xoves, 21 de novembro de 2013
A noite dos vampiros por Álex Bellón Beizana (2º A)
Era a noite do cumpreanos de Sergio. Ata ese momento todo fora moi divertido, pero xa estaba a cambiar todo.
Eu quedara só, pois os meus amigos foran ao bar de Pepe a buscar unhas pizzas para cear.
De tan aburrido que estaba pensei que para distraerme ía contar as escaleiras que tiña a casa de Sergio. De pronto, nunha delas vin unhas manchas de sangue. Ai,meu Deus, que estaba pasando?
Antonio, o do súper, dixera que polas noites os vampiros veñen chupar o sangue aos nenos.
Os outros non viñan coas pizzas e eu estaba a pensar que algo lles pasara.
A néboa non me deixaba ver máis que ata á esquina do garaxe do pai de Sergio. De pronto vexo vir unha persoa cunha pelame moi longa e un abrigo deses coma os que levan os vampiros. Miña nai,que medo!.
Pouco a pouco viña cara min e eu tremía de mans e pernas pois para min iso era un vampiro que me viña chupar o sangue.
Cando o meu corazón estaba a mil por hora pasou algo moi raro. De repente, o vampiro desapareceu e os meus amigos xa volveran.
Eles non paraban de rir e dixéronme que tiña cara de cadáver, do branco que me puxen con tanto medo.
Hoxe sei, ou penso, que me durmín e que todo foi un sono.
Porén, teño unha rara sensación no pescozo e hai veces que desexo tomar sangue.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario