamente, e pasaba de ser agradable
a ser todo o contrario.
Chegou a hora de que Antón fora á casa do seu amigo. Aos seus pais
xurdíralle un imprevisto, tiñan que ir a
un velorio dun familiar que xusto morrera ese día de Samaín. Os pais dixéronlle
a Antón que non o poderían compañar á casa do rapaz e tería que ir só.
A
el tremíanlle as pernas só de pensalo, pero fíxose o valente diante dos seus
pais.
Chegou o momento. Saíu pola
porta xa con medo e deuse de conta dunha cousa: ‘se penso no medo cada vez vou
ter máis, irei pensando en ideas para o traballo’. Adentrouse no monte, comezou
a camiñar polo camiño. Estaba todo escuro, el levaba un candil na man, que
tremía dunha maneira esaxerada. O vento movía as árbores facendo sombras que
cada vez metían máis medo a Antón, pero a el o que máis lle preocupaba era esa
sensación que tiña de que o seguía alguén. Non se atrevía a mirar para atrás.
Caíanlle as pingas de suor pola testa, o corazón íalle a mil por hora, sentía
os latexos tan cerca que apenas podía escoitar os sons dos arredores. De
repente, sentíu partirse unha póla dunha árbore detrás del. Deu un brinco
grandísimo e o candil caeu no chan e apagouse. Xa non podían ir as cousas peor.
Nese intre, pasaron unha bandada de morcegos polo medio das árbores e Antón,
sen saber que facer, comezou a chorar e sen pensalo mirou cara atrás.
Imaxinábase
outra cousa, pero só viu unha sombra que desapareceu ao momento en que el
mirou. Comezou a acelerar o paso, seguía sen ver demasiado, xa que non tiña o
candil, e ademais levaba os ollos cheos de bágoas. Nese intre, viu a casa do
seu amigo ao lonxe, sentiu unha alegría que lle percorreu todo o corpo, pero
fóiselle ao instante. Viu a sombra ao seu lado e a pesar de que desta vez se
vía bastante clara, xa que había lúa chea, era imposible saber de que se
trataba, pero a súa sospeita era de que podía ser unha persoa. Comezou a correr
todo o que puido coa intención de chegar o máis rápido posible á casa do amigo.
Por fin chegou ese momento. Sen darse conta xa chegara, e a sombra, tamén.
Petou na porta tan forte que a man lle quedou danada. Agardou impaciente a que
lle viñese abrir. Nunca uns segundos se lle fixeran tan eternos. Escoitáronse
uns pasos que se dirixían á porta, era o seu amigo que lle viña abrir. Cando
por fin o fixo, el contaba con Antón ao outro lado da porta, pero a súa
sorpresa foi que non había ninguén, só lle pareceu ver unha sombra que se
afastaba. Desde ese día, o camiño vello quedou maldito, nunca se soubo nada
máis de Antón nin da sombra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario