Hadrián ten que
ir vivir co seu avó, ao que nunca viu, mentres os seus paid van de
viaxe. Hadrián pensa que o seu avó é un bicho raro porque cada vez
que lle envía un correo faino co nome de Mario, que non é o seu
verdadeiro nome, e eles téñeno que mandar a ese tal Mario. A nai de
Hadrián só o viu una vez en persoa. Cando vai a Fisterra, onde vive
o seu avó parécelle moi sospeitoso e que oculta algo. Ao chegar á
casa decátase de que hai moita seguridade e moitas pechaduras. Cando
cría que xa chegara o seu avó lévao nun automóvil por debaixo do
mar dentro dun tubo que os leva a una casa onde pasarán as
vacacións.
Un día cando o
seu avó ía comprar, aburrido, Hadrián comeza a investigar pola
casa. Métese por uns corredores e vai dar a una especie de piscina e
decide bañarse. Ao saír unas serpes enormes achéganselle a Hadrián
e asustase. Nun berro dilles que se vaian e que o deixen e as serpes
fanlle caso afastándose. Hadrián, sorprendido e asustado, volta á
parte da casa que coñece. O seu avó chega do mercado e comezan a
falar do seu laboratorio e cóntalle en que traballa. O doutor
experimenta con animais xuntando varias especies para dar outras
mellores, pero para que non acaben coa raza humana domestícaos, o
cal permite que os animais fagan moitas tarefas e nin futuro fagan
moitos traballos por nós.
O doutor un día
que ía a compra foi secuestrado, tardou en darse conta de quen o
fixera pero caeu na conta de que fora un antigo compañeiro seu,
Benxamín, que lle quería roubar o seu traballo para facer que todos
os humanos seguisen as súas ordes. Hadrián coñece a un amigo do
seu avó chamado Sindo, que lle axuda a buscalo. Sindo en realidade
era un axente que tentaba protexer o proxecto do doutor, pero nin
Hadrián nin o doutor o sabían.
Foron seguindo
pistas que os levaron a una parte de Portugal. Encontraron os seus
secuestradores pero xa entregaran o doutor e foron engañados por
Benxamín. Os catro separáronse e buscaron polo doutor.
Hadrián foi a un
edificio en obras e encontrou un pano do seu avó tirado no chan.
Entrou e comezou a buscar por el, e ao encontralo, despois de cinco
días, apropiouse dunhas chaves e rescatouno. Saíron de aí e Sindo
detivo os secuestradores. Ao voltaren á casa decidiron ser moito
máis coidadosos.