sábado, 27 de febreiro de 2016

Debemos comprometernos na pervivencia do galego, por Laura García Eiroa (3º ESO)

Outro gran problema que sufrimos, tan só os galegos, é a perda do noso idioma. Nas cidades estase perdendo o uso do galego, e é algo que non debemos permitir. O noso deber como galegos é falar galego ao igual que os cataláns falan catalán ou os vascos falan vasco. Con isto non se quere dicir que só falemos galego, por suposto tamén temos que saber falar o castelán xa que non só é útil en España, senón que nos permite comunicarnos cos países latinoamericanos. Ao igual que nós sabemos castelán, o resto do país debería saber falar un mínimo de galego, e ata entendelo, porque é bastante parecido ao español. Por falar castelán un non é máis listo, un non é máis fino, un non é mellor. As linguas son igualitarias, e todos debemos falar o idioma que nos pete. Por iso, como galegos, debemos estar orgullosos da nosa lingua, xa que somos únicos e debemos apoiar xuntos a conserva do galego. Un instituto galego fixo un lipdub moi ben traballado ao que titularon “galegando”, no que defenderon o galego. Nós, xuntos, podemos salvar o galego.

Loitando contra a violencia machista, artigo de Sheila Fariña Amado (3º ESO)

Na actualidade a muller está pouco valorada, hai moitos casos de maltrato; se nun traballo, facendo o mesmo, hai un home e unha muller, pode que o home gañe máis que a muller... Isto é debido a que, dende o principio da historia, a muller sempre foi inferior ao home, hai uns anos pensábase que a muller non servía máis que para ter fillos e coidalos ata que fosen maiores. Aínda que pouco a pouco isto foi cambiando ao longo dos anos, aínda hoxe en día danse casos de violencia machista nos que segue morrendo xente, polo que temos que seguir loitando até chegar a que a muller sexa tan importante coma o home na sociedade.
Hai casos nos que o machismo acostuma a ser inculcado na casa.Tamén hai casos de maltrato que non se denuncian por medo, e aquela pequena porcentaxe que se denuncia non ten castigo instantáneo, e, se o ten pouco castigo lles acarrexa.

Sheila Fariña Amado 3ºA

Que ben o pasamos na Coruña, no barrio da Agra do Orzán e no Ágora!! , crónica de Noelia Alejandro Soneira da excursión do día 2 de decembro de 2015.

O día 2 de decembro os alumnos e alumnas de 2º da ESO fomos de excursión á Coruña. Ao chegar á escola Ana Nantón, Irene e eu fomos axudar a mestra de Lingua Galega a recoller os libros da biblioteca Ágora. A mestra de galego, Ana, aínda non chegara e quedamos as tres soas co carriño onde ían todos os libros, eu, para saber o que pesaba collino arrastreino uns centímetros e deille para atrás para pousalo onde estaba, pero as rodas, de repente saíron do sitio e eu pedinlle axuda a Ana Nantón, que se estaba rindo, e non puiden arreglalas e romperon máis aínda. Aí vai o carriño da nai da mestra!

No bus fomos falando todo o camiño, Ana, Irene, Iria e eu. Ao chegarmos a onde tiñamos que baixar, collemos os libros, xa que o carrito non andaba. Unha rapaza dominicana empezou a berrar e preguntounos de onde viñamos, e dicía que a seguiramos en Instagram e preguntounos de onde eramos e se falabamos con gheada porque lle encantaba. Percorremos unhas estradas bastante transitadas e por fin chegamos ao Ágora, a mestra foi adentro e nós quedamos con Galicia e con Nico xogando.
Cando entramos atendéronnos Nelson e Nati, explicáronnos a distribución e os horarios. Devolvemos todos os libros e deixáronnos coller libros e cds coa música que nos gusta. 


Saímos do Ágora e puxémonos a andar e paramos nunha tenda de comics (Kikomic) onde se vendían todo tipo de cousas que tiveran que ver cos comics. Compramos algún comic e marchamos. Despois andamos polas rúas do Agra e entramos nunha tenda senegalesa, Yarama África e compramos cacahuetes sen torrar. Tamén fomos a unha editora de comics, Demo Editorial, e explicáronnos os procesos de creación dos cómics. Andamos ata onde nos recollía o bus, pero antes diso pasamos por un parque ou algo similar, que era todo céspede e un señor e unha señora díxonos como era iso antes de ser así. Chegamos á parada dez minutos tarde, polo menos, pero o bus aínda non chegara. Fun todo o camiño moi cansada. Gustoume moito, A Coruña é mais ca o Marineda e o hospital.

Noelia Alejandro Soneira (2º ESO)

A desigualdade económica por Lucía Gagino (4º ESO)

Que os recursos están mal distribuídos non é cousa nova. Todos sabemos que nos lugares mais pobres e politicamente corruptos do mundo se está a explotar a xente para satisfacer as necesidades dos países ricos. Todos sabemos que o correcto sería tamén a distribución dos produtos en función das necesidades de cada pais, sen abusos, sen explotación.

Todo iso sábese. Pero para que os pobres sexan menos pobres, os ricos teñen que ser menos ricos. Se todos fósemos iguais economicamente, os multimillonarios non serían multimillonarios. Por iso é tan difícil acabar coa explotación humana e de recursos. Para que nos poidamos ter produtos baratos, como camisetas ou móbiles, alguén ten que facer ese traballo por uns custos ridículos. Velaquí o gran problema que hai: a xente compra produtos baratos, e obriga a outra xente a ser explotada.

Miles de mulleres que se adican á costura arriscan a súa saúde traballando en fábricas sen as condicións de seguridade mínimas, en países como Camboya ou Tailandia. Ao máis puro estilo da I Revolución Industrial. Así se fai a roupa que consome maioritariamente occidente, marcas tan reputadas como Zara ou Marks & Spencers fan subcontratas a empresas locais, nas que as mulleres son obrigadas a traballar para subsistir, xa que non teñen recursos nin medios para traballar noutros lugares ou noutros oficios que lles gustarían máis.

Outra moi coñecida é tamén a Guerra do Coltán , en África. Moitos miles de nenos e adultos arriscan a súa vida en condicións insalubres para que nos poidamos ter un mísero teléfono móbil. Cantos soños e cantas ilusión terían os nenos que morreron polo maldito mineral? Seguro que moitos e moi bonitos. Pero iso non ven no manual de instrucións do móbil. Nin sequera nos avisosOutra moi coñecida é tamén a Guerra do Coltán , en África. Moitos miles de nenos e adultos arriscan a súa vida en condicións insalubres para que nos poidamos ter un mísero teléfono móbil. Cantos soños e cantas ilusión terían os nenos que morreron polo maldito mineral? Seguro que moitos e moi bonitos. Pero iso non ven no manual de instrucións do móbil. Nin sequera nos avisos de perigo. A verdade doe, é certo, pero vale a pena vivir nunha mentira?

A maldición dos recursos en África


Dos 54 países de África, 23 están entre os países con menor Índice de Desenvolvemento Humano. Entre eles atópanse algúns dos máis ‟ricos do mundo” en materias primas e minerais. Unha riqueza que os empobrece!

África subsahariana ten en porcentaxes mundiais: o 20% das reservas de uranio, o 90% de cobalto, o 40% de platino, o 65% de manganeso, un 8% de petróleo e un 50% de ouro e diamantes. Ademais de importantes porcentaxes doutros minerais, materias primas e recursos hidroeléctricos.

A xestión destes recursos fai que en países como Serra Leoa, Liberia e R.D. do Congo se prolonguen os conflitos. En Liberia (despois de 14 anos de guerra) morreron máis de 250 mil persoas, e en R.D. do Congo (en guerra dende 1996) morreron arredor de 3 millóns e medio de persoas.

Ademais, os bosques de África subsahariana cobren uns 582 millóns de hectáreas, e representan o 45% da biodiversidade mundial, eliminan 630 kg de carbono por hectárea e ano, e conteñen unhas 12 mil especies de plantas, das que unhas 7.500 son endémicas.

A deforestación e o abuso da agricultura provoca unha perda económica duns 42 mil millóns de dólares anuais. Exemplo disto e que en Costa de Marfil só queda o 20% do bosque, Ghana e Madagascar perderon o 90%, en Malawi desaparecen 80 mil hectáreas ao ano e na conca do río Congo a deforestación chega ata o 0,7% cada ano.

Por outra banda, o consumo de peixe nestas poboacións segue sendo moi baixo e non se benefician das ganancias que produce a pesca e a acuicultura noutros lugares. Por exemplo Mozambique denunciou que perdeu 70 millóns de dólares en 2012 debido á pesca ilegal do atún e do camarón, que fan barcos estranxeiros nas súas costas. Ademais compañías pesqueiras, sobre todo de armadores galegos, pescan 7 de cada 10 pescadas capturadas en Namibia.

