No
2002, Khaled escribe a primeira das cartas a Alberte, o fillo
imaxinario do Dr Meira, Al-Galego, onde vai contando a súa vida nese
período de guerra. Khaled preséntalle a Alberte toda a súa familia
e comeza a escribirlle ao mesmo tempo o seu conto, o dun califa que
ten unha fermosa filla, Sadhua, da que Raid, o protagonista, se
enamora, que Khaled seguirá contado en todalas cartas.
Nas
cartas fainos saber que a súa infancia non foi sinxela, a súa nai
morrera e o seu pai volveu casar cunha muller, Zulaid, que foi
dificilmente aceptada na familia.
Tamén
nos fala da súa namorada, Amrah, a protagonista de Flor de area
continuación deste ibro, e dos plans de futuro que ten con ela.
Un
día, chegou a guerra de Bagdad e o seu pai foi cos soldados a
loitar. Ao principio o pai mandáballe cartas e contáballe como era
Bagdad, non mencionaba a guerra para non preocupalo. Recibía moitas
cartas ao mes, pero pouco a pouco foron chegando menos, ata que
chegou unha informando da súa desaparición.
Khaled foi buscalo, nunha caravana de beduínos, familiares da súa nai. Pasou moitas aventuras divertidas e bonitas polo camiño, pero ao chegar á cidade, atopouse co seu pai morto.
Estaba
moi triste, e só, pero quixo levalo a súa aldea para enterralo onde
estaba a súa familia.
O
día do enterro coincidíu coa súa maioría de idade, 16 anos, e
chegou o gandeiro ao que o seu pai lle deixara dito, que tal día
como aquel lle levara o cabalo que Khaled quería e ao que lle
chamou “irmán do vento”.
A
partir diso Khaled emprende unha viaxe xunta o seu querido cabalo.
O
libro é moi interesante, conta unha historia que seguramente viva
máis dun neno en Iraq. Ademáis tamén nos ensina a forma na que
vive unha tribo iraquí, que o fan de xeito moi diferente ao noso e
achéganos o sufrimento dos nenos e familias que viven en Iraq, e
todo por culpa dunha guerra causada polos intereses económicos dos
occidentais
Ningún comentario:
Publicar un comentario