O video do outro día falaba de como influía a estética da publicidade na maioría da xente. Hai mulleres que se deixan influír pola estética dos anuncios, series de televisións e etc, que se son delgadas que se estética e máis trapalladas, e digo eu, e porque non unha modelo que estea algo gordiña e que non use maquillaxe?, segundo moita xente isto non é ofensivo ou non é discriminación, pero para min si.
Hai xente que pensa que as modelos das revistas son tal e como aparecen pero, non é así, en realidade a maioría teñen Photoshop, teñen quilos e quilos de maquillaxe, someten a modelo a unhas determinadas dietas ou incluso a someten a operacións.
Pero a min o que máis me preocupa é que cada vez estes complexos empezan en idades máis temperás por culpa das bonecas, un exemplo moi sinxelo é a Barbie, unha boneca alta, delgada e guapa. E se en lugar de facer as bonecas así as fan doutra maneira? Que pasaría, porque non unha boneca baixiña? Ou unha boneca gorda? Porque non? Ou unha boneca calva que representara as nenas con cancro. Esas serían verdadeiras bonecas e non as de hoxe en día.
Despois de ler isto chamaranme feminista e todo o que queiran,pero dáme igual, eu opóñome a deixarme levar por todo iso.
mércores, 29 de xaneiro de 2014
martes, 28 de xaneiro de 2014
luns, 27 de xaneiro de 2014
domingo, 26 de xaneiro de 2014
sábado, 25 de xaneiro de 2014
Killing us softly por Alicia Caamaño (4º ESO)
O título do
vídeo recibe o nome de “matándonos suavemente” , isto representa a publicidade
sexista e os estereotipos femininos como algo cada vez máis perigoso e
destrutivo. Co paso do tempo esta publicidade vaise facendo máis
influente e vai obtendo maior poder sobre as rapazas e rapaces, xa que estes
pásanse horas e horas consumindo medios de comunicación no seu día a día, xa
sexan programas e series televisadas, música ou revistas de moda. Na maioría
dos países máis ou menos desenvolvidos calquera adolescente pode dispoñer de
acceso a Internet, normalmente pola súa conta, sen ningún tipo de control
parental nin vixianza. Como hoxe as páxinas web non están controladas, calquera
persoa se pode atopar, sen buscalo, con este tipo de publicidade, mesmo ó abrir
o seu correo ou ao cargar un vídeo na youtube. Normalmente estas campañas
publicitarias acostuman afectar máis as adolescentes (ademais de ser as que
máis as visualizan) xa que están experimentando os primeiros cambios no seu
corpo, a miúdo se senten inseguras por estes cambios, xa sen necesidade de
publicidade e televisión daniña, para canto máis se xorden, ao mesmo tempo,
estes estereotipos e anuncios que lles fan comerse a cabeza. Ter en conta tamén
que ninguén a esa idade ten a madurez e a autoestima tan alta como para pensar
“quérome demasiado a min mesma como para deixarme influenciar por estas
machitontadas” e ese “amor propio” que tanto acostumamos a criticar nas outras
persoas confundindo con ego, é realmente o único que logra salvarnos destes complexos,
non deixando que estes medios nos eduquen, nin aprendendo de estereotipos que
nos baixan a autoestima e nos crean inseguridades sobre nós mesmas, que crean
dúbidas sobre a nosa validez como mulleres nesta sociedade e sobre a nosa
capacidade de chegar a realizarnos e de deixar de ser soamente un físico.
O termo
empregado “matándonos” fai referencia ás desgrazas ás que isto pode levar, que
por certo, non sempre son “suaves”, xa que os danos psicolóxicos que causa o
machismo e o desprezo son moitas veces peores que os maltratos físicos e á longo
prazo poden ser moito máis difíciles de arranxar ou incluso imposibles.
Maltrato machista non é só pegar, empurrar, violar, e causar magoaduras,
maltrato tamén e crear inseguridades nunha muller facéndolle crer que é unha
inútil e que non serve para nada máis que para satisfacer a súa parella,
menosprezándoa por vestir unha tallaxe XL, comparándoa con animais (“zorra”
“perra”, “loba”, “vaca”), infravalorando a súa opinión con respecto a calquera
tema, facéndolle crer que é menos muller por non poder lucir o que eles chaman
un “bonito escote”. Isto causa, en adolescentes e en mulleres adultas
inseguras, tanto trastornos alimenticios como enfermidades (anorexia, bulimia…)
que algunhas mozas cheguen a realizarse cortes, autolesionarse e ata quitarse a
vida. E dicir, estas mensaxes que os medios de comunicación transmiten (e non
inocentemente) son moito máis perigosos do que pensamos e hai que seguir
loitando contra eles ata eliminalos por completo.
Un problema
que xa vén moi de atrás é a cousificanción da muller, é algo que se leva
practicando dende moito tempo, xa en pintura e literatura antiga, pero
agora coa hiperextensión dos medios de comunicación comeza a ser esaxerado e
denigrante cara o xénero feminino. Esta cousificación o que fai é presentar as
mulleres como simples obxectos que poderán ser empregados libremente como o
consumidor o desexe, e aínda peor, como obxecto sexual, concepto de sexualidade
no que os homes dispoñen delas como e cando queiran, a figura masculina é
sempre unha persoa dotada de inacabable virilidade e ó que unha muller nunca
rexeita, o papel da muller limítase a que este se deleite do seu corpo e do que
a figura feminina pode ofrecer sexualmente (esta imaxe está frecuentemente en
anuncios de perfumes e videoclips de calquera tipo de música) moitas veces
tamén vemos plasmado algo semellante a unha “poligamia” (tan mal vista en
occidente) na que o home, e protagonista, se ve rodeado de mulleres en
roupa interior alagándoo, e todas elas están á súa disposición. Por outra
parte, algo moi grave tamén é o feito de converter as mulleres en obxectos,
como recipientes, soporte de calquera obxecto, bebidas alcohólicas, ou calquera
cousa relacionada cos intereses da maioría dos homes. Píntase o seu corpo para
campañas publicitarias, exáltanse partes do seu corpo e tápanse case sempre a
cabeza, dando a entender que o único importante é o seu corpo, sempre con
formas e curvas esaxeradas e delgadeza extrema. Compáranse con obxectos (por
exemplo, os anuncios de BMW nos que se compara o amor por unha muller co amor
por un coche, un vehículo que non pensa, nin fala, nin ten sentimentos). Sempre
mostrándoas espidas e ensinando ou insinuando os seus órganos sexuais como
parte do corpo de maior interese. Isto todo é machismo cruel e como di Jean
Killbourne, é o primeiro paso de deshumanización, que pode rematar no trato a
alguén como se fose iso, un simple obxecto, é dicir, chegando á violencia e ao
forzamento da muller a facer cousas sen o seu consentimento. Dende que
comezamos a ver este tipo de publicidade temos que ser conscientes de que non é
algo normal nin nos define como mulleres, e como non, non temos que toleralo
baixo ningún concepto. Non poden utilizarnos para facer comercio nin
publicidade dos seus produtos, se estes non se venden, nós non somos unha
opción para mellorar a publicidade nin aumentar a venda da súa produción, non
se pode un aproveitar de nós nin da nosa situación, non somos obxectos sexuais
nin unha ONG para homes “necesitados sexualmente”, e como isto siga ocorrendo
os homes acostumaranse a levar á práctica, na vida real, esta cousificación e
este machismo, como xa fan. Non precisamos que nos digan se estamos máis ou
menos “boas”, non nos interesa da maioría de vós se vos gusta ou non os nosos
peitos, nin a vosa aprobación sobre como nos queda determinada prenda de roupa.
Non somos vehículos, nin mesas, nin criadas, nin animais, asi que abstéñanse de
comparacións absurdas.
Outro tema tamén
moi importante é o estereotipo de “muller perfecta”. Para comezar, debemos
saber que este concepto estivo sempre presente en case toda a historia e foi
variando cos anos, é dicir a nosa beleza dependeu sempre dunha moda, que nin
sequera é imposta por nós mesmas. Esta moda é moi diferenciada dun século a
outro, e sempre se baseou en beleza física, nunca se profundizou na
intelectualidade da muller senón en estereotipos do físico e do exterior. Antes
de tratar este tema temos que ter en conta que esta “perfección” física non
existe nin existiu nunca no ser humano, e en caso de que existira, de que nos
serviría? Ninguén debería sentir a necesidade de ser perfecta ou perfecto
fisicamente xa que sería un propósito inútil e inalcanzábel.
Por outra
parte, quérennos facer pensar que o que máis nos ten que importar é como nos
vemos exteriormente, rodeándonos constantemente de ideas de beleza feminina que
son inexistentes. Que conseguen con isto? As campañas publicitarias que
intentan vender cosméticos e cremas, que maioritariamente non serven para nada,
acostuman presentar como perfecta a unha muller morena a que non se lle nota a
maquillaxe, a unha muller maior que se sente orgullosa de non ter enrugas, a
unha nai con moitos fillos que apenas ten celulite e isto todo, casualmente, é
todo grazas aos seus produtos. Cabe destacar que esas mulleres que atopamos nos
anuncios non son así realmente, as imaxes están manipuladas e moi retocadas,
pero inconscientemente isto sorpréndenos e créanos unha necesidade de semellarse
a elas, xa que aparecen tantas veces e son xa tan vistas por toda a sociedade
que a partir delas se crea un estereotipo de como deberiamos ser todas e do que
acontecería se non tivésemos defectos. Pero por que isto ten que ser
necesariamente un defecto? Por que temos que eliminar os grans, son algo sucio
ou antihixiénico? E as enrugas? Son unha clara mostra de que a todos nos pasan
os anos, algo natural, que forma parte do noso avellentamento, por que escapar
delas? Por que se supón que deberíamos ter a pel lisa toda vida? Sería algo moi
artificial e antinatural. Non temos porque malgastar tanto tempo e diñeiro en
arreglarnos para intentar gustarlle a ninguén nin seguir canons de beleza que á
fin e ó cabo non son máis que modas. Non entenderei nunca ese afán que temos de
procurar encherlle a alguén o ollo, para que? A atracción física e algo
efémero, para nada duradeiro, ninguén se namora por unha simple atracción
física, o desexo ten que ir sempre da man dunha personalidade e actitude que si
son atractivas, o físico de por si só é algo incompleto e inútil.
Algo que
tamén nos inflúe é a pouca variedade dos corpos das modelos, en xeral, estas
modelos empréganse para representar esa perfección e ese estereotipo de corpo
que todas debemos seguir. Todas as modelos teñen corpos semellantes, e a isto
refírome a súa delgadeza, e locen os modelos de roupa non só nas pasarelas,
senón en revistas, páxinas webs de moda, mostran esta roupa como se estivese
feita para mulleres altas e delgadas, coma elas. Apenas hai diferenza en como
lle sentan os vestidos a unhas e a outras, con isto quérennos facer crer que é
así como nos teñen que quedar a nós e se non é así o noso corpo xa non é, por
dicilo de algunha maneira “válido”, esas prendas nunca nos van a sentar como a
elas; altas , delgadas e con corpos propios do estereotipo do momento. Máis
esaxerados son aínda os maniquís cos que nos podemos atopar nas tendas de
roupa, corpos surrealistas e extremadamente delgados, non pasa nada porque unha
muller use unha S e vista unha 32, sempre que estea sa, pero, por que non
deseñar maniquís e empregar modelos da tallaxe L? Son tan frecuentes ou aínda
máis que as primeiras, pero unhas discrimínanse e outras non. Isto provoca
enfermidades e trastornos, fai que as mulleres se obsesionen co seu físico,
fagan dietas sen precisalas e poñan en risco a súa saúde. Un claro exemplo
destas obsesión cos estereotipos das pasarelas de modelos é a moda xuvenil do
“Thigh Gap” que consiste en que os muslos non se toquen deixado entre as pernas
un espazo de entre 2 e 5 cm. Esta tendencia naceu nun desfile de Victoria
Secret onde as modelos destacaban por ter as pernas extremadamente delgadas.
Algo tamén moi gracioso é o tipo de corpo que acostuman describir os homes como
corpo perfecto: unha muller delgada con moito peito e con moito traseiro,
raramente unha muller delgada con pouca graxa en todo o corpo está dotada de
moito peito, e isto tamén leva á cirurxía, e a miúdo nos atopamos con mulleres
moi delgadas con peitos de silicona que son antinaturais e para conseguilos se
teñen que someter a unha operación e pasar por un quirófano onde arriscan a súa
vida.
Co
desenvolvemento das novas tecnoloxías tamén aparece o photoshop e programas
semellantes de retocación de imaxes. Raramente veremos unha representación
nunha imaxe do que se lle chama “beleza” sen antes ser retocada. Todas as
famosas son manipuladas nas súas imaxes publicitarias, pósters, anuncios.
Adelgázanse, auméntaselles o busto, fan desaparecer grans e manchas e incluso
cambian a súa cor de pel, facéndoas máis morenas. Podemos sentirnos
esperanzadas con mulleres que son conscientes de estas manipulacións e renegan
delas, como podemos ver no vídeo, a actriz Kate Winslet, non está de acordo con
estes retoques fotográficos que a fan máis delgada, non o precisa, vese ben
así, destas mulleres si que podemos sentirnos orgullosas e como di Jean
Killbourne “deus bendiga o seu corazón” outro exemplo destes comportamentos é a
cantante Beyonce, muller de taxalle grande (declarada feminista) á que non lle importa
ensinar os seus muslos nin se complexa co seu corpo.
O vídeo
remata dicindo que isto nos afecta a todos e debemos ser conscientes de que son
problemas de saúde, hai que eliminar os ideas de beleza para así rematar coas
obsesións coa extremada delgadeza. Todo o que tratamos anteriormente constitúe
unha forma de violencia contra a muller. E claro que é unha violencia, ao tempo
que unha escravitude da que temos que loitar para ser libradas. A diario
escoito que a situación das mulleres mellorou moito e que son unha afortunada
de poder vivir nun lugar no que a mulleres teñen os mesmos privilexios e
oportunidades que o home, pero non é así, esta escravitude da beleza e a cruel
cousificación sexual do xénero feminino é un claro exemplo do baixa que temos aínda
a nosa autoestima e do moito que hai que progresar aínda para alcanzar unha
verdadeira igualdade.
martes, 21 de xaneiro de 2014
Flanagan de luxe de Andreu Martín
Nines,
unha amiga de Flanagan, acude a el para que lle axude a Erreá, e
Flanagan cheo de inocencia, acepta. Ó día seguinte, leva a Erreá a
traballar no bar cos seus pais. Erreá tamén coñece a María Gual
ese día. Flanagan vai xantar con Nines, e ela invítao á ir de
vacacions con ela, pero Flanagan xa ía ir con María. Pola tarde,
vai á casa por ela, pero ve unha desfeita, e entón, cando María e
Flanagan ían saír, chegan os perseguidores de Erreá e teñen que
saír os tres a todo gas. Logran desfacerse deles no mercado, lugar
onde Erreá lles rouba o coche. Con Erreá ao volante, diríxense a
Sant Pau del Port, pero este aproveita e lévaos pola senda dos
elefantes, unha ruta de discotecas . Nunha delas, pergúntalle ao
garda de seguridade todo o que sabía de Erreá, e se atoparan
algunha bolsa con estupefacientes, que fora o que perderá Erreá,
pero o garda dille que non. Flanagan esperta na luxosa casa de Erreá,
onde almorza con el e cos seus amigos. Cando estaban a piques de saír
no iate, Tito avísaos de que os perseguidores andan na súa busca.
Flanagan e Erreá saen escopetados no iate, pero para a súa
sorpresa, cando estaban xa no mar, aparecen o Eulogio e o Pedernales
e matan a Erreá, e de paso tamén deixan a Flanagan no medio do mar.
Pero, os amigos da panda pasan por alí e rescátano, e Flanagan vai
poñer a denuncia na garda civil, e no cuartel dáse de conta de que
era todo unha falcatruada. Logo chega xunto ós colegas, pero estes
están preocupados porque Erreá aínda non voltara. Xa na casa de
Erreá, cos seus pais, empeza a recadar información sobre os
supostos perseguidores, e de súpeto chaman e dan aviso de que
atoparan a Erreá, pero pedían unha recompensa por el. O pai de
Erreá encérrao, xunto con Nines e María, por medo a que meta a
zoca, pero Flanagan logra fuxir e chegar ó lugar onde tiñan a Erreá
e rescátao. Logo, chegan María e Nines, tal como tiña previsto, no
coche da garda civil. Ó final, cando chegou a garda civil detrás de
María e de Nines, lévanos a todos ó cuartel e alí aclararon as
cousas, e xa libres, Flanagaan non dubida en devolverlles a
falcatruada aos seus colegas.
Lucía Gagino Fernández (2º A)
Tristes armas de Marina Mayoral
Harmonía
e Rosa, dúas irmás aínda nenas, marchan exiliadas á Rusia, por
mor da guerra. Seu pai despídese delas, pero súa nai non chega a
tempo. Harmonía e Rosa chegan a Rusia, a unha residencia onde as
tratan moi ben. Harmonía quería escribirlle unha carta a súa nai,
e por casualidade, a mestra pónllelo como tarefa. Harmonía escribe
a carta, xunto cun debuxo de súa irmá Rosa, e mándaa a España,
coa esperanza de que os seus pais a ían ler. Mentres isto ocorría
en Rusia, en España a guerra non cesaba. A carta non pasara a
fonteira con Francia, por mor da súa orixe. O pai de Harmonía
seguía loitando, e tamén salvou a algún amigo de morrer polas súas
ideas republicanas. Por desgraza, o pai das nenas falece. A noticia
chegoulle a Carmiña, a súa muller, que, grazas ó amigo que salvara
o seu marido , logra comezar unha nova vida fóra de España.
Primeiro chega a Francia, onde unha muller lle axuda a saír desas
residencias. A carta aínda estaba no lugar onde ficou Carmiña, pero
ela nunca o chegou a saber. Xa acabada a guerra, a carta chega á
vila, pero os parentes non a aceptaron, e o xefe de correos decide
gardala. Carmiña, xa na Arxentina, coñece a un home co que, a causa
dun favor, e por circunstancias da vida, acaba contraendo matrimonio,
e instalándose nos Estados Unidos. En Rusia, as nenas seguían a súa
vida, coa esperanza de reencontrarse cos seus pais. Un día, os nenos
da escola foron a unha actuación de ballet, e Rosa decatouse de que
quería ser bailarina. Tras un longo camiño e moito esforzo, logra
ser aceptada no Bolshoi. Anos máis tarde convértese nunha
prestixiosa bailarina. Mentras, Harmonía e León, un rapaz que
coñecera o mesmo día que marchou de España, fanse noivos, e anos
máis tarde casan. Xa anciáns, as dúas irmás e as súas
respectivas familias volven a Galicia, onde o neto do antigo xefe de
Correos lle entrega a devandita carta, que, anos atrás, terían que
ter recibido os seus pais.
Lucía Gagino Fernández (2ºA)
As lágrimas de Shiva de César Mallorquí
A nai de Xabier comunícalle que vai pasar o verán en
Vila Candeloria, xunto cos seus tíos e as súas curmás. Uns días despois, colle
o tren e chega a Santander, onde o agardaba o seu tío. Logo, o tío condúceo ata
Vila Candeloria, e alí coñece as súas curmás. Unha sorpréndeo en especial, xa
sexa polo seu físico ou pola súa maneira de vestir, Violeta. Despois, xa pola
noite cando estaba na cama, sente unha presenza fantasmal. Xabier pensa que é
produto da súa imaxinación ó estar nunca casa tan antiga, pero noutra ocasión,
ve as saias desa muller espectral, e Violeta decátase, porque ela tamén a pode
ver. A partir disto, xuntos comezan unha investigación sobre Beatriz Obregón,
unha antepasada de Violeta, que cren que é a pantasma. Van ó camposanto, e
Violeta cóntalle a historia das Lágrimas de Shiva, o regalo que o seu futuro
marido lle regalara polo seu compromiso a Beatriz, e o seu misterioso desaparecemento un día
antes da voda. Xa de volta na casa, na biblioteca, Xabier atopa un escrito nun
libro que pertencera a Beatriz, o que lles axuda moito na investigación, e polo
cal, van falar cun home da vila que lles achega numerosos datos sobre o buque Savanna e o maís importante, sobre o seu
capitán, Simón Cienfuegos. Seguen avanzando na investigación e o espectro
condúceos xunto unha tal Amelia, que fora doncela de Beatriz e que aínda vivía.
Dálles vital información para a súa investigación, pero decátanse de que mente.
Ocóreselles buscar no faiado, nos mobles de Beatriz, e a súa búsqueda dá
resultado. Un tempo despois, sen que Violeta se decatase, Xabier volve visitar
a Amelia, e ela, xa cansa, cóntalle toda a verdade, e tamén lle confesa,
ademais da historia de amor entre Beatriz e Simón, que a súa dona, Beatriz, non
marchara coas valiosísimas Lágrimas de Shiva, como cría todo o mundo, senón que
ela, Amelia Bareyo, se quedara con elas e gardáraas todos estes anos. Amelia,
sorprendentemente, devólvelle a magnífica xoia, e Xabier, ao chegar á casa,
abre a caixiña recibida, e descobre xunto ós seus tíos e curmás, a maxestuosa e
de incalculable valor xoia, que sementara dende había tanto tempo, a discordia
entre os Mendoza e os Obregón.
Lucía Pérez Gagino (2º A)
A publicidade mátanos aos poucos
Killing Us Softly 4 Trailer from Media Education Foundation on Vimeo.
Déixovos aquí este video no que esta experta reflexiona sobre a tiranía da publicidade que quere someter á muller e pretende impor para ela na nosa sociedade occidental un canon de beleza física e o ideal de muller triunfadora que provoca a aparición dunha chea de complexos nas adolescentes, e agora cada vez máis nas nenas, transtornos alimenticios e mesmo a morte nalgúns casos máis extremos. Reflexionade sobre este tema e elaborade a partir do que se comenta neste video, o voso propio comentario crítico para entregarme.
xoves, 16 de xaneiro de 2014
Adrián Grille, A que sabe a amizade? 4º ESO
A días de veran
A días de Sol
A días con nubes brancas
A días de atardecer
A natureza
A bosque
A terra fresca
A campo libre
A aire no campo
A aire fresco
A brisa da montaña
A olor da mel
A auga polo rio
A paxariños nunha árbore
xoves, 9 de xaneiro de 2014
A que sabe a amizade? por Adrián Abuín (4º ESO)
A calma.
A poder confiar nas persoas.
A compañía nos momentos difíciles.
E nos fáciles tamén.
A que non che preocupe ir á escola.
A un cinco nun exame que non preparaches.
A un nove noutro que si.
A un verán sen pendentes.
A un verán sen traballos.
A cando xogabas de pequeno.
A cando todo ía ben sen dificultades.
A un olor que recordas de cando eras pequecho.
A un partido de fútbol gañado.
E a un perdido no que o pasaches moi ben.
A cando todo sae como queres.
A amizade.
A que sabe a amizade? por Laura Cancela (4º ESO)
A recendo de marmelo recén
feito.
A olor a coche novo.
A días de vacacións.
A apertas fotografiadas.
A ceo sen
nubes.
A inverno sen choiva.
A segredos gardados.
A accións sen prexuízos.
A sábados
de troula.
A sorrisos, a confianza
Ardalén de Miguel Anxo Prado
Sabela vai a unha vila para buscar información sobre o seu avó que emigrou a Cuba. Chega a un bar hostal a súa propietaria Celia alúgalle unha habitación. A xente que vai ao bar fálalle de Fidel que disque el estivo embarcado polas Américas. Ela vai a casa de Fidel empeza a facerlle preguntas pero a el xa se lle vai un pouco a cabeza. Co paso dos días Fidel acordouse de quen era Francisco. Estiveran xuntos no barco “Riverside”. Francisco propuxéralle a súa muller e as súas fillas que emigrara con el. Ela non quixo díxolle que se marchaba que non volvese máis, el así fixo. Sabela marchaba da vila porque tiña unha entrevista de traballo. Cando marchaba co seu coche encontrouse con Tomás, avisoulle que se volvía a vila mataba. Nese instante, chega Fidel empuxo a Tomás polo barranco e morreu. Sabela volveu polo enterro de Fidel, deixoulle a súa casa a Sabela.
Jessica Pose Rodríguez (4º ESO)
Jessica Pose Rodríguez (4º ESO)
Engurras, banda deseñada de Paco Roca
Emilio entrou na residencia de anciáns, internado pola súa familia. Alí fixo moitos amigos, sobre todo co seu compañeiro de cuarto Miguel. Descubriuse que tiña alzheimer, pero el quixo ocultalo e solo o sabía os doutores e Miguel. El axudoulle a que non esquecera as cousas para non ir para o piso da arriba. Alí naquel piso eran onde estaban todos as persoas que non se poden valer por si mesmas. Emilio ao final ten que subir para o piso da arriba.
Jessica Pose Rodríguez
Jessica Pose Rodríguez
Os dous de sempre de Castelao
Este libro conta a historia dous amigos da infancia, Pedro e Rañolas.
Pedro vive coa tía Adela, que é coma súa nai. É folgazán e comilón. A tía Adela búscalle traballo pero en todos o botan fora.
A tía Adela morre.
Pedro casa e a súa sogra está sempre berrando con el por non traballar. Emigra a Bos Aires, onde ten un curmán, pero axiña volve sen éxito e é feliz xunto coa muller e cos fillos.
Por outro lado, Rañolas é pobre e a súa nai véndeo a uns moinantes. Andan pedindo ata que un día Rañolas foxe deles, cruza a fronteira e vai para Francia. Alí é xornaleiro mentres aprende o oficio de reloxeiro.
Rañolas volve a Galicia para operarse e poñer unhas pernas ortopédicas. Despois de tanto tempo reencóntrase con Pedro e falan de como lle van as vidas.
Rañolas abre un reloxería, convértese nun anarquista pensando que a vida non ten sentido e acábase suicidando.
Jessica Pose (4º ESO)
Pedro vive coa tía Adela, que é coma súa nai. É folgazán e comilón. A tía Adela búscalle traballo pero en todos o botan fora.
A tía Adela morre.
Pedro casa e a súa sogra está sempre berrando con el por non traballar. Emigra a Bos Aires, onde ten un curmán, pero axiña volve sen éxito e é feliz xunto coa muller e cos fillos.
Por outro lado, Rañolas é pobre e a súa nai véndeo a uns moinantes. Andan pedindo ata que un día Rañolas foxe deles, cruza a fronteira e vai para Francia. Alí é xornaleiro mentres aprende o oficio de reloxeiro.
Rañolas volve a Galicia para operarse e poñer unhas pernas ortopédicas. Despois de tanto tempo reencóntrase con Pedro e falan de como lle van as vidas.
Rañolas abre un reloxería, convértese nun anarquista pensando que a vida non ten sentido e acábase suicidando.
Jessica Pose (4º ESO)
A que sabe a amizade? por Adrián Pose (4º ESO)
A
amizade sabe a…
A tarta
de chocolate
A
diversión sen fin
Ao paso
das horas
As
alegrías a cada momento
As
vacacións de Nadal
Aos
momentos inmemorables xuntos
A tardes
cheas de anécdotas
A tempo
por vivir
A tardes
de risas e pachangas
A
momentos que recordar
A
vacacións de Verán
A tardes
de fútbol
A tardes
de parranda
A noites
de festa
…
En
resumo,
a
amizade sabe a
FELICIDADE!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)