Esta
historia trata dun home chamado Víctor que é psiquiatra e a súa
primeira paciente é Laura Novo, cuxa memoria foi borrada por
circunstancias descoñecidas. Este investiga todo sobre ela e o seu
pasado e mediante unha terapia de lectura consegue que Laura mellore.
Pero cando descobre a verdade do pasado encontrase cun ser poderíase
dicir “dos mitos” que asasina a todas as mulleres roibas que se
adentren nunha cova que hai preto da Casa Grande, unha casa de
turismo rural de Lanzós. A historia remata coa morte de Laura e a
desesperación e o desacougo de Víctor ante o coñecemento da
historia, e o remate da súa carreira como psicólogo e o comezo
doutra vida.
Gustoume
moito porque ten misterio,intriga e suspense ata o último segundo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario