mércores, 13 de xuño de 2012

O club da calceta de María Reimóndez

Matilde, Anxos, Luz, Rebeca, Elvira e Fernanda, cada unha levada polos seus problemas, únense a un club de calceta, onde se fan grandes amigas e atopan solución aos seus problemas, rematando por fundaren empresas propias co apoio das demais, xa fose en cooperativas ou en solitario.
Pero, misteriosamente, morren os homes que lles causaban problemas, e xcase todo leva a pensar que elas os asasinaron.

Matilde, que sempre tivo problemas debido ao seu tamaño, máis grande do normal, monta a súa tenda de lás, “Á túa medida”, na que tamén remata vendendo esculturas similares ás que facía a súa tía Davinia, asasinada tras vingar a violación dunha amiga.

Anxos, unha feminista da Universidade, deixa a seu mozo, Damián, así como á súa labor feminista. Posto que queda sen casa vai vivir con Elvira, e planifica crear unha revista de investigación económica feminina.

Luz, que era prostituta desde que súa nai a introducira no negocio, e Rebeca, unha loira de corpo dez cuxo mozo a “engana” coa súa xefa (non se pode dicir realmente que a engane, pois cóntallo con toda naturalidade esperando que non lle importe), fundan unha empresa de asesoramento empresarial para mulleres na que lles axuda tamén Anxos. Luz deixa a prostitución e vai vivir con Elvira e Anxos cando as súas antigas compañeiras lle dan unha tunda porque pensan que segue no negocio por si soa. Rebeca independízase e namórase de Laura, que era a asistenta social que lle axudou a Luz.

Elvira, xa maior, é unha beata de santa Marta e san Antón. Xunto coa súa amiga Antonia, que tivera que abortar dun fillo do párroco, Serafín, rouba a Virxe da Igrexa para evitar que a vendan, e non a devolven ata que Serafín está morto e se aseguran de que non se volverá intentar a venda.

Fernanda, a quen lle falta unha perna pero lle sobra apoio do seu home, cumpre o seu soño de facerse condutora de autobús.

Entre outros morren o pai Serafín; Xosé Barroso, o entrevistador de ofertas de traballo que desprezara a Rebeca só por ser unha loira guapa; o condutor de autobús que detiña o vehículo lonxe da parada para que tivera que ir ata onde el parara; etc.


Paréceme unha gran obra, encántame cada unha das persoaxes: a triste vida de Luz, a loita de Fernanda, o rexeitamento dos prexuizos de Rebeca, a disposición a axudar de Elvira... Porén, paréceme moi esáxerada, dando por feito que fose así, pois non o aclaran.

Laura García Devesa (4º ESO)

A cabeza da medusa de Marilar Aleixandre

Paréceme un libro que trata realidades que a xente non quere ver por medo ou por vergoña. Parece un libro autenticamante bo, xa que narra feitos aos que non se lles fai caso.

Dúas rapazas, Lupe e mais Sofía son agredidas sexualmente despois dunha festa de disfraces da escola. Foron no coche duns rapaces descoñecidos que se ofreceron a levalas e no medio do monte foron violadas por estes.
Tras somenterse a innumerables probas e poñer a denuncia a vida destas rapazas xa non era a mesma. Na escola todo cambiara xa as miraban con caras diferente, eran o suxeito de moitas burlas de moitos alumnos.
Estas rapazas a pesar de que o mundo se lles viña encima conseguiron saír a diante as dúas soas. Tras os xuízos que sentenciarán que os agresores eran inocentes aínda se burbalan máis delas, dicían que a culpa era delas por levar unas saias tan curtas.
A pesar disto Lupe consegue namorarse dun compañeiro da clase que nunca a abandonou e Sofía namórase dun aprendiz en prácticas de medicina. Ás dúas lles vai bastante ben despois de todo.
Foi un curso moi difícil para elas xa que era moita presión, moitos insultos por algo que crían que non merecían xa que a culpa non era delas.

Jennifer Pailos Novo (4º ESO)

Mecanoscrito da segunda orixe

Esta novela gustoume moito, xa que é unha novela de ciencia-ficción, onde se mestura o misterio e a aventura, que describe as vivencias de Alba e Dídac despois da catástrofe de forma moi sentimental. Ademáis é unha lectura moi interesante porque trata dun novo orixe da Terra, que canto máis avanza a historia, máis crece a intriga do qué pasará.
O autor escribe maioritariamente con descrición, co que é moi fácil a súa compresión e é máis doada a súa lectura. Aínda que ás veces, a distribución das palabras pode distraer algo ao lector.
Persoalmente, non me resulta atraente a ciencia-ficción, pero esta novela, ademáis de tratar diso, trata tamén da maneira coa que se pode querer a unha persoa ao longo do tempo e a mutua axuda que se ofrece cando existe unha catástrofe das características da novela.

Un día, uns nenos tiran á auga a un neno mulato porque non lles gustaba, chamado Dídac. Entón Alba, una nena de catorce anos, decide ir salvalo mergullándose na auga, xusto cando se oe un grande estrondo e aparecen uns discos voadores. Cando os dous rapaces saen da auga, decántase de que eses obxectos o destruíran todo: persoas e edificios.
Desde entón, fóronse adaptando as circunstancias, alonxándose da destruída civilización e vivindo independentemente. Descobren que os que produciran a catástrofe foran extraterrestres e vivían con medo a que os descubrisen. Viaxaron a distintos lugares buscando xente viva, e comprobaron que sí que a había: que morrera había pouco ou que estaba tola.
Fóronse namorando e decidiron ter un fillo. Pero aos poucos días de nacer o neno, Dídac sofre un accidente, soterrado por unha ruína. Entón Alba pensou que tería que ter relacións sexuais co seu fillo, chamado Mar, para crear de novo a toda a humanidade.

Laura Lorenzo Castro (4º ESO)

A banda sen futuro de Marilar Aleixandre

Esta novela está protagonizada por Carlota, unha rapaza de dezaseis anos que vai contando a través do seu diario as súas experiencias e emocións ao longo de dous meses. Ten que afacerse a unha cidade nova á que acaba de mudarse coa súa familia polo traballo do seu pai, e ao comezo do curso nun instituto novo. Ademais, Carlota le unha mala noticia no xornal: a morte de Poch, un cantante ao cal admiraba. A rapaza relaciona esta noticia co resto de cousas que lle están a suceder e séntese parte dunha banda sen futuro porque cre que os acontecementos que lle agardan non son bos. Recorta a foto do xornal e suxéitaa con chatolas no taboleiro do seu cuarto e dende ese momento o cantante convértese no confidente dos seus pensamentos máis íntimos e das súas preocupacións. A causa fundamental do malestar de Carlota é o seu aspecto físico, xa que por culpa dun eccema ten que rapar a cabeza ao cero. Culpa aos seus pais por obrigala a asistir a clase cun pano na cabeza e teme ter que enfrontarse ás olladas e preguntas indiscretas. Nestes primeiros días, Carlota pásao mal e non se relaciona con ninguén.

Séntese soa e con medo aos demais, ata que un día na clase de inglés Miguel, un dos seus compañeiros, deféndea do insulto doutro rapaz e a partir de aí fíxase nel e comeza a sentir algo especial ainda que non o queira recoñecer, xa que pensa que ningún rapaz se fixará nela mentres estea rapada. Ao longo dos días, Carlota vaise integrando cos seus compañeiros porque teñen que solucionar un problema coa de debuxo e tamén realizar unha obra de teatro para lingua española, na cal Carlota conseguira un papel. A preparación do papel fai que se mergulle en si mesma e consiga achegarse a Miguel, que lle regala unha cinta de U2 e lle dá un bico na meixela. Sente que está namorada, pero tamén comeza a coñecer a Moncho, descubrindo que comparten algunhas afeccions e que poden falar de temas como o futuro, que tanto preocupa a Carlota. Axiña descubre que a súa única amiga,Paulina, está saindo con Miguel e séntese mal, pero o apoio de Moncho e a noticia de que a súa avoa está moi enferma fan que cambie de actitude; decátase de que o do seu cabelo é unha das cousas que o tempo arranxa mentres que co da avoa o tempo xoga en contra e debe aproveitar os momentos que lle quedan con ela. Finalmente, Moncho decláraselle e de súpeto todo cambia para ela; ten a Moncho, comeza a ter amigos e por fin pode deixar medrar o cabelo, xa que as análises están ben.

Esta novela gustome moito,porque é entretida e ao tratar sobre unha adolescente faise fácil de ler e de entender.

Laura Rodríguez Domínguez (4º ESO)

O can dos Baskerville

O can dos Baskerville é unha nova aventura de Sherlock Holmes na que o enigma, o elemento central da historia, presenta características realmente interesantes, porque ó feito criminal vén a sumárselle unha maldición, unha lenda familiar, que envolve todo nun ambiente misterioso e fantástico. O gradual desenvolvemento da acción vai levando cara a unha explicación sobrenatural dos feitos, ata que finalmente o labor do detective conclúe coa explicación natural e lóxica do crime e de toda a cadea de pequenas incógnitas que se nos foron presentando.

Gustoume moito porque a intriga que engancha ao principio non te deixa parar de ler atas que acabas o libro. Ademais de ser una novela policiaca que son unas das mellores novelas que hai no mercado.

Rubén Vázquez Fariña (4º ESO)

Un bosque cheo de Faias de Francisco Castro

Alexandre,Manuel e Antón son amigos dende sempre,ao seu grupo úneselles Nelson un rapaz negro que chegou co seu pai e a súa nai de África.

Case todo os días ían aso Grapas o bar que está na parte dos viños da cidade,non era un bar común xa que case nunca había xente nel,agora levao un tipo novo,Caride que ten pintas de ser un home serio e malapersoa.Dun día para outro todo cambia xq que Nelson foi agredido xunto co seu pai no centro da cidade por uns nazis,os rapaces investigan para saber quenes fixeran iso.Nelson explicoulles como fora todo,cinco persoas encapuchadas os atacaran,un tiña o brazo escaiolado e soáballe a súa voz,andaban en motos e estaban vestidos todos con cazadoras negras,iguais.

Alexandre empezou a sospeitar de que quen lle pegara a Nelson e a seu pai fora caride xa que el tiña o brazo escaiolado e os seus amigos vestían asi.

Contoulle isto a Manuel e él pensaba o mesmo,para ter probas colléronlle a mochila de Caride e de3ntro dela encontraron un libro nazi,un puño americano,unha ensinia nazi...

Os rapaces decidiron seguir investigando ata que un día Alexandre queríalle ir dicir a Caride que o descubriran pero Manuel non lle deixou.Esa noite chamoulle Nelson e ao día seguinte quedaron,díxolle que tiña algo moi impotante que dicirlle,uns escritos que atopara nos apuntes que lle deixara Manuel que poñían que había que matar primeiro a Nelson e a seu pai e logo aos outros negros todos,Alexandre non o podía crer ata que nos que lle deixara a el tamen había uns que poñían algo paracido,durante eses días ningun dos amigos falou con Manuel pero logo este díxolle que queria falar cn el e aceptou,quedarían na casa de Alexandre.Desúpeto chamaron ao teléfono e amiazárono quen chamou díxolle que non se tiñan que meter onde non lle conviñan e que agora as ivan pagar,colleu moito medo e cando soou o timbre aínda maís pero era Manuel o malo e que con el apareceu Caride e os seus amigos estes atáronos e ianos matarr cando de súpeto aparece a nai Miguel (o mozo da nai)coa policia,os nazis foron detidos e todo terminou.

Gustóume moito o libro xa que a historia é sinxela de ler,ademais apréndese máis sobre as idioloxías nazis e o racismo dunha maneira entretida,tamén porque fala sobre a importancia da amizade e de todo o que podes chegar a facer por un amigo,nárrase todo dun xeito que engancha ao lector.

Irene Teijeira (4º ESO)

martes, 12 de xuño de 2012

Tristes armas de Marina Mayoral

Todo empezou un dia de outono,Harmonia e rosa saliron dun orfanato para coller un barco pa marchar a Rusia.Por que aquí estaban en peligro pola Guerra Civil.Cando cegaron ao porto despedironse de seu pai(Miguel),pero todo o contrario da sua nai,que non se pudieron despedir dela por que chegara tarde.A viaxe foi moi longa e dura.Dentro do barco Harmonia fixouse nun rapaz que era o unico que non choraba,que se chamaba León.Cando chegaron ao seu destino,Leningrado,tiñan de todo,unha casa,unha escola,unha cuidadora(Maria del Mar),etc…
Na escola tiñan que escribirlles unha carta aos pais,e Harmonía e Rosa escribiulles contandolle todo o que estaban a sufrir.Esta carta non lle chegou a seus pais,debido polos problemas que había na frontera. Miguel morreu varios anos despois,na guerra do Ebro. Entón Carmiña decidiú abandonar o seu país e marchar a Francia,pero non taba ben e decidiú marchar a Argentina.Onde se casoú cun home de negocios,pero nunca deixou de amar a Miguel.Rosa converteuse nunha gran bailarina e entrou na academia mais importante de Rusia.A poucos anos,León e Harmonía casárones.Cando acabou a 2 Guerra Mundial,voltaron todos a España,onde foron vivir a Galicia.Harmonía,Leon,Rosa e os seus respectivos fillos.Un día chegoulles unha carta,era a carta que lle enviara Rosa e Harmonía a seus pais.

Eu creo que este libro está moi ben escrito e o tema está moi ben buscado, xa que reflicte á perfección o sufrimiento que causa a Guerra. O que non me gustou moito foi que pasaran tantos anos de golpe,xa que te desconcentras un pouco con tantos cambios. É un libro moi bo e triste. A min sinceramente gustoume moito e é un dos libros que máis me gustou da miña vida!!!
Samuel Carballo (4º ESO)

Conta Saldada de Suso de Toro

Catuxa é unha rapaza de 17 anos, á que lle morreu o pai supostamente por un suicidio. Esta, de vez en cando, visita a xestoría do seu pai. Nunha das súas visitas aparéceselle o seu defunto pai. Ven despedirse dela, ademais de confesarlle que ten un irmán do que a nai non sabe nada, e pediulle que lle entregara un talón de cartos. Despois, desvélalle un feito impactante: que el non se suicidou, senón que o mataron uns clientes por investir os seus cartos sen consentimento deles.
Catuxa decide ir buscar ao seu suposto irmán, Xermán. Ela chantaxéao para que lle axude a vingar a morte do seu pai. Pero este cóntalle que el só foi utilizado para quitarlle os cartos a seu pai, pero para saíren de dúbidas deciden facerse unha proba de sangue.
Un día Xermán devolveulle a bici que lle roubaran a Catuxa no barrio onde vive el, e deciden ir á Ría de Arousa na busca dos asasinos de seu pai.
Catuxa diríxese ao restaurante do Cotelo cunha escopeta e ameázao, este leva a unha mansión onde el lle dá un golpe e o deixa inconsciente. Carmucha, a muller do Cabuxo, mátao cun fouciño eo Cotelo, morre por un disparo de Xermán. De volta á vila, volven á xestoria e mentres eles están dentro entra Castiñeiras, outro cómplice do asesinato, que morreu electrocutado por querer encender a luz.
Ao terminar coa vinganza do seu pai Catuxa entrégalle o seu prometido a Xermán, o talón de cinco millóns de pesetas. Tras estes sucesos na vida de Catuxa e ao saber que Xermán non é seu irmán, comezan a mirarse con outros ollos.
O libro gustoume porque vai sobre un xestor asasinado que e vingado pola súa filla Catuxa, xunto cun rapaz que o final se acaban namorando.
Tamara Sánchez Añón (4º ESO)