sábado, 10 de xuño de 2017

Asasinato no Consello Nacional de Diego Ameixeiras por Eloy Mato Rial (4º ESO)

O Sábado 14 de marzo de 2009 ten lugar unha reunión no Consello Nacional do BNG onde dimite Óscar Quiroga, secretario xeral do partido que coincide coas eleccións á Xunta de Galicia. Pouco despois desa reunión, un dos parlamentarios do BNG, Mario Dacosta morre asasinado nun garaxe de tres disparos. O secretario xeral da UPG contacta con Alberte Cudeiro, un detective do barrio ourensán do Couto para que, a espaldas da policía, investige o crime. Alí en Santiago, Alberte entra en contacto con persoas como Sara, estudante de xornalismo, entre outros, para ir averiguando máis pistas. Tamén entra en contacto con Alicia Souto, membro do BNG, coa cal ten unha pequena relación sexual, máis que amorosa. En Santiago coñece tamén a Benigno García Serantes, un excapitán da Garda Civil o cal lle conta que él e o avó de Mario Dacosta, Ramón Dacosta, o cal era falanxista e morrea nun enfrentamento cuns mineiros en León, participan na tortura e asasinato de Camilo Bonzo Seoane, un zapateiro anarquista de Celanova, a comezos da guerra civil. Máis tarde, Alberte infórmase sobre o anarquista preguntándolle ao autor dun libro sobre desaparecidos nesa zona de Ourense e viaxa ata alí para averiguar as súas orixes. Benigno morre e chega a Santiago un fillo del, Ricardo, o cal lle entrega a Cudeiro unha condecoración que lle dera Franco ao seu pai polos seus servizos na División Azul. 

Alberte regresa ao lugar ourensán onde pescudara e atopa unha vivenda onde según un testigo fora a casa dun fillo do anarquista, agora en ruínas. Nuns restos da vivenda atopa un cartel dunha inmobiliaria que o leva a contactar cun neto do anarquista, o cal era o seu propietario: un tal Ernesto Aguiar. Ao cabo dun tempo, este é detido por estafa. Cudeiro, fala cun exmembro da UPG e cóntalle que un tal Daniel Aguiar fora expulsado do partido por ideas extremistas facía máis de 15 anos e que agora tiña ideas de extrema dereita. Cudeiro chega á conclusión de que el é o asasino. A policía, durante ese tempo tamén chega ás mesmas conclusións pero cuns métodos de investigación diferentes. A conclusión foi que Daniel Aguiar fora expulsado do partido por Mario Dacosta, entre outros e Daniel por este motivo, por ideas políticas diferentes e por que tiña problemas de bipolaridade asasínao. Tamén intenta asasinar ao secretario xeral da UPG pero Cudeiro impídello. 

Ao final, Cudeiro descobre que Daniel non matara a Mario por vinganza sobre o tema do seu avó senón por ideas políticas. Ao final Daniel suicídase, o BNG resolve os seus problemas internos e Cudeiro di onde está soterrado Camilo Bouzo tras ler unha nota que lle deixou Benigno. 

Esta novela está basada na novela Asesinato en el Comité Central de Manuel Vázquez Montalbán, pero en lugar de recrear as divisións internas do PCE, recrea as do BNG. A novela tamén se pode comparar co caso de Camilo e Perfecto de Dios, os dous guerrilleiros de Sandiás terriblemente castigados polo extremismo de dereitas. Nesta novela, ao igual que no caso de Camilo e o seu irmán Perfecto reflíctese a forte represión de ultradereita contra persoas que intentaban defender as súas ideas. Neste caso o “Perfecto de Dios” tomaría o nome de Camilo Bouzo Seoane.

A novela amosa as diferenzas existentes entre membros dun mesmo partido, motivadas por distintas ramas ideolóxicas dentro dunha gran rama ideolóxica común. Tamén intenta transmitir a idea de que tanto as ideas de esquerda política como as de dereita se se levan ao extremismo radical deixan de ser ideas políticas e pasan a ser fanatismo, obsesión e maldade.









Ningún comentario:

Publicar un comentario