luns, 25 de novembro de 2013

Goodbye rivers, goodbye springs, unha fermosa homenaxe para a nosa grande Rosalía

Este fermoso video co recitado bilingüe inglés-galego do famosísimo poema "Adiós ríos, adiós fontes" da nosa poeta máis internacional, chéganos con acento irlandés. No colexio de primaria St. Mary's School de Mullaghbawn en Irlanda do Norte idearon esta marabillosa e sentida homenaxe a Rosalía, no 150 aniversario da composición deste poema que fala da emigración e que representa tan ben a tristura daqueles que deixan atrás persoas, bens e a terra querida, sentimentos experimentados por milleiros de galegos e irlandeses ao longo de centos de anos. Emocionádevos ouvindo os versos de Rosalía nas voces infantís destes cativos irlandeses, gozade con esta estupenda homenaxe á nosa grande poeta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario