martes, 19 de novembro de 2013

A Cincenta que non quería comer perdices


Esta versión moderna da Cincenta fainos reflexionar sobre o papel das mulleres nos contos tradicionais infantís e cuestiona a imaxe de mulleres submisas e supeditadas aos desexos dos homes que deciden por elas e lles fan perder liberdade, os soños e as tomas de decisións sobre as súas propias vidas. Aquí tedes a oportunidade de desfrutar coas transgresoras vidas dunha Branca de Neve negra, una Cincenta que se rebela ao seu destino de cociñadora de perdices e á escravitude de ter que camiñar facendo equilibrio sobre incómodos e insans zapatos de tacón, unha Bela Adormecida que rexeita a inxesta de antidepresivos ou un Home de Folla de Lata que ensina a chorar a outros homes.
Todos eles son axudados pola fada basta que chega ás súas vidas para os aloumiñar e os axudar a seren felices e a decidir por si mesmas o camiño que van a tomar no futuro.
Desfrutade da lectura e reflexionade sobre o papel tradicionalmente asignado á muller nos contos tradicionais que nos leron desde cativas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario