sábado, 23 de novembro de 2013

A viúva do camposanto por Lucía Gagino Fernández (2º ESO)

Esta é a historia dunha rapaza, duns 15 anos, que quedou encantada por arte de maxia.

Un día, María, que así se chamaba, subía a costa do monte Amarelo na súa bicicleta nova. Non ía soa, pois a súa avoa dixéralle que fora pasear co can. Para chegar á cima do monte Amarelo, tiñan que pasar a carón do camposanto vello, que levaba anos abandonado. O desgrazado do can saltou a portela do cemiterio, e, María, ao ver que tardaba, foi adentro a ver se lle pasara algo. Estaba comezando a anoitecer, e unha espesa brétema cubría o camposanto. Ao entrar, escoitou o que lle parecía unha muller chorando. Adentrouse un pouco máis, e viuna axeonllada ante unha tumba. María olvidouse por completo do
can, e coma se tivera un imán que a atraese cara ela, achegouse á muller e preguntoulle:

- Señora, atópase vostede ben? -preguntoulle María cun fío de voz.

Entón, a señora deuse a volta e María contemplou como o seu rostro pálido se agrandaba, os seus dentes afiados asomaban por esa boca que se ensanchaba, os ollos volvían a unha cor avermellada e da súa boca empezaba a agromar a brétema pola que estaba cuberta o cemiterio.

María quedou atónita ao ver ese fenómeno anormal, e cando quixo arrecuar, viu que a néboa tomara consistencia e volvérase coma unha parede. Ó chocar coas costas na parede, deuse conta do que estaba a ver: a viúva que matara, segundo di a lenda os seus dous maridos, e por medo a que o seu amante a delatase, asasinouno tamén, e agora, o seu espírito atormentado vagaba polo cemiterio chorando a morte dos seus cónxuxes. Tamén lle contara a súa avoa que esa viúva, segundo a historia, tiña un punto moi débil, que era falar coa xente de bo corazón, e a viúva, ao querer responderlle a María, empezou a estoupar, e do
seu frío corazón saíron os espíritos atrapados que ela matara coas súas propias mans anos atrás. Á rapaza fixéraselle un nó na gorxa e miraba sorprendida aquel maléfico espectáculo. De repente, a viúva volveuse envolta nunhas lapas e poucos segundos despois en cinzas, que o vento levou con facilidade.

María ao ver desaparecer as cinzas no vento, viu a oportunidade perfecta para fuxir e así o fixo. Cando levaba pedaleado na súa bici uns vinte metros, deuse conta de que o can quedara no camposanto e non viñera a canda ela. Entón, María díxose a sí mesma:

-O can xa virá se quere, que eu aí dentro non volvo! - e seguíu pedaleando ata chegar a casa.

Ó chegar a casa a avoa preguntoulle polo can, e xusto nese intre, cando ía darlle unha escusa convincente, a porta da entrada abriuse de golpe e o can entrou coma una bala e co rabo entre as pernas. O pobre tamén levou un bó susto!

Relato Gañador do Concurso do Samaín para o 1º Ciclo da ESO

Ningún comentario:

Publicar un comentario