xoves, 29 de novembro de 2012

Tristes armas de Marina Mayoral

Esta novela trata sobre uns nenos que van exiliados a Rusia por mor da Guerra Civil. Alí fanse amigos dun neno que era tímido, León. Pero o que lles desesperaba ás rapazas era que unha carta que lles enviaran aos seus pais non volvía cunha resposta. A nai, tras fuxir de España, dorme unha noite a carón da carta das súas fillas, nunha oficina de correos, pero non se decata. Finalmente, cando a guerra xa finalizara e as rapazas volveran a súa casa, a carta que enviaran cando estaban en Rusia chegou á súa casa, pero súa nai non a puidera ler porque estaba en Norteamérica, co seu segundo home. Gustoume moito este libro pese a ser moi triste. Darío Abuín Pose (2º ESO)

domingo, 25 de novembro de 2012

En que lugar situamos o galego?

Déixovos aquí esta presentación sobre a situación da nosa lingua e a súa presenza na internet comparándoa co resto das linguas do mundo e que nos ofrece algunhas razóns que nos axudan a ser optimistas a aqueles que acreditamos nas posibilidades e no futuro das linguas minoritarias.

mércores, 14 de novembro de 2012

Nace un campión de Ursula Heinze

Andi é un rapaz ao que non se lle daba ben ningún deporte. Tiñan a oportunidade de gañar unha viaxe a Tenerife, pero o problema que tiñan era que para ir de viaxe tiñan que gañar na piscina un campionato. O problema era que Andi non sabía nadar. O seu amigo Pablo, quíxolle axudar a conseguilo, pero Andi non quixo. Entón Elisa enteirouse de que Andi necesitaba aprender a nadar. Ela nos seus tempos mozos fora unha fenomenal nadadora, aínda agora o era pero xa non tanto porque xa ía vella. Ao día seguinte, dúas horas antes de empezar a escola, Elisa espertou a Andi e a Tomás e levounos á piscina para que lle ensinara a nadar. Andi tiña bastante medo, Tomás logo se meteu pero el tiña medo. Indo todos os días pola mañá foi aprendendo e ao final gañaron a viaxe. Andi e Pablo despois desta competición entraron na Asociación Galega de Natación, AGAN. Foilles moi ben, Andi bateu o mellor récord de braza. Despois Andi entrou no equipo nacional e foise para Barcelona. E finalmente invitárono a participar no Trofeo Oficial da Amizade que ía ser en Colonia, en Alemaña. Gañou o primeiro posto. Gabriel Fariña Varela (2º ESO)

A rapaza que caeu nun pozo da mina de Corcoesto

Conta unha lenda, que hai moitos anos, unha rapaza ía coas ovellas polos montes de Corcoesto. E como o monte tiña pozos para o respiro das galerías da mina, ela despistouse e caeu nun, berraba moito, pero a xente non a oía. Como a botaron en falta foron buscala e sentiron os berros e non sabían como sacala de alí. Entón tiveron que ir a buscar unha persoa que traballara nela para podela salvar. Finalmente foron a saír ela e máis o home por unha galería 1 km máis abaixo, se ninguna ferida,pero moi asustados. Andrea Soutullo (1º ESO)

A lenda de Santa Mariña

Contan os meus antepasados que unha vez un home lle preguntou a unha muller : -Sei que non vas a Santa Mariña? A muller naquel momento estaba apañando os nabos e díxolle: -Non vou nada a Santa Mariña que ela non me apaña os nabos. Cando o home marchou, a muller estaba acabando de apañar os nabos e de repente no último mando quedóuselle na man e a man non lle abría. Sen esperar un segundo marchou cara a capela de Santa Mariña e alí axeonllouse diante da fachada da capela e dixo: -Se fas abrir as mans prométoche vir sempre a Santa Mariña. E así foi, a man abriuse e a muller nunca volveu a faltar a Santa Mariña Adrián Cousillas Fuentes (1º ESO)