África tamén exporta cereais, cacao, algodón, cacahuetes, aceite de palma e café a todo o mundo, tendo grandes extensións de terra sen cultivar listas para producir alimento. Pero os países do Norte, preocupados pola demanda interna de alimentos, acaparan as terras, mercando millóns de hectáreas en África. Isto fai que 217 millóns de persoas pasen fame, xa que non teñen acceso aos alimentos que eles mesmos xeran, e nos consumimos.

Este espolio é a principal causa da pobreza nestes países. Por iso debemos asumir a responsabilidade que temos todos: gobernos, empresas e consumidores, e contribuír para garantir unha explotación dos recursos africanos que sexa beneficiosa para eles.

Diego Moreira Souto 4ºA

Empoderando as mulleres na África

Catro mulleres partiron onte do aeroporto de Santiago con destino á Kenya, en África. Despois da longa viaxen en avión, desprazaranse durante catro horas ata ó interior do pais, a unha pequena aldea rural que non supera os mil habitantes, e onde dará comezo a súa “ruta pola igualdade”.

As catro voluntarias son estudantes da universidade de Santiago,aínda que non todas elas son galegas. Parten coa misión de mellorar a situación das mulleres na África rural, ensinándolles que por ser muller non son menos importantes.

Tamén realizarán algunhas charlas con homes, para de algunha maneira, ensinarlles o importante rol da muller na súa sociedade (e en todas as demais). A súa travesía levaraas tamén a recoller testemuño de mulleres anónimas que sufriron maltratos ou violacións. Será un labor difícil, xa que a violencia doméstica e a sumisión da muller perante o seu esposo, fan destes casos un tema tabú que todos tratan de esquivar, tratando a esas mulleres, as poucas que se atreven a falar no medio do silencio, como unhas apestadas da sociedade.

Peros estas catro mozas, son para elas as mensaxeiras da igualdade, a voz que lles ensinará os seus dereitos como cidadás a estas mulleres que levan ás costas o peso dunha sociedade desigual. Son ademais a voz de todas aquelas que foron silenciadas derramando o seu sangue.

Esperemos que a súa viaxe dea un gran froito nas hortas destes agricultores africanos, e que tamén nos noso corazóns, avive a ilusión de que unha sociedade igualitaria é posible coa forza de vontade de heroes anónimos, coma estas catro mozas que conmoven o corazón do chamado Primeiro Mundo.

Lucía Gagino (4º ESO)

Visita á Coruña aló por decembro. 2º de ESO comeza a coñecer o mundo da banda deseñada e moito máis!!

O mércores 2 de decembro os alumnos de 2º e 3º da ESO fomos á Coruña. Os de 3º foron ao Museo de Belas Artes e mentres nós, con Galicia e con Ana, a mestra de Galego, fomos visitar o barrio dos Mariñeiros e da Agra do Orzán.

Fomos á biblioteca do Ágora. Alí Nelson e Natalia explicáronnos moitas cousas. Na biblioteca do Ágora había unha sala para os nenos pequenos, outra sala para os de seis a dez anos. Tamén había ordenadores, comics, cds de música, pelis e ata plays3.

Despois fomos a unha tenda de comics que se chama Kikomic. O dono tiña un can moi bonito, alí había comics moi chulos de heroes, e camisetas chulísimas..

Tamén fomos a unha tenda que era unha ONG, Yarama África, que vendía alimentos e produtos de África. Había zumes, cacahuetes, caramelos, té, manzanilla, crema, aneis, bolsos, mochilas...Estaban moi ricos os cacahuetes e os caramelos. 

Tamén fomos a un estudio onde facían comics, Demo Editorial, e estivéronnos ensinando moitas cousas. Falou con nós Manuel Cráneo que nos explicou como deseñaba os seus cómics e debuxos. 
Despois vimos a biblioteca da Sagrada Familia onde antigamente Ana Isabel estudaba e pasamos por onde hai anos o noso titor e profesor de Música, Javier, ensaiaba co seu grupo de música e despois entramos nunha tenda de instrumentos que eran chulísimos. Andamos moito pero valeu a pena para aprender tanto. Espero ir máis veces.

ANA NANTÓN CASTRO 2ºESO