martes, 28 de maio de 2019

Os televisores estrábicos de Ramón Vilar Landeira, recensión de Lucía Suárez (4º ESO B)


Este libro non me gustou porque non me gustan os libros de relatos, xa que prefiro novelas que narran unha historia cun principio e un fin.
Este libro trata temas diversos como poden ser as drogas, as armas e a inseguridade cidadá, porque hai un relato dun atraco. A vida cotiá das persoas dun barrio dunha cidade. Este barrio atópase preto da Coruña, chamado Grandil. Tamén trata a soidade na que viven as persoas, os seus temores polo do atraco e demais historias que acontecen ao longo do libro. Ao ter que marchar do pobo á cidade, é como che cambia a vida do punto do que deixas atrás e o que tes que volver a comezar. A tristeza dunha anciá que ten que ir para o asilo e ainda así, pensa na súa casa, o que para ela sempre será a súa casa. 
A conclusión que podemos sacar é que estes relatos tratan sobre situacións da vida real que poden pasar en calquera lugar e en calquera momento.

Poemarios de Carlos Negro, recensión de Pedro Suárez (4º ESO B)






Makinaria, que narra a historia dun neno adolescente que fala sobre a velocidade, os coches e as motos. Para que o entendades “Esa xente con gasolina nas veas”.






Masculino singular é un libro super interesante que narra os estereotipos dunha sociedade patriarcal coma na que vivimos. Defende todos os dereitos das mulleres e a igualdade cos dos homes. Un libro que rompe cos estereotipos dos míticos grupos de amigos dos que os homes sempre van.



Penúltimas tendencias é un libro que narra a sociedade capitalista na que vivimos onde todos consumimos e somos consumidos. Unha sociedade patriarcal onde os anuncios marcan os estándares de beleza ao que as mulleres son atadas. En todos ou case todos os anuncios nos que sae unha muller ten un estándar que se repite en todos. Tamén conta a historia de rapazas que non seguen eses estereotipos, ás que a sociedade lles chama “raras”

Made in Galiza de Séchu Sende, recensión de Manuel Nantón (3º ESO)


Tras ler o libro Made in Galiza saquei a conclusión de que é un libro moi bo debido a que trata temas sociolingüísticos moi bos para defender o galego e darnos motivos polos cales esta lingua é tan ou máis fermosa que o castelán. Tamén nos fai referencia a que non debemos cambiar a lingua para situacións como ligar, en temas de política …

Usa un estilo sinxelo e fácil de comprender para achegar aos adolescentes a ler este libro. Outro dos elementos que fai que me guste tanto este libro é que mestura a escrita narrativa coa escrita poética.

Sobre o resumo deste libro non se podería facer todo xunto debido a que conta 42 historias distintas, polo tanto resumirei unha das súas historias máis destacadas.

"O Ladrón de Palabras", este pequeno conto trata sobre un ladrón que andaba roubándolle as palabras á xente, primeiro pedíallas de boas e, se non aceptaban, collíallelas polas mala... conta a lenda que aínda hoxe en día anda roubando palabras.




Poetízate de Fran Alonso, recensión de Sara Caamaño (4º ESO B)

Como ben indica na portada no libro, esta Antaloxía da poesía galega, é unha recompilación de Fran Alonso con outros escritores e escritoras e os seus poemas.

A maioría dos poemas do libro tratan temas como son o amor, a comedia, a infancia dalgúns dos autores, momentos da vida cotiá, moita importancia á natureza e paisaxes galegas.

No estilo empréganse acrónimos e caligramas nalgunhas composicións, abundancia de adxectivos para dar maior énfase aos versos, variedade de metáforas e paralelismos, formas antigas da lingua e vocabulario galego.

Elixín este libro para probar con algo diferente ao que adoitamos ler os adolescentes.

Gustoume moito, xa que aínda que non che guste un poema, todos son diferentes e cada un dos escritores tratan diferentes temas. A poesía deste libro é unha forma de reivindicar o galego da nosa terra. Case todos os poemas me pareceron moi bonitos e con moito significado en cada metáfora e recoméndoo para comezar a ler poesía.

Resistencia de Rosa Aneiros, recensión de Mari Luz Varela (4º ESO B)


Resistencia é un libro que escribiu Rosa Aneiros, no que conta a historia de dous rapaces namorados chamados Dinís e Filipa,o pai de Filipa chamábase Rui, este tiña unha irmá chamada Filipa que morreu no mar. Rui namorouse dunha rapaza chamada Inés, coa que tivo unha filla chamada Filipa.

A nai de Dinís chamada Isaura fora violada polos traballadores da fábrica onde traballaba. Isaura namorouse dun home chamado Antonio Gonçalves aínda que el estaba casado mantiveron a súa relación en segredo.

Filipa mudouse a Coímbra con seus pais, algúnha vez ía a San Pedro de Moel con súa avoa para poder ver a Dinís, pero Dinís tivo que irse a Mozambique. Alí coñeceu a Miguel da Silva co que chegou a crear unha amizade, tamén se fíxo amigo dunha nena á que Antoninho, o fillo de Antonio Gonçalves violou.

Cando Dinís volveu de Mozambique, realizaron unha revolución na fábrica de vidro e Dinís xunto con outro compañeiro chamado Raúl remataron no cárcere. Filipa tivo que exiliarse con Rui a Brasil pola súa ideoloxía política.

Dinís escribía cartas á súa nai e a Filipa, pero as cartas de Dinís nunca chegaban, os carcereiros mandáronlle unha carta a Filipa dicíndolle que morrera.

Os presos políticos de Peniche planearon unha fuxida pero o 25 de abril de 1974 estalou a Revolución dos Cravos e ao seguinte día todos os presos políticos foron liberados.

No fin da historia Filipa vai a Portugal tirar as cinzas de seu pai Rui e descobre que Dinís non está morto.

Na miña opinión, o libro está moi ben porque trata a vida en Portugal dende o punto de vista duns namorados que non poden verse debido a que un deles tense que ir a Mozambique. Tamén me gustou moito porque é un libro co que aprendes un pouco máis da historia de Portugal durante a ditadura de Salazar.

Tristes armas de Marina Mayoral, recensión de Cristian Regueira (4º ESO A)


Esta historia trata de dúas nenas que se chaman Rosa e Harmonía, que por culpa da guerra marcharon nun barco para ir a Rusia. No porto despedíronse de Miguel, seu pai pero non de súa nai Carmiña, porque chegara tarde e non podían saír do barco. No barco, Harmonía fixárase moito en León, un neno que non choraba. Cando chegaron a Leningrado, que era o seu destino, alí tiñan un colexio, unha casa e unha coidadora que se chamaba Mª do Mar. No colexio, escribiron unha carta a seus pais para contarlles o que lles sucedera, pero esa carta non chegou ao seu destino. Uns anos máis tarde, Miguel morreu na batalla do Ebro, Carmiña marchou para Francia e logo para Arxentina. Rosa foi bailarina, Harmonía e León casaron. León foi un gran enxeñeiro. Cando terminou a Segunda Guerra Mundial, foron todos á casa de Galicia. Cando estaban alí, chamou a porta o neto do xefe de correos e entregoulles a carta que lles escribira Harmonía cando era pequena. Elas gardárona como un mal recordo do dano que fai unha guerra.



Na miña opinión, o libro gustoume moito. Por unha parte explícache cales son as consecuencias que hai por culpa dunha guerra. Por outra parte, tamén se mostra a emigración, xa que moitas familias ou fillos teñen que marchar para outros países ou para lugares de acollida como lles ocorreu a estas dúas irmás por culpa da guerra. E por esta causa os fillos ou fillas téñense que separar dos seus pais para non volvelos ver nunca, xa que seu pai tiña que ir á guerra e ao morrer a nai tamén emigrou para outros países e nunca se volveron ver.






A memoria dos meus pasos de Carlos Meixide, recensión de Sergio Villar (4º ESO B)


Este libro reflicte moi ben o personaxe dunha muller extravertida e inconformista, unha muller á que a vida se lle queda curta e busca por calquera método cousas distintas, como por exemplo cando se decide suicidar afirmando que é a única forma de que sexa feliz. Trátase dun libro que incita a pensar que cousas levan ao personaxe a tomar as decisións que toma e cales son os motivos de que o faga, creando unha situación na que o lector se ten que ensumir na mente da rapaza para conseguir descifralo. É un libro moi ben escrito que conta con moitas anotacións, tanto musicais como de lugares de Portugal, que lle dan moito sustento ao realismo do libro e que fan que poida ser unha historia realmente realista.

Como opinión personal, gustoume a historia e a maneira e o misterio co que desenvolve o relato, mais non me gustou tanto a forma de contala xa que semella que enreda moito contando moitos detalles que, na miña opinión, non son tan importantes como a obra en si. É un libro que recomendaría a calquera lector que lle guste o misterio e as novelas realistas, pero tería que ser un lector novo, xa que está mais ben centrado para público adolescente-maior.


O tesouro das ánimas de Conchi Regueiro, recensión de Lucía Moreira (3º ESO)


No peto de ánimas da Leira dos Pintado, en Ponterrubiáns, cinco versos proporcionan unha misteriosa clave. Trátase das pistas que, segundo unha vella lenda, permitirían descubrir o tesouro que un bispo do século XVIII agachara na vila. A desaparición da súa profesora levará a Natalia e Guillerme, compañeiros de instituto, pero non amigos, a adentrárense no enigma, que se acaba convertendo nunha perigosa aventura na que só contarán coa axuda da súa intuición e intelixencia, ademáis dun videoxogo de última xeración.
É unha novela engaiolante e entretida, cunha chispa de humor, que recomendaría a todos aqueles ós que lles guste un pouco de aventura.

A memoria da choiva de Pedro Feijoo, recensión de Nuria Varela Rioboo (4º ESO A)

Gustoume moito este libro xa que me gusta o tema que trata; esta é unha novela negra na que mestura a poesía de Rosalía de Castro con asasinatos. Gústame a gran variedade de personaxes que hai e como xogou o escritor con ela á hora de escribir o libro; tamén me gustan os lugares onde sucede toda a trama. Tamén cómpre destacar que o humor negro que trae esta novela é moi crítico e á parte de combinar poesía e asasinatos mestura tamén a política coa sátira. A pesar de xogar con asasinatos e con poemas Pedro sempre ten en conta o respecto cara Rosalía. 

Aínda que hai partes do libro que sacaría ou que me parecen demasiado sinestras, gustaríame que acabase cun final cerrado e non aberto, pero se un final aberto significa unha continuación espero con inquedanza outro libro. A pesar das cousas que sacaría non descartaría este libro de ninguna estantería de ninguna biblioteca, xa que é un libro que desde a primeira páxina te engancha e non te solta ata que o descobres todo. 

Engurras de Paco Roca, Nerea Regueira, Laura López, Cristina Pastoriza (3º ESO)



Emilio ten alzhéimer, entón o seu fillo e súa nora deciden metelo nun centro de anciáns xa que eles non o poden coidar. Alí pasa o tempo xunto outros anciáns que teñen diversas enfermidades, e faise amigo de Miguel. 

Alí coñece a moitas persoas que o axudan cando a enfermidade vai avanzando; a persoa que para el é máis importante é Miguel un home que se mostra sen sentimentos pero que lle acaba collendo un cariño inmenso a Emilio e ao que lle axuda para que non vaia para a planta dos impedidos xa que el di que se vas para esa planta é porque te queres matar. Ao final toda esa axuda non serviu de nada e Emilio foi para a planta dos impedidos pero sempre acompañado por Miguel. 

Emilio cada vez vai a peor, deciden trasladalo á planta destinada aos quen non lle queda esperanza. Miguel e os seus compañeiros fan todo o posible para que non o leven, pero ao fin e ao cabo non foi posible. Pásano para a segunda planta pero cada vez vai a peor e ao final morre.


Este libro gustoume porque trata sobre un tema interesante que é o alzhéimer, unha enfermidade que poden chegar a ter os nosos avós ou incluso nós nun futuro. Tamén che dá a coñecer que o alzhéimer non é unha enfermidade mala, senón que tamén se pasa ben coa xente dos arredores que a padecen (Nerea)


Esta historia pareceume moi interesante e triste. Por un lado, trata un tema importante e común como é o alzheimer, moi interesante xa que está contado dende o punto de vista do señor. E pareceume tamén moi triste porque a forma que ten o autor de redactar axuda a que o falecemento do protagonista se viva máis emotivamente, facendo que chegue a todolos lectores (Laura)


A min persoalmente gustoume moito este libro xa que che fala dunha enfermidade que afecta a moitas das persoas maiores, pero nunca se fala dela e porque se ve como se senten as persoas que están con esas persoas (Cristina)

As fronteiras do medo de Agustín Fernández Paz, recensión de Vanessa Mariño (4º ESO A)




Este libro conta con 6 relatos. O último relato chámase “A mirada de K” que trata dun psiquiatra chamado Arsenio que está nun psiquiátrico grazas ao seu amigo Guillerme que lle regalou una caveira. Este amigo díxolle que a puxera na oficina de adiviña de Tarot. O que pasou foi que a caveira que tiña o nome K falaba con ela e facíalle a Arsenio facer asasinatos.
Este libro a min non me gustou porque non me enganchou, pero este capítulo foi o que máis me gustou.

A banda sen futuro de Marilar Aleixandre, recensión de Álex García Rellán (4º ESO B)

A miña opinión sobre este conto é totalmente positiva. Paréceme que Marilar Aleixandre retrata á perfección o tema do libro, a aceptación dunha persoa na sociedade polo simple feito de ser diferente aos demais, o cal é un tema bastante bo e que a min me chama a atención. 

Non só trata o tema da aceptación social no libro tamén alude a temas como o rock e o amor, o que me parece un acerto total na historia da novela. 
En resumidas contas, paréceme un libro boísimo polo ben estruturado que está e polo tema do que fala, que para min deberíase normalizar, xa que por ser diferente non es peor persoa.

Lois Pereiro, recensión de Sarai Pose Fariña (4º ESO)


Lois Pereiro é a radiofonía dunha xeración decimada, un mito certo, secreto e carnal.”
Manuel Rivas, El País, 1996
Revisando os danos
A man dereita á dereita do corpo,
a man esquerda á esquerda.
En plenas facultades,
teño a cabeza no centro do mundo
e voulle cambiando os argumentos
ós meus soños escasos e prudentes.
(Poesía última de amor e enfermidade, Lois Pereiro, 1994)

Lois Pereiro atrae ao lector cunha das súas obras más íntimas dentro de toda a súa carreira literaria, denominada Poesía última de amor e enfermidade (1992-1995). Nela, cóntanos dende a súa penumbra máis galega, a tempada na cal estivo moi enfermo; por iso, esta obra é considerada unha das máis sentimentais dentro das letras galegas modernas.
Mesturando a literatura moderna xunto coa dozura e a delicadeza dos tempos de Rosalía, Pereiro consegue absorvernos a un mundo, para moitos moi caracterizado e empático.
Poesía última de amor e enfermidade é un desgarre do sentimental no que o seu autor se despide polo alto do mundo galego, da patria e da lingua galega, do seu. Debido a isto, o lector queda atrapado nunha lectura da cal non pode escapar, creando as imaxes que o propio Lois Pereiro describe, ademais dun diálogo que interpón entre a morte e el mesmo.



domingo, 26 de maio de 2019

Titoán, cómic de Inacio e Iván Suárez sobre Castelao, recensión de Diego Penedo Alborés (4º ESO A)

 
 
O libro que eu escollín é Titoán, é un libro que conta a historia de Castelao cun veciño. A historia empeza cando na aldea se vai celebrar o entroido. Castelao decide facer un cabezudo inspirándose na cara do seu veciño que non tiña bo carácter. Cando o veciño viu o cabezudo que lle fixera Castelao non lle gustou nada e quixo ir pegarlle, pero súa muller non lle deixou.
Este é un comic moi divertido é mui entretido que te engancha ata o final, á parte ten unha crítica social implícita.
O cómic a min gustoume moito e recomendaríao a todos os que lle gusten as bandas deseñadas e ler libros de humor.

Ionqui de Melvin Burgess, recensión de Ana Nantón (4º ESO A)

O escritor Melvin Burgess neste libro trata a historia dun tema moi actual que é o mundo das drogas.
Nel, conta a historia de dous rapaces dunha rapaza e dun rapaz duns 14 anos. Eles chámanse Gemma e Tar, coñecéronse nunha vila e pouco a pouco fóronse namorando dun do outro. O pai de Tar é alcólico, mallaba na súa muller e os pais de Gemma son adictos ás pastillas.

Os dous rapaces van vivir a unha cidade e entran en contacto co mundo das drogas. Marcharon para Bristol e van en procura de okupas e alí comezan a chutarse heroína con dous rapaces que coñecen alí que se chaman Rob e Lily, e que comparten a mesma adicción ás drogas.

Gustoume moito este libro porque conta un tema actual nas nosas vidas, xa que cada vez hai moita mais xente chutándose heroína ou outro tipo de droga.

Mecanoscrito da segunda orixe de Manuel de Pedrolo , recensión de Nerea Bermúdez (4º ESO A)

Este libro relata unha historia na que o mundo vese destruído por extraterrestres. A este ataque só sobreviven dous rapaces Alba, unha adolescente, e Dídac, un neno de cor. Aos rapaces ocórrenlles moitas aventuras: Dídac grazas a uns libros aprende mecánica e Alba estuda medicina, atopan un extraterrestre ao que matan e lle quitan a arma, atopan superviventes, pero téñenos que matar debido a que por culpa do ataque algúns perderan o xuízo. Isto fai que Alba queira facer un mundo novo no que non haxa guerras, prexuízos ou racismos. Aséntanse ao carón dunha praia onde Alba queda embarazada de Dídac que tivo que aprender medicina para asistila no parto. Ao pasar un tempo Dídac saíu por provisións e ao tardar foi na súa procura e encontrouno morto por un derrubamento do edificio. Alba enterrouno e decatouse de que tería que esperar 12 anos ata poder ter máis fillos que seu propio fillo.

22 segundos de Eva Mejuto, recensión de Elena Pose Núñez (3º ESO)

Que pouco ou que moito se pode contar en 22 segundos. Un intre na vida dunha persoa ou polo contrario toda unha vida. Neste caso unha vida de superación e loita. Loita por ser ela/el mesmo, cada verba, cada xesto, vai espertando dun xeito natural a empatía ou complicidade de quen le o libro co protagonista. Comprende a súa frustración, a súa impotencia, a rabia, o rancor, diante duns sentimentos e sensacións que dende cativo recoñece coma propios, pero que non sabe como aceptalos e poñerlle nome. Unha longa viaxe lévao a realizar un camiño cara a realización persoal e a felicidade.
Mostra 22 segundos que o diferente non é sinónimo de marxinación e sufrimento e ve a tecnoloxía das ondas como unha canle de denuncia e reivindicación social, ademais de coñecemento de realidade na que vive un colectivo caracterizados demasiadas veces coma enfermos. Alex, un mozo trans, decide tomar as rendas da súa vida e mostrar diante dunha cámara todo o que leva dentro de si, algo gardado dende hai moito tempo. Fala para todos cando di que o distinto asusta, dá vertixe porque obriga a cuestionarse moitas cousas que se dan por verdades irrefutables. Os principios dunha sociedade que queda ancorada nun pasado de represión e medo, si medo, medo ao cambio, ás persoas diferentes que sen poñerlles etiquetalas, son marcadas polos prexuízos. Xente que sabe que a súa identidade de xénero non coincide co sexo que lle asignaron ao nacer; xente que foron sempre silenciados e denigrados e que a día de hoxe aínda seguen séndoo.
O libro busca visivilizar dende a empatía este feito e mostrar a realidade na que viven, loitando por unhas leis e unha sociedade que as deixen de considerar enfermos. Os que queiran entenderán moitas cousas e comprenderán outras, ou mesmo non comprenderán nada. Por todo o que sente e pensa fai o blog, porque os que non se pregunta polas cousas ou non saca as súas propias conclusións, é coma un rabaño, que o levan a onde queiran. Non hai que ser covardes, hai que tentar sempre ser un mesmo ou unha mesma, contadas as letras. Se lles gusta aos demais, perfecto, pero se non, tamén. Sempre vai haber quen nos queira e quen non nos acepte sexamos como sexamos; por iso non podes vivir para esa xente, senón para ti mesmo.
Estraño moito neste libro a forma en que todo o mundo acepta o cambio do rapaz, Alex pelexa máis consigo mesmo que coa xente que o rodea, sería unha marabilla que na vida real ocorrera así, pero non nos enganemos, o libro mostra o que debía ser pero non o que é.
Penso que é un libro que debería ler todo o mundo que queira vivir nunha sociedade máis xusta e máis igual en todos os sentidos.


O lapis do carpineiro de Manuel Rivas, recensión de Juan Varela Collazo (4º ESO A)



Esta historia está na guerra Civil Española, conta unha historia entre o Doutor da Barca e Marisa Mallo, que estaban namorados. Da Barca foi para o cárecere e estaba condenado a pena de morte. Na prisión está Herbal, o xefe de alí. Un encarcerado regálalle o lápiz do carpinteiro a Herbal, cando o mata. Herbal sempre se acorda del, e desde ese momento sempre leva con el o lápiz. Da Barca foi trasladado a Valencia, pero nos anos 50 fora liberado e volve para Galicia. Da Barca e Marisa casan e Herbal cando foi para a cadea, regálalle o lápiz a María, unha muller que coñece aló.

Gustoume porque é un libro moi entretido e fala sobre situacións reais daquela época.

xoves, 23 de maio de 2019

Recensión As rapazas de Xan de Manuel Iglesias Turnes, Andrea Suárez Souto (3º ESO)

Esta historia trata sobre Carmela, una rapaza que vivía na Galicia dos nosos antepasados. A rapaza era orfa de nai e o seu pai ,Xan , axudáballe e apoiábaa en todo. Co paso do tempo, Carmela foise namorando de Rafael de Varela, un dos rapaces máis ricos da aldea. Ao pouco tempo, este deixou en cinta a Carmela e non quixo saber máis dela. A pesar diso, Carmela tivo una nena que a chamaba Sabeliña.

Co paso do tempo, Manuel un compañeiro de toda a vida de Carmela díxolle a esta que sempre viviu namorado dela. Ao fin, estes comprometéronse a casar. Un día, á volta de aprender de coser, Rafael foi molestar a Carmela, xa que, este tiña problemas no seu matrimonio. Ao saber isto, Manuel foille
chamar a atención a Rafael. A mañá seguinte, Rafael apareceu morto.

Ao final da novela, Manuel e Carmela acaban casando nunha voda do palleiro da súa familia e ambos ían moi guapos. Despois desta, marcharon para traballar a Montevideo, lugar onde ía traballar a maioría da xente desa aldea en América.

Para a miña opinión esta novela pareceume unha novela moi interesante xa que, ponos na situación da antiga Galicia e ensínanos como era a vida dos nosos antepasados. Respecto a como está estruturado o libro pareceume un pouco lío pero a pesar diso, non me costou lelo.

Recoméndollo a todas esas persoas que teñan pasión pola lectura ou pola historia.

O club da calceta de María Reimóndez, recensión de Cristina Souto (4º ESO A)

Matilde, Anxos, Luz, Rebeca, Elvira e Fernanda, cada unha teñen os seus problemas, únense a un club de calceta onde se acaban facendo grandes amigas e acaban encontrando solución aos seus problemas, terminando por fundar empresas propias co apoio das demais.

Pero un día os homes que lle causaban problemas morren e pensan que elas as asesinaron. Matilde, que sempre tivo problemas debido máis grande do normal, monta a súa tenda de las, “Á túa medida”, na que tamén remata vendendo esculturas similares ás que facía a súa tía Davinia que foi asasinada.

Anxos, unha feminista da Universidade, deixa a seu mozo Damián, queda sen casa e vai vivir con Elvira, e planifica crear unha revista de investigación femenina.

Luz, que era prostituta desde que súa nai a introducira no negocio, e Rebeca, que ten un mozo que a engana coa súa xefa, fundan unha empresa de asesoramento empresarial para mulleres na que as axuda tamén Anxos. Luz deixa a prostitución e vai vivir con Elvira e Anxos cando as súas antigas compañeiras lle pegan porque pensan que segue no negocio por si soa. Rebeca acábase independizando e namórase de Laura, que era unha asistenta social que axudou a Luz.

Elvira faise monxa e queda embarazada do párroco e despois ten que abortar, ao final acaba roubando a virxe da igrexa e escapando.

A Fernanda, fáltalle unha perna pero sempre tivo o apoio de seu home, cumpre o seu soño de facerse condutora de autobuses.

No libro morren o pai Serafín, Xosé Barroso, (o entrevistador de ofertas de traballo), o condutor de autobuses (que paraba o autobús lonxe da parada para que así tiveran que andar máis).

Paréceme un libro moi bo xa que me gustan moito as historias de cada unha das personaxes, e como acaba cada unha.

martes, 21 de maio de 2019

A cabeza da medusa de Marilar Aleixandre, recensión de Brais Martínez Lema (4º ESO B)

A escritora, Marilar Aleixandre, trata neste libro un tema moi actual como é o das violacións.
Nel, dúas rapazas de segundo de Bacharelato son violadas una noite despois da festa de disfraces. Tras a violación, o colexio enteiro busca axudalas intentando que o suceso pase desapercibido, mais a denuncia das rapazas fai que saian artigos nos xornais, e prodúcense algún sucesos como os de pintadas chamándoas putas no instituto. Durante as investigación, o pai do culpable intenta comprar o silencio da violada para salvar o fillo, declarado xa culpable polas numerosas probas.
A autora trata o tema da violación, e consegue captar o lector dende o primeiro momento dando moitos datos dos sucesos. Fala do proceso da violación, da vida das rapazas despois do suceso, pero tamén fala da forma en que a xente adiñeirada ten máis facilidade para salvarse dos delitos, a base de sobornos.

luns, 20 de maio de 2019

Recensión de Persépole de Marjane Satrapi, Sara Rivera (4º ESO B)


Persépole é un cómic autobiográfico sobre a escritora franco-iraní Marjane Satrapi. Esta historia conta desde o punto de vista infantil dunha nena de dez años, a súa vida durante o réxime fundamentalista islámico.

Con esta obra, a autora conseguiu demostrar que tan só un comic pode reflexar os momentos máis duros da historia. Mentres que o cómic estadounidense de superheroes se creou con fins comerciais, este ten un transfondo social que reivindica a liberdade na cultura islamista.

Este relato, contén denuncias contra a intolerancia, o machismo, o fanatismo relixioso e a represión. Todo isto explicado por unha nena. Co seu estilo tan característico, Marjane consegue transmitir moitas sensacións que nos levan a pensar sobre o difícil que pode ser vivir nalgunhas culturas.

venres, 17 de maio de 2019

Fariña de Nacho Carretero, recensión de Álex Urquiza (4º ESO A)

A historia transcorre na zona da Arousa dividida en varios clans: A Ros liderado por Sito, Os Charlíns por Manolo, Os Oubiña por Laureano e por ultimo Terito. Empezaron vendendo tabaco pero a ambición puido con eles e empezaron coa cocaína. Chegaron a postos de altos cargos, todo corrupto, ninguen os podía parar, pero chega un momento onde chivatos falan deles e xuíces madrileños poñen mans na masa. 
Este libro gustoume moito porque explica como sucedeu todo na Galicia do século anterior, como chegaba a droga ás costas galegas e como se perdeu unha xeración enteira. Unha vez que empezas a lelo non podes parar. 

A esmorga de Eduardo Blanco Amor, recensión de María Paz (4º ESO B)

coma quen vai fechando portas tras de si e guindando coas chaves…”

Eduardo Blanco Amor narra nunha das obras cumes da literatura galega de todos os tempos a historia de tres personaxes marxinais que emprenden unha viaxe de vinte catro horas polos suburbios de Auria. O alcohol e a choiva levan os tres protagonistas, o Bocas, o Milhomes e o Castizo, a andar cara un final de autodestrución que terá o seu punto culminante nun vertedoiro. O Castizo, único supervivente á "esmorga" narra os acontecementos das vinte e catro horas, entre eles, violacións, asasinatos e incendios ante un xuíz.
A Esmorga é un libro que non deixa indiferente a ninguén, a súa trama e o xeito de narrala fan que dende o comezo o lector quede prendido ao libro e sinta a historia como súa. A Esmorga é a mestura perfecta entre escenas que conseguen poñerche os pelos de punta, crítica social e uns personaxes que cobran vida dende a primeira liña e que espertan sensacións moi intensas no lector.


domingo, 12 de maio de 2019

Ollos de auga de Domingo Villar, recensión de Javier Varela (4º ESO)

 Este libro gustoume porque é un libro de misterio dos que dá para pensar e que non perde emoción segundo o vas lendo. Ademais tamén ten puntos de humor moi divertidos. O libro trata sobre un inspector de policía chamado Leo Caldas que traballa cun axente chamado Rafael Estevez. 
A historia transcorre en Vigo; un saxofonista chamado Luis Reigosa aparece asasinado na súa cama atado cunha tea o 12 de Maio. As pistas apuntan a Dimas Zuriaga, un doutor que é o que ten acceso ao formol. Na investigación descobren que o morto era gai e acoden a un pub de ambiente homosexual. Alí quedan cun picadiscos chamado Oreates Rial pero atopano morto no seu apartamento cunha bala na cabeza. Despois encontran no seu ordenador fotos de Zuriaga e Reigosa e deducen que Orestes chantaxeaba o doutor con difundir as imaxes. A investigación apunta a que Zuriaga é o culpable pero despois Caldas dáse conta de que algo non encaixa.

xoves, 9 de maio de 2019

Poesía Galega de Posguerra

Aquí vos deixo ao alumando de 4º da ESO esta completa e elaborada presentación sobre a Poesía Galega de Posguerra coa que estamos traballando estas semanas. Espero que vos sexa útil para completar as explicacións e o comentado nas clases.