xoves, 11 de xuño de 2020

A MÚSICA GALEGA HOXE EN DÍA

O alumnado da ESO esta semana mergullouse na música en galego e descubriron que na nosa música tamén temos presentes todos os estilos que eles coñecen. A música é imprescindible na nosa vida e por iso que a temos que valorar e máis en galego. Algún dos traballos son verdadeiras xoias así que aquí volos dámos a coñecer:







Elena pose de revoltalingua

MÁIS ELECCIÓNS SOBRE MÚSICA GALEGA

Unha canción en galego que me gusta é a canción Anllóns de Poetarras. https://youtu.be/jqbHB4OaRMQ
O motivo da miña opinión por esta canción é que me gusta porque este río se atopa na miña localidade.
O significado que ten a súa letra é que quere darlle importancia ao ría Anllóns porque é un río que se está esquecendo.


Poetarras é un grupo musical e cómico galego creado no 2013. Esta formado polos cangueses Manuel Cago e Rubén Lino, polo bueués Pablo Lamosa e o amesán Daniel Vilaverde. Acadaron sona a través dos seus vídeos publicados na súa conta de You Tube nos cales fan covers humorísticos de cancións. No ano 2016 participaron no centenario das Irmandades da Fala coa composición da canción Fala participando no seu videoclip cantantes como Sés ou o humorista David Amor.

                                                                                                              Martín Nantón 2º ESO

A canción elixida é: 
Cultura Crítica é a canción que escollín, do grupo NAO xunto con Tanxugueira e SonDaRúa. Escollina porque me gusta moito, tanto o ritmo como a letra que fala como a maioría das súas cancións de política e critica a sociedade.
NAO foi un grupo de música en galego de rock orixinario da Estrada. Estivo activo de 2005-2019 tempo no que editaron catro albúms e tres EPs. Nun principio estaba formado por Pablo Carracedp, Xavi Castro, Gustavo Brea, Xosé Maceira e Ramón pero no 2007 Maceira deixou o grupo e chegou Paul Zervero e logo no  2013 a batería quedou a cargo de Xosé Ramón Iglesias. Os seus albúms son ‘As palabras Espidas’, ‘Coas túas mans’, ‘Cancións de amor e liberdade’ e ‘Ata que o lume se apague’. E os seus Eps chámanse ‘Cartas no caderno’, ‘Soñar’ e ‘Crear’. Tamén fixeron dúas maquetas, ‘Usa a palabra’ e ‘Somos NAO’.
                                                                                                               Irene Torrado 2º ESO


    CANCIÓN EN GALEGO:  “Morrer en Jalisia”, por Monoulios DOP.

Eu elexín esta canción porque cando ía en 6º descubríramola un día e era coma o noso himno.  Tamén porque é moi festeira e motivadora.

O significado da súa letra é sinxelo, simplemente fala sobre o apego pola nosa terra e algunhas cousas que temos todos os galegos de corazón en común.

-Sobre Monoulios DOP:

        >Maioritariamente, o seu estilo é rock.
        >Os seus compoñentes son: Xoán Montes Prieto e Julio Mayo Pedrosa, ambos de                               Noia.
        >Fundóuse hai 7 anos.
        >O grupo publicou 3 albúms: “Black Album”, “Os Bolechas (Chis Pum)” e “L.P.Padre”.

                                                                                                                      Inés Eiroa 3º ESO